한국   대만   중국   일본 
Lufthansa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lufthansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lufthansa
IATA
LH
OACI
DLH
Indicativo
LUFTHANSA
Fundacion 1953
Inicio das operacions 1954
Plan de voo frecuente Miles & More
Alianza Star Alliance
Subsidiarias AeroLogic (50%), Air Dolomiti , Austrian Airlines , Eurowings , Germanwings , Lufthansa Cargo , Lufthansa CityLine , Lufthansa Private Jet , Lufthansa Technik , LSG Sky Chefs , Swiss International Air Lines , Swiss European Air Lines , SunExpress (50%), Tyrolean Airways
Frota 294
Destinos 215
Eslogan da compania Nonstop you
Sede Colonia
Dirixentes Jurgen Weber (xefe do comite de supervision)
Christoph Franz (CEO)
Paxina web: http://www.lufthansa.com
Antigas oficinas centrais de Lufthansa en Colonia.

Lufthansa (o seu nome oficial e Deutsche Lufthansa AG ), con sede en Colonia , e a aerolina nacional alema e a maior compania aerea europea en termos de pasaxeiros transportados e frota. O seu aeroporto base e o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Munic estase convertendo nun segundo eixo neuralxico da compania. Os seus hangares de reparacion estan en Hamburgo . Lufthansa foi unha empresa publica (case ao 100%) ata o ano 1953 . No ano 1966 as suas accions cotizaron por vez primeira en bolsa e en 1994 o estado aleman ainda posuia o 34% das accions. Dende 1997 todo o capital de Lufthansa esta en mans privadas. Lufthansa e, xunto a Air Canada , SAS Scandinavian Airlines , Thai Airways International e United Airlines , membro fundador da alianza de aerolinas Star Alliance , a que pertence, xunto con outros 12 membros non fundadores, a compania espanola Spanair .

Os voos de Lufthansa tenen o codigo IATA LH e o seu codigo ICAO e DLH. Os voos internacionais cara a Alemana reciben un numero impar e os procedentes de Alemana un par. Lufthansa ten un dos programas de fidelizacion de clientes mais amplos, o seu nome e Miles and More .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A aerolina fundouse o 6 de abril de 1926 como Deutsche Lufthansa pola fusion das companias Deutsche Aero Lloyd e Junkers Luftverkehr AG, as duas superviventes da competencia existente en Alemana despois da primeira guerra mundial . Estas viranse na obriga de recorrer a axudas do goberno e este, consciente do interese polo trafico aereo, propuxo a fusion ou retiraria as subvencions.

Nos primeiros tempos centrouse sobre todo no transporte de carga e de correo en vez de no de pasaxe. Considerabanse mais confortables as viaxes en tren ou en barco e habia pouca demanda de pasaxeiros. Ademais o negocio da carga e o correo incrementarase un 500% durante o primeiro ano de operacions da aerolina.

Lufthansa comezou a operar con 19 tipos distintos de avions, pero o mais importante deles foi o Junkers F.13 , o primeiro avion comercial metalico do mundo.

Foi unha aerolina moi innovadora. Ao mes de comezar as suas operacions, o 1 de maio de 1926 , realizou o primeiro servizo aereo nocturno con pasaxe. Un Junkers G24 engalaria as 2 da mana con nove pasaxeiros cara a Konigsberg (hoxe Kaliningrado ). En 1927 iniciou o adestramento de voo instrumental dos seus pilotos, que se fixo obrigado en 1929 . A sua escola de voo comezou a recibir pilotos de aerolinas de todo o mundo para darlles adestramento. Nese tempo a Lufthansa comezou a desenvolver equipos de comunicacions aire-terra e de navegacion que posibilitasen o voo as cegas a grandes distancias.

Apertura de rutas [ editar | editar a fonte ]

Un dos obxectivos da aerolina nos seus primeiros anos foi o de establecer rutas internacionais. Neses tempos as aperturas de novas rutas requirian realizar primeiro unha exploracion das zonas por onde discorrerian posteriormente e os pilotos de Lufthansa actuaron neses primeiros tempos como exploradores.

