Montreal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Montreal ≫)
Modelo:Xeografía políticaMontreal
Montreal (fr)
Molian (abe)
Mooniyang (oj)
Tiohtia:ke (mis)
Tiohtiake (mis) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Vista no inverno
Imaxe

Lema Concordia Salus Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Monte Royal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  45°30′32″N 73°33′42″O  /  45.5089, -73.5617 Coordenadas : 45°30′32″N 73°33′42″O  /  45.5089, -73.5617
Estado Canada
Provincia Quebec
Regiao Administrativa (pt) TraducirMontreal (pt) Traducir
Equivalent territory (en) Traduciraglomeracao urbana de Montreal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 1.762.949 (2021) Editar o valor em Wikidata (3.540,06 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 498 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Rio Prairies (pt) Traducir, Rio San Lourenzo , Canle de San Lourenzo , Lago Deux Montagnes (pt) Traducir e Lac Saint-Louis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude 31 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Fundador Paul de Chomedey (pt) Traducir e Jeanne Mance (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creacion 17 de maio de 1642 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataValerie Plante (pt) Traducir (2017?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Conselho Municipal de Montreal (pt) Traducir Circunscricion: 63 , (Escano: 65) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal H Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 514, 438 e 263 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web montreal.ca Editar o valor em Wikidata
BNE: XX453710 GitHub: VilledeMontreal

Montreal (en frances e oficialmente: Montreal ) e a maior cidade da provincia do Quebec , no Canada , a segunda mais populosa do pais, e tamen a segunda cidade francofona mais populosa do mundo. E tamen unha rexion administrativa do Quebec. Situase na illa de Montreal , no rio San Lourenzo . E un dos principais centros industriais, comerciais e culturais de America do Norte .

Montreal posue a segunda maior poboacion francofona do mundo, estando so por detras de Paris . Poren, Montreal tamen posue unha considerabel comunidade anglofona , e un crecente numero de persoas cuxo idioma materno non e nin o frances nin o ingles.

A palabra "Montreal" e a version arcaica, escrita de forma simplificada, de Mont-Royal , un monte localizado na cidade, no centro da illa.

Montreal e un dos centros culturais mais importantes do pais, aloxando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, estan a Juste pour Rire , un dos maiores festivais de comedia do mundo, o Festival de Jazz de Montreal , un dos maiores festivais de Jazz do mundo, e o Grand Prix de Montreal . A cidade, en total, aloxa mais de 70 eventos internacionais por ano. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, a Vieux Montreal , a cidade e considerada a cidade mais europea de America do Norte.

Montreal posue unha das poboacions mellor educadas do mundo, posuindo a maior concentracion de estudantes universitarios per capita de toda America do Norte. A cidade posue 4 universidades -duas delas francofonas e duas delas anglofonas- e 12 facultades . E un centro de industria de alta tecnoloxia -especialmente na area de medicina e na industria aeroespacial.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O lugar onde se levanta a cidade de Montreal era habitado por nativos algonquinos , hurons e iroqueses , durante miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos . Os rios e lagos da rexion estaban cheos de peixes , que servian como alimento aos nativos, alen de servir como rutas de transporte.

O primeiro europeo en pisar na actual cidade de Montreal foi Jacques Cartier , que navegara o Rio San Lourenzo , en 1535 . Tras escoitar rumores nunha aldea iroquesa, onde hoxe esta localizada a cidade do Quebec , de que existia ouro na Illa de Montreal, e impedido de continuar a sua exploracion rio arriba polas Cataratas de Lachine (xeograficamente ao sur de Montreal), Cartier explorou a illa, avistando unha aldea iroquesa, Hochelaga , onde vivian aproximadamente mil nativos. A aldea estaba localizada ao pe do Monte Royal . Cartier enton fincou unha cruz , a primeira dunha serie, en honra ao rei frances Francisco I , que patrocinara a expedicion de Cartier. Para desgraza do navegante frances, o que os nativos describiran como un "metal brillante" non pasaba de ser cuarzo , ou talvez pirita (o ouro dos parvos).

Samuel de Champlain foi a illa de Montreal duas veces, en 1603 e 1611 , case un seculo despois de Cartier. Hochelaga , daquela, xa fora abandonada polos iroqueses.

