한국   대만   중국   일본 
Jose Ortega y Gasset - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jose Ortega y Gasset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJose Ortega y Gasset

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 9 de maio de 1883 Editar o valor em Wikidata
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 18 de outubro de 1955 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura camposanto de San Isidro 40°24′03″N 3°43′49″O  /  40.400806, -3.730319 Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
8 de xullo de 1931 ? 29 de xullo de 1931 ? Jose Piqueras Munoz  →

Circunscricion electoral: Jaen (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
7 de xullo de 1931 ? 9 de outubro de 1933

Circunscricion electoral: Leon (en) Traducir
Vogal da Xunta para Ampliacion de Estudos e Investigacions cientificas
1926 ? Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Madrid Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Central
Universidade de Deusto
St. Stanislaus Kostka College, Malaga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Filosofia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacion filosofo , xornalista de opinion , critico literario , politico , poeta , tradutor , matematico , profesor universitario , sociologo , pedagogo , escritor , ensaista Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido politico Agrupacion al Servicio de la Republica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Movemento Novecentismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Profesores Julio Cejador Frauca e Juana Capdevielle Editar o valor em Wikidata
Alumnos Antonio Rodriguez Huescar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Rosa Spottorno Topete
Fillos Jose Ortega Spottorno (pt) Traducir, Soledad Ortega Spottorno (en) Traducir, Miguel Ortega (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pai Jose Ortega Munilla Editar o valor em Wikidata
Irmans Rafaela Ortega y Gasset (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Eduardo Gasset Artime ( avo materno )
Eduardo Gasset Chinchilla ( maternal uncle (en) Traducir)
Rafael Gasset Chinchilla ( maternal uncle (en) Traducir)
Simone Ortega ( nora (pt) Traducir)
Juan Spottorno y Topete (pt) Traducir ( irman da esposa )
Mario Spottorno (en) Traducir ( sobrino ) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX913447 Bitraga: 3814 Dialnet: 21020 Musicbrainz: 2e7287a7-925f-406f-8efc-451857d6391a Find a Grave: 9761551 Editar o valor em Wikidata

Jose Ortega y Gasset , nado en Madrid o 9 de maio de 1883 e finado na mesma cidade o 18 de outubro de 1955 , foi un filosofo espanol considerado o principal exponente da teoria do perspectivismo e do raciovitalismo , situado no movemento do Novecentismo . Tamen actuou como activista politico e como xornalista.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Casa natal en Madrid, rua Alfonso XII n.º 4.

Fillo de Jose Ortega Munilla [ a ] e Dolores Gasset, filla de Eduardo Gasset Artime . [ b ] [ 1 ]

Cursou os seus primeiros estudos en Madrid , logo trasladouse a Malaga , onde estudou o bacharelato en Miraflores de El Palo, no colexio Santo Estanislau da Compania de Xesus onde rematou os 14 anos. A sua etapa universitaria comeza en 1897 matriculado en Dereito e Filosofia na Universidade de Deusto , Bilbao (1897?1898), mais tarde retornou a Madrid para estudar Filosofia e Letras na Universidade Central (1898?1902). Dous anos mais tarde obtivo o doutoramento de filosofia coa sua obra: Los terrores del ano mil. Critica de una leyenda . A sua idea de que o que necesitaba Espana era ciencia e moralidade publica- iso era Europa como ideal de futuro- levouno a estudar a Alemana , universidade considerada a mellor de Europa por aquel enton. Entre 1905 e 1907 realizou estudos en Leipzing , Nuremberg , Colonia , Berlin e, sobre todo, Marburgo onde estableceu contacto coa corrente neokantiana .

En 1909, en Espana, foi nomeado profesor numerario de Psicoloxia, Loxica e Etica da Escola Superior de Maxisterio de Madrid e en outubro de 1910 gana por oposicion a catedra de metafisica da Universidade Central, vacante tras o falecemento de Nicolas Salmeron .

