Evan Rachel Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEvan Rachel Wood

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 7 de setembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Raleigh, Carolina do Norte, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Relixion educada no xudaismo
Educacion Laurel Springs School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion actriz Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1994 Editar o valor em Wikidata -
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Instrumento Voz Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Jamie Bell (2012?2014)
Parella Marilyn Manson Editar o valor em Wikidata
Pai Ira David Wood III (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Ira David Wood IV (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0939697 Allocine: 55701 Allmovie: p235707 TV.com: people/evan-rachel-wood
Facebook: officialevanrachelwood Twitter: evanrachelwood Instagram: evanrachelwood Spotify: 3MyB0MyKec3Jq0AH2llk7v Musicbrainz: aad38e08-baeb-49f0-af91-1ab3ec6d9e85 Discogs: 913909 Allmusic: mn0000122626 Deezer: 16975 Genius: Evan-rachel-wood Editar o valor em Wikidata

Evan Rachel Wood , nada en Raleigh o 7 de setembro de 1987 [ 1 ] , e unha actriz e cantante estadounidense . Comezou como actriz infantil a medidados da decada de 1990 e deuse a conecer internacionalmente en 2003 polo premiado papel protanista na longametraxe Thirteen . Traballou en mais de 30 producions cinematograficas e televisivas e dende 2016 encarna a Dolores Abernathy na serie de television Westworld .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Filla da actriz e directora Sara Lynn Moore, convertida ao xudaismo [ 2 ] [ 3 ] e de Ira David Wood III, actor e fundador e director artistico e executivo do teatro local Theatre In The Park [ 4 ] . Evan, cos seus irmans Dana e Thomas, estivo activamente implicada en Theatre In The Park, e asi xa apareceu aos poucos meses de nacer, en 1987, nunha comedia musical producida polo seu pai anualmente dende 1974 e adaptacion de A Christmas Carol [ 5 ] . De mais grandina, fixo de pantasma do pasado en varias producions do teatro de seu pai e, mais tarde, interpretou a Helen Keller canda sua nai (que facia de Anne Sullivan ) na producion teatral The Miracle Worker baixo a direccion de seu pai [ 6 ] . Seus pais separaronse en 1996 cando ela tina dez anos e algo despois divorciaronse. Evan foi vivir con sua nai ao condado dos Anxeles [ 7 ] . Educouse durante un tempo no fogar, con doce anos era cinto negro de taekwondo [ 8 ] e con quince recibiu o certificado de secundaria [ 9 ] .

Primeiros traballos profesionais: 1994-2000 [ editar | editar a fonte ]

Participou cando tina cinco anos nunha audicion para o papel de Claudia en Interview with the Vampire que finalmente encarnou Kirsten Dunst [ 10 ] e comezou a actuar de xeito profesional en 1994 ao aparecer cun pequeno papel no telefilme In the Best of Families: Marriage, Pride & Madness [ 11 ] que se rodou en Carolina do Norte e logo seguiu a realizar rodaxes de telefilmes, e en 1995-1996 actuou en tres episodios de American Gothic . En 1998-1999 tivo un papel regular na segunda e terceira tempadas, polo que rodou un total de 6 episodios, na serie de television Profiler [ 12 ] e escollerona para interpretar de xeito regular o papel de Jessie Sammler nas tres tempadas da serie Once and Again (1999-2002) [ 13 ] .

O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1997 ao ter a oportunidade de protagonizar o filme de baixo orzamento, Digging to China con Kevin Bacon , Cathy Moriarty e Mary Stuart Masterson . O filme ganou o premio do xurado infantil no Festival Internacional Infantil de Cinema de Chicago [ 14 ] . Nese ano tivo un papel en Practical Magic , unha pelicula do xenero de fantasia dirixida por Griffin Dunne e protagonizada por Sandra Bullock e mais Nicole Kidman [ 15 ] .

