Telefono

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O telefono [ 1 ] (do grego τ?λε "lonxe" e φων? "voz" ) e un dispositivo de comunicacion de voz a longa distancia a traves de sinais electricos.

A sua invencion atribuiase normalmente a Alexander Graham Bell , que construiu o primeiro en Boston ( Massachusetts ) en 1876 . [ 2 ] O 15 de xuno de 2002 o Congreso dos Estados Unidos de America reconeceu oficialmente a Antonio Meucci como inventor do telefono, ao que el chamara teletrophone .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Invencion [ editar | editar a fonte ]

En 1854, [ 3 ] Antonio Meucci inventou o telettrofono , posteriormente bautizado como ≪telefono≫. [ 4 ] Meucci construiu un telefono para conectar a sua oficina, no andar terreo da sua casa co seu cuarto, situado no segundo piso, debido a que a sua dona estaba inmobilizada polo reumatismo . Non obstante, Meucci carecia do dineiro suficiente para patentar o seu invento, ainda que si patentou outros inventos que considerou mais vantaxosos, como un filtro para a depuracion da auga e o emprego da parafina na fabricacion de candeas, ata ese momento fabricadas con graxa de animais. [ 5 ]

En 1860 Antonio Meucci fixo publico o seu invento. Nunha demostracion publica, a voz dunha cantante transmitiuse a unha certa distancia. A prensa italiana en Nova York publicou unha descricion do invento, e o Sr. Bendelari levou a Italia unha copia do prototipo e a documentacion necesaria para producilo ali, ainda que non se volveu saber del nin se materializou ningunha das ofertas que xurdiron trala demostracion. [ 6 ]

Consciente de que poderian roubarlle a patente, mais incapaz de reunir os 250 dolares (uns 7900 dolares de 2016) [ 7 ] que custaba a patente definitiva, tivo que conformarse cun caveat , tramite preliminar de presentacion de documentacion para patentalo, cun ano de vixencia. Este caveat foi rexistrado o 28 de decembro de 1871 e puido renovalo por 10 dolares (314 dolares de 2016) [ 7 ] [ 8 ] so en 1872 e 1873. [ 6 ]

Cando tivo o aviso de recibo de patentes decidiu demostrar de novo o potencial do seu invento. Para iso, ofreceu unha demostracion do "telegrafo falante" ao empresario Edward B. Grant, vicepresidente dunha filial de Western Union Telegraph Company . Cada vez que Meucci trataba de avanzar, diciaselle que non habia lugar para a sua demostracion, asi que dous anos despois Meucci pediu que lle devolvesen o seu material, ao que contestaron que se perdera. [ 9 ]

En 1876, Alexander Graham Bell rexistrou unha patente que realmente non describia o telefono mai que o mencionaba como tal. [ 10 ] Cando Meucci, que vivia preto de Nova York o descubriu pediu a un avogado que reclamase ante a oficina de patentes dos Estados Unidos en Washington, algo que nunca sucediu. Con todo, un amigo que tina contactos na capital, descubriu que se perdera toda a documentacion referente ao "telegrafo falante" rexistrada por Meucci. [ 9 ]

Unha investigacion posterior puxo en evidencia un delito de prevaricacion por parte dalguns empregados da oficina de patentes coa compania de Bell. Nun litixio posterior entre a Bell Telephone Company (creada en 1877) e a Western Union , apareceu un acordo segundo o cal Bell pagaria a Western Union un 20 % dos beneficios derivados da comercializacion do seu invento durante 17 anos. [ 11 ] Dez anos despois, nun proceso legal de 1886, Meucci tivo que demandar o seu propio avogado, subornado por Bell. Non obstante, foi quen de facer entender ao xuiz que non habia dubida sobre a autoria do invento rexistrado. A pesar da declaracion publica do Secretario de Estado do momento:

Existen suficientes probas para dar prioridade a Meucci na invencion do telefono. [ 11 ]

e de que o goberno dos Estados Unidos iniciou accions legais por fraude contra a patente de Alexander Graham Bell, o proceso embarrancou nos recursos dos avogados de Bell ata pecharse en 1889 debido a morte de Meucci, [ 9 ] que faleceu pobre e amargado e xamais viu o reconecemento do seu talento, que chocou co seu escaso conecemento da lingua inglesa e a sua pouca desenvoltura contra as artimanas e os intereses das grandes companias estadounidenses. [ 12 ]

o 11 de xuno de 2002, o Boletin Oficial da Camara de Representantes dos Estados Unidos de America publicou a Resolucion n.º 269, pola que se honra a vida e o traballo de Antonio Meucci. Na mesma resolucion reconecese que foi mais ben este que Alexander Graham Bell quen inventou o telefono, [ 13 ] reconecendo que demostrou e publicou o seu invento en 1860.

Evolucion [ editar | editar a fonte ]

Desde a sua concepcion orixinal, introducironse melloras sucesivas tanto no propio aparello telefonico, como nos metodos e sistemas de explotacion da rede.

No que se refire o propio aparello telefonico, podese sinalar:

  • A introducion do microfono de carbon, que aumentaba de forma considerabel a potencia emitida e, polo tanto, o alcance maximo da comunicacion.
  • O dispositivo “antilocal” para evitar a perturbacion na audicion causada polo ruido ambiente do local onde esta instalado o telefono.
  • A marcacion por pulsos mediante o denominado disco de marcar .
  • A marcacion por tons multifrecuencia.
  • A introducion do microfono de electrete ou electret , practicamente usado en todolos aparatos modernos, que mellora de forma considerabel a calidade do son.

Canto os metodos e sistemas de explotacion da rede telefonica podese sinalar:

  • A telefonia fixa ou convencional e aquela que fai referencia a linas e equipos que se encargan da comunicacion entre terminais telefonicos non portabeis e xeralmente ligados entre si ou coa central por medio de condutores metalicos.
  • A centralina telefonica de conmutacion manual para a interconexion mediante a intervencion dun operador/a de distintos telefonos, creando desta forma un primeiro modelo de rede.
  • A introducion das centrais telefonicas de conmutacion automatica , constituidas mediante dispositivos electromecanicos , das que existiron, e nalguns casos ainda existen, diversos sistemas (rotatorios, barras cruzadas e outros mais complexos).
  • A centrais de conmutacion automatica electromecanicas, pero controladas por ordenador .
  • As centrais dixitais de conmutacion automatica totalmente electronicas e controladas por ordenador, a practica totalidade das actuais, que permiten multitude de servizos complementarios o propio establecemento da comunicacion (os denominados servizos de valor engadido ).
  • A introducion da Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI) e as tecnicas xDSL ou de banda larga ( ADSL , HDSL etc,) que permiten a transmision de datos a mais alta velocidade.
  • A telefonia mobil ou celular, que posibilita a transmision sen fios de voz e datos, podendo ser esta de alta velocidade nos novos equipos de terceira xeracion.

Existen casos particulares en telefonia fixa nos que a conexion coa central faise por medios radioelectricos, como e o caso da telefonia rural por acceso celular, na que se utiliza parte da infraestrutura de telefonia mobil para facilitar servizo telefonico a zonas de dificil acceso para as linas convencionais de fio de cobre. Non obstante estas linas consideranse, a todolos efectos, como de telefonia fixa.

Unha comunicacion de voz ocupa un ancho de banda de 3.100 Hz , pero os operadores acostuman a reservar 4.000 Hz para cada canle de voz.

En Espana [ editar | editar a fonte ]

En 1990 , so o 32,4 % da poboacion espanola tina acceso o servizo telefonico (41,7 % na CEE ). [ 14 ]

Simboloxia [ editar | editar a fonte ]

Os simbolos graficos empregados para designar servizos telefonicos ou informacion relacionada co telefono en carteis e outros medios incluen ℡ ( U+ 2121), ( U+ 260E), ( U+ 260F), ? ( U+ 2706) e ? ( U+ 2315).

