Fronte Popular (Espana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Frente Popular ≫)

A Fronte Popular foi unha historica coalicion electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de Espana . O 16 de febreiro logran a vitoria nas ultimas eleccions democraticas durante a Segunda Republica , antes do golpe de estado que produciria a guerra civil .

A coalicion de esquerda-nacionalista [ editar | editar a fonte ]

A Fronte Popular de Espana, coalicion politica de republicanos de esquerda, socialistas e comunistas, ganou as eleccions celebradas o 16 de febreiro de 1936, mantendose no goberno ata o final da guerra civil espanola en 1939, con Manuel Azana como presidente da II Republica. No momento do golpe de estado a presidencia do Goberno era ocupada polo galego Casares Quiroga . Durante o franquismo seguiran mantendo a republica espanola no exilio .

Estaban entre outras organizacions o PSOE , o sindicato UXT , o PCE , o POUM , e os partidos republicanos Izquierda Republicana (IR) de Manuel Azana e a Union Republicana (UR) de Diego Martinez Barrio . O pacto estaba apoiado polos nacionalistas catalans como ERC e incluso (non explicitamente) pola central anarcosindicalista CNT . Con todo, moitos anarquistas que logo combaterian polo bando republicano, nas eleccions pediron a abstencion.

A coalicion entre socialistas, comunistas e nacionalistas republicanos tina un programa reformista, como a defensa das reformas sociais do primeiro goberno de 1931, que estaban sendo paralizadas ou eliminadas polo posterior goberno conservador. Tamen xurdia como resposta para pedir a liberacion dos detidos e sometidos a proceso por responsabilidades nos feitos acontecidos durante a Revolucion de Asturias en 1934, e ante o avance en Europa do nazismo de Hitler e o fascismo de Mussolini . Nese momento tamen en Francia gobernaba a Fronte Popular Francesa .

Resultado das eleccions [ editar | editar a fonte ]

As eleccions do 16 de febreiro de 1936 tiveron lugar con relativa calma malia a crispacion progresiva dos anos anteriores. Mobilizaronse aproximadamente uns 34.000 gardas civis e 17.000 gardas de asalto que velaban pola seguridade. Os resultados, presentados o dia 20, foron:

Censo : 13 553 710 electores

  • Votantes: 9 864 783 (72%)
  • Fronte Popular: 4 654 116 (34,3%)
  • Fronte Nacional: 4 503 505 (33,2%)
  • Centro: 400.901 (5,4%)
  • PNV : 125.714

Os principais partidos conservadores e monarquicos, aglutinaronse como resposta na Frente Nacional (en Cataluna , Fronte de Orde ou Front d'Ordre ) liderados polo partido gobernante da CEDA de Jose Maria Gil Robles , insistian en identificar a Fronte Popular como un pacto revolucionario bolxevique que liquidaria a nacion fronte as disputas rexionalistas ou as influencias da nova potencia comunista, a URSS . Poren, un detalle pouco importante como as discrepancias de Jose Antonio Primo de Rivera , lider do pequeno partido Falange Espanola , con Gil Robles, sera transcendente no futuro.

En maio Manuel Azana e elixido presidente da Republica, pero o PSOE coa oposicion do socialista Francisco Largo Caballero , non se une o goberno malia que o apoia tepedamente, pero aumenta o conflito e o extremismo do seu discurso, ponendo contra a parede o goberno formado polos partidos republicanos entre os extremistas mais conservadores e os mais esquerdistas.

Os escanos foron repartidos da seguinte maneira:

Fronte Popular:

  • PSOE: 88 deputados
  • IR: 79 deputados
  • UR: 34 deputados
  • ERC: 22 deputados
  • PCE: 14 deputados
  • Accio Catalana : 5 deputados
  • ORGA : 3 deputados
  • Outros: 18 deputados

Fronte Nacional:

Partidos de centro:

Cabe destacar o grande avance do PCE, escision do PSOE anos atras, que acadara o seu primeiro deputado por Malaga en 1933, e que agora contaba cun gran protagonismo na Fronte Popular. Asi mesmo, foi importante a desfeita do Partido Radical do republicano Alejandro Lerroux polo escandalo do estraperlo .

O triunfo electoral da Fronte Popular, malia que tivo unha escasa marxe, gozou de gran repercusion en Espana e en gran parte de Europa. Moitos xa miraban a Espana como o primeiro enfrontamento, que logo seria a escala global, do fascismo contra as principais potencias democraticas e os emerxentes movementos revolucionarios, sobre todo o comunismo .

A fin do goberno republicano e o comezo da ditadura [ editar | editar a fonte ]

O fracaso electoral dos conservadores, como xa pasara coa esquerda tralo seu fracaso nas eleccions de 1933, deu resultado a un doloroso fracaso e aumentou a radicalidade do discurso. Uns 15.000 afiliados nas mocidades da CEDA unense a Falanxe. Agora o novo lider dos conservadores sera o galego Jose Calvo Sotelo . A espiral de violencia progresiva promovida tanto polos partidos esquerdistas como por Falanxe e o seu lider Jose Antonio Primo de Rivera , fan que este se vexa arbitrariamente privado de inmunidade parlamentaria e detido, e as oficinas de Falanxe clausuradas. Pero isto non frea a xa caotica situacion. A violencia era agora o metodo para impor o discurso, tanto nas cidades como no rural.

En Estremadura o 25 de marzo uns 60.000 xornaleiros ocupan case 3.000 leiras, fartos do poder dos terratenentes e da fame. En Navarra os carlistas , protagonistas de duas guerras civis durante o seculo XIX en contra de gobernos liberais, rebelanse contra o goberno de centroesquerda pedindo un golpe de estado. Coas continuas advertencias e a ameaza dunha nova guerra civil , o goberno intenta illar os xenerais mais dereitistas, cun rotundo fracaso.

O 1 de maio, Dia internacional dos traballadores , exaltanse nos xa tradicionais desfiles dos sindicatos de esquerda discursos inflamados sobre todo por parte do novo lider do PSOE , alcumado o Lenin espanol: Largo Caballero. Durante unha das manifestacions, circulou o rumor de que unhas monxas deran caramelos envelenados a varios nenos, e grupos de exaltados responderon coa queima dun convento, ante a impotencia do goberno republicano.

O 13 de xullo de 1936 Jose Calvo Sotelo e asasinado por un grupo de policias e pistoleiros socialistas, entre eles un gardacostas de Indalecio Prieto , o que precipita os plans golpistas de diversos militares e organizacions dereitistas e fai que moitos ata enton indecisos se sumen a conspiracion.

O 18 de xullo producese o golpe de estado contra o goberno republicano, nun principio liderado polo xeneral Mola ?que asinaba como ≪o Director≫?, apoiado por alguns sectores de Falanxe pese a oposicion explicita de Jose Antonio e os carlistas. Entre os xenerais golpistas estaba o xeneral galego Francisco Franco que posteriormente se fai co poder dos rebeldes. Co fracaso do golpe de estado na maior parte do pais, e o apoio imprescindible das potencias fascistas europeas iniciase a ultima guerra civil espanola . Coa division das distintas organizacions moderadas e esquerdistas, enfrontadas acotio entre si e a ausencia de axuda por parte do resto de nacions democraticas ante o temor, logo real, de provocar a segunda guerra mundial , o goberno electo democraticamente debe abandonar o pais apos a fin da guerra en abril de 1939. Franco, nunha longa ditadura persoal, instalase no poder ata a sua morte en novembro de 1975.