Colonizacion francesa [ editar | editar a fonte ]

Bosquexo da cidade en 1647

En 1639 , o cobrador de impostos Jerome Le Royer creou unha compania, en Paris , co obxectivo de colonizar a actual illa de Montreal. En 1641 , a compania enviou un grupo de misioneiros cristians, cuxo obxectivo principal era "cristianizar" os nativos locais. En 1642 , o grupo misioneiro, composto por preto de 50 persoas, desembarcou na illa e construiu un forte , establecendo a Vila Maria de Montreal ( Ville Marie de Montreal ).

Os iroqueses atacaron continuamente o forte, esperando destruir o enton rendibel intercambio de peles que os franceses mantinan cos algoquinos e furons, rivais dos iroqueses. A pesar destes ataques, Montreal prosperaba como centro catolico de cambio e venda de peles, ben como unha base central para a exploracion doutras rexions da Nova Francia (rexions da America do Norte parte do imperio frances). No comezo do seculo XVII , a pequena Ville-Marie pasou a ser chamada Montreal. Enton, posuia unha poboacion de aproximadamente 3 500 habitantes.

Colonizacion inglesa [ editar | editar a fonte ]

Montreal en 1784

Montreal foi invadida por forzas inglesas en 1760 , durante a Guerra dos Sete Anos ( 1754 a 1763 ), e pasando definitivamente a estar bajo control britanico en 1763 , dada a decision francesa de manter a illa de Guadalupe , no Tratado de Paris , e cedendo as colonias en America do Norte para o Reino Unido.

Foi ocupada temporalmente polos Estados Unidos durante a guerra da independencia en 1776 . Benjamin Franklin e outros diplomaticos americanos tentaron conseguir o apoio de canadenses francofonos a causa da independencia das 13 colonias americanas contra os britanicos, sen exito. En xuno de 1776 , coa chegada de tropas britanicas, os americanos recuaron.

No inicio do seculo XIX, Montreal posuia aproximadamente 9 000 habitantes, cando inmigrantes vidos da Escocia comezaron a se instalar na cidade. Ainda que constituindo apenas unha pequena porcentaxe da poboacion da cidade, foron esenciais para a construcion do Canal de Lachine , en 1825 , que permitiu a navegacion de grandes navios polo rio, tornando a pequena Montreal nun dos principais centros portuarios de America do Norte. Os pioneiros escoceses tamen crearon a primeira ponte conectando a illa co continente, o primeiro shopping center da cidade, ferrocarris, e o Banco de Montreal , o primeiro banco do Canada, e actualmente un dos maiores bancos do pais.

Foi a capital da provincia colonial do Canada entre 1844 e 1849 , e centro dunha explosion economica que atraeu moitos inmigrantes de lingua inglesa, como irlandeses , escoceses e ingleses . Isto tornou a cidade por un curto periodo de tempo primariamente anglofona, ata a chegada de mais inmigrantes franceses nas decadas de 1840 e 1850 . Este crecemento acelerado fixo de Montreal a maior cidade da America inglesa, e indiscutibelmente a capital economica e cultural do Canada, causando un boom de poboacion: de 1825 a 1850 , a cidade pasou de 16.000 a 50.000 habitantes.

De 1867 a Decada de 1950 [ editar | editar a fonte ]

Palacio da Xustiza do Quebec, 1880 .

O crecemento da cidade, tanto en termos economicos (construcion de industrias e ferrocarris) como de poboacion (a cidade alcanzou os 100.000 habitantes no final da decada de 1860 , dos cales a metade eran de orixe francesa) continuaba. A importancia e a prosperidade economica da cidade aumentou cando se construiu a primeira via ferroviaria transcontinental, conectando Montreal con Vancouver , na Columbia Britanica , e outras cidades importantes no interior. No cambio de seculo, Montreal alcanzara aproximadamente 270.000 habitantes.

Na primeira guerra mundial , na que Canada loitou do lado dos aliados ( Francia , Inglaterra , e, posteriormente, os Estados Unidos), os habitantes anglofonos da cidade apoiaron o goberno, con moitos deles ofrecendose para loitar na guerra. Os habitantes francofonos, con todo, non tiveron o mesmo entusiasmo. En 1917 , con insuficiencia de soldados , o recrutamento forzado de calquera persoa elixibel para loitar na guerra causou revoltas en Montreal, afastando a poboacion anglofona e francofona unha da outra.