Primeiros exitos : 2001-2005 [ editar | editar a fonte ]

Evan en febreiro de 2005 no Festival de Sundance

Evan xa como adolescente debutou como protagonista no filme de 2001 Little Secrets , dirixido por Blair Treu , no que facia de Emily Lindstrom, unha aspirante a violinista de 14 anos, e polo que recibiu unha candidatura a mellor actriz nova protagonista nos premios Young Artist [ 16 ] . Tamen tivo un papel salientable no filme Simone que tivo estrea en 2002 e que constitue unha satira de ciencia ficcion que dirixiu Andrew Niccol e protagonizou Al Pacino e Catherine Keener .

En 2003 protagonizou o filme Thirteen que se converteu no seu primeiro exito e no que lle deu vida a Tracy Louise Freeland, unha das duas adolescentes que na trama caen nunha espiral de drogas, sexo e delincuencia. A sua interpretacion valeulle unha candidatura a mellor actriz nos Globo de ouro e outra como mellor actriz nos do Sindicato de Actores .

En xullo de 2003 apareceu, con outras actrices, na portada da revista Vanity Fair como unha das It Girls de Hollywood [ 17 ] Nese ano tivo tamen un papel destacado no filme de Ron Howard Desaparicions protagonizado por Cate Blanchett e Tommy Lee Jones e no que encarnou a filla secuestrada, Lilly Gilkeson, e unha aparicion nun episodio de CSI: Crime Scene Investigation .

En 2005 apareceu en The Upside of Anger de Mike Binder con Kevin Costner e Joan Allen , un filme con boas criticas no que interpretaba a Lavander "Popeye" Wolfmeyer, unha das catro irmas que tina que se enfrontar a ausencia do pai e que ademais facia de narradora da historia [ 18 ] . As suas seguintes duas interpretacions foron en filmes independentes de baixo orzamento, Pretty Persuasion foi en 2005 candidata ao premio do Gran Xurado no Festival de Cinema de Sundance , nesta comedia negra e satirica centrada no acoso sexual, a discriminacion nas escolas e as actitudes sobre as mulleres nos medios de comunicacion e mais na sociedade , Wood encarnaba a Kimberly Joyce, unha unha estudante adolescente de secundaria manipuladora e sexualmente activa. Dese ano e Down in the Valley que dirixiu David Jacobson , a sua personaxe, Tobe, namorase dun home mais vello, un cowboy que non concorda coa sociedade moderna ( Edward Norton ).

E tamen en 2005 participou en video musicais de Bright Eyes : "At the Bottom of Everything" [ 19 ] e Green Day : " Wake Me Up When September Ends ". [ 20 ]

Consolidacion: 2006-2008 [ editar | editar a fonte ]

Evan no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2007

En xuno de 2006 The Guardian referiase a ela como unha das mellores actrices da sua xeracion [ 18 ] e en setembro dese ano recibiu o premio ao talento emerxente da revista Premiere [ 21 ] e en outubro foi a estrea de Running with Scissors , unha comedia dramatica coral dirixida por Ryan Murphy e na que Evan encarnaba a Natlie Finch. A pelicula estaba baseada no libro de memorias de Augusten Burroughs , un relato semiautobiografico da infancia de Burroughs nunha familia disfuncional, e foi candidata nos Globos de Ouro.

En setembro de 2007 foi a estrea de dous filmes nos que interpretaba a protagonista, King of California no Festival de Sundance [ 22 ] , unha historia dun musico de jazz con trastorno bipolar ( Michael Douglas ) e Miranda, a sua sufrida filla adolescente, que volven estar xuntos logo de pasar seu pai dous anos nunha institucion mental e sae coa teima quixotesca de procurar un tesouro espanol agochado na rexion. En Across the Universe , un filme musical de Julie Taymor que foi candidato a un Globo de Ouro e un Oscar e que esta ambientado en Liverpool , Nova York e Vietnam , e que se centra nas vidas de varios personaxes durante a contrarrevolucion cultural da decada de 1960. Basease na cancion homonima dos Beatles e ademais inclue 34 temas escritos orixinalmente polos membros do grupo. Evan, que describiu a musica dos Beatles como unha grande influencia na sua vida, afirmou que o seu papel, Lucy que manten nunha relacion con Jude ( Jim Sturgess ) [ 23 ] , fora o seu favorito [ 24 ] .

