한국   대만   중국   일본 
Queens of the Stone Age - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Queens of the Stone Age

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
QotSA en directo
Orixe Palm Desert ( California ), Estados Unidos
Periodo 1996 - presente
Xenero(s) stoner rock
Selo(s) discografico(s) Matador , Interscope , Man's Ruin , Loosegroove
Membros Josh Homme
Troy Van Leeuwen
Dean Fertita
Michael Shuman
Jon Theodore
Antigos membros Mark Lanegan
Brendon McNichol
Dave Catching
John McBain
Dan Druff
Nick Oliveri
Van "The Kid" Conner
Mike Johnson
Dave Grohl
Gene Trautmann
Nick Lucero
Alfredo Hernandez
Matt Cameron
Natasha Shneider
Alain Johannes
Joey Castillo
Artistas relacionados Kyuss , Screaming Trees , The Desert Sessions , Eagles of Death Metal , Mondo Generator , Mini Mansions , Them Crooked Vultures , Blast , Iggy Pop
Na rede
http://www.qotsa.com
IMDB: nm1692949 Facebook: QOTSA Twitter: qotsa Instagram: queensofthestoneage MySpace: queensofthestoneage Youtube: UCAqa6dDmCH4XwipdfxoMo4Q Vimeo: qotsa TikTok: qotsa Souncloud: qotsa Spotify: 4pejUc4iciQfgdX6OKulQn iTunes: 857919 Last fm: Queens+of+the+Stone+Age Musicbrainz: 7dc8f5bd-9d0b-4087-9f73-dc164950bbd8 Songkick: 479466 Discogs: 56168 Allmusic: mn0000376422 Deezer: 1177 Genius: Queens-of-the-stone-age Editar o valor em Wikidata

Queens of the Stone Age (as veces escrito como QotSA ) e unha banda de stoner rock estadounidense formada despois da disolucion de Kyuss en Palm Desert ( California ) no ano 1997 . O unico membro que permanece dende a sua fundacion e o seu lider Josh Homme (voces, guitarra), e na actualidade conta tamen con Troy Van Leeuwen (guitarra, steel guitar), Michael Shuman (baixo) e Dean Fertita (teclado, guitarra, percusion, coros) e Jon Theodore (bateria, percusion).

Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara aos riffs de guitarra. O seu son foi incorporando diferentes influencias e estilos, e tamen traballou con artistas como o membro de ZZ Top Billy Gibbons e o colaborador habitual Mark Lanegan .

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Orixes [ editar | editar a fonte ]

Queens of the Stone Age formouse a partir das cinzas da banda californiana Kyuss , un nome influente da escena heavy metal que axudou a constituir unha especie de subxenero, que foi chamado stoner rock . Kyuss disolveuse en 1995 e o lider e guitarrista Josh Homme mudouse para Seattle .

En Seattle , Josh ingresou en Screaming Trees como segundo guitarrista durante a xira do album Dust , lanzado en 1996 , [ 1 ] tendo inclusive participado no festival Lollapalooza , tocando ao lado de bandas como Soundgarden e Metallica . Josh decidiu enton formar unha nova banda, Gamma Ray. En 1996 a banda publicou o EP Gamma Ray , que tina os temas "Born to Hula" e "If Only Everything" (que despois apareceria no disco devestrea de QotSA como "If Only"). O EP contaba con Matt Cameron de Soundgarden e Pearl Jam , Van Conner de Screaming Trees e co percusionista Victor Indrizzo . [ 2 ]

En 1997 a banda cambiou o seu nome debido a que o grupo aleman Gamma Ray ameazou con denuncialos. Josh atopou tempo suficiente para traballar nun proxecto propio. Foi o inicio da serie "Desert Sessions", sesions experimentais de estudio onde Josh traballou con musicos como Mike Johnson ( Dinosaur Jr ), Mark Lanegan ( Screaming Trees ), Peter Buck ( R.E.M. ) e Ben Shepherd ( Soundgarden ). As gravacions foron feitas nun estudio caseiro localizado nun deserto no interior do estado de California (terra natal de Josh Homme ). Foron seis albums extraidos das Desert Sessions, sen ningun obxectivo comercial, pero que acabaron sendo lanzados pola discografica independente Man's Ruin Records .

