Lygia Fagundes Telles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLygia Fagundes Telles

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (pt-br) Lygia de Azevedo Fagundes Editar o valor em Wikidata
19 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
Consolacao, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de abril de 2022 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Sao Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morte morte natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Brasil Editar o valor em Wikidata
Educacion Faculdade de Direito da Universidade de Sao Paulo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Escrita creativa e profesional Editar o valor em Wikidata
Ocupacion escritora , novelista , escritora de contos , avogada Editar o valor em Wikidata
Empregador Ministerio da Agricultura e Pecuaria (pt) Traducir (1941?1961) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Portugues do Brasil , lingua portuguesa e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Gofredo da Silva Teles Junior (1947?)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0854459 Editar o valor em Wikidata

Lygia Fagundes da Silva Telles , nada como Lygia de Azevedo Fagundes en Sao Paulo , 19 de abril de 1923 , [ 1 ] e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2022 , foi unha escritora brasileira conecida como "a dama da literatura brasileira" e considerada por academicos, criticos e lectores unha das mais importantes e notabeis escritoras  brasileiras do  seculo XX  e da historia da literatura brasileira. [ 2 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Alen de avogada , novelista e contista , Lygia ten gran representacion no posmodernismo, e as suas obras retratan temas clasicos e universais como a morte , o amor , o medo e a loucura , alen da fantasia .

Filla do advogado Durval de Azevedo Fagundes e da pianista Maria do Rosario Jardim de Moura rexistra as primeiras historias en cadernos escolares. [ 3 ] Nacida na cidade de Sao Paulo, creceu en Sertaozinho e outras pequenas cidades do interior paulista, [ 4 ] e desde pequena demostrou interese polas letras. Aos oitos anos, mudouse para o Rio de Xaneiro , permanecendo ali por cinco anos. De volta a Sao Paulo, matriculouse no Instituto de Educacion Caetano de Campos e pasou a interesarse pola literatura . A sua estrea literaria foi co libro de contos Porao e Sobrado ( 1938 ), o cal foi ben recibido pola critica, foi unha edicion financiada polo seu pai, 12 contos. O exito repetiuse con Praia Viva ( 1944 ). Tras concluir o curso de Dereito na Facultade de Dereito da Praza de San Francisco, en 1946 , onde conecera Mario e Oswald de Andrade, Paulo Emilio Sales Gomes, entre outros, integrou a academia de letras da facultade e colaborou cos xornais Arcadia e A Balanca . Sendo estudante do pre-xuridico cursou a Escola Superior de Educacao Fisica da mesma universidade. [ 5 ] O ano seguinte, casou con Gofredo Teles Junior, con quen tivo Goffredo da Silva Telles Neto, casando novamente en 1962 con Paulo Emilio Salles Gomes. O terceiro libro de contos dela, O Cacto Vermelho , lanzado en 1949, recibiu o Premio Afonso Arinos, da Academia Brasileira de Letras. A sua primeira novela, Ciranda de Pedra , publicada en 1954, foi ben recibida pola critica e publico, tornandoa nacionalmente conecida. En paralelo a carreira literaria, traballou como Procuradora do Instituto de Previdencia do Estado de Sao Paulo, cargo que exerceu ate a xubilacion, e foi presidente da Cinemateca Brasileira, fundada polo marido Paulo Emilio.