Junkers Ju 52

Unha das primeiras rutas que procurou abrir a compania foi a de Munic - Milan . Debido a limitacion dos avions da epoca non se podia voar por riba dos Alpes e debia facerse a traves dos pasos naturais entre as montanas. Durante os anos 20 fixeronse voos de proba, pero ata 1927 non se conseguiu establecer un enlace practico entre Alemana e Italia . Lufthansa recibiu nesa epoca o Rohrbach Roland , un avion capaz de voar a unha altura de 5 000 metros, e foi empregado nos voos de proba a traves dos Alpes a partir de maio de 1927 . En maio de 1932 xa voaban pasaxeiros a Roma grazas a mellora dos equipos de navegacion e a aparicion do Junkers Ju 52 .

A ruta mais ambiciosa que Lufthansa procurou abrir na sua primeira epoca foi a do Extremo Oriente . En xullo de 1926 enviaronse dous Junkers G24 en voos de proba de Berlin a Pequin a traves dos Urais e Mongolia . A informacion meteoroloxica nesas zonas era practicamente inexistente e os mapas moi pouco precisos. O seu combustible tina que ser transportado aos puntos de abastecemento por cabalos, vapores ou tren, e o voo converteuse en toda unha aventura.

Os avions chegaron ao seu destino despois de 37 dias e o seu esforzo disipou calquera esperanza de crear unha ruta cara a Pequin . Os aeroportos eran moi primitivos, os problemas burocraticos facian moi dificil a subministracion de combustible e os servizos meteoroloxicos, telefonicos ou telegraficos apenas existian. Os voos de proba cara ao leste continuaron durante os anos 30 pero sempre con problemas de todo tipo.

Durante esa etapa de Luftansa a ruta mais elaborada foi a do Atlantico Sur. En 1930 o correo entre Berlin e Rio de Xaneiro tardaba 15 dias en chegar, pero Lufthansa conseguiu rebaixar este tempo a 5 dias, enviando hidroavions a vapor que ian dende a a costa europea a suramericana.

Rutas ao Atlantico Sur [ editar | editar a fonte ]

Dornier Do X

O ideal seria que a ruta a realizase un unico avion, pero na epoca non existia ningun modelo nin ningun motor que fose capaz de realizar o voo entre Bathurst -na Gambia britanica (na actualidade Banjul , Gambia )- e Natal , no Brasil . Realizaronse probas co xigantesco hidroavion Dornier Do X entre 1930 e 1932 , demostrando que o seu alcance era suficiente, pero o voo implicaba moitos riscos. A conclusion que se sacou foi que avion que realizase esa ruta deberia ser un hidroavion , xa que de xurdir problemas o unico lugar onde pousarse era o mar.

Lufthansa construiu inicialmente unha base aerea flotante, o buque Westfalen modificado en 1932 para esta tarefa. O sistema consistia en que un hidroavion se pousaba preto do barco e coa axuda dun guindastre subiano a bordo, reabasteciano e tras montalo sobre uns rais unha catapulta de aire comprimido lanzabao ao aire.

A primeira proba deste sistema realizouse en xullo de 1933 , a 1 500 quilometros da costa de Gambia , e o primeiro voo de correo entre Berlin e Bos Aires engalou o dia 3 de xaneiro de 1934 .

En 1935 Lufthansa tamen comezou a voar cara a Suramerica con voos nocturnos a partir do 30 de marzo . O tempo de voo a Rio de Xaneiro reduciuse a tres dias, e o percorrido a Bos Aires duraba tres dias e medio. Esta reducion de tempo foi posible grazas a unha segunda base flotante, o buque-catapulta Schwabenland , baseado en Bathurst, Gambia .

Antes da incorporacion do Schwabenland , Lufthansa so contaba co buque Westfalen . Este tina a sua base en Bathurst e navegaba 36 horas a traves do Atlantico antes de lanzar o avion cara a Natal , no Brasil . Coa chegada do novo barco, o Westfalen estableceuse na costa suramericana e ambos os buques estaban dentro do alcance dos hidroavions, polo que xa non era preciso a viaxe de prelanzamento do avion, reducindose considerablemente o tempo de viaxe.