Album de estrea [ editar | editar a fonte ]

Pouco despois, Josh reencontrou a Nick Oliveri , tamen ex-integrante de Kyuss e xuntos decidiron montar outra banda, Queens of the Stone Age. Coa axuda do bateria Alfredo Hernandez , retornaron a rexion do deserto para traballar no son do novo grupo. A pesar de que o son de Queens Of The Stone Age lembra ao de Kyuss , queda ben claro que Queens of the Stone Age trae unha proposta diferente, cunha sonoridade mais variada.

O primeiro disco foi financiado pola propia banda e acabou sendo lanzado en setembro de 1998 pola discografica Loosegroove, de propiedade de Stone Gossard , guitarrista de Pearl Jam . O album tivo unha repercusion impresionante e axudou a fixar o nome de Queens of the Stone Age como unha das grandes promesas do rock actual. A banda estivo en xira durante case dous anos, tocando xunto con grandes nomes como Bad Religion , Rage Against the Machine , The Smashing Pumpkins , Hole e Ween .

Rated R [ editar | editar a fonte ]

En xuno de 2000 , Screaming Trees anuncia a sua fin, deixando a Josh exclusivamente dedicado a Queens of the Stone Age, que, de volta ao deserto de California , traballaria no seu segundo album que contaria con varias participacions especiais. No mesmo mes e lanzado Rated R , desta vez pola Interscope Records, unha grande discografica. O disco, que ten participacions de Mark Lanegan e Barrett Martin (Screaming Trees), Rob Ralford (ex-Judas Priest) e Pete Stahl entre outros, e recibido con entusiasmo pola critica, pero non consegue grandes cifras nas suas vendas. Para o segundo disco, a banda tivo dous baterias, Gene Troutman e Nicky Lucero.

Songs for the Deaf [ editar | editar a fonte ]

Nick Oliveri coa banda no 2003

No ano 2002 a banda xa estaba no estudo preparando o seu terceiro disco. Mark Lanegan xa e un integrante definitivo do grupo, o segundo vocalista, mentres que na bateria, a banda conta coa participacion do ilustre Dave Grohl . Co disco listo, Queens of the Stone Age comeza unha nova xira, con Lanegan e Grohl. Songs for the Deaf e lanzado en agosto e o exito entre publico e critica e case unanime.

En 2004 , a banda pasa por complicacions. Despois de que Dave Ghrol retornase a Foo Fighters (e lanzar un disco que posue latentes influencias de seu periodo en Queens), Joey Castillo asume as baquetas do grupo. Pero Josh decidiu expulsar a Nick Oliveri , alegando estar canso do comportamento irresponsable do seu companeiro. Mark Lanegan decide aproveitar e deixar a banda tamen. E lanzado o EP "Stone Age Complication" nunha tentativa de calmar as cousa, mentres Josh Homme tenta reorganizar a banda para gravar o cuarto disco. A actual formacion da banda e Josh Homme , Alain Johannes (multi-instrumentista que xa colaborou nas Desert Sessions e con Chris Cornell), Troy Van Leeuwen (guitarrista, ex- A Perfect Circle ) e Joey Castillo.

Lullabies to Paralyze [ editar | editar a fonte ]

Ese e o equipo que gravou o cuarto disco de Queens, Lullabies to Paralyze . Sen Nick Oliveri , moitos fans acaban achando que a banda perdeu boa parte da sua forza, e o disco acaba recibindo unha critica menos entusiasmada que o seu antecesor.

En 2005 , en medio de noticias dunha posible volta de Oliveri, Queens lanza o seu primeiro rexistro en directo, Over the Year and Through the Woods , album cun concerto gravado en Londres acompanado dun DVD con mais de tres horas de material tirado do arquivo da banda.

