한국   대만   중국   일본 
Umar ibn al-Khattab - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Umar ibn al-Khattab

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaUmar ibn al-Khattab

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (ar) ?????? ???? ??????????? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   586 Editar o valor em Wikidata
A Meca Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de novembro de 644 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Medina Editar o valor em Wikidata
Causa da morte homicidio , ferida de arma branca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Al-Masjid an-Nabawi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Califado Rashidun (pt) Traducir
22 de agosto de 634 ? 3 de novembro de 644
←  Abu Bakr ? Uthman ibn Affan  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Califado Rashidun (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relixion Islam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion estadista , lider relixioso , Iman , Califa , sahaba Editar o valor em Wikidata
Lingua Arabe Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Conflito Batalha de Badr (pt) Traducir, Batalha de Uhud (pt) Traducir, Batalha da Trincheira (pt) Traducir e Battle of Khaybar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Umm Kulthum bint Ali ibn Abi Talib
Umm Kulthum bint Jarwal
Qurayba bint Abi Umayya
Umm Kulthum bint Asim
Atika
Zaynab bint Madhun
Fillos Abdullah ibn Umar (pt) Traducir
  ( ) Zaynab bint Madhun (en) Traducir
Hafsa bint Umar ibn Al-Khattab (en) Traducir
  ( ) Zaynab bint Madhun (en) Traducir
Asim ibn Umar (en) Traducir
  ( ) Umm Kulthum bint Asim (en) Traducir
Obaidullah bin Omar bin al-Khattab (en) Traducir
  ( ) Umm Kulthum bint Jarwal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Al-Khattab bin Nufayl (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Hantamah bint Hisham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Zayd ibn al-Khattab (en) Traducir e Fatimah bint al-Khattab (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Safiyya bint Abi-Ubayd (en) Traducir ( nora (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ibn_al-Khattab-1
Mausoleo e lapida sepulcral do Califa Umar, en Al-Masjid al-Nabawi, Medina. A fiestra da dereita permite ver a tumba de Umar.

Umar ibn al-Khattab (en arabe: ??? ?? ??????) (tamen conecido como Omar ), nado no 585 e finado no 644 , foi o artifice da grande expansion militar, cultural e relixiosa do islam , o califa que colocou a Arabia na posicion hexemonica que ocupou durante seculos. [ 1 ] [ 2 ]

Conversion [ editar | editar a fonte ]

Pertencia ao clan de Banu Adi, da tribo dos Quarysh. Naceu na Meca . Traballou como pastor e comerciante, practicaba un afervoado paganismo , salientaba entre os seus pola sua cultura, forza fisica e habilidade guerreira. [ 3 ]

Cando Mahoma empezou a predicar o islam, Umar decidiu defender o politeismo tradicional fronte a nova relixion monoteista . Comezou a dirixir unha persecucion violenta contra os novos crentes. Contase que, cando descubriu que na sua propia casa a sua irma e o seu home estaban recitando o Coran, atacounos cheo de carraxe. O sangue da sua irma conmoveuno e pregoulle que lle lese o que estaba recitando. Ao escoitalo, converteuse ao islam nese mesmo intre. Ao pouco tempo, cheo de valor, foi o primeiro musulman que se atreveu a orar abertamente na Kaaba , o que supuxo un paso decisivo para a practica do islam a luz publica. [ 4 ] [ 5 ]

Ascenso [ editar | editar a fonte ]

Convertido nun dos fieis mais proximos ao Profeta, participou na hexira ou fuxida a Medina . Ali foi, xunto a Abu Bakr , un dos lideres do crecente grupo de crentes. Cando se fixeron preminentes na cidade de acollida, salientou nas batallas de Badr , Uhud , Khaybar e nas correrias por Siria . No ano 625 , entregou a sua filla Hafsah a Mahoma para ser unha das suas mulleres. [ 6 ]

Cando tras duas semanas de agonia, en 632 , Mahoma deixou esta vida, Umar opuxose a que o seu corpo fora soterrado. Insistiu en que o Profeta abandonara o seu corpo pero que volveria axina. Mais Abu Bakr repuxolle con autoridade:

Se algun da culto ao Profeta Mahoma, deixa que se saiba que esta morto, pero se algun da culto a Ala , daquela deixa que se saiba que Ala e o Vivente e non morre endexamais . Despois recitou as seguintes verbas do Coran : Mahoma non e mais ca un mensaxeiro. Mensaxeiros como el morreron antes ca el. Asi se el morre ou e asasinado, volveras ti sobre os teus pasos? .