En xullo de 1935 realizou o seu voo numero 100 ao Atlantico Sur e nesas datas encargou un terceiro barco de apoio, o Ostmark , mais lixeiro e rapido que os que tina en servizo. En 1936 a aerolina incorporou o hidroavion de longo alcance Dornier Do 18 a esa ruta, mellorando notablemente a seguridade. O 27 de marzo de 1938 un Do 18 foi catapultado dende a costa britanica facendo un voo sen escalas ata Caravellas , Brasil , a 5 245 millas de distancia, establecendo un novo record de autonomia para hidroavions.

Cando comezou a segunda guerra mundial a aerolina estaba desenvolvendo servizos internos de Suramerica . Lufthansa introducira o Junkers Ju 52 , que podia voar a unha altura de 23 000 pes e polo tanto capaz de sortear os Andes e as suas dificultades climaticas, fundando asi sedes da compania no Peru e Ecuador . As suas operacions no continente paralizaronse en 1941 , cando os Estados Unidos cortaron a sua subministracion de combustible. En 1942 a subsidiaria de Lufthansa no Brasil seria nacionalizada.

Atlantico Norte [ editar | editar a fonte ]

Unha vez establecida a ruta polo sur, Lufthansa comezou a traballar no Atlantico Norte. En 1936 a aerolina comezou a realizar probas con hidroavions, sendo a primeira no mes de febreiro cun Dornier Do 18 que voou dende Hamburgo ata os Azores . No outono o buque Schwabenland trasladouse ao Atlantico Norte para actuar como base nos voos entre Lisboa e Nova York , con escalas nos Azores e nas Bermudas .

Ao ano seguinte fixo probas co cuadrimotor Blohm und Voss Ha 139 entre os Azores e Nova York , usando dous barcos de apoio, o Schwabenland e o Friesenland , tardando entre 14 e 19 horas en realizar o traxecto. En 1938 realizouse un novo programa de probas con este modelo, pero cando este rematou a utilidade dos grandes hidroavions xa decaera. En agosto dese ano o cuadrimotor terrestre Focke-Wulf Fw 200 Condor realizou un voo sen escalas entre Berlin e Nova York en 24 horas e 36 minutos.

Ainda que a apertura desta ruta sen escalas foi o maior logro da aerolina nos anos de preguerra, pero os seus proxectos mais temerarios reservaronse para os desertos que habia entre Europa e o Extremo Oriente .

Periodo de preguerra [ editar | editar a fonte ]

Selo aleman cun Heinkel He 70 de Lufthansa

O ano 1934 destacou pola introducion do Heinkel He 70 , un transporte postal para catro pasaxeiros cunha velocidade de cruceiro de 180 millas/hora. Comezou transportando pasaxeiros e carga entre as catro cidades alemas mais importantes, pero debido a sua eficacia foi abandonada a sua funcion de correo aereo e en menos dun ano crearonse 11 rutas de pasaxeiros con este modelo. No mes de setembro dese ano a aerolina transportaba ao seu pasaxeiro 1 millon.

En agosto de 1934 Hitler asumiu o liderado do Terceiro Reich , e dende ese momento a aerolina viase unida a necesidade de demostrar as virtudes na "Nova Alemana". Os seus logros usarianse como propaganda para o goberno nazi.

En febreiro de 1935 comezaron a realizarse voos de proba ao Cairo , e a finais dese ano a aerolina xa recuperara a metade dos custos das probas cos ingresos comerciais desa ruta.

Segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

Co estoupido da guerra os avions de Lufthansa pasaron a mans da Luftwaffe , ainda que se mantiveron as rutas abertas con nacions neutrais como Suecia , Suiza , Espana e Portugal . A partir de xaneiro de 1940 abriuse un servizo coa URSS que remataria coa invasion alema deste pais o 22 de xuno de 1941 .

Lufthansa mantivo abertas as rutas que podia realizar ata finais da guerra. O seu ultimo voo internacional realizariao un Junkers Ju 90 que voou dende Barcelona ata Berlin o dia 20 de abril de 1945 , poucos dias antes da rendicion alema. Despois diso pasarian 10 anos ata que un avion de Lufthansa engalase novamente.