Montreal en 1889

Despois da primeira guerra mundial, coa prohibicion de bebidas alcoholicas nos Estados Unidos, Montreal tornouse un paraiso para os norteamericanos na busca de alcohol . A cidade ganou o infame apelido de Sin City (Cidade do Pecado), grazas a venda de bebidas alcoholicas, xogo e prostitucion .

A pesar de ser duramente atinxida pola Gran Depresion economica nos anos 30 , Montreal continuou a desenvolverse, coa construcion de varios ranaceos. Entre eles, o Edificio Sun Life , o mais alto da Commonwealth Inglesa por un longo periodo de tempo.

A segunda guerra mundial e o alistamento forzado de persoas trouxeron novamente problemas de cuno cultural entre anglofonos e francofonos. Desta vez, sen maiores consecuencias que a prision de Camillien Houde , enton prefecto da cidade, que incentivara os habitantes de Montreal a ignorar a causa do goberno canadense na guerra, exhortando ao non alistamento na mesma.

Anos 60 e 70 [ editar | editar a fonte ]

A Biosfera de Montreal, unha das atraccions da antiga Feira Mundial de 1967.

Cara 1950 , a cidade de Montreal alcanzou seu primeiro millon de habitantes. Jean Drapeau foi elixido prefecto da cidade en 1954 , ficando no cargo ata 1957 , e, despois, de 1960 ata 1986 , iniciando grandes proxectos como un sistema de metro , unha cidade subterranea, a expansion da baia portuaria , a inaugurazon do canal hidroviario do Rio San Lourenzo e a construcion de modernos edificios comerciais no centro da cidade.

Montreal foi o centro do crecemento do nacionalismo quebequense , que comezara nos anos 50, e medrou ata o comezo dos anos 70. En 1967 , Montreal foi sede da Expo 67 , unha feira internacional que coincidiu co centenario da independencia canadense. A Expo 67 acabou por ser unha das maiores xa realizadas da historia, alen de ter sido o palco dun famoso discurso do enton presidente frances, Charles de Gaulle , no cal expresaba o seu apoio aos nacionalistas Quebequenses , causando turbulencias nas relacions franco-canadenses.

Montreal organizou os Xogos Olimpicos de Veran de 1976 , o que dividiu profundamente a cidade debido a gastos non controlados e a corrupcion . A debeda continua a ser pagada hoxe en dia.

O maior centro urbano do Canada e principal centro comercial e industrial do pais desde os principios da historia moderna do Canada , Montreal, foi superado, en numero de habitantes e importancia economica, pola cidade de Toronto (Toronto e os seus cinco suburbios da epoca, que actualmente componen a cidade de Toronto), na provincia de Ontario , entre a decada de 1970 e 80 .

O crecemento do nacionalismo Qquebequense tivo como consecuencia a ocorrencia de actos terroristas , cometidos na cidade por extremistas entre 1963 e 1970 . A aprobacion da Lei 101 polo goberno do Quebec, en 1977 , limitando o uso do ingles e outros idiomas distintos ao frances na politica , comercio e nos medios de comunicacion , foron factores decisivos, causando o afastamento de comerciantes e empresas internacionais, que se mudaron principalmente a Toronto, e a diminucion do numero de inmigrantes instalados na cidade.

A cidade celebrou o seu 350º aniversario en 1992 .

Unha illa, unha cidade [ editar | editar a fonte ]

Mapa da cidade de Montreal e os seus 26 distritos antes da fusion do 2001

En 2001 , o Partido Quebeques , enton no goberno da provincia, fundiu as outras 26 cidades que ocupaban a Illa con Montreal, formando unha unica cidade - a cidade de Montreal - baixo o lema Une ile, une ville (Unha illa, unha cidade), a vez que tamen se fusionaban outras cidades do Quebec . Isto foi feito por razons economicas, esperando que as cidades maiores serian mais eficientes en termos economicos, podendo ser mais competitivas con outras cidades canadenses, como Toronto , que se fusionara con outras cinco cidades vecinas en 1998 .

As cidades que existian na Illa de Montreal, unidas nesta fusion eran: Anjou , Baie d'Urfe , Beaconsfield , Cote Saint-Luc , Dollard-des-Ormeaux , Dorval , Hampstead , Ile-Bizard , Ile-Dorval , Kirkland , Lachine , LaSalle , Montreal-Est , Montreal-Nord , Montreal-Ouest , Outremont , Mont-Royal , Pierrefonds , Pointe Claire , Roxboro , Sainte-Anne-de-Bellevue , Sainte-Genevieve , Saint-Laurent , Saint-Leonard , Senneville , Verdun e Westmount .

