Sociedade

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Colmea de abellas.

A sociedade e o conxunto de individuos que comparten fins , condutas e cultura , e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituir un grupo ou unha comunidade . Existen sociedades animais como as sociedades de formigas ou as de primates cuxo estudo realizao a sociobioloxia ou a etoloxia social. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais , principalmente a socioloxia e outras como a antropoloxia e a economia . Modernamente, existe un interese da fisica , desde a perspectiva de sistemas complexos , polo estudo de fenomenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofisica e a econofisica . Nun sentido ainda mais amplo, falase de sociedade virtual referida os fenomenos que se xeran e observan en grupos baixo interaccion no ciberespazo , sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de automatas, de criaturas dixitais etcetera.

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

O vocabulo "sociedade" procede da palabra latina societas , que a sua vez deriva do substantivo socius ("camarada, amigo, aliado"), empregado para describir unha ligazon ou interaccion entre partes que son amistosas ou polo menos civilizadas.

Sociedades animais [ editar | editar a fonte ]

Ao estudar as sociedades de animais , a etoloxia preocupase da conduta, do instinto e das relacions co medio, asi como o descubrimento das pautas que guian a actividade innata ou aprendida das diferentes especies de animais sociais .

Entre os tipos de sociedades animais o nivel mais alto de organizacion social e o de eusocialidade , presente nalguns grupos de insectos, como as formigas , os termites e algunhas especies de abellas , asi como en vertebrados como o Heterocephalus glaber .

O vocabulo sociedade empregase indistintamente para referirse a comunidades de animais e de seres humanos. A diferenza esencial existente entre as sociedades animais e as humanas e, alen da sua complexidade, a presenza da cultura como trazo distintivo da sociedade humana. Non obstante, o estudo do comportamento de certas comunidades de chimpances permitiu identificar a transmision e mesmo a innovacion de trazos que foron definidos como culturais. [ 1 ]

Sociedades humanas [ editar | editar a fonte ]

En sociedades humanas, entendese por sociedade tamen a entidade de poboacion ou habitat , que considera os habitantes e a sua contorna, todo iso interrelacionado cun proxecto comun, que lles da unha identidade de pertenza. Asi mesmo, o termo connota un grupo con lazos economicos, ideoloxicos e politicos e supera ao concepto de nacion-estado (seria a sociedade occidental como unha sociedade de nacions etc).

Estas agrupacions distintas non poden ser concepcions abstractas, deben ter unha representacion nun medio, en xeral o territorio , e un alto grao de accion social conxunta. Noutro caso non poden ser obxecto dunha metodoloxia con metodos socioloxicos para a sua analise, e serian parte do conecemento filosofico, teoloxico e outros saberes non empiricos.

Ademais dos habitantes, a contorna e o proxecto societario, poden incorporarse outras categorias a definicion de sociedade segundo a especialidade do proxecto ou do seu grao de desenvolvemento; isto sera a tecnoloxia acadada nos medios de producion , desde unha sociedade primitiva con simple tecnoloxia especializada de cazadores (moi poucos artefactos) ata unha sociedade moderna con complexa tecnoloxia (moitos artefactos) practicamente en todas as especialidades. Estes estados de civilizacion incluiran o estilo de vida e o seu nivel de calidade que, asi mesmo, sera sinxelo e de baixa calidade comparativa na sociedade primitiva e complexo ou sofisticado con calidade comparativamente alta na sociedade industrial . A calidade de vida comparativamente alta e controversial pois ten aspectos subxectivos nos termos de como e percibida polos suxeitos.

A estrutura da sociedade cambia coa historia. Hai catro fases evolutivas: sociedades de cazadores-recolectores, onde se comparten tarefas especificas pero os roles poden cambiar rapidamente; sociedades tribais, onde o concepto de rango e posicion aparece a partir da division do traballo; as estratificadas e a civilizacion , que require un goberno complexo e abrangue un maior numero de poboacion.

Evolucion das sociedades [ editar | editar a fonte ]

Durkheim postula un evolucionismo unilineal: todas as sociedades humanas desenvolvense polas mesmas etapas que van cara a unha complexificacion crecente e unha racionalidade crecente. Todas as sociedades tenen o que se chama identica forma de fonte. Daquela as estruturas de parentesco, as relacions de traballo complicarianse; a racionalizacion aumentaria e a razon gobernaria cada vez mais campos sociais.

Por outra banda o sociologo Gerhard Lenski diferencia a organizacion das sociedades en funcion do seu nivel de tecnoloxia , a comunicacion e a economia:

  1. Caza e recoleccion.
  2. Agricultura sinxela.
  3. Agricultura avanzada.
  4. Industrial.
  5. Especial (por exemplo, as sociedades de pesca ou maritimas). [ 2 ]

Este sistema e similar a un anterior desenvolvido polo antropologos Morton H. Fried, teorico do conflito , e Elman Service , teorico da integracion, que estableceron un sistema de clasificacion para as sociedades en todas as culturas humanas, baseado na evolucion da desigualdade social e o papel do estado . Este sistema de clasificacion inclue catro categorias:

Adicionalmente:

  • A humanidade , sobre a que descansan todos os elementos da sociedade, incluindo as suas crenzas.
  • A sociedade virtual , baseada na sua identidade en lina.

Co tempo, algunhas culturas evolucionaron cara a formas mais complexas de organizacion e control. Esta evolucion cultural ten un profundo efecto nos padrons da comunidade. As tribos de cazadores-recolectores asentados arredor das reservas de alimentos de cada tempada chegaron a establecer aldeas agrarias . Mais tarde, as aldeas creceron ata converterse en vilas e cidades. As cidade converteronse en cidades-estado e en estados-nacion . [ 3 ]

Sociedades no ambito xuridico e economico [ editar | editar a fonte ]

No ambito xuridico e economico unha sociedade e aquela pola cal duas ou mais persoas obriganse a poner en comun dineiro , bens ou industria co animo de repartir entre si as ganancias . Neste caso denominase sociedade ou asociacion a agrupacion de persoas para a realizacion de actividades privadas, xeralmente comerciais. Os seus membros denominaselles socios .

O concepto amplo de sociedade [ editar | editar a fonte ]

O concepto amplo de sociedade, en contraposicion o concepto tradicional, entende que esa posta en comun de bens, esa estrutura creada entre duas ou mais persoas, pode non estar destinada esencialmente a obter un lucro , non sendo este animo un elemento esencial do referido contrato , por canto existen sociedades que poden responder a un interese particular distinto o dos seus socios.

A persoa xuridica e a organizacion de persoas (xuridicas ou naturais) con fins lucrativos ou non lucrativos e que cumpren certos requisitos ou formalidades para a sua inscricion. Tamen soportan as perdas, en igual proporcion as ganancias.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Eva Mosquera, ≪La 'cultura' de los chimpances.≫ , El Mundo , 30 de setembro de 2014.
  2. Lenski, Gerhard, 1974. Human Societies: An Introduction to Macrosociology.
  3. Effland, R. 1998. The Cultural Evolution of Civilizations. Arquivado 15 de maio de 2016 en Arquivo.pt.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]