No outono do 2005 a banda telonea a Nine Inch Nails na xira norteamericana de With Teeth xunto con Autolux (na primeira metade da xira) e Death from Above 1979 (na segunda). O guitarrista de NIN Aaron North tocou coma convidado con Queens nos temas "Born to Hula", "Regular John", "Avon", "Monsters in the Parasol" e "Long, Slow Goodbye" nos concertos celebrados no Wiltern LG dos Anxeles os dias 19 e 20 de decembro. Ese dia 20 tamen tocou con eles John Garcia , sendo a primeira vez que tocaba con Homme dende 1997 . A banda tocaria tres temas de Kyuss nese concerto: "Thumb", "Hurricane" e "Supa Scoopa and Mighty Scoop".

Era Vulgaris [ editar | editar a fonte ]

Josh Homme , lider dos Queens

O 14 de febreiro de 2007 anunciouse a traves da paxina da banda que o novo album titulariase Era Vulgaris e seria lanzado no mes de xuno. Ese mesmo mes de febreiro apareceron videos amosando a Homme, Castillo, Van Leeuwen e Johannes no estudio. [ 3 ] Varias paxinas anunciaron que o album incluiria a varios vocalistas convidados, incluindo a Trent Reznor de Nine Inch Nails , Julian Casablancas de The Strokes , Mark Lanegan , Billy Gibbons de ZZ Top e o falecido humorista Erma Bombeck.

Era Vulgaris rematouse a principios de abril do 2007 e editouse o 12 de xuno nos Estados Unidos. Os temas " Sick, Sick, Sick " e " 3's & 7's " lanzaronse coma sinxelos a principios dese mes. [ 4 ]

O baixista Michael Shuman (Wires On Fire, Jubilee e Mini Mansions) e o teclista Dean Fertita (The Waxwings, The Dead Weather) fixeronse cargo durante a xira do traballo de Alain Johannes e Natasha Shneider respectivamente. [ 4 ] [ 5 ] En xullo do 2007 Van Leeuwen anunciou que a banda estaba componendo material novo, [ 6 ] e posteriormente Homme suxeriu que poderian editalo como un EP. Despois dunha entrevista con Homme, o xornal The Globe and Mail publicou que ese EP "poderia conter unhas 10 caras-B gravadas durante as sesions do Era Vulgaris ". Poreen, debido a falta de vontade da discografica de lanzar mais material d banda neses intres, o EP non chegou a ver a luz.

Queens comezou unha xira por Norteamerica no 2007 chamada Duluth Tour , debido ao feito de que a realizarian en pequebas cidades onde nunca tocaran, coma Duluth, Minnesota . A xira estendeuse a outras zonas, como o Reino Unido , onde a banda realizou mais concertos que en xiras previas por ese pais. Entre finais de marzo e principios de abril do 2008 o grupo tocou en Australia , na xira do festival V . Durante os primeiros dias de maio a banda completaria a parte canadense da xira. Coa morte de Natasha Shneider debido a un cancro o dia 2 de xullo dese ano, qotsa.com foi actualizada cunha mensaxe de Homme na memoria de Natasha, substituindo a habitual portada da paxina.

O dia 16 de agosto do 2008 Queens of the Stone Age realizou un concerto en homenaxe a Natasha Shneider no Henry Fonda Theatre nos Anxeles . No escenario uniuselles o seu marido Alain Johannes , Jack Black e Kyle Gass , Matt Cameron , Brody Dalle , Jesse Hughes , Chris Goss e PJ Harvey , tocando varios temas, tanto da banda como version doutros artistas. A recadacion do concerto destinouse a sufragar os gastos ocasionados pola enfermidade de Natasha.

Os dias 22 e 23 de agosto Queens of the Stone Age tocou os seus derradeiros concertos da xira de promocion de Era Vulgaris no festival de Reading e Leeds, e Josh Homme anunciou nunha entrevista a BBC que volverian ao estudio para traballar no seu novo disco. [ 7 ]

Problemas de saude de Homme [ editar | editar a fonte ]

A banda en 2007

Nun numero de setembro da revista NME , Josh Homme afirmou que estaba traballando nos novos discos de Queens of the Stone Age e das Desert Sessions , ademais de estar preparando unha remasterizacion do primeiro album do grupo, Queens of the Stone Age , para principios do 2009 . Poren, estes plans atrasaronse indefinidamente. Homme tamen dixo que o novo album dos Queens soaria como "unha orxia do deserto na escuridade".