A decada de 1970 foi de suma importancia para Lygia e marcou o seu exito literario e consagracion internacional, dado que foi naquel periodo en que publicou algunhas das suas obras mais aclamadas e prestixiosas: Antes do Baile Verde (1970), cuxo conto que da titulo ao libro venceu no gran Premio no Concurso Internacional de Escritoras, na Francia ; As Meninas (1973), que ganou o Premio Jabuti, da Camara Brasileira do Libro, o Premio Coelho Neto da Academia Brasileira de Letras e "Ficcao" da Asociacion Paulista de Criticos de Arte; e Seminario dos Ratos (1977), polo cal ganou o Pen Club do Brasil. Ingresou na Academia Paulista de Letras en 1982, e, en 1985, ocupou a cadeira numero dezaseis da Academia Brasileira de Letras, tomando posesion en 12 de maio de 1987. Aquel mesmo ano, tornouse membro da Academia das Ciencias de Lisboa. De entre os seus outros exitos estan: Verao no Aquario (1964), Misterios (1981), As Horas Nuas (1989) e Invencao e Memoria (2000). A escritora viu os seus libros traducidos para o aleman , espanol , frances , ingles , italiano , polaco , sueco , checo , alen de moitas edicions en Portugal . Encontrase colaboracion da sua autoria na revista luso-brasileira Atlantico.

Na 17.ª edicion do Premio Camoes , maior honra concedida a escritores de paises co portugues como a lingua oficial, ocorrida en 2005, Lygia foi anunciada a vencedora. Ganadora de todos os premios literarios importantes do Brasil, homenaxeada nacional e internacionalmente, tornouse, en 2016, aos 92 anos, a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio  Nobel de Literatura .

Lygia en 1945.
Lygia na inauguracion da Fachada do Edificio da Academia Paulista de Letras ocorrida o dia 19 de outubro de 2017.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Estilo de escrita e influencias [ editar | editar a fonte ]

Os contos fantasticos de Lygia reflicte on estilo do escritor estadounidense Edgar Allan Poe .

Coa sua amiga Clarice Lispector , a obra de Lygia estabeleceu un interesante dialogo, pois ambas explotaron, de maneira inedita ate enton, o universo feminino so unha perspectiva moderna, rompendo co moralismo social que deixaba a muller sempre a marxe da figura masculina. Trazou as suas personaxes a traves das tecnicas do fluxo de consciencia e do monologo interior, alzandoas ao posto de protagonista das suas historias. [ 6 ] Alen de abordar intensamente a tematica feminina, Lygia abriu espazo na sua obra para temas como a vida nas grandes cidades, asi como os problemas sociais e outros temas polemicos, como drogas , adulterio e o amor . En xeral, as suas personaxes son seres inquedos e vulnerabeis, instrumentos de reflexion psicoloxica, que se moven en aparente espontaneidade, como representacion ironica da sociedade. Lygia fixo a fusion do fantastico a realidade do espazo urbano, incorporando nos seus contos moitos elementos modernos, como os contos  A cacada, Venha ver o por do sol e As formigas [ 7 ] [ 8 ] .

Cronoloxicamente, a escritora posicionase na xeracion modernista de 1945, ao lado de Guimaraes Rosa , Lispector, Rubem Braga e Dalton Trevisan ; por tanto, observase influencia do fluxo de consciencia e da epifania, recursos utilizados por eses escritores. Mentres as suas novelas ganaron aires de literatura realista, os contos da autora reflictem o estilo de Edgar Allan Poe , escritor estadounidense de tendencia romantica e fantastica. Nalgunhas das suas historias fundiu a realidade do espazo urbano ao fantastico, superando a fronteira do real ao asumir unha tendencia principalmente surrealista .

De entre os autores brasileiros, a escritora dise influenciada por Machado de Assis especialmente pola sua "ambiguidade, o texto enxuto, a analise social e a ironia fina". En 1967, realizou a adaptacion cinematografica da novela  Don Casmurro  con Paulo Emilio Sales Gomes, titulado  Capitu , con direccion de Paulo Cesar Saraceni. [ 9 ]

A sinestesia e unha das principais figuras de linguaxe utilizadas nos contos de Lygia: a cor verde e constantemente citada como referencia a pasaxe da vida a morte; as veces, alude a esperanza, a envexa e ao dineiro. [ 10 ] As variacions linguisticas son tamen usufrutuadas como representacion das personaxes retratadas de acordo con seu nivel social e coa situacion da comunicacion. Outros dous trazos marcantes na literatura de Lygia son a ambiguidade e a ironia , presentes en Ciranda de Pedra (1954), Antes do Baile Verde (1970) e As Meninas (1973), nas cales a escritora estabelece conflitos internos do home vivindo en sociedade.