Evan mentres posa para a prensa no Festival Internacional de Cinema de Toronto en setembro de 2007

Evan foi a voz en 2008 dunha extraterrestre, de nome Mala, en Battle for Terra un filme animado de ciencia ficcion ambientado nun pacifico planeta que afronta a destrucion pola colonizacion dos desprazados do que queda da raza humana. A pelicula ganou en 2008 o gran premio no Festival Internacional de Animacion de Ottawa e tamen recibiu un premio Midnight no Festival Internacional de Cinema de San Franscisco con Elijah Wood [ 25 ] .

En 2008 rodou The Life Before Her Eyes de Vadim Perelman , un filme baseado na novela homonima de Laura Kasischke e que trata da amizade de duas adolescentes de personalidades opostas que se ven envolveitas nun tiroteo no seu instituto, ao estilo do de Columbine e tenense que enfrontar a unha escolla imposible. Evan encarnou a Diana adolescente, mentres Uma Thurman facia dunha Diana mais vella.

Nese ano coprotagonizou o filme do director Darren Aronofsky The Wrestler , que ganou un Leon de Ouro a Mellor Pelicula no Festival de Cine de Venecia , unha pelicula baseada na vida de Randy "Ram" Robinson ( Mickey Rourke ), un loitador profesional dende a decada de 1980, que tras un ataque ao corazon ha de se retirar xa que volver loitar suporia unha morte case segura. Evan fai de Stephanie, a filla de Robinson coa que case non ten relacion.

Exito no cinema e na television: 2009? [ editar | editar a fonte ]

Evan na estrea de Whatever Works en abril de 2009

Evan coprotagonizou Whatever Works de Woody Allen con estrea o 22 de abril de 2009 no Festival de Cinema de Tribeca e no que daba vida a nova esposa de Boris Yellnikoff ( Larry David ) [ 26 ] , un misantropo hipocondriaco. Con posterioridade laiouse por participar na pelicula e declarou que non habia traballar de novo con Woody Allen [ 27 ] . En maio de 2009 encarnou a Xulieta en seis funcions beneficas de Romeo and Julieta de William Shakespeare nunha producion que dirixiu seu irman en Theatre In The Park [ 28 ] .

En 2013 interpretou a Gabi no filme de suspense psicoloxico e romantico Charlie Countryman con Shia LaBeouf e mais Rupert Grint [ 29 ] e como actriz de voz participou como Marianne en 2015 no filme de animacion de Lucasfilm Strange Magic . Con Chris Evans realizou en 2016 un anuncio publicitario para as fragrancias Gucci Guilty Eau [ 30 ] . Dende 2016 encarna o androide Dolores Abernathy na serie de television de ciencia ficcion e oeste da HBO Westworld . Os criticos gabaron a sua actuacion como "espectacular", "un alarde" e dun "logro tecnico tremendo" [ 31 ] [ 32 ] [ 33 ] . En 2019 foi a voz da raina Iduna en Frozen II que constituiu un exito comercial. [ 34 ]

Musica [ editar | editar a fonte ]

Evan durante un acto no Comic-Con de San Diego en 2019

En 2012 gravou o tema "I'd Have You Anytime" para o cuarto CD de Chimes of Freedom: The Songs of Bob Dylan Honoring 50 Years of Amnesty International , unha recompilacion a beneficio da organizacion Amnistia Internacional e en 2016 actuou como duo electro-pop, Rebel and a Basketcase, co multiinstrumentista Zach Villa [ 35 ] [ 36 ] [ 37 ] , colaboracion que rematou en agosto de 2017 [ 38 ] e en 2018 formou un novo grupo conecido como Evan + Zane, co guitarrista-compositor Zane Carney [ 39 ]

En 2019 apareceu pola primeira volta no Billboard Hot 100 coa cancion "Show Yourself", un dueto con Idina Menzel para a banda sonora de Frozen II e que debutou na listaxe no numero 99 [ 40 ] e chegou ata ao 70 [ 41 ] .

