Vietnam do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVietnam do Sur
Vi?t Nam C?ng hoa (vi) Editar o valor em Wikidata

Himno March of the Students (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  10°46′37″N 106°41′43″L  /  10.7769, 106.6953 Coordenadas : 10°46′37″N 106°41′43″L  /  10.7769, 106.6953
Capital Saigon (pt) Traducir
Cidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 19.582.000 (1974) Editar o valor em Wikidata (112,66 hab./km² )
Lingua oficial Lingua vietnamita Editar o valor em Wikidata
Relixion budismo , catolicismo , Confucianismo , Taoismo e Hinduismo Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 173.809 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 26 de outubro de 1955 :  causado por  State of Vietnam referendum Editar o valor em Wikidata
Disolucion 30 de abril de 1975 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Republica do Vietname do Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave
11 de novembro de 1960 Golpe de Estado no Vietna do Sul em 1960 (pt) Traducir
1 de novembro de 1963 Golpe de Estado no Vietna do Sul em 1963 (pt) Traducir
14 de setembro de 1964 September 1964 South Vietnamese coup attempt (en) Traducir
19 de decembro de 1964 December 1964 South Vietnamese coup (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno presidencialismo
republica Editar o valor em Wikidata
Moeda South Vietnamese đ?ng (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A Republica de Vietnam ( Vi?t Nam C?ng Hoa , en lingua vietnamita ) ou Vietnam do Sur foi un estado localizado no sueste asiatico que ocupaba o que hoxe en dia e o sur de Vietnam entre 1955 e 1975 , como resultado da division do pais na Conferencia de Xenebra . Trala derrota dos franceses, produciuse unha chegada de asesores militares dos Estados Unidos para evitar que os comunistas de Vietnam do Norte se apropiaran do sur, actuando de acordo a doutrina Truman . Estados Unidos deulle grande importancia a supervivencia do estado survietnamita debido a que se cria que unha vitoria sobre os comunistas poderia propiciar a sucesiva caida na esfera sovietica dos paises da zona, seguindo o que se conecia como a teoria do domino . Despois da retirada americana en 1973 , Vietnam do Norte acabaria conquistando Vietnam do Sur o 2 de xullo de 1976 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Vietnam do Sur naceu o 2 de setembro de 1945. En 1954 Vietnam foi dividida en dous, unha republica socialista denominada Republica Democratica de Vietnam (Vietnam do Norte) e outra capitalista , Republica de Vietnam (Vietnam do Sur). Os franceses retiraranse de Vietnam pero durante as eleccions que se libraron no Vietnam do Sur, Estados Unidos puxo a soberania de Vietnam do Sur baixo o rexime do candidato de presidente Ngo Dinh Diem , un mestre da corrupcion e un ditador, que fora principalmente represivo contra os monxes budistas , relixion tradicional en Vietnam, os cales comezaron a ser perseguidos polo sur baixo as directrices de Ngo Dinh Diem, que era catolico . As protestas budistas foron encabezadas polo monxe vietnamita Thich Tri Quang , quen se chegou a inmolar publicamente en sinal de protesta contra o goberno. En 1960, opositores ao goberno de Ngo Dinh Diem crearon o Vietcong , Fronte de Liberacion Nacional, e comezou unha resistencia guerrilleira contra militares de Saigon e os Estados Unidos para reunificar o pais baixo un rexime comunista , contando co apoio declarado do Vietnam do Norte . Dado a corrupcion que existia no Sur, en 1963 o presidente Ngo Dinh Diem foi asasinado nun golpe de estado dos militares, para mudar o sistema politico cara ao parlamentarismo . Seguiriao Nguyen Van Thieu , mais non se consegue estabilizar o pais. Despois desatase abertamente a guerra , con participacion americana , onde foron destruidas 10 millons de hectareas, e un 70% da poboacion tivo que fuxir dos suas casas para non ser asasinados. O goberno dos Estados Unidos de America pretendia impedir a expansion do comunismo na rexion e xa comezara en 1961 a realizar ataques contra a Republica Democratica de Vietnam (Vietnam do Norte), chegando a enviar un exercito a peninsula de 600.000 militares, en alianza con Australia , Corea do Sur , Filipinas , Nova Zelandia , Taiwan e Tailandia , no que ficou conecido como a guerra de Vietnam . O Vietcong acaba tomando Saigon en 1975, vencendo ao goberno vietnamita do sur e as forzas dos Estados Unidos na zona. A Fronte de Liberacion Nacional estabelece un goberno provisional para o Vietnam do Sur (designado Republica do Vietnam do Sur ), que durou cerca dun ano, ate a reunificacion do pais o 2 de xullo de 1976 , que enton pasou a chamarse Republica Socialista do Vietnam.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]