Perante isto, Umar aceptou que se enterrase o cadaver; fieis ao Profeta, el e Abu Bakr impediron que, a diferenza do cristianismo , nada fose asociado ao propio Ala. [ 7 ]

A sucesion foi complicada debido a que os musulmans de Medina quixeron elixir o seu propio lider. O apoio de Umar a Abu Bakr impediu que o islam se dividise en faccions etnicas ou quedase reducido a unha relixion etnica.

Durante o califato de Abu Bakr, Umar foi o seu principal conselleiro na consolidacion do dominio musulman sobre o conxunto das cidades e tribos arabes. Deste xeito, foi designado sucesor e accedeu ao califato no 634 [ 8 ] .

Conquistas [ editar | editar a fonte ]

Imperio Islamico durante o goberno de Umar ibn al-Khattab

Umar preparou o gran salto do islam alen da Peninsula arabiga. Pobos mercenarios de persas e bizantinos foron convertidos ao islam e constituiron unha quinta columna esencial na derrota dos imperios mais formidables do momento. O Imperio Bizantino e o Imperio Sasanida , acababan de sair esgotados dunha guerra a morte. [ 9 ]

O Imperio bizantino , ademais, arrastraba unha crise de lexitimacion da autoridade de Constantinopla , debido a division das Igrexas cristias. A Igrexa Siriaca , a Igrexa ortodoxa copta mantinan o seu predominio nos patriarcados de Antioquia e Alexandria gobernando sobre unha maioria monofisita que non aceptaba a autoridade de Bizancio fiel a sua propia Igrexa ortodoxa e ao Concilio de Calcedonia . Os monofisitas, marxinados e por veces perseguidos, no verian con malos ollos un novo liderado politico estranxeiro que os aliviase da presion bizantina. [ 10 ]

O Imperio sasanida , a sua vez, ficaba asolagado nunha permanente crise politica cunha sucesion de xas moi fugaz e inestable.

A batalla de Yarmuk ( 636 ), preto de Damasco supuxo a mais tremenda derrota de Bizancio e o fin do seu predominio sobre Siria. Damasco caeria ao pouco tempo. [ 11 ]

A batalla de al-Qadisiyya foi o exito paralelo na fronte persa. O exercito sasanida foi destruido cerca do Eufrates e o seu xeneral Rostam Farrokhzad caeu no combate. A capital persa Ctesifonte non tardaria en ser asaltada polas invencibles forzas do islam. Tras a batalla de Nehavend o exercito musulman non teria xa unha oposicion belica minimamente seria. [ 12 ]

En 642, Alexandria e evacuada polos bizantinos e todo Exipto e ocupado polo xeneral Amr, ibn Al-as . Un novo Imperio como o de Dario I ou o de Alexandre Magno xurdia subitamente no Oriente Proximo e avanzaba polo beira sur do Mediterraneo . [ 13 ]

Xerusalen [ editar | editar a fonte ]

No ano 637, teria lugar outro acontecemento que marcaria para sempre a historia da humanidade. Tras un longo asedio, Xerusalen a cidade santa, abria as suas portas aos musulmans. Umar entrou na cidade mais humildemente que o propio Xesus de Nazaret caminando ao lado dun asno sobre o cal cabalgaba un escravo. O patriarca da Igrexa ortodoxa entregaballe as chaves da cidade e conduciu a Umar ao o lugar do sacrificio de Isaac por parte do primeiro crente Abraham o mesmo dende o cal Mahoma ascendera aos ceos. Ali mandaria Omar construir a mesquita da Roca. [ 14 ]

Omar foi conducido ao Templo do Santo Sepulcro , pero declinou entrar dicindolle aos dirixentes cristians que, se o facia, tal lugar seria lembrado como santo para os musulmans e perderia a seu caracter exclusivamente cristia. Deu probas, deste xeito, dun exquisito respecto polo cristianismo.

