한국   대만   중국   일본 
Malnutricion - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Malnutricion

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Malnutricion
Clasificacion e recursos externos
Nenos malnutridos durante a fame do Nixer en 2005 .
ICD-9 263.9
eMedicine ped/1360
MeSH D044342
Aviso médico.
Aviso medico.
Advertencia: A Wikipedia non da consellos medicos .
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consultello ao medico.

A malnutricion e o estado que aparece como resultado dunha dieta desequilibrada, na cal hai nutrientes que faltan, ou dos cales hai un exceso, ou cando a inxesta se da na proporcion erronea. Pode ter como causa tamen a sobrealimentacion. [ 1 ]

A Organizacion Mundial da Saude define a desnutricion como a maior ameaza individual a saude publica mundial. [ 2 ] A mellora da nutricion e vista de modo amplo como a forma de axuda mais efectiva. [ 2 ] [ 3 ] Entre as medidas de emerxencia para aliviar a malnutricion encontrase a achega dos micronutrientes deficitarios a traves de sobres de po fortalecido, ou mediante crema de cacahuete , ou directamente a traves dos suplementos . O modelo de alivio da fame seguido por diferentes axencias humanitarias demanda de modo cada vez mais frecuente a subministracion de vales ou dineiro en metalico as persoas malnutridas ou que sofren unha situacion de fame, de modo que poidan comprar o alimento aos agricultores locais en vez de adquirir comida de paises doadores, xa que esta segunda opcion supon un gasto ineficaz de dineiro ou de transporte.

Entre as medidas a longo prazo para solucionar a desnutricion esta o investimento en agricultura moderna naqueles lugares nos que se produce unha falta desta, e isto a traves do desenvolvemento dos fertilizantes e da irrigacion , medios que en gran medida permitiron erradicar a fame no mundo desenvolvido. Non obstante, os programas do Banco Mundial adoitan restrinxir os subsidios publicos dos gobernos locais aos agricultores e o uso de fertilizantes e contestado por alguns grupos de defensa do medio ambiente .

Efectos [ editar | editar a fonte ]

Mortalidade [ editar | editar a fonte ]

Segundo Jean Ziegler (Relator Especial de Nacions Unidas en Dereito ao Alimento densde 2000 ata marzo de 2008), a mortalidade causada pola desnutricion representou o 58% da mortalidade total de 2006. En 2006, mais de 36 mil persoas morreron de fame ou de enfermidades derivadas de deficits en micronutrientes.

Segundo a Organizacion Mundial da Saude, a desnutricion e de lonxe a maior causa de mortalidade infantil , presenta a metade de todos os casos. Seis millons de nenos morren de fame cada ano. Os nacementos con peso baixo e restricions intrauterinas causan 2,2 millons de mortes infantis ao ano. A limitada ou inexistente lactacion causa outros 1,4 millons. Outras deficiencias, como a falta de vitamina A ou zinc , por exemplo, representan un millon. A malnutricion nos primeiros dous anos de vida e irreversibel. Un neno malnutrido crece cun estado de saude e logros educativos menores. En xeral, os seus propios fillos tamen tenden a ser mais pequenos. Anteriormente, a malnutricion viase como algo que exacerbaba os problemas de enfermidades como o sarampelo , pneumonia e diarrea . Actualmente, considerase que a malnutricion realmente e a causa desas enfermidades tamen, pode ser fatal por ela mesma.

Causas [ editar | editar a fonte ]

A malnutricion incrementa o risco de infeccion e de enfermidades infecciosas . Por exemplo, e un factor de risco importante no comezo da tuberculose activa. En comunidades ou areas nas que se produce ausencia de auga potabel apta para o consumo humano, estes riscos adicionais a saude presentan un problema critico. A diminucion da enerxia e un funcionamento danado do cerebro tamen forman parte da espiral restritiva da malnutricion, dado que suas vitimas son menos capaces de levar a cabo os labores necesarios para adquirir alimento, ganar un soldo ou recibir unha educacion.

Psicoloxicos [ editar | editar a fonte ]

A malnutricion, na forma de deficiencia de iodo , e a "forma prevenibel mais comun de danos mentais en todo o mundo". Mesmo a deficiencia de iodo moderada, especialmente en mulleres embarazadas e nenos, reduce a intelixencia entre 10 e 15 puntos I.Q., eliminando un incalculabel potencial para o desenvolvemento dun pais.