Refundacion da compania [ editar | editar a fonte ]

A compania refundouse en 1953 e tina moi pouco que ver coa vella Lufthansa. A aviacion comercial cambiara moito neses ultimos anos e as aerolinas xa non facian perigosas viaxes de exploracion cara novas rutas para conseguir prestixio e publicidade. Lufthansa tivo que entrar a competir coas novas aerolinas estadounidenses de posguerra que ofrecian rutas e luxos sen precedentes aos pasaxeiros.

Os Acordos de Postdam prohibiran a Alemana posuir, fabricar ou operar calquera tipo de avion, e o Estatuto de Ocupacion de 1949 prohibia todo tipo de aviacion civil. O primeiro intento de restablecer a aerolina buscaba saltarse as duras leis e foi impulsado por Hans M. Bongers, director de operacion de trafico da Lufthansa antes da guerra. Bongers propuxolle as autoridades estadounidenses e britanicas crear unha aerolina que prestase servizo aos transportes aliados ou estranxeiros. A sua intencion era formar unha organizacion que mantivese unido ao antigo persoal directivo da aerolina e que collese experiencia de cara ao futuro. O plan fracasou e os aliados prohibironlle a Benders traballar na industria aeronautica durante anos.

Poren, cara a 1953 , coa nova Republica establecida, foi posible a aparicion dunha aerolina nacional que nun principio se chamou Luftag e que tina un 85% das suas accions en mans do estado. A sua idea inicial era a de mercar entre 16 e 24 avions de primeira clase novos, pero os seus recursos eran escasos. Douglas, empresa favorita para a adquisicion dos avions, amosouse reticente a negociar cunha aerolina tan debil, polo que finalmente pedironse catro Super Constellation en xuno de 1953 e catro Convair 340 en setembro.

Un dos Super Constellation de Lufthansa na actualidade en Munic.

A incorporacion de tripulantes de voo tamen tivo dificultades. Aos alemans ainda se lles prohibia o voo, e os ex-pilotos que se presentaron para traballar na Luftag tinan 10 anos por riba da idade axeitada. O re-adestramento comezou en Colonia en novembro de 1953 cun curso teorico para 10 tripulantes rigorosamente seleccionados (5 pilotos e 5 enxeneiros/operadores de radio). Posteriormente realizaron adestramentos practicos en Inglaterra e remataron familiarizandose cos novos avions na fabrica de Convair .

Entre o persoal de terra tamen houbo alguns problemas, xa que os metodos de traballo cambiaran nos ultimos anos e tinan que cumprirse os estandares de servizos internacionais. Mentres se formaba aos traballadores, comezou a construirse a nova base de enxeneria no aeroporto de Fuhlsbuttel en Hamburgo .

A mediados de 1954 a compania estaba lista para iniciar as operacions e foi bautizada novamente como Lufthansa, adoptando as cores e distintivos de preguerra, a librea azul e amarela coa insignia da grua . So existia un problema, a aerolina ainda non tina permiso para voar. O 24 de novembro conseguiu a autorizacion para que os dous primeiros Convair 340 aterrasen na sua base de Hamburgo .

Comezo das operacions [ editar | editar a fonte ]

Os voos comezaron o dia 1 de abril de 1955 . Inicialmente limitaronse a catro voos semanais nas rutas domesticas alemas, pero a mediados de ano Lufthansa recuperou as suas rutas tradicionais, levando pasaxeiros a Londres , Paris e Madrid . A mediados de abril a compania recibiu o seu primeiro Super Constellation . Foron pilotados inicialmente por catro pilotos estadounidenses da TWA , numero que aumentou a 10 cando iniciaron as suas operacions no Atlantico Norte. Cara a 1957 o numero de pilotos estadounidenses era de 20, pero en marzo de 1956 estes avions xa comezaran a ser pilotados por tripulacions alemas.

A ruta do Atlantico Norte abriuse o 8 de xuno de 1956 co voo dun Super Constellation entre Frankfurt e Nova York . Entre os convidados a esta viaxe estaba o coronel irlandes James Fitzmaurice, quen, xunto con outros dous pioneiros da aerolina, realizara o primeiro voo leste-oeste sobre o Atlantico Norte no ano 1928 .

Cando rematou o primeiro ano de operacions a aerolina voaba a 12 aeroportos e contaba, ademais dos Super Connies e dos Convair 340, con dous Douglas DC-3 . Nese ano transportou ao redor de 1 000 toneladas de carga e 500 de correo, ademais de 104 000 pasaxeiros.

