한국   대만   중국   일본 
McDonnell Douglas F-4 Phantom II - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

McDonnell Douglas F-4 Phantom II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F-4 Phantom II
Tipo cazabombardeiro
Fabricante McDonnell Douglas
Primeiro voo 27 de maio de 1958
Introducido 30 de decembro de 1960
Estado activo
Producion 1958 - 1981
Unidades construidas 5.195

O McDonnell Douglas F-4 Phantom II e un cazabombardeiro supersonico bipraza de longo alcance producido para as forzas armadas dos Estados Unidos por McDonnell Douglas. Entrou en servizo en 1960 como o primeiro interceptor moderno embarcado para a Armada dos Estados Unidos . Demostrando unha gran capacidade de adpatacion tamen foi adoptado polo Corpo de Marines e pola Forza Aerea , convertendose cara mediados dos anos 60 no principal avion das suas respectivas unidades aereas.

O Phantom e un caza que pode acadar unha velocidade de Mach 2,2 e pode cargar 8.400 kg de armas en nove soportes externos, incluidos misiles aire-aire e aire-terra e varios tipos de bombas. O F-4, ao igual que outros interceptadores da sua epoca, foi desenado sen un canon interno, pero os ultimos modelos incorporaron un canon rotatorio M61 Vulcan. A comezos de 1959 bateu 15 recodrs mundiais de comportamente en voo, incluidos un record de velocidade absoluta e outro de altitude absoluta.

O F-4 foi usado extensamente durante a Guerra do Vietnam , sendo o principal caza de superioridade aerea da Marina e da Forza Aerea estadounidense, ademais de ser un importante avion de ataque ao chan e reconecemento nas ultimas etapas da guerra. O Phantom ten a distincion de ser o derradeiro caza dos Estados Unidos que conseguiu a categoria de as no seculo XX . Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de radar que tamen o conseguiron, convertendose en ases no combate aereo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos substituido por avions mais modernos como o F-15 Eagle e o F-16 Fighting Falcon na Forza Aerea; o Grumman F-14 Tomcat e o F/A-18 Hornet na Marina; e o F/A-18 no Corpo de Marines.

O F-4 Phantom II continuou en servizo nos Estados Unidos como avion de reconecemento e "Wild Weasel" (supresion das defensas aereas inimigas) na Guerra do Golfo de 1991 , sendo finalmente retirado en 1996 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O F-4 Phantom II foi concibido como un interceptador de longo radio de accion para a Marina dos Estados Unidos, pero tamen con capacidade de proporcionar apoio en accions de ataque a terra, a Infantaria de Marina. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en 1953 , coa intencion de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Marina.

Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revision do seu caza naval F3H Demon , buscando ampliar as suas capacidade e mellorar as suas caracteristicas. A compania desenvolveu varios proxectos, incluido unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A version impulsada polos J79 prometia unha velocidade de Mach 1.97. O 19 de setembro dese ano, McDonnell propuxolle a Marina dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avion debia ser modular; cun ou dous asentos para distintas misions, con diferentes conos no morro para levar radar, camaras fotograficas, catro canons de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de ancoraxe para armas baixo a fuselaxe e as as. A marina estivo suficientemente interesada como para ordenar unha maqueta en tamano real do F3H-G/H, pero sentiu que os proximos Grumman XF9F-9 e Vought XF8U-1 tamen poderian satisfacer a necesidade dun caza supersonico.

Un F4H-1F no USS Independence

O deseno de McDonnell foi polo tanto revisado para convertelo nun cazabombardeiro todo-tempo con 11 soportes externos, e o 18 de outubro de 1954 a compania recibiu unha carta pedindo dous prototipos do YAH-1. O 26 de maio de 1955 catro oficiais da Marina chagaron as oficinas de McDonnell offices e, despois dunha hora, presentaronlle a compania un novo conxunto de requisitos. Debido a que a Marina ainda tina o Douglas A-4 Skyhawk para ataque a terra e o F-8 Crusader como caza, o proxecto agora tina que cumprir coa necesidade dun interceptador para a frota todo-tempo. Un segundo tripulante foi engadido para operar o potente radar.

Prototipo XF4H-1 [ editar | editar a fonte ]

O XF4H-1 foi desenado para levar catro misiles guiados por radar AAM-N-6 Sparrow III semi-empotrados, e para ser impulsado por dous motores J79-GE-8. Ao igual que no McDonnell F-101 Voodoo , os motores instalaronse na parte baixa da fuselaxe para maximizar a capacidade interna de combustible e a inxesta de aire a traves das tomas de xeometria fixa. A delgada a tina un bordo de ataque de 45° e estaba equipada cun sistema de control das suas zonas limite para mellorar o seu manexo a velocidades baixas.