Cancro [ editar | editar a fonte ]

O cancro e actualmente comun nos paises en desenvolvemento. Segundo un estudo da Axencia Internacional para a Investigacion do Cancro, "no mundo en desenvolvemento, o cancro de figado , estomago e esofago eran mais comuns, con frecuencia vinculados ao consumo de alimentos cancerixenos, como a comida afumada ou salgada, e a infeccions de parasitos que atacan organos". As taxas de cancro de pulmon aumentan rapidamente nos paises mais pobres como consecuencia do aumento do uso do tabaco . Os paises desenvolvidos "tenderian a ter cancros relacionados cun "estilo de vida occidental" ( colon, recto , mama e prostata ) que poden ser causados pola obesidade , a falta de exercicio, a dieta e a idade.

Hiponatremia [ editar | editar a fonte ]

A toma excesiva de auga, sen recuperacion de sales de sodio e potasio , leva a hiponatremia , o que pode consecutivamente conducir a hiperhidratacion a niveis perigosos. Un caso conecido ocorreu en 2007, cando Jennifer Strage morreu participando nun concurso de beber auga. De modo mais comun, esta situacion dase durante competicions de resistencia en longas distancias (como maraton e triatlon ) e causa relaxacion mental, dor de cabeza , febleza e confusion. En casos extremos, pode levar ao coma, convulsions e a morte.

Causas da malnutricion [ editar | editar a fonte ]

Entre as principais causas da malnutricion encontranse a pobreza e os prezos dos alimentos, as practicas alimenticias e a produtividade agricola, sendo multitude de casos individuais causados por unha mestura de varios factores. A malnutricion pode ser tamen por outras cuestions sanitarias como enfermidades diarreicas ou enfermidades cronicas, especialmente a pandemia de VIH/sida , ou a malnutricion clinica, como no caso da caquexia.

Pobreza e prezo dos alimentos [ editar | editar a fonte ]

A escaseza de alimentos pode ser un factor que contribua a malnutricion en paises con falta de tecnoloxia. A FAO estima que o 80% de nenos malnutridos viven no mundo en desenvolvemento, en paises que a pesar diso producen suficientes superavits de alimento como para alimentalos. O economista Amartya Sen observou que, en decadas recentes, a fame tina sempre que ver con problemas de distribucion do alimento e/ou pobreza, ainda que houbese suficiente alimento para alimentar a toda a poboacion no mundo. Estableceuse que a malnutricion e a fame estaban especialmente relacionados con problemas na disponibilidade e distribucion de alimentos, asi como co poder adquisitivo. Argumentouse que a especulacion con materias primas incrementou o custo da comida. Cando a burbulla inmobiliaria nos Estados Unidos estaba colapsando, afirmouse que trillons de dolares se dirixiron a investimentos en alimentos e materias primas, o que provocou a crise alimentaria mundial de 2007-2008. A utilizacion de biocombustibles como relevo para os combustibles tradicionais tamen pode ter como efecto a diminucion da oferta de alimento e o incremento do prezo dos alimentos. O relator especial de Nacions Unidas no dereito ao alimento, Jean Ziegler, propon que os refugallos agricolas, e non os propios cultivos, sexan utilizados como combustible.

Practicas alimenticias [ editar | editar a fonte ]

A falta de lactacion pode derivar en malnutricion en nenos. As posibeis causas deste problema no mundo en desenvolvemento podense deber a que a familia media pensa que o leite embotellado e mellor para a alimentacion dos bebes. A OMS di que as nais abandonan a lactacion porque non saben como facer que o seu bebe mame correctamente ou porque sofren molestias ou incomodidades. Basear de xeito excesivo a dieta dunha persoa nunha soa fonte de alimento, como no caso dunha alimentacion baseada case exclusivamente na inxesta de millo ou arroz , pode provocar malnutricion. Isto podese deber tanto a falta de educacion sobre unha alimentacion axeitada, como ao feito de ter so unha fonte de alimento disponibel. Adoitase pensar na malnutricion so en termos de fame, se ben a sobrealimentacion e un factor que contribue a ela tamen. En multitude de lugares do mundo existe un acceso a un superavit de comida non nutritiva, o que se engade a estilos de vida sedentarios . Isto desembocou nunha epidemia de obesidade. E iso non so no mundo desenvolvido, senon tamen en paises en desenvolvemento que viron crecer os seus ingresos.