Goberno [ editar | editar a fonte ]

Umar transformou o sistema clanico arabe nun imperio teocratico que aglutinaba diferentes pobos e etnias; el era o Senor dos crentes . [ 15 ]

Organizou todo un aparello militar e administrativo; nas terras ocupadas, os xefes do seu exercito eran asemade os seus representantes e, xa que logo, tinan a maxima autoridade para impartir xustiza, gobernar e decidir sobre asuntos civis e relixiosos. A diferenciacion entre o secular e o relixioso, que o cristianismo abrira timidamente, desapareceu, pero se mantivo o respecto polas relixions do Libro ( xudaismo e cristianismo ), cuxos crentes eran protexidos ( dimmis ) a cambio dun tributo ( chizia ). O Mazdeismo persa foi menos considerado.

Umar iniciou a recompilacion dos textos coranicos, a codificacion da Lei islamica e fixou o calendario arabe .

O seu estilo de vida era de grande austeridade, mantendo os costumes de cando os musulmans eran unha minoria perseguida. Del dixose que gobernaba con xustiza, por iso era quen de durmir apraciblemente no chan ou xalundes. [ 16 ]

Morreu vitima de seis apunalamentos por parte dun escravo persa. Sucedeuno Uthman ibn Affan . [ 17 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ahmed, Nazeer, Islam in Global History: From the Death of Prophet Muhammad to the First World War , American Institute of Islamic History and Cul, 2001, p. 34. ISBN 0-7388-5963-X .
  2. "Umar ibn Al-Khattab - This-is-Islam.co.uk" . Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2013 . Consultado o 10 de maio de 2013 .  
  3. as-Suyuti, The History of Khalifahs Who Took The Right Way (London, 1995), p. 107-108.
  4. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq , Mohammad Allias Aadil, page no:119
  5. Armstrong, p. 152.
  6. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq , Mohammad Allias Aadil, page no:40-41
  7. Serat-i-Hazrat Umar-i-Farooq , Mohammad Allias Aadil, page no:42-42, Sahih al bukhari
  8. Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad . Cambridge University Press.  
  9. Early caliphate , Muhammad Ali, Mu?ammad Ya?q?b K?h??n page 85
  10. Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad . Cambridge University Press. p.  43 .  
  11. "The Precious Pearls" Muhammad Ayub Sipra, Darussalam publishers and distributors, 2002 p.57
  12. Al Farooq, Umar , Muhammad Husayn Haykal. chapter no:21
  13. Al Farooq, Umar , Muhammad Husayn Haykal . chapter no:5 page no:119
  14. Modern Islamic political thought , Hamid Enayat, page no:6
  15. Al Farooq, Umar , Muhammad Husayn Haykal . chapter no:5 page no:140
  16. The Cambridge History of Islam , ed. P.M. Holt, Ann K.S. Lambton, and Bernard Lewis, Cambridge 1970
  17. Modern reformist thought in the Muslim world . By Mazheruddin Siddiqi, Adam Publishers & Distributors. pg.147

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Donner, Fred, The Early Islamic Conquests , Princeton University Press, 1981.
  • Guillaume, A., The Life of Muhammad , Oxford University Press, 1955.
  • Hourani, Albert , A History of the Arab Peoples , Faber and Faber, 1991.
  • Madelung, Wilferd, The Succession to Muhammad , Cambridge University Press, 1997.
  • "G.LeviDellaVida and M.Bonner "Umar" in Encyclopedia of Islam CD-ROM Edition v. 1.0, Koninklijke Brill NV, Leiden, The Netherlands 1999"

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]