Esta considerada como a grande representante do movemento posmodernismo brasileiro. [ 11 ]

Tematica [ editar | editar a fonte ]

Vivindo a realidade dunha escritora do terceiro mundo , Lygia considera sua obra de natureza comprometida coa dificil condicion do ser humano nun pais de tan fraxil educacion e saude , e procura presentar nos seus textos a realidade envolta na seducion do imaxinario e da fantasia. [ 12 ] [ 13 ] Especialmente nas suas novelas, as personaxes principais tenden a ser mulleres, dotadas dun psicologismo intenso e de comportamentos moi marcantes, como Virginia, de Ciranda de Pedra , Raiza, de Verao no Aquario e Lorana, Lia e Ana Clara, de As Meninas . Esa recorrencia poderia ser interpretada como un evidente compromiso feminista . [ 14 ] O choque do desconecido no cotian aparece en varios textos da escritora, o cal provoca un sentimento de dubida, medo e ambiguidade. Entre os contos que lidan co sobrenatural estan As Formigas , Natal na Barca , e Noturno Amarelo .

Critica literaria [ editar | editar a fonte ]

A obra lygiana xa foi eloxiada por renomeados escritores da literatura nacional e internacional, os cales se renderon a sua elegante escrita. Clarice Lispector, Carlos Drummond de Andrade , Caio Fernando Abreu, Jose J. Veiga, Jose Saramago , entre outros, xa expuxeron opinions importantes e formaron parte do publico de admiradores da obra da escritora. Segundo o critico Jose Castello, ela "e unha escritora que se dedica aos temas universais: a loucura, o amor, a paixon, o medo, a morte". [ 15 ]

Para Joao Ubaldo Ribeiro , "e a grande dama da literatura brasileira". Milton Hatoum destaca a magnitude e a perennidade dos contos de  Antes do Baile Verde  e  Seminario dos Ratos , libros publicados nos anos 1970. Xa Ignacio de Loyola Brandao garante non "existir, na literatura brasileira, unha persoa mais adoravel". Moitos libros volveronse clasicos, como a novela As Meninas (1973), "libro ate hoxe moi lido nas escolas, pois reflicte o impase de mozos que viviron nunha epoca escura", observa Hatoum. "O destino das personaxes e, dalgun modo, o destino dunha xeracion movida por sonos de liberdade sexual e politica, ou por un desexo de ascenso social. E unha novela que opera co equilibrio entre o psicoloxico, o social e o politico. Sen dubida, un dos mellores libros da autora." [ 16 ]

Premios [ editar | editar a fonte ]

Ao longo da sua carreira, Lygia recibiu importantes premios literarios nacionais e internacionais, como o Premio Camoes o mais importante da literatura en portugues, na cidade do Porto , no norte de Portugal , pais que dixo amar profundamente e onde afirma posuir antigas raices familiares. O acto solemne contou coa presenza dos enton presidentes do Brasil e Portugal, Luiz Inacio Lula da Silva e Jorge Sampaio , respectivamente, onde Lula agradeceu a contribucion da escritora a cultura brasileira e a lingua portuguesa a traves dunha linguaxe que definiu como "iluminada".

En 2016, mais de 30 anos despois da ultima indicacion brasileira, a escritora tornouse a primeira muller brasileira en ser indicada ao premio  Nobel de Literatura .

