Led Zeppelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cara a dereita, e de arriba abaixo: Page , Bonham , Plant , Jones
Orixe Londres , Inglaterra Inglaterra
Periodo 1968 - 1980
Xenero(s) Rock , Hard rock
Selo(s) discografico(s) Atlantic Records
Swan Song
Membros Jimmy Page
John Paul Jones
Robert Plant
John Bonham
Na rede
Led Zeppelin
IMDB: nm0496389 Allocine: 94571 Allmovie: p41298 Metacritic: person/led-zeppelin TV.com: people/led-zeppelin
Facebook: ledzeppelin Twitter: ledzeppelin Instagram: ledzeppelin MySpace: ledzeppelin Youtube: UCaKZA66vM_TUpetUNohmR0A TikTok: ledzeppelin Souncloud: ledzeppelin Spotify: 36QJpDe2go2KgaRleHCDTp iTunes: 994656 Last fm: Led+Zeppelin Musicbrainz: 678d88b2-87b0-403b-b63d-5da7465aecc3 Songkick: 18833 Discogs: 34278 Allmusic: mn0000139026 Deezer: 848 Genius: Led-zeppelin Editar o valor em Wikidata

Led Zeppelin foi un grupo de rock ingles fundado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page trala disolucion do seu anterior grupo, The Yardbirds . Coa colaboracion do baixista John Paul Jones , o que xa conecia de antigos traballos, a inclusion de Robert Plant como vocalista e John Bonham como bateria, quedaria conformada unha das bandas mais importantes da historia do rock , fundadores do Hard rock e mesmo do heavy metal . Tamen en toda a sua discografia se incluen influencias de blues , reggae , soul , funk , jazz , musica celta , folk e country .

Moitos anos despois da sua disolucion en 1980 , os seus discos ainda se seguen vendendo e continuan a ser un grupo de grande influencia na musica actual. Tenen vendido o redor de 109 millons de discos nos Estados Unidos [ 1 ] e calculase que uns 300 millons en todo o mundo [ 2 ] .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os comezos [ editar | editar a fonte ]

O xerme da creacion de Led Zeppelin xorde noutra banda de rock britanica, The Yardbirds . No ano 66, trala marcha de Eric Clapton , entrou no grupo Jimmy Page para substituilo. Nun comezo entrou como baixista, pero rapidamente pasou a ser guitarrista principal xunto a Jeff Beck , cambiandolle o posto a Chris Dreja . Trala marcha de Beck, o grupo finalmente disolveuse, pero na mente de Page aparecera a idea da formacion dun supergrupo ao estilo dos Yardbirds .

Xunto con Dreja tratou de crear The New Yardbirds a comezos do veran do 68. Pero finalmente Dreja decidiu abandonar a musica, polo que Page, que pretendia seguir co seu proxecto, pensou en John Paul Jones, baixista e teclista experimentado a quen xa conecia doutros traballos anteriores. Unido ao proxecto, a idea era contar cun bateria e un vocalista. Para vocalistas tinan varios candidatos pero todos rexeitaron a proposta, recomendandolles un cantante de blues conecido polas suas actuacions en Birminghan , Robert Plant . Este aceptou e recomendou para a bateria a John Bonham , amigo de Plant. Asi quedaria conformada a banda.

A sua primeira actuacion, ainda como New Yardbirds en Copenhague , por obrigacions contractuais, foi todo un fracaso. Foi debido a esta actuacion que Keith Moon , nunha sesion de gravacion con Page, describiu o grupo como un "ir montados nun globo de chumbo " ( lead Zeppelin ), do que derivaria o nome final da banda.

Despois de actuacions en clubs e algunha xira, gravaron con Atlantic Records o seu primeiro album, Led Zeppelin . Producido en trinta dias, saiu ao mercado o 12 de xaneiro do 69 ). Nun principio, en Inglaterra non tivo moita acollida debido a que non editaran ningun single para promocionar o disco, cousa que non faran en toda a sua traxectoria como grupo. Pero trala primeira xira norteamericana resultou ser un exito de critica e publico, alcanzando finalmente o posto numero 6 nas listas britanicas e o numero 10 en Estados Unidos . A famosa portada do disco, o zeppelin Hindenburg caendo en chamas, fixo que nunha actuacion en Copenhaguen, por unha demanda de Eva von Zeppelin, tiveran que actuar como “The Nobs”, xa que a neta do inventor dos dirixibles negabase a que o grupo levase o nome da sua familia.

O segundo disco do grupo foi a sua consagracion. Led Zeppelin II publicouse o 22 de outubro de 1969 , chegando o numero 1 das listas britanica e americana. O album e puro hard rock , con temas potentisimos, que inspirarian a moitos grupos a seguir o camino marcado por Led Zeppelin. Nesta epoca o grupo deixou de actuar en clubs e comezou a tocar en grandes auditorios e salas. Os concertos converteronse en espectaculos de varias horas con improvisacion cos temas da banda e doutros musicos de blues e soul . Son xa miticos os solos de Bonham ou do baixo de Jones.

Coa publicacion de terceiro album, Led Zeppelin III (5 de outubro de 1970), o grupo deu un xiro completo o seu estilo. Nesta nova publicacion hai unha grande influencia do folk e da musica celta, e os temas son mais intimistas e acusticos. Ainda asi volveron acadar o numero 1 en Inglaterra e os Estados Unidos, pero recibiron criticas por ese cambio dun rock duro ata unha musica de tanta influencia folk. Pese a todo, neste ano o grupo xa era un dos maiores do mundo, chegando a adquirir un avion propio para os seus desprazamentos, chamado The Starship, reservando seccions enteiras de hoteis e protagonizando situacion controvertidas que ainda lle daban mais fama.