Activismo [ editar | editar a fonte ]

En xuno de 2016 o grupo Human Rights Campaign lanzou un video en homenaxe as vitimas do masacre de Orlando; no video, Evan e outras celebridades narran historias de persoas que ali morreron [ 42 ] .

En febreiro de 2018 testemunou diante un subcomite xudicial da Camara de Representantes en apoio dunha lei federal de superviventes de agresions sexuais que fora vitima de violencia domestica e violacion [ 43 ] pero sen revelar o nome do seu agresor.

Tamen testemunou diante o Senado de California en abril de 2018 en apoio do proxecto de lei, redactado por ela, conecido como lei Phoenix de violencia domestica que o gobernador de California asinou como lei estatal en 2019 [ 44 ] . Coa nova regulacion estatal a prescricion dos delitos de violencia domestica pasou de tres a cinco anos; tamen require que os axentes de policia tenan formacion complementaria en violencia de relacions de parella.

En febreiro de 2021 publicamente afirmou que o seu agresor fora Marilyn Manson [ 45 ] , con quen mantivera unha relacion entre 2006 e 2010. Non obstante, o cantante negou todas as acusacions [ 46 ] .

Filmografia [ editar | editar a fonte ]

Cinema [ editar | editar a fonte ]

Ano Titulo Personaxe Notas
1997 Digging to China Harriet Frankovitz
1998 Practical Magic Kylie Owens
1998 Detour Daniella Rogers
2001 Little Secrets Emily Lindstrom
2002 Simone Lainey Christian
2003 Thirteen Tracy Louise Freeland
2003 The Missing Lily Gilkeson
2005 Pretty Persuasion Kimberly Joyce
2005 The Upside of Anger Lavender "Popeye" Wolfmeyer
2005 Down in the Valley October "Tobe"
2006 Asterix and the Vikings Abba (voz) Version en ingles
2006 Shark Bait Cordelia (voz)
2006 Running with Scissors Natalie Finch
2007 King of California Miranda
2007 The Life Before Her Eyes Young Diana McFee
2007 Battle for Terra Mala (voz)
2007 Across the Universe Lucy Carrigan
2008 The Wrestler Stephanie Ramzinski
2009 Whatever Works Melodie St. Ann Celestine
2010 The Conspirator Anna Surratt
2011 The Ides of March Molly Stearns
2013 Charlie Countryman Gabi Ibanescu
2013 A Case of You Birdie Hazel
2014 Barefoot Daisy Kensington
2015 Strange Magic Marianne (voz)
2015 Into the Forest Eva
2017 Allure Laura Drake
2018 Flavors of Youth Yi Lin (voz) Segmento: "Chiisana Fashion Show"
Version en ingles
2019 Frozen II Queen Iduna (voz)
2020 Kajillionaire Old Dolio Dyne
2020 Showbiz Kids Ela Documental
2020 Viena and the Fantomes Susi

Television [ editar | editar a fonte ]

Anto Titulo Personaxe Notas
1994 In the Best of Families: Marriage, Pride & Madness Little Susie Telefilme
1994 Search for Grace Young Sarah / Robin Telefilme
1995 Father for Charlie, A A Father for Charlie Tessa Telefilme
1995 Death in Small Doses Anna Telefilme
1995?96 American Gothic Rose Russell 3 episodios
1997 Get to the Heart: The Barbara Mandrell Story Jaime Dudney - 8 anos Telefilme
1998?99 Profiler Chloe Waters 6 episodios
1999 Down Will Come Baby Robin Garr Telefilme
1999?2002 Once and Again Jessie Sammler 55 episodios
2000 Touched by an Angel Sarah Radcliff Episodio: "Pandora's Box"
2002 West Wing, The The West Wing Hogan Cregg Episodio: "The Black Vera Wang"
2003 CSI: Crime Scene Investigation Nora Easton Episodio: " Got Murder? "
2009?11 True Blood Sophie-Anne Leclerq 8 episodios
2011 Mildred Pierce Veda Pierce Miniserie; 2 episodios
2013 Robot Chicken Rapaza / Nai (voz) Episodio: "Botched Jewel Heist"
2015 Doll & Em Evan 5 episodes
2016?22 Westworld Dolores Abernathy 3 tempadas
2018?19 Drunk History Varios 2 episodios
2019 What We Do in the Shadows Evan the Immortal Episodio: "The Trial"