Premios literarios [ 5 ] [ editar | editar a fonte ]

  • Premio do Instituto Nacional do Livro, por Historias do Desencontro (1958)
  • Premio Jabuti, por Verao no Aquario (1965)
  • Gran Premio Internacional Feminino para Contos estranxeiros, Francia (1969) por Antes do Baile Verde
  • Premio Candango, concedido ao mellor guion cinematografico, por Capitu compartido con Paulo Emilio Sales Gomes (1969)
  • Premio Guimaraes Rosa (1972)
  • Premio Coelho Neto, da Academia Brasileira de Letras; Jabuti e APCA ? Associacao Paulista dos Criticos de Arte, pelo romance As Meninas (1974)
  • PEN Clube do Brasil, pelo livro de contos Seminario dos Ratos (1977)
  • Premio Jabuti e APCA, por A Disciplina do Amor (1980)
  • II Bienal Nestle de Literatura Brasileira (1984)
  • Premio Pedro Nava, (Melhor Livro do Ano), por As Horas Nuas (1989)
  • Premio Jabuti; Premio Arthur Azevedo, da Biblioteca Nacional e APLUB de Literatura, por A Noite Escura e Mais Eu (1995)
  • Condecorada coa Orde das Artes e das Letras polo goberno frances (1998)
  • Premio Jabuti; APCA; Concurso paralelo “Livro do Ano” e o "Golfinho de Ouro”, por Invencao e Memoria (2001)
  • Premio Camoes, pelo conjunto da obra, Portugal ? Brasil (2005)
  • Premio APCA, por Conspiracao de Nuvens (2007)
  • Premio Mulheres mais Influentes - Gazeta Mercantil (2007)
  • Premio Dra. Maria Imaculada Xavier da Silveira, 2008 - OAB
  • Premio Juca Pato 2009  (Intelectual do Ano) - Uniao Brasileira de Escritores
  • Premio Conrado Wessel de Literatura 2015

Condecoracions [ editar | editar a fonte ]

  • Medalha Mario de Andrade ? Goberno do Estado de Sao Paulo
  • Medalha Merito Civico e Cultural ? da Sociedade Brasileira de Heraldica de Sao Paulo
  • Medalha do Grande Premio Literario de Cannes, categoria contos (1969)
  • Medalha do Premio Imperatriz Leopoldina, do Instituto Historico e Geografico de Sao Paulo (1969)
  • Ordem do Rio Branco, Comendador (1985)
  • Titulo Personalidade Literaria do Ano de 1987, conferido pola Camara Brasileira do Livro
  • Medalha Ordre des Arts et des Lettres, Chevalier (1998)
  • Ordem al Merito Docente y Cultural Gabriela Mistral, Grande Oficial (Chile).
  • 2001, Doutora Honoris Causa pola Universidade de Brasilia (UnB).
Lygia durante unha homenaxe na quinta edicion da Balada Literaria realizada na Libraria da Vila o 18 de novembro de 2010.
Lygia (a dereita) ao lado da exministra da Cultura Ana de Hollanda na cerimonia de reabertura da Biblioteca Municipal de Sao Paulo ocorrida o 26 de xaneiro de 2011.

Listaxe de obras [ editar | editar a fonte ]

A obra lygiana conta con catro novelas, 20 libros de contos, algunhas cronicas, participacions en antoloxias e colectaneas. [ 17 ]  Con publicacions de exito no exterior, tivo os seus libros lanzados en diversos paises: Portugal , Francia , Estados Unidos , Alemana , Italia , Holanda , Suecia , Espana e Republica Checa , entre outros, con obras adaptadas para a television , teatro e cinema . Nunha publicacion, o Huffpost Brasil citou os libros As Meninas , Ciranda de Pedra , Verao no Aquario , Antes do Baile Verde e A Disciplina do Amo como as obras que mostran que Lygia e unha icona literaria.

Novelas [ editar | editar a fonte ]

  • Ciranda de Pedra , 1954.
  • Verao no Aquario , 1964.
  • As Meninas , 1973, Premio Jabuti.
  • As Horas Nuas , 1989.