As probas no tunel de vento revelaron unha inestabilidade lateral que requiria un engadido de 5° de diedro as as. Para evitar redesenar a seccion central de titanio do avion, os enxeneiros de aumentaron o angulo so das partes externas das as 12º, que facian unha media dos 5º requiridos para toda a envergadura. As as tamen recibiron a distintiva forma "dogtooth" (dente de can) para mellorar o control en angulos de ataque altos. Os estabilizadores completamente mobiles tinan un angulo de 23º para mellorar o control a angulos de ataque altos mentres que se mantinan fora da zona de expulsion de gases do motor. Ademais, as tomas de aire estaban equipadas con ramplas movibles para regular o fluxo de aire cara aos motores a velocidades supersonicas. A capacidade de interceptador todo-tempo foi conseguida grazas ao radar AN/APQ-50. Para poder operar en portaavions, o tren de aterraxe desenouse para soportar aterraxes cunha taxa de caida de 7 m/s, mentres que a pata do morro podia estenderse uns 50 cm para incrementar o angulo de ataque na engalaxe.

O 25 de xullo de 1955 , a Marina pediu dous XF4H-1 de probas e cinco YF4H-1 de pre-producion. O Phantom realizou o seu priemro voo o 27 de maio de 1958 con Robert C. Little nos controis. Un problema hidraulico impediu a retraccion do tren de aterraxe, pero os seguintes voos transcorreron sen problemas. Tras as primeiras probas tiveron que redesenarse as tomas de aire, incluindo a distintiva adicion de 12.500 buratos para "purgar" o aire limite de movemento lento da superficie de cada rampla das tomas. O avion pronto se enfrontou co XF8U-3 Crusader III . Debido a carga de traballo do operador a Marina queria un avion con dous asentos, polo quen o 17 de decembro de 1958 o F4H foi declarado ganador. Atrasos cos motores J79-GE-8 fixeron que o primeiro exemplar de producion se equipase con motores J79-GE-2 e ?2A. En 1959 , o Phantom comezou as probas de idoneidade en portaavions, realizando o primeiro ciclo completo de lanzamento-recuperacio o 15 de febreiro de 1960 no USS Independence .

Houbo propostas para chamar ao F4H "Satan" e "Mithras", o deus persa da luz. Finalmente o avion recibiu un nome menos controvertido, "Phantom II" (o primeiro "Phantom" fora outro caza de McDonnell, o FH-1 Phantom ). O Phantom II recibiu brevemente a designacion F-110A e o nome "Spectre" pola USAF, pero ese nome nunca foi usado.

Producion [ editar | editar a fonte ]

Nas priemiras etapas da producion, o radar foi actualizado ao mais grande AN/APQ-72, que requiria un nariz bulboso, e a copa foi revisada para mellorar a visibilidade e facer a cabina posterior menos claustrofobica. Durante a sua carreira o Phantom sufriu numerosos cambios na forma das distintas variantes desenvolvidas.

A USAF recibiu Phantoms como resultado da presion do secretario de defensa Robert McNamara para crear un caza unificado para todas as ramas do execito. En xaneiro de 1962 a USAF pediu prestados dos F-4B navais e desenvolveu requirimentos para a sua propia version. A diferenza que a Marina, que se centrara na intercepcion, a USAF emfatizou o seu rol de cazabombardeiro. Coas unificacion de designacions de McNamara o 18 de setembro de 1962 , o Phantom coverteuse no F-4, designandose a version naval F-4B e a da USAF F-4C. O primeiro exemplar para a Forza Aerea voou o 27 de maio de 1963 , pasando de Mach 2 no seu voo inaugural.

A producion do Phantom II nos Estados Unidos rematou en 1979 , despois de que fosen fabricados 5.195 exemplares (5.057 por McDonnell Douglas e 138 no Xapon por Mitsubishi ). Deles, 2.874 foron para a USAF, 1.264 para a Marina e os Marines, e o resto para outros paises. Os ultimos avions construidos nos Estados Unidos foron marcados por Turquia , mentres que os derradeiros F-4 fabricados remataronse en 1981 como F-4EJ por Mitsubishi Heavy Industries. No ano 2008 , 631 Phantoms ainda permanecian en servizo activo en todo o mundo, mentres que nos Estados Unido era usado unicamente como obxectivo non tripulado.