Videos musicais [ editar | editar a fonte ]

Ano Titulo Cantante Notas
2005 " Wake Me Up When September Ends " Green Day
2005 "At the Bottom of Everything" Bright Eyes
2007 " Heart-Shaped Glasses (When the Heart Guides the Hand) " Marilyn Manson
2010 " Love Me Chase Me " Carney
2012 " I'd Have You Anytime " Ela
2015 " Can't Deny My Love " Brandon Flowers
2019 " Uneventful Days " Beck
2020 "Can I Be Your Friend ft. Evan Rachel Wood" Chevy Mustang

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "September 7 Famous Birthdays: Evan Rachel Wood, Michael Emerson & Buddy Holly" . Huff Post . 7 de setembro de 2011.  
  2. "Evan Rachel Wood: Dating Older Men 'Works For Me" . Parade . 15 de xuno de 2009.  
  3. Bloom, Nate (23 de xuno de 2009). "Interfaith Celebrities: Stallone's Jewish Grandfather" . 18 Doors .  
  4. "Who's Who" . Theatre In The Park .  
  5. Current Biography Yearbook 2009 . H. W. Wilson Company. 2009. p. 616.  
  6. Kappes, Serena, Amy Longsdorf e Nick White (9 de marzo de 2005). "Celeb Spotlight: Evan Rachel Wood" . People .  
  7. "Evan Rachel Wood: A Powerful Story to Tell" . ESME . Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021 . Consultado o 06 de febreiro de 2021 .  
  8. "Evan Rachel Wood On Tribeca Film ‘Case Of You,’ Coming Out As Bisexual, Her Pregnancy, and More" . The Daily Beast . 24 de abril de 2013.  
  9. Bradford R. Pilcher (outubro de 2006). "Evan Rachel Wood" . Atlanta Jewish . Archived from the original on 15 de xullo de 2012 . Consultado o 07 de febreiro de 2021 .  
  10. " ' When I was five I lost a part to Kirsten Dunst. I was heartbroken but it made me stronger': The world according to Evan Rachel Wood" . The Daily Mail . 27 de novembro de 2011.  
  11. "Evan Rachel Wood- Biography" . Yahoo Movies . Archived from the original on 08 de febreiro de 2012 . Consultado o 07 de febreiro de 2021 .  
  12. "These two child stars shared the role of Chloe Waters on Profiler" . Start TV . 14 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021 . Consultado o 07 de febreiro de 2021 .  
  13. Aurthur, Kate (26 de setembro de 2020). "Why Isn’t Evan Rachel Wood’s ‘Once and Again’ Available to Stream?" . Variety .  
  14. "Chicago International Children's Film Festival 1998 Awards" . IMDB .  
  15. Gina Carbone (18 de outubro de 2018). "Evan Rachel Wood Would Love a 'Practical Magic' Sequel Following Her Character" . Moviefone .  
  16. "Young Artist Awards. 2003 Awards" . IMDb .  
  17. Woolcott, James. "Teen Engines: Riding with the Kid Culture". Vanity Fair . (xullo de 2003) p. 157.
  18. 18,0 18,1 "Distress princess" . The Guardian . 24 de xuno de 2006.  
  19. "Evan Rachel Wood: Other Works" .  
  20. Green Day: Wake Me Up When September Ends (Video 2005) .  
  21. "Cate Blanchett gets Hollywood gong" . The Daily Telegraph . 22 de setembro de 2006. Archived from the original on 12 de outubro de 2007 . Consultado o 08 de febreiro de 2021 .  
  22. "Family Room Crowns "KING OF CALIFORNIA" at Sundance Film Festival." . AllBusiness . 10 de xaneiro de 2007. Archived from the original on 22 de xuno de 2008 . Consultado o 09 de febreiro de 2021 .  