No ano 1956 reabriuse a ruta a Suramerica despois de 17 anos. No mes de agosto un Super Constellation comezou un servizo regular entre Hamburgo e Buenos Aires , con escalas en Dusseldorf / Frankfurt , Paris , Dakar , Rio de Xaneiro e Sao Paulo . No mes de setembro abriuse o voo de Hamburgo a Teheran , pasando por Beirut e Bagdad .

A aerolina mercou cinco Convair 440 e o primeiro deles foi entregado o 2 de abril de 1957 , e durante o veran dese ano serian asignados as rutas a Zuric e Viena . No mes de xullo Lufthansa e Air France chegaron a un acordo de colaboracion para voar sobre o Atlantico Sur. Nese mesmo mes chegou o Super Star Constellation adquirido pola aerolina, e mercaria tres mais a finais dese ano. Ademais ampliaria a sua frota de Convair ata os nove exemplares.

Formacion de persoal [ editar | editar a fonte ]

No ano 1957 Lufthansa realizou o seu primeiro investimento a longo prazo en persoal. A sua academia de Bremen , aberta en outubro de 1955 , graduou a sua primeira promocion, que se uniu ao cadro da compania. A principios de 1958 Lufthansa contaba con 200 pilotos, 81 enxeneiros de voo e 30 operadores de radio. Habia 19 pilotos mais en formacion e 121 estudantes incorporaronse a academia de Bremen para realizaren un curso acelerado.

No mes de abril de 1957 os Super Star comezaron a facer voos diarios e sen escalas entre Alemana e Estados Unidos . No veran a sua facturacion incrementouse un 60% e so en trafico de pasaxeiros a aerolina ofrecia algo mais de 30 voos a semana aos Estados Unidos . No mes de xullo Lufthansa transportou ao seu viaxeiro 1 millon.

As rutas con Suramerica ampliaronse e a aerolina comezou a voar a Chile , reducindo tamen o tempo de viaxe ao continente a un dia. Abrironse rutas tamen a India e ao Xapon grazas as prestacions dos Super Costellation.

Accidente dun Connie [ editar | editar a fonte ]

A recuperacion da aerolina viuse en parte entorpecida o dia 11 de xaneiro de 1959 . Ese dia un Super Constellation L-1049G , con matricula D-ALAK, esnafrouse durante a aproximacion a Rio de Xaneiro . So sobreviviron tres tripulantes dos 39 ocupantes do avion (10 tripulantes e 29 pasaxeiros) [ 1 ] . Era o primeiro avion que Lufthansa perdia despois dun cuarto de seculo de operacions.

Por aquel enton a frota da compania estaba formada por 32 avions: 11 Lockheed para os voos de longa distancia a Norteamerica, Suramerica, Asia e Africa; 18 para os voos continentais (incluidos nove Vickers Viscount que se uniran a frota en outubro); e tres Douglas DC-3 para correo e carga. Ese seria o derradeiro ano de Lufthansa con avions so de helice, e o ano no que se abriron as rutas de inverno a Calcuta e Bangkok .

Reactores [ editar | editar a fonte ]

Boeing 707

Os Viscount e os Super Constellation voaron con Lufthansa ata o ano 1967 , pero xa a finais dos anos 50 os reactores estaban demostrando ser moi rendibles comercialmente. Coa aparicion destes avions os tempos de viaxe reducironse considerablemente e a seguridade e a fiabilidade melloraron.

Lufthansa recibiu o seu primeiro Boeing 707 en marzo de 1960 , e marcouse o obxectivo de ter unha frota composta unicamente por reactores en 1970 . A aerolina chegaria a un acordo con Boeing e incorporaria so modelos dese fabricante ata o ano 1973 , cando lle mercou a McDonnell Douglas catro DC-10 .

Lufthansa axudou a Boeing no desenvolvemento do Boeing 737 e incluso chegou a aboar depositos para tres avions supersonicos Boeing 2707 , que finalmente nunca serian fabricados. O acordo permitiulle a aerolina ser a primeira compania en operar o 737 e recibir reposto a prezo mais economico e dunha forma rapida, ademais de programas de adestramento tecnico por parte do fabricante.