Contos [ editar | editar a fonte ]

  • Porao e sobrado , 1938
  • Praia viva , 1944
  • O cacto vermelho , 1949
  • Historias do desencontro , 1958
  • Historias escolhidas , 1964.
  • O Jardim Selvagem , 1965
  • Antes do Baile Verde , 1970
  • Seminario dos Ratos , 1977.
  • Filhos prodigos , 1978, reeditado como A Estrutura da Bolha de Sabao , 1991.
  • A Disciplina do Amor , 1980.
  • Misterios , 1981.
  • Venha ver o por-do-sol e outros contos , 1991.
  • A noite escura e mais eu , 1995.
  • Oito contos de amor, 1996
  • Invencao e Memoria , 2000, Premio Jabuti
  • Durante aquele estranho cha: perdidos e achados , 2002
  • Biruta, 2004
  • Historias de Misterios , 2004
  • Conspiracao de Nuvens , 2007
  • Passaporte para a China: Cronicas de Viagem , 2011
  • O Segredo e Outras Historias de Descoberta , 2012
  • Um Coracao Ardente , 2012

Antoloxias [ editar | editar a fonte ]

  • Seleta , 1971, organizacion, estudos e notas de Nelly Novaes Coelho.
  • Lygia Fagundes Telles , 1980, organizacion de Leonardo Monteiro.
  • Os melhores contos de Lygia F. Telles , 1984, seleccion de Eduardo Portella.
  • Venha ver o por-do-sol , 1988, seleccion dos editores, Atica.
  • A confissao de Leontina e fragmentos , 1996, seleccion de Maura Sardinha.
  • Oito contos de amor , 1997, seleccion de Pedro Paulo de Sena Madureira.
  • Pomba enamorada , 1999, seleccion de Lea Masima.

Participacions en antoloxias [ editar | editar a fonte ]

  • Gaby , 1964, novela, en Os sete pecados capitais , Civilizacao Brasileira.
  • "Trilogia da confissao", 1968, Verde lagarto amarelo , Apenas um saxofone & Helga , en Os 18 melhores contos do Brasil , Bloch Editores.
  • Missa do galo , 1977, en Missa do galo , Summus.
  • O muro , 1978, en Licoes de casa , Cultura.
  • As formigas , 1978, en O conto da mulher brasileira , Vertente.
  • Pomba enamorada , 1979, en O papel do amor , Cultura.
  • Negra jogada amarela , 1979, conto, en Crianca brinca, nao brinca? , Cultura.
  • As cerejas , 1993, en As cerejas , Atual.
  • A cacada , 1994, en Contos brasileiros contemporaneos , Moderna.
  • A estrutura da bolha de sabao & As cerejas , en O conto brasileiro contemporaneo , Cultrix.

Cronicas publicadas na prensa [ editar | editar a fonte ]

  • Nao vou ceder. Ate quando? . O Estado de Sao Paulo , 6 de xaneiro de 1992
  • Pindura com um anjo . Jornal da Tarde , 11 de agosto de 1996

Traducions e adaptacions [ editar | editar a fonte ]

Ao aleman
  • Filhos prodigos , 1983.
  • As horas nuas , 1994.
  • Missa do galo , 1994.
Ao checo
  • Antes do baile verde , s.d.
Aol chines
  • Ciranda de pedra , 1990.
Ao espanol
  • As meninas , 1973.
  • As horas nuas , 1991.
  • Ciranda de pedra , 1990.
Ao frances
  • Filhos prodigos , 1986.
  • Antes do baile verde , 1989.
  • As horas nuas , 1996.
  • W. M ., 1999.
Ao ingles
  • As meninas , 1982.
  • Seminario dos ratos , 1986.
  • Ciranda de pedra , 1986.
Ao italiano
  • As perolas , 1961.
  • As horas nuas , 1993.
Ao polaco
  • A chave , 1977.
  • Ciranda de pedra , 1990.
Ao ruso
  • Antes do baile verde , s.d.
Ao sueco
  • As horas nuas , 1991.
Edicions en Portugal
  • Antes do baile verde , 1971.
  • A disciplina do amor , 1980.
  • A noite escura e mais eu , 1996.
  • As meninas , s.d.
Adaptacions ao cine
  • Capitu , en colaboracion con Paulo Emilio Salles Gomes, 1993.
  • As meninas, 1996.
Adaptacion ao teatro
  • As meninas , 1988 e 1998.
Adaptacions a television
  • O jardim selvagem , 1978, Caso especial, TV Globo.
  • Ciranda de pedra , 1981, Novela, TV Globo.
  • Era uma vez Valdete , 1993, Retratos de mulher, TV Globo.

