Sun Wukong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
un Wu-Kung.
Xilografia de Viaxe cara ao Oeste , do seculo XIX, Sun Wukong contra o demo leon.
Marioneta de teatro de sombras de Sun Wukong de Taiwan.

Sun Wukong (en chines : ?悟空 ) ou o Rei Mono , e unha figura mitoloxica e personaxe deus mono da novela chinesa Viaxe o Oeste , obra clasica da literatura chinesa. Este personaxe achase entre un deus embusteiro, un superheroe e unha alegoria. As orixes do Rei Macaco anteceden o romance chines, e remontanse ao Deus Macaco, Hanuman , da epica hindu ao Ramayana e a dinastia Song . [ 1 ]

Os personaxes chamados Son Goku son achados en abondosas series de anime e manga xaponesas baseadas neste mito, e tamen bandas desenadas europeas e videoxogos [ 2 ] [ 3 ] . Un deles, posibelmente o mais conecido, esta no universo de Dragon Ball e outro na serie Gensomaden Saiyuki . No anime de Doraemon e no de Shin Chan tamen aparece a historia.

Saiyuki (pelicula) [ editar | editar a fonte ]

Unha das peliculas sobranceiras de anime mais temperans foi adaptada de Boku no Son Gok? (ぼくの孫悟空 O meu Son Gok? ), un manga de 1953 creado por Osamu Tezuka (de Astro Boy e Black Jack ), Saiyuki foi unha das primeiras estreas da Toei Animation (que se estabeleceran xusto tres anos antes, en 1957 , coma parte de Toei Productions). Daquela, a Toei Animation adaptouse para crear peliculas de longa duracion, como pasou con Saiyuki, que foi estreada orixinalmente no Xapon en 1960 baixo o mesmo titulo ca novela da cal veu: Saiyuki .

Gensomaden Saiyuki [ editar | editar a fonte ]

En Gensomaden Saiyuki , Son Goku, coma o lendario Sun Wukong, e un demo heretico que foi encarcerado nunha cova durante quinentos anos coma castigo polos seus crimes contra o Ceo. Acabou sendo liberado por Genjo Sanzo e vixiado no mosteiro administrado por Sanzo. Cando Sanzo foi enviado polos deuses para viaxar o oeste para parar unha onda de enerxia negativa que fai que os demos do mundo perdan o control e que ataquen os humanos con quen viviran pacificamente, Son Goku acompanao, xunto co demo Cho Hakkai e co medio demo Sha Gojyo .

Son Goku e un loitador experto co nyoi-b? . Ainda que e un demo, mantense en forma humana cun limitador de poder de ouro que leva coma unha coroa pequena. Cando a quita ou perde, perde o control e non e quen de distingui-los amigos dos inimigos, feito do mais perigoso xa que a sua forza so e rivalizada polos mais grandes deuses e demos. O concepto da coroa limitadora de poder esta inspirada na lenda orixinal chinesa. A diferenza doutras lendas onde o titulo Seiten Taisei foi autoconcedido para indica-la sua iluminacion, outros deron o titulo de Goku para indicar que o seu poder era case igual o dos deuses.

No anime e no manga, Goku vese coma un monstro no canto dun demo e, alen diso, non pode morrer, tanto ten o brutal que se lle bata ou canto tempo leve sen comer. Ademais e un pozo sen fondo para a comida, posibelmente como resultado de non comer durante todo o seu encarceramento, e e extremadamente agarimoso. Naceu das enerxias caoticas da terra, xurdindo dunha rocha no cumio dunha montana. Asi, non ten ningun pai e Genjo Sanzo actua coma un garda na sua vida anterior e actual. Goku esta moi apegado a Sanzo e se algunha vez Sanzo e mancado, Goku ocupase del, e as suas habilidades de loita aumentan enormemente.

Foi dobrado por Soichiro Hoshi , un bo amigo de Akira Ishida , quen dobrou Hakkai.

Gokudo-kun Man'y?ki [ editar | editar a fonte ]

O anime Gokudo-kun Manyuki trata do Rei Mono Gokudo, que e un mercenario, diferente a maioria dos protagonistas xa que se acha mais preto dun bandido ca dun heroe. Non vacila en se aproveitar das necesidades das persoas ou en vende-los seus amigos para se salvar el.

Dragon Ball [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Son Goku .

En Dragon Ball , Son Goku e un Saiyan que foi enviado para Terra sendo un bebe. El e a serie manga estan libremente baseados nos monos e en Viaxe o Oeste [ 4 ] . Goku e moi forte comparado cos humanos e cos seus amigos, e ten un rabo de mono . Tamen ten un apetito practicamente infinito, e e moi inxenuo sobre moitas cousas ata que Bulma llas ensina doutro xeito. Nas ultimas partes de Dragon Ball (conecidas tamen coma Dragon Ball Z na adaptacion de anime) Goku e a serie vanse afastando das suas orixes en Viaxe o Oeste e acheganse mais a ficcion cientifica , cun argumento orientado a viaxes polo espazo exterior, personaxes androides/cyborg etc.

Diferenzas entre o anime e Sun Wukong [ editar | editar a fonte ]

Hai algunhas diferenzas importantes entre o Son Goku presentado na serie Dragon Ball e Sun Wukong.

Respecto a aparencia, Son Goku e un guerreiro novo da raza Saiyan enviado para a Terra sendo un bebe. Usa un uniforme de algodon e ten o pelo con puntas en todalas direccions. Sun Wukong vistese luxosamente, leva unha coroa, e vese mais mono ca humano.

Respecto a personalidade, Son Goku e inocente, puro de corazon e e incribelmente inxenuo e credulo. Canto a Sun Wukong, el e un chisco embusteiro e conecese por ter causado unha certa cantidade de problemas no ceo .

Politica [ editar | editar a fonte ]

Mao Zedong usou o Sun Wukong como un modelo de conduta e nos seus discursos falaba do bo exemplo do Rei Macaco, citando o "seu destemor e traballo realizado co obxectivo de extirpar a pobreza da China". [ 5 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "P. Sun Wukong" . Vbtutor . Consultado o 21-1-2022 .  
  2. "O rei macaco de Milo Manara" . Notas BDfilas .  
  3. "Monkey Hero" . Dota2 .  
  4. "Conheca o romance chines que inspirou Dragon Ball" . UOL.com.br .  
  5. "The Cultural Revolution" . Chinaposters .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]