Poren, como aconteceu noutras fusions fora do Canada, a fusion destas 26 cidades non foi ben aceptada por boa parte da poboacion desas cidades. Complicando ainda mais esta situacion, era a presenza de cidades anglofonas, que se fusionaron coa francofona Montreal. A poboacion destas temia que os seus dereitos non se respectasen con este acto.

En abril de 2002 , o Partido Liberal do Quebec derrotou o Partido Quebeques. De acordo coas promesas electorais, o Partido Liberal concedeu un referendo entre as cidades que se funsionaran con Montreal, votando a favor ou contra a fusion. Tal referendo foi realizado en 20 de xullo de 2004 en 22 das 26 antigas cidades. Seguindo os resultados da votacion, 15 das antigas cidades recuperaron a sua independencia o 1 de xaneiro de 2006 . As cidades que decidiron continuar con Montreal foron Anjou , Ile-Bizard , Lachine , LaSalle , Montreal-Nord , Outremont , Pierrefonds , Roxboro , Saint-Genevieve , Saint-Laurent , Saint-Leonard e Verdun .

Actualidade [ editar | editar a fonte ]

As boas condicions economicas da cidade permitiron avances na infraestrutura da cidade, coa expansion do sistema de metro ata a cidade vecina de Laval e o desenvolvemento dun anel rodoviario en torno da illa de Montreal. A revitalizacion de varios barrios, antes decadentes, tamen esta ocorrendo.

Vista dos ranaceos de Montreal.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Localizacion xeografica [ editar | editar a fonte ]

A cidade localizase na Illa de Montreal, no Rio San Lourenzo, incorporando un total de 74 illas menores localizadas preto da Illa de Montreal. Localizase a 75 km leste da provincia canadense de Ontario, a 150 km leste da capital do pais, Otava e a aproximadamente 200 km suroeste da capital da provincia, a cidade de Quebec . As coordenadas xeograficas de Montreal son 45°28′ Norte e 73°45′ Oeste; a altitude da cidade e de 57 metros, de media, sendo de 23 metros nas marxes do San Lourenzo.

A Illa de Montreal posue 50 quilometros de lonxitude por 16 quilometros de ancho, na sua maxima extension, e unha area de 482,84 km². Por estar nunha posicion diagonal, os habitantes da cidade posuen un xeito atipico de describir direccions na cidade: o norte da cidade corresponde na verdade a direccion nordeste no compas magnetico; o sur da cidade, ao suroeste magnetico, o leste da cidade, ao nordeste magnetico, e o oeste da cidade, ao noroeste magnetico.

Rexion metropolitana [ editar | editar a fonte ]

Montreal e o centro dunha rexion metropolitana que se estende por un raio de aproximadamente 40 km da cidade. A metropole de Montreal e a segunda mais populosa do Canada, e a decima mais populosa de America do Norte .

A Metropole Comunitaria de Montreal ( Communaute Metropolitaine de Montreal ) e o organo publico encargado da organizacion, coordinacion e financiamento de desenvolvemento economico, transporte publico , recollida de lixo etc, nesta rexion metropolitana, que comprende 3 839 km² e posue 3.431.551 habitantes. O presidente da Metropole Comunitaria de Montreal e o prefecto da cidade de Montreal.

As cidades que componen a Rexion Metropolitana de Montreal son:

Na Illa de Montreal [ editar | editar a fonte ]

As seguintes 15 cidades son actualmente parte de Montreal, mais segundo os resultados do referendo de 2004, separanse de Montreal, e tornanse cidades independentes novamente:

A area das 15 cidades sumadas e de aproximadamente 134 km², e a poboacion delas, sumada, e de aproximadamente 160.000 habitantes.

Illas da rexion [ editar | editar a fonte ]

Avenida Mcgill College no centro da cidade.

Marxe norte do Rio San Lourenzo [ editar | editar a fonte ]

Marxe sur do Rio San Lourenzo [ editar | editar a fonte ]

Clima [ editar | editar a fonte ]

Unha escena comun en Montreal, nos dias de inverno .

O clima de Montreal varia bastante, debido a localizacion da cidade nunha area onde adoitan encontrarse grandes frontes de ar, unha vindo do polo norte , e outra, dos Estados Unidos. A inestabilidade do tempo e considerada polos habitantes de Montreal como parte do caracter da cidade.