Todos os membros da banda puxeronse a traballar en proxectos paralelos durante o periodo de inactividade. Troy Van Leeuwen toca a guitarra na sua nova banda, Sweethead . Joey Castillo tocou con Eagles of Death Metal na sua xira Heart On . O baixista Michael Shuman tocou o baixo e cantou na banda Mini Mansions, mentres que Dean Fertita converteuse no guitarrista e teclista do proxecto paralelo de Jack White , The Dead Weather . Josh Homme formou o supergrupo Them Crooked Vultures con Dave Grohl dos Foo Fighters e John Paul Jones de Led Zeppelin . [ 8 ] A banda editou o seu album de estrea, Them Crooked Vultures , o 16 de novembro do 2009 .

Segundo o guitarrista Troy Van Leeuwen , a banda tina plans para volver a unirse no veran do 2010 . Nunha entrevista, Josh Homme revelou que o grupo relanzaria o seu primeiro album e que faria unha xira de promocion, tocando so temas do mesmo. O 12 de marzo a sua paxina en Internet foi actualizada para engadir unha xira en Alemana para finais de agosto, as suas primeiras actuacions dende o 2008 . Mais recentemente editaronse unha edicion de 2 CDs do album Rated R . A edicion conta co CD orixinal e outro con 6 caras-B e gravacions ao vivo da actuacion en Reading no ano 2000 .

No ano 2010 Homme sufriu complicacions durante unha operacion nun xeonllo, ao pararse o seu corazon durante un breve periodo de tempo debido a unha falta de osixeno; os medicos tiveron que usar un desfibrilador para revivilo. Tras este episodio estivo prostrado en cama durante catro meses e deprimiuse, chegando a pensar en abandonar completamente a sua carreira musical. [ 9 ] Homme falou desa experiencia nunha entrevista no podcast WTF de Marc Maron, explicando que contraira unha infeccion por SARM que o seu sistema inmunoloxico non puido combater debido ao estres. Dende enton Homme dixo que a experiencia contribuiu en gran medida a composicion e gravacion de ...Like Clockwork . [ 10 ]

Tras a recuperacion de Homme Queens of the Stone Age publicou unha version remasterizada do seu album de estrea a principios de 2011, e interpretou o album integramente nunha xira promocional. [ 11 ] A banda actuou en Conan o 14 de abril, [ 12 ] e posteriormente tocou no festival australiano Soundwave. Ao longo do veran de 2011 Queens of the Stone Age tocou en varios festivais europeos, incluido o Glastonbury Festival . A banda tamen tocou no Pearl Jam's 20th Anniversary Festival en East Troy, Wisconsin . os dias 3 e 4 de setembro de 2011, nos que serian os derradeiros concertos do bateria Joey Castillo co grupo.

...Like Clockwork [ editar | editar a fonte ]

A banda xa tina plans para gravar a continuacion de Era Vulgaris en 2008, [ 13 ] pero as gravacions non comezarian ata o mes de agosto de 2012 . [ 11 ] Segundo Homme, o album estaria rematado para finais dese ano. Josh explicou a BBC Radio 1 , "Imos tomar o noso ultimo descanso que durara un mes, volver e facer Glastonbury, despois iremos inmediatamente ao estudio. O noso disco estara feito cara finais de ano. Temos cancions suficientes". [ 14 ]

En novembro de 2011 o colaborador habitual Alain Johannes falou do seu traballo de estudio coa banda, comentando que iniciaran as gravacions e que o discto tina moi boa pinta. [ 15 ] O 20 de agosto de 2012 a banda actualizou o seu estado de Facebook dicindo que estaban "gravando" o seu novo album. No mes de setembro dese ano revelouse que Homme e o produtor Dave Sardy compuxeran e gravaran unhacancion titulada "Nobody To Love", que aparece nos creditos finais do filme End of Watch . [ 16 ]

