한국   대만   중국   일본 
Ivan Illich - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ivan Illich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIvan Illich
Biografia
Nacemento 4 de setembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte 2 de decembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Bremen, Alemana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Austria
Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Ideoloxia politica Anarquista Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Florencia
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Salzburgo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Ecologia politica (pt) Traducir e industrial society (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cuernavaca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico , critico literario , antropologo , filosofo , historiador , pedagogo , escritor Editar o valor em Wikidata
Empregador Pontifical Catholic University of Puerto Rico (en) Traducir (1956?1960)
Escolapios (pt) Traducir
Pennsylvania State University Editar o valor em Wikidata
Movemento Decrecemento e Ecoloxismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua alema , lingua francesa , lingua italiana , lingua castela , lingua croata , lingua inglesa , Grego antigo , lingua latina , lingua portuguesa e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Paxina web ivanillich.org.mx Editar o valor em Wikidata
BNE: XX898177 iTunes: 455259284 Editar o valor em Wikidata

Ivan Illich , nado en Viena o 4 de setembro de 1926 e finado en Bremen ( Alemana ) o 2 de decembro de 2002 , foi un pensador austriaco da ecoloxia politica e unha figura importante da critica da sociedade industrial.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Seu pai, Piero, procedia dunha familia posuidora de terras (vinas e oliveiras) en Dalmacia ( Croacia ), preto da cidade de Split . Sua mai, Ellen, descendia dunha familia xudeu-alema convertida. Fritz Regenstrief, seu avo materno, fixera fortuna coa venda de madeira en Bosnia-Hercegovina e construiu unha quinta, de estilo art nouveau , nos arredores de Viena .

Durante a decada de 1930, a xenofobia e o antisemitismo medraron na Iugoslavia . O goberno perseguiu a Fritz Regenstrief perante a Corte permanente internacional de xustiza da Haia . En 1932 , Ellen abandonou Split e pasou a se refuxiar na quinta de seu pai en Viena, xunto cos seus tres fillos. Non volveron ver a Piero mais, que morreu no transcurso da segunda guerra mundial . En 1942 , Ellen deixou Austria a causa das leis antisemitas , mentres os nazis se apoderaron da quinta familiar.

Ivan Illich seguiu a sua educacion en Florencia , onde xogou un modesto rol na resistencia italiana. Logo da guerra estudou teoloxia e filosofia na Universidade Gregoriana de Roma . O Vaticano destinouno a diplomacia , mais Illich escolleu a vida pastoral. Dixo a sua primeira misa nas catacumbas , nas que ainda os cristians romanos se refuxiaban das persecucions.

Procedente dunha familia aristocratica con antigas ligazons coa Igrexa catolica , estaba destinado a tornarse un principe desa Igrexa. Giovanni Montini, que posteriormente se tornou o papa Paulo VI , estivo entre os que lle recomendaron que quedase en Roma .

Mais en 1951 , marchou para os Estados Unidos coa idea de estudar os traballos de alquimia de Alberte o Magno en Princeton . Intrigado polos portorriquenos e a sua fonda fe catolica , solicitoulle ao cardeal Francis Spellman un posto nalgunha freguesia portorriquena de Nova York . Converteuse axina, entre 1956 e 1960 , en vicerreitor da Universidade catolica de Porto Rico , onde contribuiu a crear un centro de formacion destinado a educar os sacerdotes na cultura latinoamericana.

Sorprenderonlle duas cousas na universidade: dunha banda a sorprendente semellanza entre a Igrexa e institucion escolar ; por outra banda, a estrana diferenza entre os obxectivos declarados da educacion e os seus resultados. Esta ultima institucion pretendia reducir as desigualdades sociais, mais contribuia a acentualas, ao concentrar os privilexiados nas mans daqueles que posuian medios suficientes para responder ao reto. Esta reflexion desembocara en 1971 no libro Deschooling Society ("A sociedade desescolarizada").

Abandonou Porto Rico en 1960 , logo de diferenzas coa xerarquia eclesiastica, especialmente con dous bispos que se inmiscian na vida politica opondose a calquera candidato que desexase legalizar os preservativos . Para Illich entre a bomba atomica e os preservativos, a Igrexa erra de branco.

En 1961 , fundou o Centro para a formacion intercultural en Cuernavaca ( Mexico ) que se convertera no reconecido CIDOC (Center for Intercultural Documentation), que funcionou entre 1966 e 1976 . Logo da sua clausura, Illich volveu vivir en Europa , dando clases de historia da Alta Idade Media en Bremen .

Faleceu no ano 2002 por mor dun tumor, que decidira voluntariamente asumir ate o final, e ao que resistiu 20 anos.

