한국   대만   중국   일본 
Xoan Paulo I, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xoan Paulo I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Xoan Paulo I ≫)
Infotaula de personaSua Santidade Editar o valor em Wikidata
Xoan Paulo I, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (la) Ioannes Paulus PP. I Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (it) Albino Luciani Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Canale d'Agordo, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte 28 de setembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Causa da morte infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Grutas vaticanas
Basilica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
263º Papa
26 de agosto de 1978 ? 28 de setembro de 1978
←  Paulo VI, papa ? Xoan Paulo II, papa  →
Cardeal
5 de marzo de 1973 ?
Patriarch of Venice (en) Traducir
1969 ? 1978
←  Giovanni Urbani ? Marco Ce  →
Roman Catholic Bishop of Vittorio Veneto (en) Traducir
15 de decembro de 1958 ? 1969
←  Giuseppe Carraro (pt) Traducir ? Antonio Cunial (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Italia (1946?1978)
Reino de Italia (1912?1946)
Cidade do Vaticano Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Pontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Dogmas da Igreja Catolica (pt) Traducir, teoloxia moral , Dereito canonico , Ministerio petrino , Igrexa catolica e papacy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma
Venecia
Cidade do Vaticano
Vittorio Veneto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion Sacerdote catolico de rito romano (1935?) , diacono (1935?) , bispo catolico latino , escritor , profesor universitario , Papa Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua italiana e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Consagracion Xoan XXIII Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 26 de agosto Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de agosto de 1978 conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962 Concilio Vaticano Segundo Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai Giovanni Luciani (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Antonia Luciani (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(la) Humilitas Editar o valor em Wikidata

Paxina web fondazionepapaluciani.it… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX1722303 Discogs: 463620 WikiTree: Luciani-3 Find a Grave: 2378 Editar o valor em Wikidata

Albino Luciani , nado en Canale d'Agordo , Veneto , Italia , o 17 de outubro de 1912 e finado na Cidade do Vaticano o 28 de setembro de 1978 , foi Papa da Igrexa catolica co nome de Xoan Paulo I ( latin : Ioannes Paulus PP. I ).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu nunha pequena localidade da provincia de Belluno ( Veneto , Italia ), daquela conecida como Forno dei Canale , era fillo de Giovanni Luciani e Bortola Tancon, sendo o maior de catro irmans. Os 10 anos, e logo de vivir na pobreza durante a primeira guerra mundial , a sua nai morreu e o seu pai contraeu novas nupcias cunha muller de gran devocion; foi enton cando naceu a sua vocacion sacerdotal, segundo el declarou, grazas a predicacion dun frade capuchino. En 1923 ingresou no seminario menor da localidade de Feltre , pasou logo ao seminario maior de Belluno, onde foi ordenado sacerdote en 1935. Trala sua ordenacion trasladouse a Roma onde completou os seus estudos teoloxicos na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma , na que obteria o grao de Doutor en teoloxia en 1947 . O remata-los estudos regresou a sua localidade natal onde empezou o seu labor pastoral como parroco de Forno dei Canale e de Agordo, labor que compatibilizou cunha funcion docente no Instituto Tecnoloxico Mineiro.

Antes de se converter no "Papa do sorriso" (como seria conecido por moitos), ocupou cargos como Vicerreitor do seminario de Belluno e Vicario Xeral de Belluno (diocese a cargo da cal estivo 11 anos) en 1954 . En 1958 Xoan XXIII consagrao como bispo de Vittorio Veneto e o 15 de decembro de 1969 foi nomeado Patriarca de Venecia , penultimo paso antes da sua eleccion como Sumo Pontifice o que intermediaria a sua creacion como cardeal o 5 de marzo de 1973 .

Foi elixido como o 263º Papa da Igrexa catolica o 26 de agosto de 1978 . Foi o primeiro Papa con dous nomes, xesto co que pretendia honrar os seus dous predecesores: Xoan XXIII e Paulo VI . Despois da sua eleccion, Xoan Paulo I estableceu un ambiente de optimismo e reformas. Pero nunca chegaria a avanzar mais ala das propostas. Morreu, aparentemente por infarto, 33 dias despois, o 28 de setembro de 1978 , tras o undecimo pontificado mais breve a historia (o primeiro corresponde o de Urbano VII quen ocupou a se por 13 dias).

Morte [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Morte de Xoan Paulo I .

O ambiente de optimismo e proximidade establecido por Xoan Paulo I nunca chegaria a avanzar pola brevedad do seu pontificado. Foi atopado morto na sua cama pouco antes do amencer do 29 de setembro de 1978 , 33 dias logo da sua eleccion.
Segundo as fontes oficiais, o papa, de 65 anos, morreu dun infarto . Dixose que o Vaticano ocultou alguns aspectos sobre o descubrimento do cadaver para evitar dar detalles indecentes [ 1 ] [ 2 ] no feito de que foi descuberto pola Irma Vincenza, unha monxa. [ 3 ] Como e costume trala morte dun papa, non se realizou autopsia. Ainda que isto, xunto con declaracions contraditorias realizadas trala morte do papa, deron lugar a unha serie de teorias conspiradoras en torno a ela. Estas declaracions refirense a quen atopou o cadaver e onde, a que hora e que papeis tina na man.