A precipitacion e abundante na rexion. Aproximadamente caen anualmente na cidade 2,4 metros de neve , e a choiva e abundante ao longo do ano, principalmente no veran , a estacion mais humida da cidade. A remocion de neve das principais ruas e autoestradas da cidade custa a Montreal mais de 50 millons de dolares canadenses por ano.

O clima de Montreal e temperado , con catro estacions ben definidas e variadas. No inverno, a temperatura media da cidade e de -10,4 °C (non incluindo o factor do vento ), con minimas entre -40 °C a -10 °C e maximas entre 0 °C e -25 °C. No veran, a media e de 21 °C, con maximas entre 23 °C a 35 °C.

Administracion [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Montreal e administrada por un prefecto e un Consello, que esta composto por 73 membros, polos 73 distritos diferentes. A poboacion de cada distrito escolle unha persoa, que atuara como representante do distrito no Consello Municipal, por mandatos de 4 anos de duracion. O prefecto da cidade actua como administrador principal do goberno da cidade, supervisando e orientando os varios departamentos da cidade. O Consello discute e aproba diferentes proxectos, asi como o orzamento anual.

Montreal esta dividida en 27 barrios diferentes (non confundir coas 27 antigas municipalidades existentes anteriormente a fusion ocorrida en 2001, eses mesmos numeros son simples coincidencias), que posuen os seus propios consellos, encargados dos problemas do barrio, e de supervisar proxectos municipais realizados na rexion. Os membros de tales consellos rexionais posuen un mandato de dous anos.

Cerca do 40% da renda da cidade proven de impostos cobrados a propiedades . O resto dos fondos municipais provenen de taxas cobradas a estabelecementos comerciais e sobre o consumo de auga , ademais de fondos provenientes da provincia do Quebec.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Montreal e actualmente unha cidade multicultural, mais a cidade e unha excepcion na provincia do Quebec. Mentres que os habitantes de descendencia francesa continuan a sair da cidade para se estableceren en suburbios, ou mesmo noutras cidades da provincia, novos inmigrantes continuan a se establecer na cidade. Mentres boa parte da poboacion de Montreal recibe e acepta cos brazos abertos aos inmigrantes das mais variadas partes do mundo, habitantes doutras partes menos habitadas e mais conservadoras da provincia, mesmo de certos suburbios de Montreal, posuen unha postura mais discriminatoria en relacion a unha sociedade multicultural, o que xera serios problemas de cuno cultural entre Montreal e o resto da provincia.

Poboacion [ editar | editar a fonte ]

Montreal posue preto de 1,8 millons de habitantes (1,6 millons despois da fusion) dentro dos seus limites municipais. A Gran Montreal posue 3.607.000 habitantes, segundo unha estimativa da Centro de Estatisticas do Canada . Os habitantes da cidade son conecidos como Montrealer , en ingles, e Montrealais (persoa do sexo masculino) ou Montrealaise (persoa do sexo feminino), en frances.

Etnias [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Montreal, como noutras grandes cidades canadenses, e unha cidade multicultural, ou sexa, posue unha gran variedade de etnias e culturas diferentes. Xuntamente cos descendentes de franceses e ingleses, coexisten comunidades irlandesas, italianas , xudaicas , gregas , arabes , hispanicas , haitianas e portuguesas .

Mais do 25% (ainda que certas estatisticas eleven ese numero a 50%) da poboacion de Montreal e descendente de dous ou mais grupos etnicos. Os habitantes non nacidos no pais componen o 20% da poboacion da cidade.

Relixion [ editar | editar a fonte ]

A relixion predominante na cidade e o catolicismo (dadas as raices francesas), ainda que elevadas cantidades de protestantes , musulmans e xudeus vivan actualmente dentro da cidade.

O feito de que Montreal fose desde a sua fundacion un centro catolico favoreceu a inmigracion de irlandeses, en grandes cantidades, debido a gran maioria catolica.

Idioma [ editar | editar a fonte ]

A maioria dos habitantes de Montreal posue como idioma materno o frances, principalmente despois que a Lei 101 entrou en vigor nos anos 70. Poren, unha minoria expresiva posue o ingles como idioma materno, e unha crecente cantidade de persoas posue competencia en ambos os idiomas.

