한국   대만   중국   일본 
Noite de san Xoan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Noite de san Xoan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noite de san Xoan
Datos da festa
Nome oficial Noite de san Xoan, Midsummer night
Conmemoracion Xoan o Bautista (relixion), solsticio de veran (paganismo)
Comezo Luscofusco do 23 de xuno
Fin Abrente do 24 de xuno
Data 23-24 de xuno
Motivo Noite de san Xoan
Significado Solsticio de veran
Costumes Fogueiras, rito ao lume, a auga, as herbas.
Relacionada con Litha
Cacharela en Finlandia .

Na noite de san Xoan ou do Lume Novo , a noite do dia 23 ao 24 de xuno , e coincidindo co solsticio de veran , celebranse desde antigo unha ampla variedade de festas e practicas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlantica ), especialmente o redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoan. Tratase dunha celebracion anterior a chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (vexase: Litha ).

A data do 24 de xuno corresponde, segundo a tradicion cristia, a data do nacemento de Xoan o Bautista [ 1 ] .

Galicia conta cunha forte tradicion en todo o pais onde se mesturan antigos ritos ao lume, a auga e a natureza con xantares populares, salientando as celebracion e as cacharelas da cidade da Coruna . En Europa salientan as celebracions nos paises nordicos , nas illas britanicas , na Peninsula Iberica e Francia , con rituais semellantes aos galegos: fogueiras, xantares populares, rituais con herbas e auga. En Espana salientan as celebracion en Cataluna e o Pais Valenciano ; prendense importantes fogueiras en Alacant , declaradas de Interese Turistico Internacional . Aqui, nesta cidade , consideranse autenticas obras de arte . Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como carton , madeira , papel , pintura etc. para que poidan arder facilmente.

Noite de san Xoan en Galicia [ editar | editar a fonte ]

Fogueira de S. Xoan preparada en Petelos ( Mos ).

A noite de san Xoan e unha das festas antropoloxicamente mais importantes en Galicia, a noite do Lume Novo. Asi por exemplo, celebrase na Coruna coas tradicionais fogueiras na praia do Orzan e na de Riazor , sendo esta a festa do san Xoan mais multitudinaria de Galicia e unha das mais multitudinarias de toda Espana [ Compre referencia ] . A noite de san Xoan na Coruna foi declarada festa de interese turistico internacional de Espana. Poren en todo o territorio e de tradicion acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardinas , os cachelos con pela e a broa de millo son as protagonistas.

Moitos ritos de caracter maxico ou supersticioso asocianse a esta tradicion: saltar as fogueiras, por un ramo de herbas de san Xoan nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas , lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc.

Fogueiras de san Xoan [ editar | editar a fonte ]

O ritual co que mais se identifica a noite de san Xoan son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do dia 23, tamen chamadas cacharelas , cachadas , cachelas ou lumeiradas [ 2 ] . Durante os dias previos, os mozos e vecinos van amoreando diverso material nalgun lugar aberto e de paso publico (prazas, encrucilladas ou, actualmente, praias) ata que, no comezo da noite, prendese lume entre a expectacion de todolos vecinos. Nas horas seguintes, comen sardinas a brasa e beben vino , cantando e bailando o redor da fogueira e, cando esta esta practicamente consumida, terminan saltando sobre as ultimas lapas mentres se exclama:

Salto por riba
do lume de san Xoan,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan .

Outras formulas empregadas nestes casos son:

  • Salto por riba/ do lume de san Xoan/ para que non me trabe/ cadela nin can .
  • Salvote lume de san Xoan/ para que non me trabe/ cadela nin can/ nin cantos males han .

As veces recomendase, para obte-lo maximo efecto, espirse para saltar sobre a fogueira. O numero de saltos que se deben dar e variable segundo os costumes locais: adoita facerse como minimo tres veces pero, en calquera caso, sempre un numero impar de saltos. Resulta habitual nestes rituais maxicos recorrer os numeros 3, que representa a Trindade; 7, que representa a totalidade; ou 9, numero da perfeccion (tres veces tres).

En Olveira (A Coruna) [ 3 ] adoitabase colocar unha cabeza dalgun animal espetada nun pau de loureiro e amorea-la lena o seu redor. A cacharela non se debia apagar ata que esta cabeza acabe convertida en borralla.

Hai zonas onde existe o costume de celebrar certos ritos de paso sobre as lapas ou sobre o fume para curar certas enfermidades. Poden facerse entre duas mulleres chamadas Maria ou entre unha muller con este nome e un home chamado Xoan, que se pasan mutuamente o menino enfermo mentres din:

Enfermo cho entrego
devolvemo san .