A consolidacion [ editar | editar a fonte ]

O 8 de novembro de 1971 saiu a venda o seu cuarto album. Este apareceu sen titulo nin o nome do grupo, soamente con catro simbolos, como resposta as criticas vertidas sobre a banda tras o seu terceiro traballo. Normalmente este disco e conecido como Led Zeppelin IV pero tamen se xa lle da o nome de ZOSO , Runes , Four Symbols , Four , Sticks ou mesmo Unnamed ("Sen titulo"). Neste disco conseguiron mesturar dun xeito maxistral o folk do anterior disco co hard rock do segundo, creando, a criterio de moitos, unha obra mestra. E o disco mais vendido do grupo e actualmemte, segundo a RIAA, e o cuarto disco mais vendido nos Estados Unidos, cuns 23 millons de copias vendidas [ 3 ] .

Unha das anecdotas mais curiosas sobre este disco e o rumor, que se estendeu rapidamente, de que unha das suas cancions, " Stairway to Heaven ", a mais conecida do disco, ao reproducila cara a atras podianse escoltar mensaxes satanicas. Este rumor estendeuse debido a conecida afeccion do grupo polo ocultismo, as mitoloxias e mesmo a obra de Tolkien , afeccion que xa mostraran en anteriores cancions.

No seu afan por innovar e experimentar xorde o disco Houses of the Holy o 28 de marzo do 73 . Nel aparecen matices musicais amplisimos, dende reggae ate funk , pasando por blues, folk, rock, uso de sintetizadores e ata o uso de melotron . Este disco seguiu o camino dos anteriores e foi numero 1 nos Estados Unidos e Inglaterra. Na xira americana, nun dos seus concertos, no Tampa Stadium ( Florida ), romperon os records de asistencia a un concerto con 56.800 fans, superando a anterior marca en poder dos Beatles . Tamen nus dos seus concertos, no Madison Square Garden de Nova York , gravaronn unha pelicula sobre ese concerto que retardaria a sua publicacion ata 1976.

En 1975 decidiron formar o seu propio selo discografico, Swang Song , para sentirse mais comodos na producion das suas obras. Physical Graffiti seria o primeiro disco que publicarian co seu selo. Tratase do seu primeiro disco dobre; conten numerosas cancions, todas de gran calidade e de multiples estilos. Obtivo boas criticas e tamen acadou o numero 1 nas Illas Britanicas e en America. Neste ano volverin as suas xiras, que chegaron a ser apoteoticas e multitudinarias, sendo unha epoca extraordinaria para o grupo.

O fin dunha era [ editar | editar a fonte ]

Pero esta situacion mudou no veran dese mesmo ano (1975) cando Plant sufriu un grave accidente xunto coa sua muller mentres estaban de vacacions na Illa de Rodas . A longa recuperacion provocou a cancelacion de xiras e concertos, polo que decidiron meterse de novo no estudo para a gravacion do seu seguinte disco Presence ( 16 de marzo de 1976 ), a que o propio Plant ia en muletas debido a sua recuperacion. Este disco caracterizase pola ausencia total de sintetizadores e a inexistencia dalgunha cancion acustica. Tamen foi numero 1 en Inglaterra e EEUU.

En outubro dese mesmo ano (1976) estrearonn a pelicula The Songs Remains the Same . Nela mesturanse as gravacions de concerto do 73 no Madison Square Garden con secuencias de fantasia ideadas pola propia banda. Tamen publicaron a sua banda sonora co mesmo titulo. Pero de novo en 1977 a mala sorte golpea a Robert Plant: neste ano morreu por unha infeccion estomacal o seu fillo Karac Pendra, de seis anos. O cantante sumiuse nunha gran depresion, chegando a pensar en deixar a banda.

Pese a todo, Plant recapacitou e gravaron o que o final seria o seu ultimo disco de estudio In Through the Out Door en agosto de 1978 . Volveron a colocarse no primeiro posto das listas inglesas e americanas pese a que nese tempo apareceran novos movementos como o disco e o punk , con grande acollida. O principal valedor do disco foi John Paul Jones, que compuxo 6 das 8 cancions que conten o disco. Nas xiras do seguinte ano o grupo xa non se centrou tanto na improvisacion, centrandose mais nas cancions en si, mostrando un nivel de profesionalidade musical impecable.

A partir de aqui xurdiron numerosos rumores arredor da posible disolucion do grupo. Debiase aos problemas da banda, como a adiccion a heroina de Page, o alcoholismo de Bonham e os cambios de tendencias musicais, que rematan co traxico final de Led Zeppelin. No 25 de setembro de 1980 morre o bateria John Bonham afogado no seu propio vomito tras a inxesta de vodka durante unha festa en casa de Jimmy Page. Asi a banda decidiu a sua separacion.

Por mor do contrato discografico que lles obrigababa a publicacion dun disco mais, xunto coa negativa de gravar sen Bonham, en 1982 editase Coda , con material inedito anteriormente rexeitado para os outros discos e cortes de sesions en directo.

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Albums de estudio [ editar | editar a fonte ]

Outros albums [ editar | editar a fonte ]

Cine e DVD [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. RIAA. "Lista de artistas que mais venden" . Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012 . Consultado o 17 de setembro de 2007 .  
  2. vh1.com, ed. ( 14 de setembro , 2006 ). "VH1 da a benvida a Volta da 'Terceira Cerimonia Anual de Inclusion no Hall of Fame do Reino Unido ' " . Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2006 . Consultado o 17 de setembro de 2007 .  
  3. "Lista de albums mais vendidos segundo a RIAA" . Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010 . Consultado o 17 de setembro de 2007 .  

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]