O 67,8% dos habitantes da zona metropolitana de Montreal son francofonos, o 18,4% son anglofonos, e o restante 13,8% posuen outro idioma como lingua materna. Unha investigacion realizada en maio de 2004 mostrou que o 53% dos habitantes da cidade falan frances e ingles, o 37% so frances e 7% so ingles.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Desde o seculo XIX ata mediados do seculo XX, a economia da cidade foi dominada por comerciantes e empresas anglofonas, que mantinan seus ambientes de traballo case sempre en ingles, obrigando os habitantes da cidade a dominar esta lingua, en caso de pretender un emprego bo e ben pagado. A Lei 101, con todo, obrigou a todos os estabelecementos e empresas con mais de 50 operarios a manter tamen o frances na area de traballo.

Montreal posue actualmente unha forza de traballo ben experta mais en declive, coa migracion de habitantes da clase media e alta (especialmente francofonos) cara a outras cidades vecinas, e coa entrada de emigrantes doutras partes do Quebec, especialmente de areas rurais, que non posuen experiencia ou educacion para conseguir un bo traballo, tendo unha renda minima, moitas veces insuficiente para cubrir os altos custos de vida na gran cidade.

Comercio e finanzas [ editar | editar a fonte ]

Sendo o maior centro financeiro do pais, Montreal continua a ser un dos principais centros financeiros de America do Norte. As suas raices bilingues e a sua posicion estratexica en America do Norte atraen empresas interesadas en traballar no continente norteamericano, especialmente, companias francesas, dando a Montreal un acceso especial ao mercado frances e europeo.

Importantes empresas, tanto companias canadenses localizadas na cidade, como companias doutros paises que escolleron a cidade como principal sede no pais ou mesmo no continente, posuen os seus cuarteis xerais na cidade, como a Air Canada , a IBM Canada e a Bombardier . Montreal e o segundo centro economico de lingua francesa mais importante do mundo.

A bolsa de valores da cidade ( Bourse de Montreal ), creada en 1874 , a primeira do Canada e a principal do pais ata 1999 , foi superada pola bolsa de valores de Toronto. Agora, esta especializada no cambio e venda de derivatives (contratos de investimento).

Outra importante fonte de renda da cidade e o turismo .

Industria [ editar | editar a fonte ]

O porto hidroviario de Montreal, co centro da cidade ao fondo.

Cerca de 5 000 fabricas instaladas en Montreal empregan preto do 25% da forza de traballo da cidade. Montreal e un centro de industria farmaceutica, de alta tecnoloxia , textil e de manufactura de roupas . Produce tamen produtos electronicos, equipamentos de transporte e de telecomunicacion , alimentos industrializados, e e un centro de procesamento de tabaco .

A rexion metropolitana de Montreal e un dos principais centros aeroespaciais do mundo, onde esta localizada a maioria das fabricas da Bombardier , empregando milleiros de traballadores. A IATA (Asociacion Internacional de Transportes Aereos) e a CAE (produtora de simuladores de voo) tamen estan localizadas na cidade.

Refinarias de petroleo instaladas na cidade producen boa parte da gasolina do pais. A cidade tamen e un forte centro de procesamento de alimentos, grazas a sua localizacion na provincia, unha das rexions mais fertiles do pais.

Medios de comunicacion [ editar | editar a fonte ]

Montreal posue 28 estacions de radio (17 en frances, 10 en ingles e 1 bilingue), 9 estacions de television (5 en frances e 4 en ingles), 4 xornais diarios (3 en frances e 1 en ingles), alen doutros xornais, publicados semanalmente, en frances, ingles e outros idiomas.

Os tres xornais diarios en frances son La Presse , Le Journal de Montreal e Le Devoir . Le Journal de Montreal e o xornal de maior circulacion no Quebec, e tamen e o xornal francofono de maior circulacion en America do Norte.

A Montreal Gacette e o unico xornal diario publicado en ingles na cidade, e, sendo publicada por primeira vez en 1778 , e tamen o xornal mais antigo da cidade.

Puntos de interese [ editar | editar a fonte ]

Parque de Mont Royal.
Vista da rue Sainte-Catherine .
O Palais des Congres de Montreal.

Montreal e o terceiro maior polo turistico do Canada, so superado por Vancouver e Toronto . Anualmente, a cidade e visitada por millons de turistas.

