National Geographic (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

National Geographic
Pais Estados Unidos de America
Lugar Washington, D.C.
Lingua lingua inglesa , lingua italiana e lingua indonesia
Abreviatura Natl. Geogr. e Natl. Geogr. Mag.
Fundacion 1888 e 2005
Primeira edicion 1888
Circulacion
Frecuencia 1 mes
ISSN 0027-9358
OCLC 643483454
Na rede
https://www.nationalgeographic.com/magazine/ , http://natgeo.galegroup.com/natgeo/archive , http://books.google.com/books?id=8iRNAQAAIAAJ , http://books.google.com/books?id=ECVNAQAAIAAJ , http://books.google.com/books?id=fwAlAQAAMAAJ e https://nationalgeographic.grid.id
Facebook: NGM Twitter: NatGeoMag Instagram: natgeo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

National Geographic Magazine , posteriormente abreviada como National Geographic , e unha entidade sen animo de lucro que funciona como o organo de expresion oficial da National Geographic Society dos Estados Unidos . A sua primeira edicion data de outubro de 1888, nove meses despois da fundacion da sociedade. [ 1 ] Esta publicacion foi identificada case inmediatamente pola sua caracteristica faixa amarela na portada.

O control da revista estivo en mans de The Walt Disney Company dende 2019. [ 2 ]

A revista distribuese mensualmente en 32 linguas en todo o mundo. A sua tirada achegase aos nove millons (a que se suma os quince millons de exemplares entregados en fogares cada mes). En ocasions especiais lanzanse publicacions extra e mapas especiais. A revista conten artigos sobre xeografia , ciencia , historia , cultura , eventos actuais e fotografia.

En maio de 2007 e 2008 a revista ganou o General Excellence Award da Society of Magazine Editors na categoria de circulacion superior a dous millons de exemplares e o premio a Mellor Fotografia por tres artigos da revista en 2006. Ademais dun nomeamento ao General Excellence Award de 2009, National Geographic ganou o premio principal por unha fotografia editorial.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Portada do primeiro numero da revista da National Geographic Society (publicado o 22 de setembro de 1888)

A primeira edicion da revista National Geographic foi publicada en 1888, xusto nove meses despois de que a sociedade fose fundada. O selo foi o seu caracteristico estilo, reinventado dende unha lina proxima ao xornalismo cientifico a ser unha revista celebre polo seu exclusivo material grafico en xaneiro de 1905 cando se publicaron moitas fotografias en paxina completa feitas no Tibet nos anos 1900 e 1901 por dous exploradores enviados polo Imperio Ruso , Gombozhab Tsybikov e Ovshe Norzunov . A edicion de xuno de 1985 na sua portada tina a foto dunha nena afga duns trece anos chamada Sharbat Gula que chegou a ser unha das imaxes mais reconecidas da revista.

A finais de 1990 e comezos do 2000 iniciouse un prolongado litixio sobre os dereitos colectivos do contido da revista nunha edicion electronica chamado Greenberg v. National Geographic . Isto causou que a National Geographic retirase do mercado a edicion dixital que compilaba todos os artigos vellos da revista. Duas cortes federais de apelacion fallaron a favor da revista permitindo a reproducion e a corte suprema dos Estados Unidos denegou a revision en decembro do 2008. National Geographic lanzou en xullo do ano 2009 unha version electronica do seu arquivo para celebrar os 120 anos da sua creacion que contina artigos que databan dende 1888 ata decembro do 2008, actualizandoa cada ano.

No ano 2006, o escritor da National Geographic Paul Salopek foi arrestado baixo cargos de espionaxe , por entrar no Sudan sen visado, entre outros delitos, mentres estaba a traballar nun artigo. A revista National Geographic e o xornal Chicago Tribune para o que Salopek tamen escribia artigos montaron a sua defensa legal e lideraron unha apelacion internacional a Sudan, Salopek foi finalmente liberado.

Artigos [ editar | editar a fonte ]

Durante a guerra fria a revista comprometeuse a presentar un punto de vista da xeografia fisica e humana das nacions detras do pano de aceiro . A revista imprimiu artigos sobre Berlin , a Austria ocupada, a Union Sovietica e a China comunista que se afastaban deliberadamente do politico para enfocarse no cultural. Na sua cobertura da carreira espacial , National Geographic enfocouse nos logros cientificos mentres evitaba arduamente facer conexion entre a carreira espacial e a conexion coa construcion de armas nucleares .

Nos anos posteriores a guerra fria os artigos comezaron a tratar tematicas tales como o medio natural , a deforestacion , a contaminacion quimica, o quecemento global e a extincion das especies .

Ocasionalmente a edicion enteira dun mes dedicase unicamente a un pais, como a unha civilizacion antiga, ou a un recurso natural que esta en risco de extincion ou outro tema, en decadas posteriores a National Geographic Society lanzou outras revistas con diferentes enfoques.