O rematar, sempre cun numero impar de pases, envolven o rapaz nunha saba de lino nova, que nunca fose lavada.

Tamen existia o costume de afuma-lo gando na noite de san Xoan, para protexelo do meigallo . Para conseguilo fan anda-lo gando o redor ou entre as fogueiras para que lles dea ben o fume. Noutras ocasions o que se fai e queimar na corte un corno de carneiro , loureiro bendito e xofre. [ 4 ] As lumeiradas de san Xoan tamen servian como rito de proteccion para as colleitas de centeo ou millo . Asi, recitaban: Ve-lo lume, ve-lo pan,/ cada espiga seu toledan [ 5 ] , ou Ve-lo lume, ve-lo pan,/ Dios che dea bo gran/ polo mes de san Xoan/ espigas como rebolas/ e graucinos como olas (FRAGUAS:106).

De feito hai lugares, como Castrofeito ( O Pino ) ou Pedrouzo ( Silleda ), onde non se denominan fogueiras senon fumazos . Ali queiman sobre de todo lena verde que levanta un intenso fume co que se pretende espanta-las meigas e os seus meigallos.

A auga [ editar | editar a fonte ]

Fonte en Coruxo, Vigo .

Tamen e comun a crenza de que a auga , que lava tanto a sucidade como as enfermidades ou, en xeral, o Mal, alcanza nesta noite propiedades maxicas superiores as que poida ter no resto do ano. Por iso, acodese a rios e fontes a practicar certos rituais, preferentemente as mais proximas a mosteiros e santuarios, que transfiren a sua sacralidade a auga. Asi, na fonte da Moza, na Veiga (Ourense), aparecese esta noite unha moura a peitea-los seus cabelos; esta mesma lenda esta presente en moitos outros lugares de Galicia, como por exemplo no outeiro de Vimieiros (en Celanova , Ourense) [ 6 ] ou no lugar de Doniz (en Espinoso , Cartelle ). Na fonte de Bexan, en Cambados , bananse os enfermos de mal de ollo para rompe-lo feitizo. Na Gudina , as meigas reparten a auga que lle toca a cada vecino.

Chamase flor da auga a tona, a capa mais superficial, na que se reflicte o sol o mencer e que por tal motivo posue un misterioso efluvio que gardan as ninfas ou xanas da auga [ 7 ] . No caso dunha fonte, este poder teno a primeira auga que deita no mencer. Nesta noite de san Xoan, a flor da auga transmite as suas propiedades de saude e beleza as mozas que laven a cara nas fontes nas que habiten estes seres. Esta mesma operacion tamen serve para esconxura-las meigas:

Dia de san Xoan, alegre
menina, vaite lavar,
pillaras auga do paxaro
antes de que o sol raiar
Iras arrente do dia
a i-auga fresca a catar
da auga do paxarino
que saude che ha de dar
Corre menina, vaite lavar
ala na fonte te has de lavar
i a fresca i-auga desta manecida
cor de cereixa che ten que dar.
Se arraiar, se arraiara
todalas meigas levara ;
xa arraiou, xa arraiou ,
todalas meigas levou .

Tamen se cre que se cura o bocio bebendo durante esta noite auga en nove fontes distintas; en Xavestre ( Trazo ), bebe-la auga que sae de sete ou nove muinos libra dos feitizos. [ 8 ] En Entrimo , purificanse uns os outros salpicandose mutuamente. Noutros lugares, hai que coller unha pola de bieiteiro para ir con ela a unha fonte maxica o mencer do dia de san Xoan: o primeiro que chegue pode coller con esa pola a flor da auga e usar das suas virtudes. Nas Vendas da Barreira ( Rios ) crese que a moza que recolla a flor da auga casara dentro do ano.

O orballo que se deposita sobre a herba ou a sementeira durante a noite de san Xoan posue tamen propiedades curadoras e milagreiras; en Rios explicano en que nesta noite as meigas se deitan sobre a herba , transferindolle os seus poderes. Para cura-la sarna o enfermo ten que durmir, nu, entre o centeo , ou correr entre el ou botarse a rolos sobre a herba humida, tamen en coiro. Outra formula curativa consiste en espirse e coloca-la roupa na pola dun carballo , contra o que se refrega as 12 da noite; logo debe banarse nun rio proximo e vestirse con roupa nova, deixando a vella na arbore. Estas operacions practicanse, por exemplo, en Melide ou en Monterrei . [ 9 ] [ 10 ] Colocando o sereno durante esta noite a roupa de inverno queda protexida contra a couza (en Verin ).

