한국   대만   중국   일본 
Mar de Scotia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mar de Scotia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Scotia
Localizacion administrativa
Estado Arxentina (en parte, en litixio co Reino Unido)
Reino Unido Reino Unido (en litixio coa Arxentina)
Tratado Antartico (excepto mar a fora)
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Atlantico - Oceano Antartico
Continente Suramerica - Antartida
Illa/s Antillas do Sur ( illas Aurora , Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur , Orcadas do Sur e illas Piloto Pardo )
Xeografia
Mares contiguos Mar de Hoces , mar Arxentino e mar de Weddell
Subdivisions Conca Occidental e conca Oriental
Caracteristicas
Superficie 900.000 km²
Profundiade maxima 5 840 m
Profundidade media 4 500 m
Mapa

Mar de Scotia como parte do oceano Antartico .

Localizacion do mar de Scotia

O mar do Scotia ou mais frecuentemente mar de Scotia (tamen denominado mar das Antillas do Sur ) e o nome que recibe unha area maritima situada maiormente no oceano Atlantico Sur e o seu sector mais meridional no oceano Glaciar Antartico . O mar de Scotia achase encerrado polo arco das Antillas Austrais tamen chamado arco de Scotia [ 1 ] desde o banco Burdwood ou Namuncura cara as illas Aurora (Corvo marino e Rocha Negra), Xeorxia do Sur , as rochas Clerke , Sandwich do Sur , Orcadas do Sur e Shetland do Sur , limitando polo oeste co mar de Hoces , ao noroeste co mar Arxentino e ao sur co mar de Weddell . As suas illas (as Antillas do Sur ) son as cuspides do volcanico Arco das Antillas Austrais , cordilleira maiormente submarina que delimita polo norte, leste e sur ao mar de Scotia.

O mar de Scotia cobre unha area duns 900 000  km² , atopandose sumariamente dividido en dous sectores: a conca Occidental e a conca Oriental, ambas as concas abarcan extensions similares e posuen a sua superficie submarina bastante anfractuosa con profundidades media de 4500 metros correspondentes a placa tectonica Scotia . Con todo, as maiores profundidades ou simas situanse na conca occidental uns 200 km ao sur do banco Namuncura cara a, aproximadamente, as coordenadas 55°35'S/57°58'W; nesa zona a profundidade alcanza os 5840 metros baixo o nivel do mar (vexase Fosa das Sandwich do Sur ).

O mar de Scotia e frecuentemente tormentoso e frio, as suas augas frias son ricas en vida marina existindo grandes bancos de krill . Durante os invernos , gran parte da sua superficie conxelase e cobrese con banquisa procedente da inlandsis da Antartida , mesmo no veran e frecuente a presenza de grandes icebergs ou tempanos.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Este mar recibe o seu nome desde 1932, logo de que o navio Scotia , insignia da Expedicion Antartica Nacional Escocesa a Antartida sucase as suas augas entre 1902 e 1904 , ao mando do explorador escoces William S. Bruce . E de notar que tal expedicion, como o seu nome indica e ao mando dun dos integrantes dun dos mais importantes clans da historia de Escocia, buscou poner distancia politica historica do Reino Unido e do Estado dominante en tal reino: Inglaterra. Por tal motivo deuse o nome de Scotia ( Escocia en latin ) a nave insignia e logo ao mar que explorase. Mais ainda, Bruce fundou a base das illas Orcadas do Sur, a cal en lugar de ser entregada ao Reino Unido ou a Inglaterra foi doada a Arxentina en 1904 (tal base e o establecemento humano permanentemente habitado mais antigo dentro do sector antartico).

Xeopolitica [ editar | editar a fonte ]

Na Arxentina , o mar do Scotia adoita ser reivindicado como unha extension do mar Arxentino , sendo este un dos motivos polo cal a republica Arxentina reclama a soberania sobre os territorios que nel se situan.

Sismo de 2006 [ editar | editar a fonte ]

Baixo as augas do mar do Scotia interactuan as placas tectonicas suramericana e antartica . O mesmo fondo do mar do Scotia esta constituido por unha pequena placa satelite da suramericana: a placa do Scotia que, xunto a microplaca tectonica das Sandwich do Sur, se afunde baixo a placa antartica na fosa das Sandwich do Sur . Por iso non son tan estranos os movementos teluricos como o ocorrido o 20 de agosto de 2006 (e a hora 0341 GMT ). Ocorreu un terremoto e subsecuente maremoto cunha magnitude de 7,1 na escala de Richter . O punto exacto do epicentro foi nas coordenadas 61.011°S, 34.375°O e a unha profundidade de 10 km. [ 2 ]

Sismo de 2013 [ editar | editar a fonte ]

Un sismo de 7.8 graos de magnitude rexistrouse no mar de Scotia as 06:04 do 17 de novembro (hora e data local), a unha profundidade de 10 km e cunha intensidade na escala de Mercalli de IX. [ 3 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]