Nese mesmo ano contrae matrimonio con Rosa Spottorno Topete. En 1911 nace o seu primeiro fillo, Miguel German Ortega Spottorno , medico de profesion, tres anos despois, naceu a sua filla Soledad Ortega Spottorno , creadora da Fundacion Ortega y Gasset en 1978, da que sera presidenta de honra. En 1918 nace Jose Ortega Spottorno , enxeneiro agronomo.

Colaborador do diario El Sol dende 1917, onde publicou en folletins duas obras: Espana invertebrada e La rebelion de las masas . En 1923 fundou a Revista de Occidente da que foi director ata 1936. Dende esta publicacion promoveu a traducion e comentario das mais importantes tendencias filosoficas e cientificas.

O 15 de novembro de 1930 publicou en El Sol o artigo "El error Berenguer" [ 2 ] que finalizaba coa frase Delenda est Monarchia , en referencia ao Delenda est Carthago de Caton . Ademais dunha critica do goberno da Dictablanda , de Damaso Berenguer , era unha condena absoluta da Monarquia como forma de Estado para Espana .

Durante a Segunda Republica foi elixido deputado pola provincia de Leon coa Agrupacion o Servizo da Republica . No debate de totalidade do proxecto da Comision de Constitucion celebrado entre os dias 27 de agosto e 9 de setembro de 1931 interveu como voceiro do grupo parlamentario da Agrupacion.

Permaneceu no escano durante un ano, tras criticar publicamente o curso que a Republica tomaba no seu celebre discurso conecido como ≪Rectificacion de la Republica≫ de decembro de 1931. Cando comezou a guerra civil espanola , Ortega estaba enfermo no seu domicilio; tres dias despois presentaronse na sua casa varios comunistas con pistolas e esixiron a sua firma no pe dun manifesto contra o golpe de Estado e en favor do Goberno republicano. Ortega negouse a recibilos e foi a sua filla quen conversou con eles e conseguiu convencelos de redactar outro texto curto e menos politizado que Ortega firmou un tempo despois xunto con Gregorio Maranon , Ramon Perez de Ayala e outros intelectuais [ c ] . Nese mesmo mes de xullo e a pesar da sua grave enfermidade, fuxiu de Espana, grazas ao seu irman Eduardo, primeiro exiliouse a Paris , logo nos Paises Baixos , Arxentina e finalmente en Lisboa en 1942.

A partir de 1945 a sua presenza en Espana foi frecuente ainda que nunca conseguiu recuperar a sua catedra. Optou por fundar un Instituto de Humanidades onde impartiu as suas leccions. Durante estes anos ata a sua morte a sua vida transcorreu sobre todo en Alemana, onde recibiu o creto e as oportunidades de expresion que lle correspondian.

Ortega y Gasset exerceu unha grande influencia filosofica en Espana no seculo XX non so pola tematica da suas obras filosoficas senon tamen polo seu estilo literario axil, descrito por alguns como proximo o Quixote , o que lle permitiu chegar facilmente o publico.

Filosofia [ editar | editar a fonte ]

Ortega divide a sua formacion en duas fontes moi diferenciadas: a filosofia grega e a filosofia europea continental iniciada con Descartes , tamen cabe destacar a filosofia alema neokantiana que asimilou na sua etapa en Marburgo. O resto de teorias da epoca son practicamente ignoradas por el. O seu pensamento acostuma dividirse en tres etapas:

  • Obxectivismo (1902-1914).
  • Perspectivismo (1914?1923).
  • Raciovitalismo (1924?1955).

Obxectivismo [ editar | editar a fonte ]

Retratado por Joaquin Sorolla en 1918.

Presente na filosofia de Ortega e Gasset dende 1902 ata 1914, durante a sua estadia en Alemana, nesta epoca reflexiona sobre como evitar a decadencia de Espana. O filosofo ve como solucion a europeizacion, isto quere dicir, que o pais necesita cultivar un modo de civilizacion que, sen deixar de ser espanol, poida ser europeo. Influenciado polo neokartinismo proponse como o principal problema o conecemento pero lonxe do realismo e do idealismo .