Os seus novos 707 comezaron a traballar nas rutas do Atlantico Norte. O servizo cara a Nova York e Chicago pasou a realizarse sen escalas, ainda que inicialmente so se realizaba dende Frankfurt . A mediados do ano 1960 estes avions xa voaban tamen a San Francisco e a Montreal , e no mes de novembro transportou ao seu pasaxeiro 1 millon dende o novo comezo das operacions 5 anos antes.

A mediados do ano 1961 os reactores xa realizaban o 74% dos voos de Lufthansa e xa se podia voar a Nova York dende Munic , Hamburgo e Colonia / Bonn . Na ruta ao Extremo Oriente a aerolina xa voaba ata Hong Kong e Toquio , nunha viaxe que o 707 realizaba en 25 horas e media. No mes de maio este modelo comezou a operar tamen en rutas do Atlantico Sur.

En xullo de 1964 Lufthansa tivo o seu pasaxeiro 10 millons e anunciou que xa non tina perdas. A sua frota de reactores continuou medrando e o primeiro dos seus 12 Boeing 727 comezou a operar nas rutas europeas e nas de Extremo Oriente. No ano 1965 a aerolina mercaria 21 exemplares mais deste modelo. Ese mesmo ano tamen se abriu a ruta cara Sydney , voando xa aos cinco continentes. No seu decimo ano de operacion Lufthansa xa se convertera na sexta aerolina mais importante do mundo.

Expansion [ editar | editar a fonte ]

Durante o resto da decada dos 60 a compania centrouse en mellorar os servizos e a ampliar a sua base comercial. Informatizaronse os sistemas de reserva de pasaxe e carga, creouse unha compania subsidiaria que se encargou dos servizos de hostaleria (no seu primeiro ano conseguiu 55 clientes entre distintas aerolinas), mercaronse grupos hostaleiros para explotar a rapida expansion dos voos, e estableceuse unha organizacion con outras aerolinas para negociar cos fabricantes de avions.

Tamen se chegou a un acordo de cooperacion con outras aerolinas para compartir os servizos de terra e de xestion e, de cara ao final da decada, incluso se internou no negocio dos seguros.

Avions de nova xeracion [ editar | editar a fonte ]

No ano 1970 Lufthansa converteuse na primeira compania europea en operar o novo reactor de nova xeracion Boeing 747 . Estes avions, a pesar de seren mais silenciosos, limpos e ter unha maior capacidade de pasaxe, eran caros de mercar, operar e manter. Lufthansa creou xunto con outras aerolinas europeas o grupo ATLAS, co obxectivo de colaboraren entre elas para alixeirar gastos. Luftansa pasaria enton a encargarse do mantemento dos motores do Boeing 747 de cinco companias, inaugurando o seu novo centro de mantemento no Hangar V en Frankfurt , o mais grande do mundo para a epoca.

Airbus A300

Coa chegada da nova xeracion de reactores, durante a decada dos 70 Lufthansa rompeu o seu monopolio con Boeing e comezou a adquirir avions de McDonnell Douglas e de Airbus , como os DC-10 ou os A300 e A310 .

Alemana investiu gran cantidade de cartos no desenvolvemento do Airbus A300 , polo que Lufthansa adquiriu tres A300B dous meses despois do seu primeiro voo, ainda que a compania non tina unha verdadeira necesidade dun reactor de medio alcance e gran capacidade. En decembro de 1972 reservou catro opcions mais, modificando esta reserva en 1973 para a version A300B2. Este modelo entraria en servizo coa aerolina en abril de 1976 nas rutas entre Frankfurt e Londres e entre Frankfurt e Paris . Estes A300, e os A300B4 mercados en 1977 serian substituidos a partir de abril de 1983 polo mais pequeno Airbus A310 , e polo mais grande A300-600 que chegou en 1987 .

En 1977 Lufthansa cambiou os motores Pratt & Whitney JT9D de toda a sua frota de 747 polos General Electric CF6-50 , co obxectivo de homoxeneizar as plantas motrices coas dos DC-10-30 , que realizaban as rutas menos saturadas de longo alcance dende xaneiro de 1974 .