Polemica e hipotese en torno a sua morte [ editar | editar a fonte ]

Tumba de Xoan Paulo I nas grutas vaticanas .

O Vaticano afirma que Xoan Paulo I faleceu dun infarto na sua cama e que non se levou a cabo autopsia ningunha pola oposicion dos seus familiares. Alguns aspectos desta declaracion oficial, con todo, vironse contraditos mais tarde: non foi o irlandes John Magee (posteriormente bispo), quen fose secretario persoal de Paulo VI , Xoan Paulo I e Xoan Paulo II , a primeira persoa en achar o cadaver do Pontifice, senon unha das relixiosas que se encargaban do traballo domestico, como se soubo en 1988 . [ 4 ] A familia do falecido papa revelou en 1991 que a morte non lle veu na cama, senon no seu escritorio; [ 5 ] e ademais, si se lle realizou unha autopsia, segundo outros informes. [ 6 ] Estas incoherencias oficiais, xunto a outros factores de indole economica, deron orixe a teorias conspiradoras que apuntan a un envelenamento do Pontifice. [ 7 ]

Xoan Paulo I pretendia afondar nas reformas iniciadas por Xoan XXIII . A clarificacion das contas vaticanas era unha das suas prioridades. Mentres foi Patriarca de Venecia , en 1972 , o Banco Vaticano vendeu ao Banco Ambrosiano , propiedade de Roberto Calvi , a Banca Cattolica do Veneto , sen consultar ao bispado metropolitano de Venecia, do cal monsenor Albino Luciani era xerarca.
O responsable desta accion foi o arcebispo Paul Marcinkus , o cal levou a certas desavinzas entre Luciani, ainda non nomeado papa, e o norteamericano, responsable da dubidosa administracion Vaticana de enton. A Banca Cattolica do Veneto estaba especializada en prestamos con baixos tipos de xuro cara aos mais necesitados; quizais por isto o papa Luciani tomou cartas no asunto. Giovanni Benelli , substituto do Secretario de Estado Vaticano , contalle que existe un plan entre Roberto Calvi, Michele Sindona e Marcinkus para aproveitar a ampla marxe de manobra que ten o Vaticano: ≪evasion de impostos, movemento ilegal de accions≫. A reaccion de Luciani, recollida no libro Co corazon posto en Deus: intuicions profeticas de Xoan Paulo I , e dunha enorme decepcion.

O 9 de maio dese mesmo ano da morte de Xoan Paulo I, 1978 , fora asasinado o primeiro ministro de Italia, Aldo Moro , lider da Democracia Cristia . As estranas circunstancias do deceso de Albino Luciani -un ataque cardiaco, para alguen que gozaba de boa saude- e outros sucesos misteriosos, como que a defuncion non fose certificada polo forense vaticano, senon por outro, e o precipitado do seu embalsamamento, dispararon a teoria de que en realidade Xoan Paulo I foi asasinado. A dobre confesion da monxa, Sor Vicenza Taffarel, quen atopou o cadaver do Sumo Pontifice (nunha primeira version: vestido ainda, no seu bano, posiblemente no chan, onde vomitou; e a outra: na sua cama, con documentos desordenados e as lentes caidas do seu rostro, xa desposuido do habito papal) inducen a pensar que foi envelenado.

Algunhas obras de investigacion abundan na teoria do envelenamento. O libro O dia da conta do sacerdote espanol Jesus Lopez Saez, presume que o sumo pontifice foi envelenado cunha forte dose dun vasodilatador. [ 6 ] O libro In God's Name ( No nome de Deus ), do xornalista ingles David Yallop , defende que foi envelenado por altos xerarcas da Igrexa catolica en complicidade con mafiosos vinculados co Banco Ambrosiano e as irmandades secretas masonicas. [ 8 ]

En 1988 o Vaticano abriu as suas portas ao xornalista John Cornwell e deulle todo tipo de facilidades para entrevistar as testemunas da vida e morte de Xoan Paulo I, ata alguns que nunca declararan en publico os seus vivencias. No seu libro Como un ladron na noite. A morte do papa Xoan Paulo I entrevista aos secretarios do papa defunto, a Paul Marcinkus, a sobrina (medico de profesion) do papa Luciani, a un sarxento da garda suiza, aos embalsamadores, a xornalistas, un axente do FBI que traballou en Roma, a Joaquin Navarro-Valls , Radio Vaticano , os medicos do papa etc. A conclusion foi que parecia inverosimil que o papa fose asasinado, atribuindo a sua morte a unha conxuncion de factores. O seu caracter afable viuse esmagado pola burocracia vaticana e a presion de traballo a que foi sometido (o cardeal Villot reconeceu que se sentia culpable de habelo angustiado de traballo con maletas de documentos), a pouca axuda que recibiu da contorna para desempenar a sua nova funcion, os seus problemas de saude (sobre todo circulatorios, embolias, trombos etc.) que combinado co estres e un posible descoido na medicacion xunto coa ausencia de trato por parte dos medicos do Vaticano, puideron producir unha embolia pulmonar a noite do 28 de setembro de 1978 .