Deste periodo e a sua famosa declaracion "Yo soy yo y mi circunstancia, y si no la salvo a ella no me salvo yo" (eu son eu e a mina circunstancia e se non a salvo a ela non me salvo eu) no seu libro Meditaciones sobre el Quijote . O eu do que falaba Ortega e un eu no mundo, no escenario no que actua, porque a vida e unha actuacion, temos que cultivar nos o noso propio conecemento. Esta declaracion destinase a salientar a singularidade da vida de cada ser humano, non transferible (non pode vivir por min) e determinada por circunstancias temporais e espaciais: Eu nacin nun tempo e lugar e, consecuentemente, a mina vida mostra certas caracteristicas. As circunstancias son moitas e variadas de home para home, o que fai a sua vida singular. A luz das circunstancias e, polo tanto, para determinar cada individuo. A sua eliminacion pode anularnos a nos mesmos.

Perspectivismo [ editar | editar a fonte ]

“Cada vida es un punto de vista sobre el universo” (cada vida e un punto de vista sobor do universo) publicada no libro Tema de nuestro tiempo recolle a perfeccion a idea perspectivista de Ortega que e un partidario do perspectivismo historico , e dicir, ten unha concepcion da historia segundo a cal podemos analizar e entender as cousas dende diferentes perspectivas. Cada home ten unha especial comprension da realidade que so lle pertence a el. O total da suma de todos os puntos de vista de todos os homes proporcionan unha vision real e verdadeira do mundo. En esencia, a variedade de perspectivas permite ver unha realidade mais completa e mais obxectiva. Un dos puntos mais importantes do perspectivismo e defender cada posicion co obxectivo de que sexa considerada a pesar de que sexa contraria a doutros. Cada individuo debe mostrarse cunha posicion unica e orixinal que debe ser tolerada polo resto para evitar enfrontamentos entre as diferentes posicions.

Raciovitalismo [ editar | editar a fonte ]

O raciovitalismo consistiu no intento de fusionar a vida e a razon, superando as incompatibilidades que se dan entre ambas. A vida e para Ortega a realidade existencial humana, o seu quefacer. Vivir e sentir algo, facer algo, pensar algo, vivir e a coexistencia entre o eu e o mundo, e no que temos que basear a nosa filosofia.

No raciovitalismo Ortega tamen afirma que o ser humano e o que foi, ou sexa, que non ten natureza senon historia e ten que ser capaz de asumila e de ir creando a sua propia sen que ninguen a escolla por el dentro dunhas circunstancias diarias que influen decisivamente no xeito de levar a cabo o seu proxecto persoal.

O descubrimento da vida como realidade metafisica , esixe un metodo que poida ser accesible, este metodo e a razon vital, o home esta aberto o mundo e e aqui onde desenvolve a sua personalidade. A vida que imos vivindo e a realidade onde a razon adquire sentido, para levar a cabo unha existencia autentica. A razon e a capacidade para iluminar e dar sentido a existencia persoal e cultural.

Obras [ editar | editar a fonte ]