Frases de Lygia Fagundes Telles [ 11 ] [ editar | editar a fonte ]

  • Xa que e preciso aceptar a vida, que sexa enton con coraxe.
  • Non pida coherencia ao misterio nin pida loxica ao absurdo.
  • Se e dificil cargar coa soidade, mais dificil ainda e cargar cunha compania.
  • A distancia mais curta entre dous puntos pode ser a lina recta, mais e nos caminos curvos onde se encontran as mellores cousas da vida.
  • O menino enton sorri e nin o inimigo mais feroz resistira a ese sorriso de quen se ofrece tan sen defensa.
  • A beleza non esta nin na luz da mana nin na sombra da noite, esta no crepusculo, nese medio ton, nesa incerteza.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Lygia Fagundes Telles - Biografia da escritora" . InfoEscola (en portugues ) . Consultado o 2020-04-13 .  
  2. ANTOLOGIA: MEUS CONTOS PREFERIDOS - Lygia Fagundes Telles - Livro (en portugues ) .  
  3. "Lygia Fagundes Telles. Wook" . www.wook.pt (en portugues ) . Consultado o 2020-04-13 .  
  4. Cultural, Instituto Itau. "Lygia Fagundes Telles" . Enciclopedia Itau Cultural (en portugues ) . Consultado o 2020-04-13 .  
  5. 5,0 5,1 "Lygia Fagundes Telles" . Academia Brasileira de Letras (en portugues ) . Consultado o 2020-04-13 .  
  6. "Lygia Fagundes Telles" . Mundo Educacao (en portugues ) . Consultado o 2020-04-12 .  
  7. "Lygia Fagundes Telles: Caracteristicas e Estilos em Ciranda de Pedra" . Recanto das Letras (en portugues ) . Consultado o 2020-04-12 .  
  8. "Lygia Fagundes Telles se prepara para escrever um novo romance" . VEJA SAO PAULO (en portugues ) . Consultado o 2020-04-12 .  
  9. "Dossie: O Tempo de Lygia" ? Revista Entre Livros. edicao 20. Pgs. 21-26. Editora Duetto. Sao Paulo (2007)]
  10. "Lygia Fagundes Telles" . web.archive.org . 2017-12-07. Archived from the original on 07 de decembro de 2017 . Consultado o 2020-04-12 .  
  11. 11,0 11,1 "Biografia de Lygia Fagundes Telles" . eBiografia (en portugues ) . Consultado o 2020-04-13 .  
  12. "Lygia Fagundes Telles. Academia Brasileira de Letras" . web.archive.org (en portugues ) . 2016-08-19. Archived from the original on 19 de agosto de 2016 . Consultado o 2020-04-12 .  
  13. "Lygia Fagundes Telles - Enciclopedia Itau Cultural" . web.archive.org . 2016-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2016 . Consultado o 2020-04-12 .  
  14. "O vasto universo ficcional de Lygia Fagundes Telles" . Jornal Opcao (en portugues ) . 2016-04-02 . Consultado o 2020-04-12 .  
  15. "Lygia Fagundes Telles, testemunha literaria - Cultura" . Estadao (en portugues ) . Consultado o 2020-04-12 .  
  16. "Lygia Fagundes Telles, testemunha literaria - Cultura - Estadao" . Estadao .  
  17. "As 10 principais obras da indicada ao Nobel Lygia Fagundes Telles" . VIX (en portugues ) . Consultado o 2020-04-12 .