Individuo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un individuo e unha unidade elemental dun sistema maior ou mais complexo. Respecto de dito sistema non ten sentido algo menor que un individuo. Por exemplo, respecto dunha sociedade humana non ten sentido algo menor que unha persoa .

En metafisica , a palabra individuo, se ben algunhas veces significa "unha persoa ", mais frecuentemente designa calquera cousa numericamente singular. "Individuo", en canto elemento do vocabulario filosofico e un termo moi usado que se adoita encontrar en compania de " particular " (de feito moitas veces tratase como sinonimo de particular, ainda que un se pregunta se os particulares abstractos se poden contar como individuos) e asi usase en contraposicion con " universal "

O individuo e unha unidade, cadaquen e un ser diferente que posue intelixencia .

Unha famosa obra sobre os individuos e a sua individualizacion e a escrita por P. F. Strawson ,Individuals: An essay in Descriptive Methaphysics(Londres: Methuen & Co.Ltd., 1959; Nova York: Anchor 1963)

Na vida diaria un individuo e un conxunto de pensamentos e accions que se considera coma unha entidade. Adoitase considerar a un individuo responsable das suas accions.

Pero non obstante, ocorre que despois de accidentes e enfermidades que causaron dano cerebral , os pensamentos e accions dun corpo tornanse tan drasticamente distintas que moita xente non opina que este corpo manten o mesmo individuo.

No pasado as persoas non se consideraban responsables polos danos causados en estado de embriaguez . Aparentemente considerabase que nese estado o corpo non manten o mesmo individuo que en estado sobrio.

Podese suponer que a tolemia transitoria podelle acontecer a calquera, e daquela o individuo normal e considerado ausente do corpo e polo tanto non responsable.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]