El espectador en edicion de 1969 da Biblioteca Basica Salvat .
  • 1914 : Meditaciones del Quijote
  • 1914: Vieja y nueva politica
  • 1916 : El Espectador I
  • 1917 : El Espectador II
  • 1921 : El Espectador III
  • 1922 : Espana invertebrada. Bosquejo de algunos pensamientos historicos
  • 1923 : El tema de nuestro tiempo. El ocaso de las revoluciones. El sentido historico de la teoria de Einstein
  • 1924 : Las Atlantidas
  • 1925 : La deshumanizacion del arte e Ideas sobre la novela
  • 1925: El Espectador IV
  • 1927 : El Espectador V
  • 1926 : El Espectador VI
  • 1927: Espiritu de la letra
  • 1927: Triptico I. Mirabeau o el politico
  • 1928 : Notas
  • 1929 : El Espectador VII
  • 1929: Kant (1724-1924): Reflexiones de centenario
  • 1930 : Mision de la universidad
  • 1930: La rebelion de las masas
  • 1931 : Rectificacion de la Republica
  • 1931: La redencion de las provincias y la decencia nacional
  • 1933 : Goethe desde dentro
  • 1934 : El Espectador VIII
  • 1939 : Ensimismamiento y alteracion. Meditacion de la tecnica
  • 1940 : El libro de las misiones
  • 1940: Ideas y creencias
  • 1940: Estudio sobre el amor
  • 1941 : Mocedades
  • 1941: Historia como sistema e Del Imperio romano
  • 1942 : Teoria de Andalucia y otros ensayos
  • 1942: Esquema de las crisis
  • 1945 : Dos prologos. A un tratato de monteria. A una historia de la filosofia
  • 1950 : Papeles sobre Velazquez y Goya
  • 1955 : Velazquez
  • 1957 : El hombre y la gente
  • 1958 : ¿Que es filosofia? (Escrita durante 1929 ).

Obras completas [ editar | editar a fonte ]

  • Obras completas , Editorial Alianza/ Revista de Occidente, Madrid. 12 volumes, 1946?1983. Edicion de Paulino Garagorri.
  • Obras completas , Editorial Taurus/ Santillana Ediciones Generales & Fundacion Jose Ortega y Gasset (en coedicion), Madrid. 10 volumes, 2004?2010.
  1. Tomo I (1902?1915) . 2004. ISBN 978-84-306-0568-2 .  
  2. Tomo II (1916) . 2004. ISBN 978-84-306-0564-4 .  
  3. Tomo III (1917?1925) . 2005. ISBN 978-84-306-0580-4 .  
  4. Tomo IV (1926?1931) . 2005. ISBN 978-84-306-0592-7 .  
  5. Tomo V (1932?1940) . 2006. ISBN 978-84-306-0605-4 .  
  6. Tomo VI (1941?1955) . 2006. ISBN 978-84-306-0616-0 .  
  7. Tomo VII (1902?1925). Obra postuma . 2007. ISBN 978-84-306-0624-5 .  
  8. Tomo VIII (1926?1932). Obra postuma . 2008. ISBN 978-84-306-0666-5 .  
  9. Tomo IX (1933?1948). Obra postuma . 2009. ISBN 978-84-306-0667-2 .  
  10. Tomo X (1949?1955). Obra postuma . 2010. ISBN 978-84-306-0776-1 .  
  • Obra selecta: Meditaciones del Quijote; ¿Que es la filosofia?; La rebelion de las masas; Carta a un aleman; En torno a Galileo; Historia como sistema; Ideas y creencias; Prologo a la historia de la filosofia de Emile Brehier; La idea de principio en Leibniz (seleccion) . Jose Lasaga y Javier Goma (presentacion). Cartone. Biblioteca de Grandes Pensadores . Madrid: Editorial Gredos . 2012. ISBN 978-84-249-2332-7 .  

Premio Ortega y Gasset [ editar | editar a fonte ]

  • Outorgado anualmente polo diario El Pais a persoas destacadas durante ese tempo no campo do xornalismo e da comunicacion espanola.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Periodista e escritor, membro da Real Academia Espanola, director do diario El Imparcial , do que era copropietario. Foi un dos grandes empresarios da prensa liberal hispana e protector do futuro El Sol .
  2. Propietario do diario El Imparcial e galego de nacemento.
  3. No seu artigo En cuanto al pacifismo , escrito xa no exilio, Ortega, refirese a este episodio.
Referencias
  1. Jose Ortega y Gasset . Real Academia da Historia .
  2. Ortega y Gasset, Jose (15 de novembro de 1930). "El error Berenguer" . El Sol (en castelan ) .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]