한국   대만   중국   일본 
Monte Vesuvio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Monte Vesuvio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Vesuvio ≫)

Coordenadas : 40°49′17″N 14°25′32″L  /  40.821388888889, 14.425555555556

Monte Vesuvio

Napoles co monte Vesuvio ao fondo
Elevacion : 1281 m (datos de 1944 )
Situacion: Italia
Tipo : Estratovolcan
Ruta mais accesibel: camino

O Monte Vesuvio [ 1 ] italiano : Monte Vesuvio , e un somma - estratovolcan situado na baia de Napoles na Campania , Italia , preto da cidade de Napoles e a unha curta distancia da costa. E un de varios volcans que forman o arco volcanico da Campania . O Vesuvio consiste nun gran cono volcanico, parcialmente circundado polo bordo escarpado dun cume causado polo colapso dunha estrutura anterior e orixinalmente moito mais alta.

E un volcan de tipo vesuviano, aos que da nome. Caracterizase por alternar erupcions de piroclastos con erupcions de coadas lavicas, dando lugar a unha superposicion en estratos que fai que este tipo de volcans alcance grandes dimensions. Outros volcans de tipo vesuviano son o Teide ou o Fuji .

E famoso pola erupcion que no ano 79 sepultou as cidades romanas de Pompeia e Herculano , asi como varios outros asentamentos, permitindo conservalas intactas ate que se redescubriron no seculo XVII. Hoxe son localizacions arqueoloxicas que permiten investigar a cultura romana e a vida dunhas cidades que permaneceron sen alterar desde a Idade Antiga.

A erupcion expulsou unha nube de pedras , cinzas e gas volcanico a unha altura de 33 km., guindou rocha fundida e pulverizada pedra pomez a razon de 6×10 5 por segundo, [ 2 ] liberando en ultima instancia cen mil veces a enerxia termica lanzada polos bombardeos de Hiroshima-Nagasaki . Mais de 1.000 persoas morreron na erupcion, pero os numeros exactos desconecense. O unico relato dunha testemuna ocular supervivente do evento consiste en duas cartas de Plinio o Novo ao historiador Tacito .

O Vesuvio estalou moitas veces desde enton e e o unico volcan no continente europeo que estalou nos ultimos cen anos. Hoxe en dia, e considerado como un dos volcans mais perigosos do mundo debido a poboacion de 3.000.000 de persoas que viven preto e a sua tendencia a erupcions violentas e explosivas do tipo pliniano , facendoa a rexion volcanica mais densamente poboada do mundo. [ 3 ]

Mitoloxia [ editar | editar a fonte ]

O Vesuvio ten unha longa tradicion historica e literaria. Foi considerado como unha divindade do tipo Genius no momento da erupcion do ano 79 DC: aparece baixo o nome Vesuvio como unha serpe nos frescos decorativo de moitas lararia , ou santuarios domesticos, que sobreviviron en Pompeia . Unha inscricion en Capua [ 4 ] IOVI VESVVIO indica que se adorou como un poder de Xupiter ; e dicir, Jupiter Vesuvius . [ 5 ]

O historiador Diodoro Siculo relata unha lenda na que Hercules , no desempeno dos seus traballos, pasou polo pais preto de Cumas no seu camino a Sicilia e atopou ali un lugar chamado "Campos Flegreos", ( phlegraion pedion , "campos de lume"), "dun outeiro que antiguamente vomitou lume ... agora chamado Vesuvio". [ 6 ] Habitada por bandidos, "os fillos da Terra", que eran xigantes. Coa axuda dos deuses pacificou a rexion e continuou. Os feitos detras da tradicion, se os hai, seguen sendo desconecidos, do mesmo xeito que se Herculano se chamou asi por iso. Un epigrama do poeta Marcial no ano 88 DC suxire que tanto Venus , patroa de Pompeia , como Hercules foron adorados na rexion devastada pola erupcion do 79. [ 7 ] O Monte Vesuvio considerabase polos romanos como dedicado ao heroe e semideus Hercules. [ 8 ]


Cidade de Nápoles co Monte Vesuvio

Cidade de Napoles co Monte Vesuvio


Orixe do nome [ editar | editar a fonte ]

Vesuvius era o nome do volcan usado frecuentemente polos autores no fin da Republica Romana e no inicio do Imperio Romano . As suas formas colaterais eran: Vesaevus , Vesevus , Vesbius e Vesvius . [ 9 ] Os escritores en grego antigo chamabano Ο?εσο?ιον ou Ο?εσο?ιο? . Moitos eruditos desde enton ofrecen unha etimoloxia. Como diversos pobos, etnias e linguas ocuparon a Campania desde a idade de ferro, a etimoloxia depende en gran parte de que lingua falada enton. Napoles foi colonizada polos gregos, co nome Nea-polis , "Nova Cidade". Os oscanos , un pobo italico , vivian no campo. O Latin tamen competiu na ocupacion de Campania. Os asentamentos etruscos tamen estaban na vecinanza. Varios autores antigos tamen falan doutros pobos de procedencia desconecida que estiveron ali nalgun momento.

Algunhas teorias sobre a sua orixe son:

  • Do grego ο? = "non" prefixado a unha raiz de ou relacionado coa palabra grega σβ?ννυμι = "eu apago", no sentido de "inextinguible". [ 9 ] [ 10 ]
  • De grego = "lanzo" e β?η "violencia", "lanzado violentamente", *vesbia, aproveitando a forma colateral. [ 11 ]
  • Dunha raiz indoeuropea , * eus- <* ewes- <* (a) wes-, "brila" no sentido "o que ilumina", a traves do Latin ou Osco . [ 12 ]
  • Dunha raiz indoeuropea raiz wes = " cheminea " (compare por exemplo Vesta )

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lacrima_Christi .
  2. Woods, Andrew W. (2013). "Sustained explosive activity: volcanic eruption columns and hawaiian fountains". En Fagents, Sarah A.; Gregg, Tracy K. P.; Lopes, Rosaly M. C.(editors). Modeling Volcanic Processes: The Physics and Mathematics of Volcanism . Cambridge: Cambridge University Press. p. 158. ISBN   978-0521895439 .  
  3. McGuire, Bill (16 de outubro de 2003). "In the shadow of the volcano" . The Guardian . Consultado o 8 de maio de 2010 .  
  4. CIL x.1, 3806.
  5. Waldstein 1908 , p. 97
  6. Book IV, Chapter 21.
  7. Waldstein 1908 , p. 108 re Epigram IV line 44.
  8. Kozak, Jan; Cermak, Vladimir (2010). Vesuvius-Somma Volcano, Bay of Naples, Italy . The Illustrated History of Natural Disasters. pp. 45?54. ISBN   978-90-481-3325-3 .  
  9. 9,0 9,1 Lewis, Charlton T.; Short, Charles (2010) [1879]. "Vesuvius" . A Latin Dictionary . Medford, MA: The Perseus Project, Tufts University.  
  10. Phillips, John (1869). Vesuvius . Oxford: Clarendon Press. pp.  7 ?9.  
  11. Charnock, Richard Stephen (1859). Local etymology, a derivative dictionary of geographical names . London: Houlston and Wright. p.  289 .  
  12. Pokorny, Julius (1998?2003) [1959]. "eus, awes" . En Lubotsky, A.; Starostin, G. Indogermanisches etymologisches Woerterbuch (en German) . Leiden: Leiden University.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre xeografia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.