Con todo, varias fontes acusaron a Cornwell de ser contratado polo propio Vaticano para dar esta informacion falsa, xa que se demostrou que Albino Luciani non tina ningun dos problemas de saude mencionados nin tomaba medicacion algunha, o que deixou numerosas dubidas sen resolver sobre a morte do Sumo Pontifice. [ 9 ]

Beatificacion [ editar | editar a fonte ]

Nunha cerimonia deslucida pola chuvia que caia sobre Roma o domingo 4 de setembro de 2022 , Jorge Mario Bergoglio beatificou a Xoan Paulo I, que pasou a historia porque o seu pontificado durou so 33 dias, ao falecer aos 65 anos de idade de maneira inesperada, o que deu lugar a todo tipo de especulacions que acabaron convertendose en argumento de libros e filmes. Albino Luciani , pontifice que sorprendeu aos fieis ao dirixirse a eles con sixeleza e deixar de utilizar o "plural maiestatico", alcanzou o status previo a santidade grazas a un milagre logrado por medio da sua intercesion, segundo a Igrexa catolica. Tratase da curacion en 2011 da nena arxentina Candela Giarda, afectada por unha grave enfermidade e que, segundo os medicos, non tina esperanzas de sobrevivir. [ 10 ]

Ante os ao redor de 25 000 fieis presentes na praza de San Pedro do Vaticano para participar na cerimonia de beatificacion , Francisco cualificou a Xoan Paulo I de ≪pastor apracibel e sereno≫ e fixo referencia o ≪sorriso≫ que mostraba. Era a mellor maneira de transmitir ≪unha Igrexa co rosto alegre, sereno e sorrinte≫, dixo Bergoglio, trazando asi un evidente paralelismo coa sua idea de como quere el que se mostre a comunidade cristia. O conecido como "papa do sorriso" era a imaxe dunha Igrexa catolica ≪que nunca pecha as portas, que non endurece os corazons, que non se queixa nin alberga resentimentos, que non esta enfadada nin e impaciente, que non se presenta de modo aspero nin sofre pola nostalxia do pasado≫. [ 10 ]

O Santo Pai , na sua homilia na beatificacion do papa Luciani recordou que seguir a Xesus e tomar como El as propias cargas e as dos demais, facer da vida un don, gastala imitando o amor xeneroso e misericordioso de Deus . Tal como o novo beato que, co seu sorriso, logrou transmitir a bondade do Senor. [ 11 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Evidence of foul play in Pope death claimed" . Chicago Tribune . 7 de outubro de 1978 . Consultado o =26 de decembro de 2009 .   [ Ligazon morta ]
  2. "BISHOP TELLS STORY OF POPE JOHN PAUL I'S DEATH HE DEBUNKS CONSPIRACY THEORY, BUTS SAYS VATICAN ALTERED SOME DETAILS" . St. Louis Dispatch. 11 de outubro de 1998 . Consultado o 31 de decembro de 2009 .  
  3. "Foul Play" . Baltimore Afro-American. 10 de outubro de 1978 . Consultado o 26 de decembro de 2009 .  
  4. El Pais, 10 de agosto de 1988: "Una religiosa encontro muerto a Juan Pablo I"
  5. El Pais, 5 de xaneiro de 1991: "El papa Juan Pablo I no murio en la cama, segun han revelado ahora sus familiares"
  6. 6,0 6,1 El Mundo, 14 de setembro de 2003 : "Juan Pablo I fue asesinado"
  7. Clarin, 26 de agosto de 1998: Arquivado 10 de abril de 2021 en Wayback Machine . "El papa de la sonrisa"
  8. El grupo neoliberal que impuso a Juan Pablo II pudo estar envuelto en asesinato de Albino Luciani La Fogata Digital.
  9. "La misteriosa muerte de Juan Pablo I, en Agencia El Vigia" . Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014 . Consultado o 16 de marzo de 2014 .  
  10. 10,0 10,1 Menor, Dario (4 de setembro de 2022). "El papa Francisco beatifica a Juan Pablo I, ≪el rostro alegre, sereno y sonriente≫ de la Iglesia" . La Voz de Galicia . Consultado o 5 de setembro de 2022 .  
  11. Vatican News (4 de setembro de 2022). "Francisco: Juan Pablo I vivio el Evangelio sin concesiones y amando hasta el extremo" . Consultado o 5 de setembro de 2022 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Paulo VI

263º Papa da Igrexa catolica

1978
Sucesor:
Xoan Paulo II