En novembro de 2012 Homme informou de que Joey Castillo deixara a banda e que as baterias no novo traballo serian interpretadas por Dave Grohl , que xa se encargara delas en Songs for the Deaf . [ 17 ] Homme tamen confirmou que o album seria editado antes da sua actuacion no Download Festival en xuno de 2013. Ademais de Grohl, tamen colaboraria no disco, incluidos os os anigos baixistas Nick Oliveri [ 18 ] e Johannes, [ 19 ] e o vocalista Mark Lanegan . [ 20 ]

Varias colaboracions de distintos musicos tamen foron anunciadas para ... Like Clockwork , entre elas a de Trent Reznor , lider de Nine Inch Nails , [ 21 ] Jake Shears , lider de Scissor Sisters , [ 22 ] Brody Dalle [ 19 ] e Elton John . [ 23 ]

A principios de 2013, Homme e outros colaboradores de Queens, como Alain Johannes e Chris Goss , gravaron para a banda sonora do documental de Dave Grohl Sound City . Goss, Johannes e Homme apareceron cada un en tres temas. Josh destaca nunca colaboracion con Grohl e Trent Reznor chamada "Mantra", e tamen aparece no filme nunha entrevista. Goss e Johannes foron membros do supergrupo Sound City Players , tocando cancions de Masters of Reality , Eleven e The Desert Sessions , ademais de aparecer en cancions da banda sonora. O antigo baixista de Kyuss , Scott Reeder , tamen aparece nun tema do disco. [ 24 ]

En marzo de 2013 Queens of the Stone Age anunciou que o novo album, titulado ...Like Clockwork , seria lanzado en xuno dese ano a traves do selo Matador Records . [ 25 ] [ 26 ] A discografica publicou unha nota de prensa o 26 de marzo revelando mais detalles do disco, incluidos a aparicion de mais musicos invitados: Alex Turner de Arctic Monkeys e James Lavelle de UNKLE . Ademais da colaboracion de Grohl, o disco conta coa aparicion do antigo bateria Castillo, e do novo bateria da banda Jon Theodore (ex- The Mars Volta , One Day as a Lion ). [ 27 ] [ 28 ] Queens of the Stone Age estreou unha nova cancion, "My God Is The Sun", no festival Lollapalooza Brasil o 30 de marzo, [ 29 ] unha actuacion na cal Theodore fixo a sua estrea ao vivo. A version de estudio do tema estreouse no programa de Zane Lowe da BBC Radio 1 o dia 8 de abril.

...Like Clockwork publicouse o dia 3 de xuno de 2013 no Reino Unido e o 4 nos Estados Unidos a traves de Matador Records. Autoproducido pola banda e o primeiro album de Queens of the Stone Age en contar coa colaboracion plena do baixista Michael Shuman e o teclista e guitarrista Dean Fertita . O album estreouse no numero 1 nos Estados Unidos, sendo o primeiro album do grupo en conseguilo. [ 30 ]

A xira de promocion de ...Like Clockwork culminou cunha festa de Halloween en The Forum, nos Anxeles , con invitados como The Kills , JD McPherson e a banda de Nick Oliveri Uncontrollable . [ 31 ] A actuacion da banda contou cunha aparicion de Oliveri que tocou durante os bises temas como "Auto Pilot" e "Quick and to the Pointless", que non foran interpretados nunha decada. [ 32 ]

Villains [ editar | editar a fonte ]

En Wembley en novembro de 2017

En xaneiro de 2014 Homme dixo a revista Rolling Stone que a banda comezaria a gravar un novo album cando rematase a de ...Like Clockwork . [ 33 ] No mes de xuno Homme realizou un concerto acustico en solitario no festival Meltdown de James Lavelle con invitados como Troy Van Leeuwen e Mark Lanegan . Durante esta actuacion Homme tocou unha nova cancion chamada "Villains of Circumstance", que foi interpretada novamente noutro acustico en 2016. [ 34 ] A banda dixo en febreiro de 2015, cando se anunciou a sua participacion no Rock in Rio de 2015 en Rio de Xaneiro no mes de setembro, que estaban a piques de gravar un novo traballo. [ 35 ] A pesar diso, en marzo de 2016 Michael Shuman revelou que QotSA estaba tomandose un descanso. [ 36 ]