O desenvolvemento do A310 debeuse en gran parte a que Lufthansa se deu conta de que o A300 era un avion demasiado grande e a aerolina suxeriulle a Airbus o deseno dun avion de fuselaxe ancha mais pequena. Inicialmente Airbus realizou sinxelamente unha version mais curta do A300, pero esta non convenceu a Lufthansa, que queria un avion con substanciais melloras operacionais. Finalmente Airbus desenvolveu o A310, considerado o avion mais avanzado da sua epoca ao incorporar unha cabina de mando dixital para dous unicos tripulantes e un uso extensivo de materiais compostos. Xunto con Swissair , Lufthansa foi o primeiro cliente do A310, pedindo 25 unidades cunha opcion de compra de 25 mais.

En xuno de 1986 a aerolina pediu seis unidades da nova variante 747-400 , da que tamen foi o primeiro operador europeo, para substituir os avions mais vellos. Este entrou en servizo o 6 de xullo de 1989 cun voo entre Frankfurt e Johannesburgo , e posteriormente pedirianse mais exemplares ata sumar 22 747-400.

Lufthansa participou na configuracion do Airbus A340 , influindo na eleccion do numero de pasaxeiros, o alcance os motores do avion. Xunto con Air France , foi a primeira aerolina en operar o novo modelo do consorcio europeo Airbus , e nun primeiro momento optou pola variante A340-200 de fuselaxe mais curta pero mais alcance. Posteriormente adquiriria o A340-300 de maior capacidade. O primeiro voo dun A340 con Lufthansa realizouse o 1 de marzo de 1993 .

Actualidade [ editar | editar a fonte ]

Airbus A380 de Lufthansa aterrando no aeroporto de Barcelona

O 28 de outubro de 1990 , 25 dias despois da reunificacion alema, Lufthansa volveu a voar cara a Berlin novamente. O 18 de maio de 1997 Lufthansa, Air Canada , Scandinavian Airlines , Thai Airways e United Airlines formaron a Star Alliance , a primeira alianza mundial de aerolinas.

No ano 2000 Air One asociouse a Lufthansa e case todos os seus voos pasaron a compartir o codigo de Lufthansa ata que Air One foi mercada por Alitalia . Lufthansa conseguiu nestes ultimos anos ter beneficios, incluso tras os atentados do 11 de setembro de 2001 , cando a aerolina tivo un descenso significativo nos seus ingresos conseguiu manter as suas contas sen perdas. Cando moitas outras companias anunciaron despedimentos, Lufthansa mantivo a todos os seus empregados.

En xuno de 2003 , Lufthansa abriu a terminal 2 no aeroporto Franz Josef Strauß de Munic para aliviar o seu centro de operacions principal, en Frankfurt , que estaba sufrindo limitacions de capacidade. Tratase dunha das primeiras terminais europeas que pertencen parcialmente a unha aerolina [ 2 ] .

O 17 de maio do 2004 , Lufthansa converteuse no primeiro cliente de Connexion by Boeing, conexion a Internet en voo ofrecida por Boeing nalguns dos seus modelos. O 22 de marzo do 2005 Swiss International Air Lines fusionouse con Lufthansa Airlines, ainda que ambas as aerolinas continuan sendo dirixidas por separado.

O 6 de decembro do 2006 Lufthansa realizou unha orde de pedido por 20 Boeing 747-8 , convertendose no primeiro cliente deste modelo. A aerolina e tamen a segunda compania europea en operar o Airbus A380 (despois de Air France ). O seu primeiro A380 foille entregado o 19 de maio do ano 2010 .

Frota [ editar | editar a fonte ]

Actual [ editar | editar a fonte ]

En novembro de 2020 a frota de Lufthansa estaba formada polos seguintes avions: [ 3 ]

