Escala de Richter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escala de Richter cuantifica a magnitude sismica dun terremoto .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismologos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg , ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California .

Principio [ editar | editar a fonte ]

E unha escala logaritmica: a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sismicas de tipo P e S a 100 km do epicentro .

A formula utilizada e M L = logA - logA 0 onde A representa a amplitude maxima medida no sismografo e A 0 unha amplitude de referencia.

Asi, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Con todo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces mais enerxia que o de magnitude 5.

A graduacion [ editar | editar a fonte ]

Na practica, a escala esta graduada de 1 a 9, mais teoricamente e ilimitada.

  • 1. Detectado so por instrumentos cientificos.
  • 2. Sentido por algunhas persoas e animais.
  • 3. Sentido por moitas persoas.
  • 4. Sentido por todas as persoas.
  • 5. Destrue algunhas construcions
  • 6. As estruturas balanceanse e as paredes comezan a caer.
  • 7. Destrue moitas construcions e mata xente.
  • 8. Un desastre.
  • 9. Destrucion total. (Caos, morte e destrucion)

O sismo mais forte xamais rexistrado foi o gran terremoto de Chile , o 22 de maio de 1960 , que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caida dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.

Magnitude e intensidade [ editar | editar a fonte ]

A escala de Richter non permite avaliar a intensidade sismica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilizanse escalas de intensidade tales como a escala de Mercalli .

A magnitude e unica para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sismicas diminue conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as linas de falla.