Fotografia [ editar | editar a fonte ]

Ademais de ser reconecida polos artigos sobre paisaxes , historia, e as reportaxes sobre os recunchos mais reconditos do mundo; a revista foi reconecida polo seu formato tipo libro e a alta calidade da sua fotografia. Este alto estandar fixo que a revista fose o fogar dalguns dos reporteiros graficos de mais alta calidade no mundo.

A revista comezou a presentar fotografias en cor a comezos do seculo XX, cando esta tecnoloxia era escasa. Durante a decada de 1930, Luis Marden (1913-2003), escritor e fotografo para a National Geographic , convenceu a revista para que permitise aos seus fotografos o uso das camaras pequenas de 35 mm cargadas con pelicula Kodachrome en lugar das voluminosas camaras con tripodes e lentes prateadas. En 1956, a revista comezou a publicar pequenas imaxes nas suas portadas, despois iniciou a impresion de fotografias grandes, caracterizandose polo emprego das mais adiantadas tecnicas de fotografia por exemplo a fotografia dixital.

A portada da revista ainda conten o seu inicial bordo amarelo, mais desapareceu a folla de carballo e a taboa de contidos. Esta foi cambiada por unha das fotografias dos artigos do mes que contina a edicion. En 2006 National Geographic iniciou un concurso mundial de fotografia con preto de 80 paises participantes.

Mapas [ editar | editar a fonte ]

A revista algunhas veces achega mapas das rexions visitadas. Os mapas da National Geographic Society foron empregados polo goberno dos Estados Unidos en circunstancias en que os seus propios recursos cartograficos eran limitados. O mapa do cuarto do presidente Franklin Roosevelt na Casa Branca foi arquivado cos mapas da National Geographic . Un mapa de Europa da National Geographic empregase no museo de Winston Churchill en Londres , e mostra a marca de Churchill na conferencia de Ialta . En 2001, National Geographic lanzou un conxunto de 8 CD-ROM que continan todos os mapas desde 1888 ata decembro de 2000.

Venda dos seus arquivos historicos [ editar | editar a fonte ]

Por mor da crise economica mundial que sacudiu o mundo a finais da primeira decada do seculo XXI, a revista National Geographic decidiu vender os seus arquivos fotograficos que constan de 500000 negativos dos case 11 millons de fotografias , o que constitue o mais grande arquivo fotografico do mundo. [ 3 ]

Debido a que National Geographic optou pola dixitalizacion do seu material fotografico, a pesar da venda dos arquivos fisicos a sociedade conservara os dereitos de publicacion para poder usar estas fotos no futuro. O prezo de venda destas placas fotograficas de caracter prestixioso e exclusivo vai desde os 3000 aos 10000 dolares estadounidenses .

Este material conservabase en camaras refrixeradas nos seus arquivos en Washington . Iniciouse a exposicion dunha coleccion de 150 imaxes que ilustran a humanidade case dende que xomezou a fotografia nunha mostra da Galeria Steven Kasher de Washington. A coleccion chamase "O mundo en branco e negro: Copias clasicas da National Geographic " e algunhas fotografias exhibidas mostrabanse por primeira vez ao publico. Entre estas estaban as imaxes dos Alpes de 1980, Machu Pichu en 1915 e Uganda en 1906.

En outubro de 2009 editou un album de fotografias chamado " National Geographic Image Collection". [ 3 ]

Os administradores pensaban e asumian que seria doloroso desfacerse do material fotografico, mais en tempos de crise economica mundial, as doazons diminuiran levando a buscar medidas para sair dese periodo dificil xa que era unha entidade sen animo de lucro que vivia das doazons , diminuidas pola crise, asi como dos pioneiros aventureiros que financiaban as suas propias expedicions fotograficas e enriquecian o dia a dia da revista. [ 4 ]

Edicions noutros idiomas [ editar | editar a fonte ]

A primeira edicion local de National Geographic noutra lingua foi en xapones , en abril de 1995. Actualmente a revista publicase en 34 linguas diferentes de todo o mundo incluido o ingles como a edicion mundial base.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "National Geographic Fact Sheet" . Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2007 . Consultado o 13 de setembro de 2020 .  
  2. "Disney and 21st Century Fox Announce per Share Value in Connection with $71 Billion Acquisition" (en ingles ) . 19 de marzo de 2019 . Consultado o 17 de xullo de 2019 .  
  3. 3,0 3,1 "Vendera la National Geographic parte de su historico acervo - El Financiero" . Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2018 . Consultado o 2009 .  
  4. "National Geographic abre sus archivos y vende 500.000 negativos - Cultura_Arte - Cultura - ABC.es" . Consultado o 2009 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Roger M. Poole, Explorers House: National Geographic and the World it Made , 2004; reprint, Penguin Press, 2006, ISBN 978-0-14-303593-0
  • Stephanie L. Hawkins, American Iconographic: "National Geographic," Global Culture, and the Visual Imagination , University of Virginia Press, 2010, ISBN 9780813929668 , 264 paxinas
  • Moseley, W.G. 2005. Reflecting on National Geographic Magazine and Academic Geography: The September 2005 Special Issue on Africa African Geographical Review. 24: 93?100.

Ligazons externss [ editar | editar a fonte ]