Frota principal de Lufthansa
Avion En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
F B E+ E Total Refs
Airbus A319-100 23 24 114 138 [ 4 ] 15 avions van ser retirados (incluidos A319 de Lufthansa Cityline ).
Airbus A320-200 61 28 140 168 [ 5 ]
Airbus A320neo 28 56 28 152 180 [ 6 ]
Airbus A321-100 20 26 174 200 [ 7 ]
Airbus A321-200 43
Airbus A321neo 5 35 28 187 215 [ 8 ] Con configuracion Airbus Cabin Flex (ACF). [ 9 ]
Airbus A330-300 15 8 42 21 145 216 [ 10 ]
8 30 21 177 236 [ 11 ]
42 28 185 255 [ 12 ]
Airbus A340-300 17 42 28 181 251 [ 13 ] Maior operador do tipo.
Van ser substituidos por Airbus A350-900 e Boeing 787-9 . [ 14 ]
42 225 267 [ 15 ]
30 28 221 267 [ 16 ]
18 21 261 300 [ 17 ]
Airbus A340-600 10 8 56 28 189 281 [ 18 ] Maior operador do tipo.
Van ser substituidos por Airbus A350-900 e Boeing 787-9 . [ 19 ] [ 20 ]
44 32 213 297 [ 21 ]
Airbus A350-900 17 26 48 21 224 293 [ 22 ] Entregas ata 2027.
Van substituir os Airbus A340 . [ 23 ]
36 21 262 319 [ 24 ]
Airbus A380-800 8 8 78 52 371 509 [ 25 ]
Boeing 747-400 8 67 32 272 371 [ 26 ] Van ser substituidos por Boeing 777-9 . [ 14 ]
43 32 308 383 [ 27 ]
Boeing 747-8 19 8 92 32 208 340 [ 28 ] Maior operador do tipo.
80 32 244 364 [ 29 ]
Boeing 777-9 20 TBA Entregas a partir de 2022. [ 14 ]
Boeing 787-9 20 TBA Entregas a partir de 2022 para substituir o Airbus A340 . [ 30 ]
O destino exacto entre Lufthansa, SWISS , e Austrian Airlines e desconecido.
Total 274 157

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 25 de xuno de 2011 . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  2. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011 . Consultado o 22 de marzo de 2011 .  
  3. "Lufthansa Fleet Details and History" . www.planespotters.net . Consultado o 2020-12-15 .  
  4. "Lufthansa Airbus A319" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  5. "Lufthansa Airbus A320-200" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  6. "Lufthansa Airbus A320neo" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  7. "Lufthansa Airbus A321" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020. .  
  8. "Lufthansa Airbus A321neo" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020. .  
  9. Wenzel, Nick (4 de maio de 2019). "Lufthansa adds first A321neo to its fleet" . International Flight Network (en ingles ) . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  10. "Lufthansa Airbus A330-300 (216 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2020 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  11. "Lufthansa Airbus A330-300 (236 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2020 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  12. "Lufthansa Airbus A330-300 (255 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  13. "Lufthansa Airbus A340-300 (251 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  14. 14,0 14,1 14,2 Luitwieler, Neal (2020-04-07). "Lufthansa neemt vervroegd afscheid van deel A380-, A340- en 747-vloot" . Luchtvaartnieuws (en neerlandes) . Consultado o 2020-12-15 .  
  15. "Lufthansa Airbus A340-300 (267 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  16. "Lufthansa Airbus A340-300 (279 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2022 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  17. "Lufthansa Airbus A340-300 (300 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2022 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  18. "Lufthansa Airbus A340-600 (281 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xullo de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  19. "Lufthansa begins A340-600 phase out" . ch-aviation (en ingles ) . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  20. "Lufthansa to mothball entire A380 and A340-600 fleet" . The FlightGlobal . 21 de setembro de 2020 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  21. "Lufthansa Airbus A340-600 (297 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2022 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  22. "Lufthansa Airbus A350-900 (293 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  23. Maushagen, Marilyn Gerlach, Peter (2013-09-19). "Lufthansa confirms huge Airbus, Boeing jet order" . Reuters (en ingles ) . Consultado o 2020-12-15 .  
  24. "Lufthansa Airbus A350-900 (319 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  25. "Lufthansa Airbus A380-800" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  26. "Lufthansa Boeing 747-400 (371 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  27. "Lufthansa Boeing 747-400 (383 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  28. "Lufthansa Boeing 747-8 (340 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  29. "Lufthansa Boeing 747-8 (364 ver)" (PDF) . Lufthansa . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2021 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  
  30. "Lufthansa orders 40 Boeing 787-9 and Airbus A350-900 long-haul planes" . Reuters . 13 de marzo de 2019 . Consultado o 15 de decembro de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]