Alex Angulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlex Angulo

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Alejandro Angulo Leon Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata
Erandio, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de xullo de 2014 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Fuenmayor, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte morte accidental , accidente de coche Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion actor Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1971 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0029962 Allocine: 17124 Allmovie: p500583 TCM: 684465
Twitter: AlexAnguloActor Editar o valor em Wikidata

Alejandro Angulo Leon , mais conecido como Alex Angulo , nado o 12 de abril de 1953 en Erandio ( Biscaia ) e finado en Fuenmayor ( A Rioxa ) o 20 de xullo de 2014 [ 1 ] [ 2 ] foi un actor vasco .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Os 18 anos decide perseguir o sono de ser actor e presentase o casting dun grupo teatral independente bilbaino que dirixia Ramon Barea (con que traballou en varios proxectos posteriores durante a sua carreira). Tras ser aceptado nesta compania, Angulo ve como a seguinte decada da sua vida transcorre sobre os escenarios teatrais.

En 1981 o actor recibira a sua primeira oportunidade cinematografica da man do seu paisano Imanol Uribe , quen dirixe La fuga de Segovia , onde Angulo daba vida a Anot. Tras este papel, Alex comezaria a traballar, sen esquece as taboas, en diversos programas da television publica vasca coma o magazine Con los pies en el agua , a comedia Bertan Zoro ou o programa de Antxon Urrusolo , Detras del sirimiri .

Alex Angulo non volveria poren as pantallas cinematograficas ata 1987 , ano no que se fixo con dous pequenos papeis en El amor de ahora de Ernesto del Rio e Tu novia esta loca de Enrique Urbizu .

Tras outros tres anos sen rodar ningun filme, Alex participaria en El anonimo ( 1990 ) de Alfonso Arandia , antes de que Enrique Urbizu se volvese lembrar del a hora de conformar o elenco de actores da sua nova pelicula, Todo por la pasta ( 1990 ), onde Angulo coincidiria con Antonio Resines , Kiti Manver ou Maria Barranco , entre outros. A direccion artistica de Todo por la pasta corria a cargo dun mozo vasco chamado Alex de la Iglesia , quen pronto convenceu a Alex Angulo para que protagonizase a sua primeira curtametraxe, Mirindas asesinas ( 1991 ).

Angulo e De la Iglesia volverian traballar xuntos posteriormente en varias ocasions, destacando peliculas coma El dia de la bestia ( 1995 ) e Muertos de risa ( 1999 ).

Traballou ademais, con papeis de maior ou menor relevancia, en peliculas de grandes directores espanois coma Pedro Almodovar , Iciar Bollain , Emilio Martinez Lazaro , Fernando Colomo , Chus Gutierrez ou Jose Luis Cuerda entre outros.

A finais dos 90 empezaria a interpretar o personaxe de Blas Castellote na serie Periodistas , na que traballaria durante catro anos gravando mais de cen capitulos e compartindo protagonismo con Jose Coronado , Amparo Larranaga ou Maria Pujalte , e que lle deu unha gran popularidade. E o seu papel mais rechamante en television ata o momento.

Na epoca da serie ( 1998 - 2002 ), non deixou de lado o cine, participando en peliculas como A mi madre le gustan las mujeres ( 2002 ) de Daniela Fejerman e Ines Paris ou No somos nadie ( 2002 ) de Jordi Molla .

Posteriormente destacan traballos como El coche de pedales ( 2004 ) de Ramon Barea ou a mais recente e exitosa El laberinto del fauno ( 2006 ) de Guillermo del Toro .

En 2006 volveu a television cunha colaboracion en Aqui no hay quien viva e un papel fixo en Tirando a dar , serie de Telecinco retirada os poucos capitulos.

Entre 2007 e 2008 ten un papel fixo interpretando ao comisario Manuel Serrano na version espanola da serie Hermanos y detectives , emitida en Telecinco . Ademais, aparece no ultimo capitulo da decima tempada da serie Cuentame como paso , en TVE , o dia de Nadal de 2008, facendo de Florencio e facendo unha chiscadela a novela de Charles Dickens , Cuento de Navidad .

En 2009 o director Armand Rovira resucita cinematograficamente a Grace Kelly e da a oportunidade a Angulo de namorarse dela na curtametraxe ¿Que sera de baby Grace? .

Filmografia [ editar | editar a fonte ]

Longametraxes [ editar | editar a fonte ]

Curtametraxes [ editar | editar a fonte ]

Television [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "A tarde do dia: 21/07/2014" . www.crtvg.es . Consultado o 2019-12-28 .  
  2. Belinchon, Gregorio (2014-07-20). "Muere el actor Alex Angulo tras sufrir un accidente de trafico" . El Pais (en castelan ) . ISSN   1134-6582 . Consultado o 2019-12-28 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]