O gando sacase das cortes e levase a andar sobre a herba ?ou ben deixase o relente toda a noite? para que reciba o orballo de san Xoan , que o protexera das enfermidades durante o ano.

Vicente Risco recolle a crenza na zona da comarca da Limia de que durante a noite de san Xoan poden escoitarse as campas da cidade de Antioquia , asolagada baixo as augas da lagoa de Antela .

Herbas de san Xoan [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Herbas de san Xoan .

Diferentes herbas, aromaticas ou non, e flores recollidas a vespera de san Xoan, posuen tamen propiedades maxicas. Se xa as posuen en calquera momento do ano, nesta noite atribueselles un poder especial polo vigor engadido que lles da a forza do solsticio e do veran e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta dificil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de san Xoan, xa que se comproba unha gran variabilidade o longo de Galicia. Si que se adoita da-la cifra de sete herbas diferentes [ 11 ] .

Romeu , unha das herbas de san Xoan.

Xesus Taboada Chivite recolle unha longa relacion, entre as que estan a dedaleira , o fiuncho , o codeso , o fento macho , o trobisco ( Daphne gnidium ), a espadana , a abeloura ou herba de san Xoan, a malva , a artemisa ( Artemisa vulgaris ), o romeu , a macela ou matricaria, a herba punteira ( Sempervivum tectorum ), a herba luisa , a roseira , ou follas de nogueira , de bieiteiro , de ameneiro ou de carballo .

Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga a intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mana seguinte; en certas zonas este lavado ha facerse mirando o Oriente , para recibir as primeiras raiolas do sol. Deste xeito buscase curar e previr enfermidades cutaneas e rexuvenece-la pel .

Tamen existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas ruas), colocando ramallos de flores nas portas e ventas. Esta propiedade protectora conservana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de san Xoan e dependuralas logo nalgun lugar da casa para evita-la entrada das meigas.

Eladio Rodriguez Gonzalez recolle a presenza destas herbas e flores nos mercados: " plantas odoriferas, que se recogen en el campo, generalmente la antevispera de la noche de san Juan, o sea el dia 22, para venderlas al siguiente dia en los mercados de las ciudades y villas de Galicia ". O costume parece manterse na actualidade, e en 1992 a prensa entrevistaba unha vendedora de verduras do mercado de Vilagarcia de Arousa que nestas datas tamen incluia as herbas . [ 12 ]

Sortilexios [ editar | editar a fonte ]

A noite de san Xoan e especialmente propicia para levar a cabo certos sortilexios cos que adivina-lo que vai acontecer no futuro. Por exemplo, se unha muller bota a clara dun ovo nun vaso de auga as doce da noite, e deixa este durante toda a noite, o mencer pode adivinar con quen vai casar segundo a forma que adopte a clara callada: se semella un martelo, sera un carpinteiro; se un barco, un marineiro, se unha engra, un ferreiro. Tamen se utiliza este metodo para adivina-lo futuro dunha persoa: se o que semella e un cadaleito , agoira unha morte proxima; [ 13 ] se un corazon, un proximo amante; se un menino, que vai ter fillos.

Cando a moza tena varios pretendentes, pode, igualmente, saber con cal deles vai casar: para sabelo ha de botar no vaso varios papelinos enrolados cos nomes dos distintos mozos. O que o mencer apareza desenrolado sera o futuro marido. Outra forma para reconece-lo futuro marido consiste en deixar na venta unha pela de pataca : a mana estara engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.

Tamen as herbas de san Xoan posuen propiedades premonitorias: deixadas sobre unha mesa durante toda a noite, se a mana seguinte estan verdes e frescas agoiran prosperidade na casa; se murchan, anuncian infortunios.

O sol no dia de san Xoan [ editar | editar a fonte ]

Tratase do solsticio de veran, momento do ano no que se atribue o sol a maxima claridade. Resulta comun a crenza de que o sol baila o mencer, disque de ledicia pola festa do santo. Asi, adoitase subir a un monte para velo bailar, por exemplo, o alto do castro de Castrolandin , nalgures a traves dos buratos dun cribo .

Madrugada de san Xoan ,
madrugada mais garrida ,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre o dia
San Xoan pediulle a Cristo
pra que non o adormentase ,
quere ver baila-lo sol
o dia da sua romaxe .

