Lars Eidinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLars Eidinger

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 21 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Berlin Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Alemana Editar o valor em Wikidata
Educacion Gustav Heinemann School (en) Traducir
Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion actor de teatro , actor , actor de cinema , presentador Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1997 Editar o valor em Wikidata -
Empregador Schaubuhne am Lehniner Platz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1955257 Allocine: 228367 Allmovie: p620126
BNE: XX5084125 Discogs: 1202894 Editar o valor em Wikidata

Lars Eidinger , nado en Berlin o 21 de xaneiro de 1976 , e un actor aleman .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Lars Eidinger no Festival de Cinema de Berlin de 2014
Interpretando ao tsar Nicolao II no filme ruso Matilda

Fillo dunha enfermeira pediatrica e dun enxeneiro, xa de neno tiraballe a interpretacion e participou no programa infantil Moskito da SFB e mais adiante actuou en pezas teatrais no instituto [ 1 ] . De 1995 ata 1999 estudou arte dramatica na Hochschule fur Schauspielkunst "Ernst Busch" a canda Devid Striesow , Nina Hoss , Mark Waschke e Fritzi Haberlandt , como actor convidado actuou xa antes de rematar a carreira no Deutsches Theater de Berlin dende a tempada 1997/98. [ 2 ] , participando en producions de Jurgen Gosch e Wolfgang Engel . No ano 2000 entrou na compania teatral Schaubuhne am Lehniner Platz, e participou en numerosas obras teatrais como Edward II , Macbeth , Woyzeck ou Nora [ 2 ] e en case todas as producions deses anos dos prestixiosos directores Thomas Ostermeier e Christina Paulhofer , convertendose nun dos actores mais influentes do teatro [ 1 ] . En decembro de 2008 debutou como director teatral coa obra de Schillers Die Rauber interpretada por estudantes da "Ernst Busch" e coa que participou no festival Radical jung do ano seguinte.

Despois de aparecer esporadicamente nalgunhas producions cinematograficas e televisivas, en 2009 tivo o seu primeiro papel protagonista no galardoado Alle Anderen de Maren Ade, seguido da producion neerlandesa Code Blue de Urszula Antoniak (2011), o suspense apocaliptico Hell de Tim Fehlbaum (2011) e Tabu - Es ist die Seele en Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011), no que interpretou o poeta austriaco Georg Trakl polo que recibiu o premio da asociacion alema de criticos de cinema [ 3 ] .

Nos anos seguintes continuou a realizar producions teatrais, asi como de cinema e television, salientando filmes como Clouds of Sils Maria (2014) e Personal Shopper (2016) de Olivier Assayas, Vergine giurata de Laura Bispuri (2015) e series como Polizeiruf 110 , Tatort e Babylon Berlin . Coa compania Schaubuhne participou en moitas producions, aclamadas internacionalmente, de Thomas Ostermeier, como Hamlet e Richard III [ 4 ] .

En 2016 formou parte do xurado internacional da 66ª edicion do Festivalde Berlin e nese ano recibiu o Deutscher Horbuchpreis ao mellor lector pola version en lingua alema do audiolibro de The Planet Trillaphon As It Stands In Relation To the Bad Thing de David Foster Wallace [ 5 ] .

Musica [ editar | editar a fonte ]

Mentres ainda estaba a estudar publicou en 1998 con Studio 54 de !K7 o vinilo "I'll Break Ya Legg" de musica electronica [ 6 ] , parte apareceu mais tarde na compilacion Fragments do selo no.nine . En 1999 produciu a musica para o documental de Ernst-August Zurborn Die Morder des Herrn Muller realizado para a canle Arte e tamen foi responsable da musica de varias pezas dirixidas por Ostermeier: Nora , Der Wurgeengel e Trauer muss Elektra tragen .

Filmografia [ editar | editar a fonte ]

  • See You at Regis Debray de CS Leigh (2005)
  • Deutschland deine Lieder de Daniel Lang (2007) - Curtametraxe
  • After Effect , de Stephan Geene (2007)
  • Torpedo de Helene Hegemann (2008) - Curtametraxe
  • Alle Anderen de Maren Ade (2009)
  • Wanna Be de Christina Ebelt (2009) - Curtametraxe
  • Nasty Video de Jorg Buttgereit (2011)
  • Code Blue de Urszula Antoniak (2011)
  • Tabu - Es ist die Seele ein Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011)
  • Hell de Tim Fehlbaum (2011)
  • Fenster zum Sommer de Henk Handloegten (2011)
  • Was bleibt de Hans-Christian Schmid (2012)
  • Goltzius and the Pelican Company de Peter Greenaway (2012)
  • Clouds of Sils Maria de Olivier Assayas (2014)
  • Lars & Jonathan: A Berlin Friendship de Amy Barrett (2014)
  • Dora oder Die sexuellen Neurosen unserer Eltern de Stina Werenfels (2015)
  • Vergine giurata de Laura Bispuri (2015)
  • Elixir de Brodie Higgs (2015)
  • Familienfest de Lars Kraume (2015)
  • Personal Shopper de Olivier Assayas (2016)
  • L'origine de la violence de Elie Chouraqui (2016)
  • Die Blumen von gestern de Chris Kraus (2016)
  • Maryline de Guillaume Gallienne (2017)
  • Matilda de Alexei Uchitel (2017)
  • Werk ohne Autor de Florian Henckel von Donnersmarck (2018)
  • High Life de Claire Denis (2018)
  • 25 km/h de Markus Goller (2018)
  • Dumbo de Tim Burton (2019)
  • All My Loving

Teatro [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]