Durante este periodo os membros da banda traballaron en distintos proxectos. Josh Homme e Dean Fertita colaboraron no album de Iggy Pop de 2016 Post Pop Depression e na sua respectiva xira, mentres que Troy van Leeuwen uniuse ao supergrupo Gone Is Gone con plans para editar un EP e un album de estudio. [ 37 ] En maio de 2016 Van Leeuwen anunuciou plans para gravar o setimo traballo de Queens of the Stone Age "nalgun momento deste ano". [ 38 ]

En xaneiro de 2017 Troy Sanders , de Mastodon e Gone Is Gone, dixo que Queens of the Stone Age publicaria un novo disco nese mesmo ano. [ 39 ] Tras isto a banda publicou varias fotografias nas redes sociais no estudio [ 40 ] e anunciou que tocaria no Fuji Rock Festival en xullo, sendo a sua primeira actuacion no Xapon dende o ano 2003. O grupo actualizou as suas contas nas redes sociais cun novo logotipo e as palabras "Coming Twentyfive" o 6 de abril de 2017, e anunciou unha xira por Australia e Nova Zelandia que comezaria en xullo.

O 14 de xuno de 2017 Queens of the Stone Age anunciou o seu novo album Villains , que seria lanzado o 25 de agosto. O trailer de avance tomou a forma dun sketch comico coa banda realizando un test poligrafico con Liam Lynch xunto coa aparicion do produtor do album Mark Ronson , e contando cun fragmento da cancion "Feet Don't Fail Me". O primeiro sinxelo, "The Way You Used to Do", apareceu no dia seguinte xunto co anuncio dunha xira mundial. [ 41 ] [ 42 ] O segundo sinxelo, “The Evil Has Landed”, lanzouse o 10 de agosto. [ 43 ]

O 24 de outubro de 2017, como parte da xira de Villains , a banda foi cabeza de cartel no Madison Square Garden por vez primeira, despois de ter sido abreconcertos ali para Nine Inch Nails en 2005, e para Red Hot Chili Peppers en 2003. Tres conxuntos de entradas gratuitas agacharonse en tres estacions ao longo da lina Q do metro de Nova York.

Presente [ editar | editar a fonte ]

Nunha entrevista con eonmusic en xuno de 2019 Billy Gibbons , de ZZ Top , anunciou que colaborara nun novo album de Queens of the Stone Age que seria anunciado por Homme nese mesmo ano. Gibbons tamen confirmou que Dave Grohl estaba implicado nas sesions de gravacion. [ 44 ] Gibbons despois confirmou ter colaborado nos volumes 11 e 12 de The Desert Sessions , mentres que Grohl negou os rumores, dicindo que el e Homme so pasaran tempo xuntos "montando en moto e comendo gofres". [ 45 ]

En outubro de 2019 a banda anunciou reedicions en vinilo de Rated R , Songs for the Deaf , Lullabies to Paralyze , e Era Vulgaris .

Membros [ editar | editar a fonte ]

Membros actuais [ editar | editar a fonte ]

Antigos membros [ editar | editar a fonte ]

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Albums [ editar | editar a fonte ]

Album Ano Selo
Queens of the Stone Age 1998 Loosegroove Records
Rated R 2000 Interscope Records
Songs for the Deaf 2002 Interscope Records
Lullabies to Paralyze 2005 Interscope Records
Era Vulgaris 2007 Interscope Records
...Like Clockwork 2013 Matador Records
Villains 2017 Matador Records
In Times New Roman... 2023 Matador Records

EPs [ editar | editar a fonte ]

Album Ano Selo
Gamma Ray 1996 Man's Ruin Records
Kyuss/Queens of the Stone Age 1997 Man's Ruin Records
The Split CD 1998 Man's Ruin Records
Stone Age Complication 2004 Interscope Records