Produtividade agricola [ editar | editar a fonte ]

A escaseza de alimentos pode estar causada pola falta de avances agricolas como a rotacion de cultivos , ou a falta de tecnoloxia ou recursos necesarios para aumentar os rendementos agricolas que se encontran na agricultura moderna, como os fertilizantes de nitroxeno , os pesticidas ou a irrigacion. Como resultado da pobreza xeneralizada, os agricultores non poden asumir o custo destas tecnoloxias nin os seus gobernos podenllas subministrar. Isto fai que sua producion agricola sexa baixa, os seus salarios escasos e os prezos dos alimentos inasequibeis.

Ameazas futuras [ editar | editar a fonte ]

Existe un numero de potenciais ameazas a oferta alimentaria global que poderian provocar o aumento xeneralizado da malnutricion. O cambio climatico e de grande importancia para a seguridade alimentaria. De acordo cos ultimos informes do IPCC, o incremento da temperatura e "moi probabel" nas zonas climaticas dos subtropicos e dos tropicos , onde vive o 95% da poboacion mundial. Mesmo cambios moi leves na temperatura poden provocar incrementos na frecuencia de cambios extremos das condicions climaticas. Estes tenen un impacto moi significativo na producion agricola e na nutricion. Mesmo sen aumentos dos eventos climaticos extremos, un simple incremento da temperatura reduce a produtividade de multitude de variedades de cereal , diminuindo ao mesmo tempo a seguridade alimentaria na rexion onde iso ten lugar. O problema de colapso de colonias e un fenomeno no cal as abellas morren en gran numero. Dado que hai multitude de cultivos en todo o mundo que son polinizados por abellas, isto representa unha ameaza moi importante para a oferta de alimentos. Unha epidemia de oxido sobre o trigo causada pola cepa Ug99 estase desenvolvendo actualmente en toda Africa e Asia e temese que poderia acabar con mais do 80% dos cultivos de trigo do mundo.

Epidemioloxia [ editar | editar a fonte ]

En 2010, habia 925 millons de persoas malnutridas no mundo, un incremento de 80 millons desde 1990, [ 4 ] [ 5 ] a pesar do feito que o mundo produce suficiente comida para alimentar a todos os habitantes do planeta e poderia alimentar o dobre. [ 6 ]

Sobrepeso e malnutricion [ editar | editar a fonte ]

No ano 2006, o profesor Popkin na Universidade de Carolina do Norte , dixo que actualmente hai mais persoas con sobrepeso que con desnutricion no mundo. [ 7 ] Dixo ante a Asociacion Internacional de Economistas Agricolas, que o numero de persoas con sobrepeso alcanzou o tope de 1 000 millons de persoas (dos cales 300 millons son obesos), comparado con 800 millons malnutridos. [ 8 ] Ademais, agregou que esta transicion dun mundo famento a un mundo obeso se estaba acelerando.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Sullivan, Arthur ; Steven M. Sheffrin (2003). Economics: Principles in action . Upper Saddle River, New Jersey 07458: Prentice Hall. p. 481. ISBN   0-13-063085-3 . Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016 . Consultado o 01 de marzo de 2021 .  
  2. 2,0 2,1 "Desnutricion The Starvelings" . The Economist (en ingles) .  
  3. "The Hidden Hunger" . New York Times (en ingles) . 24-05-2009.  
  4. Global hunger declining, but still unacceptably high FAO das Nacions Unidas, Departamento de desenvolvemento Social e Economico, septembro de 2010
  5. FAO Departamento de desenvolvemento Social e Economico. “The State of Food Insecurity in the World, 2008 : High food prices and food security ? threats and opportunities” . FAO das Nacions Unidas , 2008, p. 2. “As estimacions mais recentes de FAO levan o numero dos famentos [en realidade, malnutridos] a 923 millons en 2007, un aumento de mais de 80 millons desde o periodo base de 1990?92”.
  6. Jean Ziegler . “Promotion And Protection Of All Human Rights, Civil, Political, Economic, Social And Cultural Rights, Including The Right To Development: Report of the Special Rapporteur on the right to food, Jean Ziegler” . Human Rights Council of the Nacions Unidas , 10 de xaneiro de 2008. “De acordo coa FAO, o mundo produce xa suficiente comida para alimentar a cada neno, muller e home e poderia chegar a alimentar a 12 billons de persoas, ou o dobre da poboacion mundial actual.”
  7. Overweight 'top world's hungry'.
  8. Overweight people now outnumber the hungry.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]