Xa o padre Feijoo recolleu esta tradicion de ir ver bailar o sol e o feito de que noutros lugares ?que non especifica? isto se fai na Pascua cristia . Tamen en Italia existe o mesmo costume: en Abruzos crese que no sol nacente se pode ver a cabeza de san Xoan; e en Sardena , que no mencer o sol baila tres veces, tantas como botou no chan a cabeza do santo o ser decapitado. [ 14 ]

Inversion da orde cotia [ editar | editar a fonte ]

Se nesta data o sol alcanza a maior forza e a maior sacralidade, na noite anterior o Mal ten tamen a maior forza e busca face-lo maior dano a xente, o gando ou as colleitas. Nesta noite, as bruxas reunense nos maiores aquelarres, como no areal de Coiro (en Cangas ) ou en Sevilla , pero tamen se xuntan noutros lugares, como nas encrucilladas, e percorren as aldeas. Non so as meigas estan mais activas esta noite senon tamen outros seres mitoloxicos: se se coloca un pano branco sobre un fento, a mana poderemolo atopar cheo de trasgos.

Para protexe-las casas da accion das bruxas colocanse ramos de flores, cardos ou espadanas nas portas e ventas. As primeiras, polo seu recendo, combaten o Mal; os segundos fano coas suas espinas e as terceiras coas suas follas, imitantes dunha espada.

Tamen, por esta razon, os mozos dedicanse a facer bromas e ridiculiza-los vecinos, collendo carros, arados, cancelas, dornas etc. e deixandoos nun lugar pouco accesible (como no medio do rio ou sobre unhas escaleiras [ 15 ] ) ou ben visible (como no adro da igrexa, na praza principal ou fronte o concello); mesmo nalgun caso se botaron tamen na fogueira. Nos ultimos anos observase a proliferacion de simples actos de vandalismo contra propiedades particulares, contedores de lixo ou mobiliario urbano. Estes ataques a propiedade pretenden atacar, simbolicamente, a orde social, e moitas veces as vitimas son aqueles vecinos que polo seu caracter antisocial, son, asi, castigados publicamente. [ 16 ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Segundo o Evanxeo de san Lucas, a concepcion de Xesus aconteceu 6 meses despois da de san Xoan: Mais o anxo dixolle: Zacarias, non temas; porque a tua pregaria foi ouvida, e a tua dona Elisabet parirache un fillo, e chamaralo de nome Xoan (13); Ao sexto mes o anxo Gabriel foi enviado por Deus a unha cidade de Galilea, chamada de Nazaret (26) [1] . A tradicion apocrifa conta que Zacarias, pai de san Xoan, celebrou o seu nacemento prendendo varias lumeiradas.
  2. Outros nomes menos comuns son os de brasedo , cacholas , fachareadas , garadas , laparadas , laradas , lume novo , lumaradas , lumeradas , lumeiros , lumieiras ou queimas .
  3. Quintans non especifica se se trata de Olveira de Dumbria ou de Olveira de Ribeira .
  4. Rodriguez Lopez. 1974. p. 202
  5. Toledan e o nome dunha medida de capacidade equivalente a medio ferrado. En Cesures este rito de afuma-las leiras celebrabase na noite do 29 de abril.
  6. Jose Manuel Jesus Hidalgo: "El tema de la serpiente en la arqueologia de Galicia" , Vigo etnografico , 14 de febreiro de 2009 (en castelan ) .
  7. Lembrese que a auga da pia bautismal debia ser bendecida o mencer para ser sagrada.
  8. Os muinos posuen propiedades curativas porque neles se moe a farina coa que se fai o pan , simbolo da eucaristia .
  9. Lis Quiben, ?, p. 307.
  10. Taboada. 1980. p. 21
  11. Notese: sete herbas, sete saltos sobre o lume, beber de sete fontes, recibir sete ondas do mar.
  12. La Voz de Galicia , 24 de xuno de 1992.
  13. Anton Fraguas conta que unha rapaza veu formada unha caixa e morreu coa preocupacion ( La Voz de Galicia , 23 de xuno de 1991).
  14. Mª Rosario Soto Arias: "Notas para un estudo dos refrans haxiocronoloxicos", en Cadernos de Fraseoloxia Galega 15, 2013, p. 359.
  15. No ano 1997, en Lores (Meano) apareceron duas motos subidas a unha arbore ( Faro de Vigo , 25 de xuno de 1997).
  16. Marino Ferro. 2000. p. 487.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]