Barrios [ editar | editar a fonte ]

  • O centro financeiro da cidade, cos seus varios predios modernos. O edificio Ville-Marie, un dos mais altos da cidade cos seus 188 metros de altura forma o nucleo da cidade subterranea de Montreal, onde esta localizada o maior shopping center subterraneo do mundo (con mais de 1.600 comercios).
  • A Vieux Montreal (Vella Montreal), un centro historico con atraccions como o Porto antigo da cidade, o edificio Jacques-Cartier e a Basilica Notre-Dame de Montreal .
  • O Quartier international de Montreal , ou QIM (Quartier Internacional de Montreal), unha area no centro da cidade que foi revitalizada entre 2000 e 2001 . Posue varias prazas, e e onde esta localizado o centro de convencions da cidade (ver abaixo).

Parques [ editar | editar a fonte ]

Montreal posue centenas de parques e areas verdes dentro da cidade e nas varias illas cercando a illa de Montreal. Entre as mais famosas estan:

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Ruas [ editar | editar a fonte ]

  • A rue Sainte-Catherine e unha rua comercial que atrae moitos turistas, debido aos seus comercios, teatros e restaurantes .
  • A Boulevard Saint-Laurent , a principal avenida de Montreal, a que corta nun sentido norte-sur, e unha mostra da variedade cultural da cidade, onde se localizan comercios, restaurantes e comunidades portuguesas, gregas, xudaicas, rusas, ucrainas e latinoamericanas. Alen diso, a rua corta o centro financeiro, a Chinatown e a Pequena Italia (centro comunitario de italianos) da cidade.
  • A rue Sherbrooke , con suas tndas luxosas e as suas galerias de arte .
  • Boulevard Rene-Levesque , o centro financeiro da cidade, onde a maior parte dos ranaceos da cidade estan localizadas.

Outros [ editar | editar a fonte ]

  • O estadio olimpico , inaugurado en 1976 , que posue a maior torre inclinada do mundo, cos seus 170 metros de altura.
  • A arquitectura de moitos dos edificios de apartamentos de dous a catro andares da cidade caracterizase pola presenza de escadas fora do edificio, co obxectivo de economizar espazo interno.
  • O Palais des Congres , o centro de convencions da cidade, localizado no Barrio Internacional de Montreal (QIM). Foi construido antes da revitalizacion do QIM.
  • Montreal e un dos maiores centros homosexuais da America do Norte , posuindo unha das maiores vilas gais do continente. O seu festival de Orgullo Gai e o segundo maior de America do Norte, so por detras do realizado en Toronto .

Educacion [ editar | editar a fonte ]

Escolas [ editar | editar a fonte ]

Existen dous sistemas publicos de educacion na cidade, un encargado de atender alumnos cuxo idioma materno e o frances, e outro para atender alumnos primariamente anglofonos. Os pais tamen poden optar por deixar os seus fillos no sistema catolico de ensino, que e subsidiado polo municipio.

A taxa de alumnos estudando en escolas particulares na cidade e a maior do Canada: aproximadamente un 24% dos alumnos residentes en Montreal estudan en escolas privadas.

Bibliotecas [ editar | editar a fonte ]

O sistema bibliotecario de Montreal componse dunha biblioteca central, e outras menores ao redor da cidade. En tanto que a maioria das edicions de enciclopedias e outros libros importantes son franceses, outras coleccions, libros e revistas poden ser atopadas en ingles e mesmo noutros idiomas, das cales as mais comuns son en italiano , chines , portugues (de Portugal ), espanol e en arabe , entre outros.

Sistema universitario [ editar | editar a fonte ]

Montreal posue a maior poboacion universitaria per-capita de America do Norte, debido as suas catro universidades, sendo duas delas altamente reconecidas: a Universidade McGill (que ensina en ingles) e a Universidade de Montreal (que ensina en frances). Outras universidades na rexion metropolitana de Montreal son a Universidade Concordia , e na cidade vecina de Longueuil , a Universite de Sherbrooke a Longueuil . Montreal posue tamen varias facultades .

Deportes [ editar | editar a fonte ]

Estadio olimpico de Montreal

O deporte mais famoso e practicado na cidade e o hockey . Alen do estadio olimpico , a cidade posue un circuito de Formula 1 , o Circuito Gilles Villeneuve .

Os principais equipos da cidade son:

Transportes [ editar | editar a fonte ]

Montreal e o maior polo de estradas, ferroviario e portuario do Canada, asi como o terceiro con mais movementos aeroportuarios do pais, co Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau .

Transporte publico [ editar | editar a fonte ]

O transporte publico de Montreal e un dos mais eficientes de America do Norte.

O organo publico encargado de administrar o sistema de transportes publicos de Montreal e a Societe de Transport de Montreal ( STM , Sociedade de Transportes de Montreal). Son un total de 361 linas de autobus , alen de sistema de metro que posue 64 quilometros de lonxitude e 65 estacions, todas con acceso a linas de autobus. O sistema de transportes publicos de Montreal e totalmente integrado, como e habitual no Canada, e en moitas cidades dos Estados Unidos.

As estacions de metro da cidade son obras de artes conecidas na cidade.

As estacions de metro de Montreal son verdadeiras obras de arte, grandes, usando de artificios artisticos como estatuas , pinturas e arquitectura , que lle renderon o apelido de As maiores obras de arte subterranea do mundo . De feito, todo o sistema de metro de Montreal fica abaixo do solo, co obxectivo de maximizar a temperatura dentro das estacions nos dias rigorosos de inverno .

Ferrocarril [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Montreal e o principal centro ferroviario do Canada, debido ao seu porto de grandes dimensions e a sua localizacion estratexica no continente. A cidade e un punto de conexion para o transporte de cereais , azucre , derivados de petroleo , maquinaria e produtos acabados, obxectos de comercio non soamente con outras cidades canadenses, como tamen con cidades do interior do nordeste dos Estados Unidos. Cinco pontes ferroviarias conectan a illa de Montreal co continente.

Porto de Montreal [ editar | editar a fonte ]

O porto de Montreal estendese ao longo de 15 quilometros na marxe surdeste do rio San Lourenzo, tanto servindo a grandes navios oceanicos de gran porte como a navios menores adaptados para uso nos Grandes Lagos . Move preto de 23 millons de toneladas de carga anualmente. Montreal e un dos principais centros portuarios de America do Norte, e o segundo do Canada, so por detras do porto de Vancouver .

Vias publicas [ editar | editar a fonte ]

Vista do porto de Montreal.

Montreal e unha cidade ben servida por estradas, con seis autoestradas nacionais conectando a cidade a outras cidades canadenses, e aproximadamente 85 km de autovias cortando a cidade. Outros 60 km de autovias estan localizadas nas inmediacions da cidade. Esta conectada coas cidades vecinas a traves de 4 pontes, en direccion a marxe sur do San Lourenzo, 6 en direccion a Laval , e 2 en direccion a marxe norte do San Lourenzo.

A pesar disto, a cidade posue problemas de transito, consecuencia do gran trafico de vehiculos procedentes dos suburbios, principalmente de Longueuil , onde a anchura do Rio San Lourenzo torna a construcion de pontes cara e dificil.

Aeroportos [ editar | editar a fonte ]

Aeroporto Internacional Pierre-Elliott-Trudeau

Montreal esta servida polo Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau , localizado na cidade vecina de Dorval , atendendo principalmente a voos de pasaxeiros, e polo Aeroporto Internacional Montreal-Mirabel , localizado a preto de 50 km do centro financeiro de Montreal, na cidade de Mirabel , que atende primariamente a voos de carga aerea.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  • As flores na bandeira e no selo da cidade son simbolos de Francia, de Inglaterra, Escocia e Irlanda.
  • O nome da cidade orixinase de Mont Royal , o monte onde Jacques Cartier fincara unha cruz no cumio, e que o navegador nomeou en homenaxe ao Rei que o patrocinara, Francisco I . Finalmente, o nome do monte pasaria a ser asociado tamen coa cidade.
  • O nome oficial da cidade e Montreal , segundo o goberno do Canada e do Quebec , debendo aparecer acentuado , en todos os materiais impresos no pais, sexa en ingles ou en frances. Poren, acostumase omitir o acento en materiais anglofonos, mentres que os materiais francofonos mantenen a acentuacion.

Suburbios de Montreal [ editar | editar a fonte ]

  Norte: Laval , Terrebonne , Repentigny , Boisbriand , Ste-Therese , Blainville , St-Eustache  
Oeste: Dorval , Vaudreuil-Dorion , Ile-Perrot , Pincourt , Pointe-Claire Montreal Leste: Longueuil , Boucherville
  Sur: Kahnawake , Brosard , Candiac , Chateauguay  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]