Eyjafjallajokull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 63°38′00″N 19°36′00″O  /  63.633333333333, -19.6 Eyjafjallajokull , denominacion conformada polas palabras islandesas ey (≪illa≫), fjall (≪montana≫) e jokull (≪glaciar≫), e un dos glaciares mais pequenos de Islandia . Esta situado ao norte da rexion de Suðurland e ao leste do glaciar Myrdalsjokull . A capa de xeo do glaciar cobre un volcan de 1.666 m. de altitude , que ten entrado en erupcion cunha frecuencia relativa dende a Idade do xeo . A penultima erupcion foi de 1821 a 1823 , causando un fatal desprazamento do glaciar. O crater do volcan ten un diametro de entre 3 e 4 quilometros e o glaciar cobre unha area duns 100 km².

Glaciar Gigujokull , baixando do monte Eyjafjallajokull

O extremo sur da montana foi unha vez parte da lina da costa atlantica . O mar retirouse uns 5 quilometros, polo que agora son visibles uns acantilados escarpados cun gran numero de fervenzas , sendo a mais conecida a chamada Skogafoss . Con ventos fortes, a auga das fervenzas mais pequenas poden ascender por cima da montana.

Topografia [ editar | editar a fonte ]

O Eyjafjallajokull atopase entre o val Þorsmork , ao norte, e a costa do oceano Atlantico , ao sur. A parte superior do glaciar esta marcada por unha profunda depresion correspondente a caldeira, de entre tres e catro quilometros de diametro. O pico mais alto e o Hamundur , con 1.666 metros sobre o nivel do mar, e unha parte do bordo. Un cume secundario e o Guðnasteinn , que divide o bordo do crater.

A maioria das erupcions son de tipo fisura, e producense ao leste e ao oeste dos francos do volcan, incluindo as bocas eruptivas Hamragardahraun, Hofdahraun, Irahraun, Midskalarheidahraun e Skerjahraun Raudahraun. A chaira que se estende dende os seus pes ata a costa do oceano Atlantico formouse pola deposicion sucesiva dos materiais, incluindo hialoclastita , arrastrados polas inundacions diversas do volcan e do vecino Katla.

Hidroloxia [ editar | editar a fonte ]

No lado norte do campo de xeo atopanse os graciares Steinsholtsjokull e Gigujokull , que descenden por separado ata o val de Þorsmork. A lingua glacial do Gigujokull ten un curso irregular que descende dende os 1.400 metros do crater da vertente norte. As augas da fusion do Eyjafjallajokull alimentan moitos rios que descenden das pronunciadas ladeiras do volcan, formando profundos canons, como o Stakkholtsgja . As numerosas fervenzas atraen os turistas, como Seljalandsfoss , de 65 metros de altura, ou Skogafoss, de 62 metros de altura, que tamen recibe auga do desxeo do Myrdalsjokull .

Xeoloxia [ editar | editar a fonte ]

Tratase dun estratovolcan , formado hai uns 700.000 anos, construido por lava de basalto e andesita . Ten sido moi activo, e experimentou erupcions arredor do 550 , en 1612 , entre os anos 1821 e 1823 , e en 2010 .

A erupcion de 1821-23 foi unha erupcion pequena, [ 1 ] pero produciu un gran dano, debido a alta concentracion de fluor na cinza, que en altas doses pode ter efectos negativos na estrutura osea de gando, cabalos, ovellas e seres humanos. A erupcion tamen provocou que alguns graciares derretesen e desbordasen os rios Markarfljot e Holtsa . A fase eruptiva iniciouse o 19 e 20 de decembro, e continuou cunha serie de erupcions explosivas os dias seguintes, orixinandose chuvias de cinza nos arredores do volcan. A erupcion continuou de xeito moderado ata xuno de 1822 , comezando a finais de xuno e principios de agosto dese mesmo ano outra serie de erupcions explosivas. As columnas da erupcion acadaron alturas considerables.

En 1823 , inspeccionaronse os crateres, observandose fisuras preto da caldeira, ao oeste de Guðnasteinn. Na primavera de 1823, o volcan Katla, situado preto e debaixo do glaciar Myrdalsjokull , entrou en erupcion, observandose columnas de vapor ao mesmo tempo no curuto de Eyjafjallajokull. A cinza das erupcions de 182 atopase en todo o sur de Islandia, presentando unha cor gris escura, de gran pequeno e rocas intermedias.

Erupcion de 2010 [ editar | editar a fonte ]

Erupcion do volcan.

A erupcion comezou o 20 de marzo de 2010 , [ 2 ] a uns 8 quilometros ao leste do crater do volcan. Esta primeira erupcion non ocorreu no graciar e foi menor que a prevista por alguns xeologos. O 14 de abril de 2010 comezou unha nova erupcion, esta vez no crater superior, xusto no centro do glaciar, o que causou o desxeo deste e as inundacions dos rios proximos, provocando a evacuacion de mais de 800 persoas. Esta erupcion tivo natureza explosiva, estimandose entre a sua potencia entre dez e vinte veces superior a anterior. Lanzou cinza volcanica a atmosfera, chegando a unha altura de varios quilometros e estendendose por unha area de miles de quilometros cadrados [ 3 ] , causando a mais grande interrupcion de trafico aereo no noroeste de Europa dende a segunda guerra mundial o 15 de abril de 2010, incluido o peche de aeroportos e do espazo aereo da maior parte do norte e centro de Europa. Calculanse en 20.000 os voos cancelados. [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] [ 7 ] , o que lles afectou a mais de 6,8 millons de pasaxeiros [ 8 ] e provocara unhas perdas estimadas de 1.500 millons de euros [ 9 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]