Albums ao vivo [ editar | editar a fonte ]

Album Ano Selo
Over the Years and Through the Woods 2005 Interscope Records
iTunes Festival: London 2013 ? EP 2013 Matador Records
...Like Cologne 2013 autoeditado

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "QOTSA Reviews | 1998/xx/xx - Rough Edge.com: Queens of the Stone Age Review" . www.thefade.net . Consultado o 2019-11-01 .  
  2. "Gamma Ray discography" . www.thefade.net . Consultado o 2019-11-01 .  
  3. "QOTSA Rocks Hard, Fast On 'Era Vulgaris ' " . Billboard . Consultado o 2019-11-01 .  
  4. 4,0 4,1 "Queens of the Stone age unveil new album artwork" . Uncut . 2007-05-28. Archived from the original on 28 de maio de 2007 . Consultado o 2019-11-01 .  
  5. "BLABBERMOUTH.NET - QUEENS OF THE STONE AGE Films 'Sick, Sick, Sick' Video" . web.archive.org . 2007-05-06. Archived from the original on 06 de maio de 2007 . Consultado o 2019-11-01 .  
  6. "Queens Of The Stone Age discuss Duluth tour" . NME . Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2013 . Consultado o 2019-11-01 .  
  7. "BBC - Reading and Leeds Festivals 2008 - Queens of the Stone Age" . www.bbc.co.uk . Consultado o 2019-11-01 .  
  8. "BLABBERMOUTH.NET - JOSH HOMME, JOHN PAUL JONES , DAVE GROHL Collaborate On New Project" . web.archive.org . 2009-07-04. Archived from the original on 04 de xullo de 2009 . Consultado o 2019-11-01 .  
  9. "Home, sweet Homme" . Independent.ie (en ingles ) . Consultado o 2019-11-01 .  
  10. "Episode 431 - Josh Homme" . WTF with Marc Maron Podcast (en ingles ) . Consultado o 2019-11-01 .  
  11. 11,0 11,1 "BLABBERMOUTH.NET - Queens of the Stone Age to Begin Recording In January" . web.archive.org . 2011-01-04. Archived from the original on 04 de xaneiro de 2011 . Consultado o 2019-11-01 .  
  12. "BLABBERMOUTH.NET - QUEENS OF THE STONE AGE Performs On 'Conan' (Video)" . web.archive.org . 2011-04-21. Archived from the original on 21 de abril de 2011 . Consultado o 2019-11-01 .  
  13. "QotSA to reconvene next summer | stereokill.net" . web.archive.org . 2009-11-14. Archived from the original on 14 de novembro de 2009 . Consultado o 2019-11-01 .  
  14. "Queens Of The Stone Age: 'Our record will be done by the end of the year ' " . NME Music News, Reviews, Videos, Galleries, Tickets and Blogs | NME.COM (en ingles ) . 2011-05-20 . Consultado o 2019-12-03 .  
  15. "Alain Johannes Updates Fans On Eleven, Chris Cornell, QOTSA & More" . Antiquiet (en ingles ) . 2011-11-14 . Consultado o 2020-09-07 .  
  16. "End of Watch (2012) - Soundtrack.Net" . www.soundtrack.net . Consultado o 2020-09-07 .  
  17. Cochrane, Greg (2012-07-11). "Dave Grohl joins Queens Of The Stone Age on new album" . BBC Newsbeat (en ingles ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  18. FernandoDante13 (2012-11-28). "Nick Oliveri is Also on the New Queens Of The Stone Age Record" . Antiquiet (en ingles ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  19. 19,0 19,1 "Alain Johannes, Nick Oliveri e Brody Dalle gravando voces para QotSA" . twitpic.com . Consultado o 2020-09-07 .  
  20. "Queens Of The Stone Age confirm Mark Lanegan's appearance on new album" . NME (en ingles ) . 2013-01-28 . Consultado o 2020-09-07 .  
  21. FernandoDante13 (2012-11-13). "Trent Reznor to Guest on New Queens Of The Stone Age Album" . Antiquiet (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014 . Consultado o 2020-09-07 .  
  22. "New QOTSA Album to Also Feature Scissor Sisters Frontman" . Antiquiet (en ingles ) . 2012-12-21 . Consultado o 2020-09-07 .  