Teorias [ editar | editar a fonte ]

Monopolio radical [ editar | editar a fonte ]

Inventor do concepto de monopolio radical (cando un medio tecnico e ou parece demasiado eficaz, crea un monopolio e impide o acceso de medios mais lentos, como, p.ex., as autoestradas confrontadas coa marcha a pe): "Cando unha industria se abroga o dereito de satisfacer, soa, unha necesidade elemental, ate ir mais alo dun obxecto de resposta individual, produce un tal monopolio. O consumo obrigatorio dun ben que consome moita enerxia (o transporte motorizado) restrinxe as condicions de goce dun valor de uso sobreabundante (a capacidade innata de transito)" ( Enerxia e equidade , 1975).

Contraprodutividade [ editar | editar a fonte ]

A principal nocion illichiana e o concepto de contraprodutividade , que describe un fenomeno embarazoso: cando acadan un estadio critico (e estan en situacion de monopolio), as grandes institucions das nosas modernas sociedades industriais, erixense as veces sen decatarse en obstaculos para o seu propio funcionamento: a medicina dana a saude (eliminando a enfermidade as veces en prexuizo da saude do paciente), os transportes e a velocidade fan perder o tempo, a escola embrutece, as comunicacions tornanse tan densas e invasoras que ninguen escoita ou non pode facerse escoitar etc.

Pensador da ecoloxia politica , loitou contra o sistema automobilistico e contra todos os medios de transporte demasiado rapidos que xulgaba alienantes e ilusorios. Por exemplo, calculou que tendo conta dos tempos medios pasados en traballar para adquirir un automobil e facer fronte aos gastos que aparella, e non so o tempo pasado en conducir, a velocidade do tal bolido era de 6 km/h. En efecto, un norteamericano consagraba en media, durante os anos 1970 , 1.600 horas por ano para o seu vehiculo e non percorria mais de 10.000 km durante o ano [ 1 ] . Illich estaba tamen en contra dos nosos sistemas de saude e de escola obrigatoria, que consideraba como utiles non-convivenciais .

A convivencialidade [ editar | editar a fonte ]

Traballou en crear vias cara a outras posibilidades, que se explican, segundo el, por un retorno aos utiles non-convivenciais , que opuna as maquinas. O util acepta varios usos, as veces afastados do seu sentido orixinal, e que son a expresion libre do que os utiliza. Cunha maquina o ser humano volvese servidor, o seu papel limitase, en adiante, a facer funcionar unha maquina construida cunha finalidade precisa.

Pode haber unha proximidade entre a idea da convivencialidade de Illich coa relacion autonomia e heteronomia ligada aos valores de uso e de cambio marxistas e a idea de union-co-mundo de Erich Fromm .

Pode considerarselle, xunto co seu amigo Jacques Ellul , como un dos principais inspiradores dos conceptos de ≪ post-desenvolvemento ≫ (difundido por autores que traballaran con Illich, tales Majid Rahnema ou Gustavo Esteva ), de ≪ simplicidade voluntaria ≫ e mais recentemente de ≪ crecemento sustentabel ≫.

Orixe do mundo moderno [ editar | editar a fonte ]

No libro River north of the future : the testament of Ivan Illich as told to David Caryley , Illich relata unha vision particular da historia. Para el, as institucions actuais que se postulan universais e estabelecen un monopolio radical son herdeiras do catolicismo .

A proposito da escola: ≪Cada pobo ten as suas danzas da choiva e os seus ritos de iniciacion, mais nunca un rito que reclame a sua validez universal, un procedemento que se presente a si mesmo como destino inevitabel para todo o mundo e en todos os paises≫. A escola tornouse, consonte Illich, nunha relixion universal, e en tanto que tal, testemuna a sua herdanza da primeira institucion que declarou os seus servizos e os seus ministerios como a unica via para a saude: a Igrexa catolica romana.

Para Illich, segundo o adaxio corruptio optimi quae est pessima (≪a corrupcion do mellor convertese no peor≫), o mundo moderno non e nin o cumprimento do cristianismo, nin a sua negacion, senon ante todo a sua perversion. As novas liberdades que Xesus nos trouxo fixeron posibles os novos excesos. Ao liberaren o ser humano de antigas tradicions e de costumes etnicos (liberdade manifestada, segundo Illich, na parabola do samaritano, que transgride as convencions para axudar e escoller o seu proximo), o home perde igualmente a devasa que aqueles podian representar.

Obras [ editar | editar a fonte ]

En ingles:

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Antivoitures.free.fr: Vers l’automobile immobile" . Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012 . Consultado o 01 de xullo de 2012 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • David Cayley, Entretiens avec Ivan Illich , Bellarmin, Saint-Laurent, Quebec, 1996.
  • Gabbard, D. A., Silencing Ivan Illich : A Foucauldian Analysis of Intellectual Exclusion . Nova York: Austin & Winfield, 1993 ISBN 1880921170

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]