Adopcion e utilizacion [ editar | editar a fonte ]

A finais de 2009 habia un total de seis mil millons de subscritores con linas telefonicas no mundo, incluindo 1260 millons de linas fixas e 4600 millons de mobiles. [ 15 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telefono .
  2. "Alexander Graham Bell Laboratory Notebook, 1875-1876" . World Digital Library . 1875-1876 . Consultado o 2013-07-23 .  
  3. Trilnick, Carlos: ≪Antonio Meucci: teletrofono≫ , artigo do 2 de agosto de 2005 publicado na web Proyecto Idis. Mostra os graficos creados por Meucci para rexistrar o aparello en 1871.
  4. Grigonis, Richard “Zippy” (2010) ≪The Garibaldi-Meucci Museum, Staten Island, New York≫ Arquivado 28 de setembro de 2017 en Wayback Machine ., artigo publicado o 2 de decembro de 2010 na web Interesting America. (en ingles )
  5. Antonio Meucci
  6. 6,0 6,1 Pizer, Russell A. (2005): The Tangled Web of Patent #174,465 , paxina 28. Bloomington (Indiana): AuthorHouse, 2005.
  7. 7,0 7,1 "≪Value of a 2009 $100 Dollar, 1800-2011≫" . Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017 . Consultado o 27 de setembro de 2017 .  
  8. "≪Antonio Meucci, el inventor del telefono, nacia hace 205 anos. No tenia dinero para pagar por el mantenimiento de la patente del telefono, la cual fue concedida a Graham Bell, en 1876≫" . Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016 . Consultado o 27 de setembro de 2017 .  
  9. 9,0 9,1 9,2 ≪El Congreso de Estados Unidos reconoce que Antonio Meucci invento el telefono≫ , 18 de xuno de 2002. ABC (Madrid).
  10. Szymanczyk, Oscar (2013): Historia de las telecomunicaciones mundiales (paxina 85). Buenos Aires: Dunken, 2013<. 9789870267478
  11. 11,0 11,1 "≪Conoce realmente quien invento el telefono≫" . Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017 . Consultado o 27 de setembro de 2017 .  
  12. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015 . Consultado o 27 de setembro de 2017 .  
  13. "≪Efemerides. 11 de junio de 2002. Meucci inventa el telefono≫" . Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018 . Consultado o 27 de setembro de 2017 .  
  14. "RedIRIS, historia de la privatizacion de la alternativa espanola a Silicon Valley" . www.elsaltodiario.com (en local) . Consultado o 2020-12-20 .  
  15. Next-Generation Networks Set to Transform Communications , International Telecommunications Union website, 4-9-2007. Consultado o 5-7-2009.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Brooks, John (1976). Telephone: The first hundred years . HarperCollins.
  • Bruce, Robert V. (1990). Bell: Alexander Graham Bell and the Conquest of Solitude . Cornell University Press.  
  • Casson, Herbert Newton. (1910) The history of the telephone online .
  • Coe, Lewis (1995). The Telephone and Its Several Inventors: A History. Jefferson, NC: McFarland & Co.
  • Evenson, A. Edward (2000). The Telephone Patent Conspiracy of 1876: The Elisha Gray ? Alexander Bell Controversy. Jefferson, NC: McFarland & Co.
  • Fischer, Claude S. (1994) America calling: A social history of the telephone to 1940 (Univ of California Press, 1994)
  • Huurdeman, Anton A. (2003). The Worldwide History of Telecommunications Hoboken: NJ: Wiley-IEEE Press.
  • John, Richard R. (2010). Network Nation: Inventing American Telecommunications. Cambridge, MA: Harvard University Press.
  • MacDougall, Robert. The People's Network: The Political Economy of the Telephone in the Gilded Age. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.
  • Mueller, Milton. (1993) "Universal service in telephone history: A reconstruction." Telecommunications Policy 17.5 (1993): 352-369.
  • Todd, Kenneth P. (1998), A Capsule History of the Bell System . American Telephone & Telegraph Company (AT&T).

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]