  23. " ' Thirteen' no more: Evan Rachel Wood grows up" . CNN . 12 de setembro de2007. Archived from the original on 11 de outubro de 2007 . Consultado o 08 de febreiro de 2021 .  
  24. "Venus Zine: Evan Rachel Wood" Venus Zine Spring 2009
  25. "San Fran : Midnight with Evan Rachel Wood, Elijah Wood" . IndieWire . 26 de abril de 2009.  
  26. "Evan Rachel Wood: Wrestling With Fame" . Suicidegirls . 15 de decembro de 2008.  
  27. "Every actor who has publicly expressed regret for working with Woody Allen, so far" . Vox . 13 de marzo de 2018.  
  28. "Auditions Set for Evan Rachel Wood Led ROMEO & JULIET Benefit Run" . Broadway World . 19 de febreiro de 2009.  
  29. "Rupert Grint, Shia LaBeouf, Aubrey Plaza will star in ‘The Necessary Death of Charlie Countryman" . Hypable . 29 de maio de 2012.  
  30. "Exclusive: Evan Rachel Wood and Chris Evans' New Gucci Ad Is So Steamy, It Could Melt Snow" . Glamour . 26 de xaneiro de 2016.  
  31. Emily Nussbaum (24 de outubro de 2016). "The Meta-Politics of “Westworld”" . The New Yorker .  
  32. James Poniewozik (18 de abril de 2018). "Review: ‘Westworld’ Gets a Partial Upgrade for Season 2" . New York Times .  
  33. Emily VanDerWerff (9 de decembro de 2016). "TV’s 2 best performances in 2016 shared a surprising common trait" . Vox .  
  34. " ' Frozen 2' Box Office: All the Records Broken" . The Hollywood Reporter . 25 de novembro de 2019.  
  35. "Bio. Rebel and a Basketcase" . rebelandabasketcase .  
  36. "Evan Rachel Wood on How ‘Breakfast Club,’ Karaoke Habit Informed New Band" . RollingStone . 8 de xuno de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuno de 2018 . Consultado o 06 de febreiro de 2021 .  
  37. "Evan Rachel Wood & Zach Villa on Their New Band, How David Bowie Saved Wood's Life & More: Exclusive" . Billboard . 13 de xuno de 2016.  
  38. "Evan Rachel Wood Reportedly Ends Engagement to Fiance and Bandmate Zach Villa" . ET . 7 de setembro de 2017.  
  39. "Review: New Band Evan + Zane Hit Nashville Stage for the First Time" . Focus . 7 de xullo de 2018. Archived from the original on 09 de febreiro de 2019 . Consultado o 09 de febreiro de 2021 .  
  40. "Evan Rachel Wood Had a Very Good Reaction to Her Billboard Hot 100 Chart Debut" . Billboard . 3 de decembro de 2019.  
  41. "Show Yourself Idina Menzel & Evan Rachel Wood" . Billboard .  
  42. "49 celebrities honor the 49 victims of the Orlando shooting" . Vox . 12 de xuno de 2016.  
  43. Hamedy, Saba (27 de febreiro de 2018). " ' Westworld' star shares her story of sexual assault in emotional testimony" . CNN .  
  44. "Evan Rachel Wood’s Domestic-Violence Bill Was Signed Into Law" . Vulture . 10 de outubro de 2019.  
  45. Ryan, Maureen (1 de febreiro de 2021). "He "Horrifically Abused Me for Years": Evan Rachel Wood and Other Women Make Allegations of Abuse Against Marilyn Manson" . Vanity Fair .  
  46. Marilyn Manson (1 de febreiro de 2021). "Instagram Marilyn Manson · 1 feb. 2021 at 21:44" .