Josep Llimona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosep Llimona

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 8 de abril de 1864 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 27 de febreiro de 1934 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Barcelona, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Poblenou Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Escola de Llotja (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escultor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Movemento Modernismo catalan Editar o valor em Wikidata
Profesores Rossend Nobas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos Francesc Socies i March (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua catala Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Fillos Rafael Llimona Benet (pt) Traducir, Maria Llimona i Benet Editar o valor em Wikidata
Pai Josep Llimona i Bonafont Editar o valor em Wikidata
Irmans Joan Llimona Bruguera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Nuria Llimona i Raymat ( sobrina )
Merce Llimona i Raymat (pt) Traducir ( sobrina )
Jordi Llimona i Barret (en) Traducir ( neto ) Editar o valor em Wikidata

Josep Llimona i Bruguera, nado en Barcelona 8 de abril de 1864 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1934 , foi un escultor , considerado dos mellores representantes da escultura modernista catala . [ 1 ] [ 2 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Ramon Berenguer III el Gran en Barcelona
O forxador, na praza de Cataluna de Barcelona

Irman do pintor Joan Llimona e tio da ilustradora Merce Llimona e da pintora Nuria Llimona , estudou na escola da Llotja e no taller dos irmans Agapit e Venaci Vallmitjana . Tamen foi alumno de Rossend Nobas , co cal traballou dous anos, e do pintor Marti i Alsina , na Escola de Belas Artes de Barcelona .

Con 16 anos ( 1880 ) consegue co El fill prodig (O fillo prodigo) [ 1 ] a pension Fortuny, que outorgaba o concello de Barcelona ,trasladandose a Roma durante 4 anos co seu irma Joan. Ala vai traballar no taller de Enric Serra e vai estudar na Academia Giggi. Durante o primeiro ano realizou as duas obras que por contrato lle esixia a pension, Patrici roma (Patricio romano) e o borrador da estatua ecuestre do conde Ramon Berenguer o Grande , obra que lle permite a Josep Llimona a renovacion da pension por un ano mais e asi puido, durante un novo periodo, modelar o monumento na medida definitiva. Presentada a obra na Exposicion Universal de Barcelona de 1888 , obten a medalla de Ouro, que foi a recompensa de maior valor concedida polo xurado internacional de escultura.A obra orixinal queda baixo propiedade do concello a cambio dunha pension de e hoxe en dia podese ver na praza de Ramon Berenguer da cidade. Para esta exposicion tamen presentou unha estatua de Ramon Berenguer O Vello , que, feita en bronze, figura entre os monumentos expostos no Salon de Sant Joan, e no friso do Arco de Triunfo de Barcelona de Barcelona.

O seu irman comezou unha vida relixiosa moi activa, que influiu fortemente a Josep Llimona, e vainos levar a fundar xunto con outros artistas, o Cercle Artistic de Sant Lluc o ano 1893 , para preservar a arte dos excesos dos artistas da epoca. Tamen comezou a realizar obras de tematica relixiosa coma a Mare de Deu del Roser , Consumatum est ou Primera Comunio .

O ano 1900 presentou en Olot unha exposicion de espidos femininos. Pouco despois, o 1901 , morria a sua muller, feito que marcaria o seu caracter introvertido.

Os anos seguintes realizou diversos encargos, tanto de tematica funeraria coma o L'Angel exterminador no cemiterio de Comillas coma monumentos civis, coma o Monument al Dr. Robert . No 1907 presenta Desconsol na Exposicion Internacional de Belas Artes de Barcelona, que lle achega o Premio de Honor. A obra foi adquirida polo museo municipal da cidade. No 1909 foi nomeado rexedor do concello e vocal da Xunta de Museos. Posteriormente acadaria a presidencia da xunta entre o 1918 e o 1924 .

No 1920 realizouse unha Exposicion de Belas Artes en Barcelona, onde van adicar unha sala enteira en homenaxe. Catro anos mais tarde realiza unha estatua de Sant Jordi que e considerada unha das suas mellores obras.

Foi elixido de novo presidente da Xunta de Museos no 1931, cargo que manteria ata a sua norte. Foi un periodo moi produtivo, xa que no 1934 inaugurase o Museu d'Art de Catalunya , actual MNAC .

Foi mestre da escultora Margarida Sans i Jordi , que foi a sua alumna preferida e a sua sucesora, de acordo o propio artista [ 3 ] . Contou coa presenza de Enric Monjo no seu taller, o cal introduciu no novecentismo.

Obra e estilo [ editar | editar a fonte ]

Josep Llimona, L'angel exterminador (O anxo exterminador) no cemiterio de Comillas, Cantabria

As suas primeiras obras foron academicas, poren a partir dunha estadia en Paris , influenciado por Auguste Rodin , o seu estilo derivou cara o modernismo , e a comezos do seculo XX incorporouse o simbolismo . Fixo un traballo extensisimo, realizando exposicions en Cataluna , Madrid , Paris, Bruxelas e Buenos Aires .

Outra obra representativa e Idil?li (Idilio), obra que posue unha coleccion particular arxentina; o monumento funebre da senora de Chopitea ( Buenos Aires ); o grupo Amor a la infancia , situado nas Escolas do Bosco de Montjuic , e o gran monumento erixido na praza da Universidade de Barcelona o Monument al Doctor Robert , obra complexa, na que sobresaen o grupo de do pobo e que esculpe en pedra branca representando as ensinanzas do excelente mestre.

Merecen especial mencion as obras de arte aplicadas realizadas por Llimona, sendo as de maior importancia un baculo pastoral ofrecido o bispo de Vic , un artistico xogo de cafe que debia ofrecerse coma agasallo de vodas a un rei, e diversas xoias nas que o valor artistico supera o intrinseco, ainda sendo este elevado.

Como debuxante produciu un numero considerable de estudos excelentes sobre a natureza.

Premios e reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Obras salientables [ editar | editar a fonte ]

Desconsol , no estanque diante do Palau del Parlament de Catalunya , no parc de la Ciutadella

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]