  23. "Elton John is Also on the New QOTSA Record" . Antiquiet (en ingles ) . 2013-02-07 . Consultado o 2020-09-07 .  
  24. "Sound City" . Consultado o 2020-09-07 .  
  25. "Queens of the Stone Age Preview ‘…Like Clockwork’ Album, Sign to Matador" . Spin . 2013-03-22 . Consultado o 2020-09-07 .  
  26. "Queens Of The Stone Age Tease New Album ‘…Like Clockwork’" . Antiquiet (en ingles ) . 2013-03-22 . Consultado o 2020-09-07 .  
  27. FernandoDante13 (2013-03-26). "QOTSA Name Jon Theodore as New Drummer, ‘…Like Clockwork’ to Also..." . Antiquiet (en ingles ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  28. "Nota de prensa de Matador Records" . web.archive.org . 2013-06-25. Archived from the original on 25 de xuno de 2013 . Consultado o 2020-09-07 .  
  29. "Queens of the Stone Age vai tocar musica inedita em show de hoje" . VEJA SAO PAULO (en portugues ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  30. Morris, Chris; Morris, Chris (2013-06-12). "Queens of the Stone Age’s ‘Like Clockwork’ Debuts At No. 1" . Variety (en ingles ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  31. "Queens Of The Stone Age to finish '...Like Clockwork' tour with Halloween party in LA" . NME (en ingles ) . 2014-07-07 . Consultado o 2020-09-07 .  
  32. Kreps, Daniel (2014-11-01). "Watch Queens of the Stone Age Reunite With Nick Oliveri" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2020-09-07 .  
  33. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2014-01-06). "QOTSA 'Absolutely' Recording New Album" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  34. "Josh Homme plays new song 'Villains of Circumstance' during Meltdown acoustic set" . NME (en ingles ) . 2014-06-17 . Consultado o 2020-09-08 .  
  35. "QOTSA, System Of A Down and Johnny Depp for Rock In Rio 2015" . www.gigwise.com . Consultado o 2020-09-08 .  
  36. "Queens Of The Stone Age 'taking a break ' " . NME (en ingles ) . 2015-03-19 . Consultado o 2020-09-08 .  
  37. Camp, Zoe. "Mastodon, Queens of the Stone Age, At the Drive-In Members Form Supergroup Gone is Gone, Tease New Song "Violescent": Listen" . Pitchfork (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  38. "Troy Van Leeuwen From QOTSA Speaks On Touring With Iggy Pop And Gear" . Guitar Aficionado (en ingles ) . 2016-04-27 . Consultado o 2020-09-08 .  
  39. "Queens of the Stone Age to unleash new album in 2017" . Consequence of Sound (en ingles ) . 2017-01-11 . Consultado o 2020-09-08 .  
  40. Kennelty, Greg (2017-02-07). "QUEENS OF THE STONE AGE Appears To Be In The Studio" . Metal Injection (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  41. Blais-Billie, Braudie. "Queens of the Stone Age Announce New Album Villains, Preview New Song: Watch" . Pitchfork (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  42. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2017-06-15). "Queens of the Stone Age Detail New Album 'Villains,' Tour" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  43. Blabbermouth (2017-08-10). "Listen To New QUEENS OF THE STONE AGE Song 'The Evil Has Landed ' " . BLABBERMOUTH.NET . Consultado o 2020-09-08 .  
  44. "EXCLUSIVE: ZZ Top's Billy Gibbons, Dave Grohl Set to Appear on new Queens of the Stone Age Album." . eonmusic: music for life. (en ingles ) . Consultado o 2020-09-08 .  
  45. "Dave Grohl on Foo Fighters' return to Reading: "This festival is my first love " " . NME (en ingles ) . 2019-08-21 . Consultado o 2020-09-08 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Paxina oficial da banda (en ingles)