Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo o Confesor
, nado en 1003 e finado o
5 de xaneiro
de
1066
, foi
rei de Inglaterra
entre
1042
e
1066
. Fillo de
Etelredo II o Indeciso
e
Emma de Normandia
, foi un dos ultimos reis
anglosaxons
de
Inglaterra
e e xeralmente considerado como o ultimo rei da
casa de Wessex
.
[
1
]
[
2
]
Eduardo foi o sucesor de
Canuto Hardeknut
, fillo de
Canuto o Grande
, e restaurou o goberno da casa de Wessex, despois do periodo do mandato danes desde que Canoto conquistou Inglaterra en 1016. Cando Eduardo morreu en 1066, foi sucedido por
Haroldo Godwinson
, que foi derrotado e asasinado ese mesmo ano polos
normandos
, comandados por
Guillerme o Conquistador
, durante a
batalla de Hastings
.
[
3
]
Tradicionalmente describeselle como inxenuo e piadoso e crese que o seu reinado foi notable pola desintegracion do poder real en Inglaterra e o avance no poder da familia Godwin. Con todo, os seus biografos Frank Barlow e Peter Rex estan en desacordo, para eles Eduardo foi un rei eficiente, dinamico, enxenoso e as veces implacable, pero cuxa reputacion foi inxustamente embazada pola
conquista normanda
que aconteceu pouco despois da sua morte.
[
4
]
[
5
]
Outros historiadores consideran que esta imaxe e so parcialmente certa, pero que non o e en absoluto na ultima fase do seu reinado. En opinion de Richard Mortimer, o retorno dos Godwin desde o exilio en 1052, ≪significaba o fin efectivo do seu exercicio do poder≫. A diferenza no seu nivel de actividade en comparacion coa primeira parte do seu reinado ≪implica unha retirada das responsabilidades≫.
[
6
]
A Eduardo chamaselle confesor no sentido de
confesor da fe
, como se denomina na tradicion cristia a alguen que se cre que viviu unha vida santa pero que non foi un martir, en
latin
:
S. Eduardus Confesor rex Anglorum
, en contraposicion a S. Eduardus
Martyr
rex Anglorum.
[
7
]
Foi canonizado polo papa
Alexandre III
en 1161 e e conmemorado o
13 de outubro
pola
Igrexa de Inglaterra
e a
Igrexa catolica
en Inglaterra e Gales. san Eduardo foi un dos santos nacionais de Inglaterra ata que o rei
Eduardo III
adoptou como patron a
san Xurxo
aproximadamente en 1350.
[
8
]
- ↑
A numeracion dos monarcas ingleses comeza de novo despois da
conquista normanda
, o que explica por que os numerais asignados aos reis ingleses chamados Eduardo comenzan con
Eduardo I de Inglaterra
e non incluen a Eduardo el confesor (que foi o terceiro rei Eduardo).
- ↑
O seu,
Haroldo Godwinson
, era da casa de Godwin.
Edgar Atheling
, o herdeiro lexitimo de Eduardo, foi proclamado rei despois da
batalla de Hastings
en 1066, pero nunca gobernou e foi deposto despois de oito semanas.
- ↑
"King Harold of Wessex"
. Arquivado dende
o orixinal
o 20 de febreiro de 2014
. Consultado o 09 de outubro de 2018
.
- ↑
Barlow, Frank.
≪Edward the Confessor≫
(en ingles).
Oxford Dictionary of National Biography
, 2004.
- ↑
Rex, Peter (2008).
King and Saint: The Life of Edward the Confessor
, The History Press, p. 224.
- ↑
Mortimer,
Edward the Confessor
, p. 29.
- ↑
Rex, p. 226
- ↑
Summerson, Henry (2004). ≪
Saint George
≫ (en ingles).
Oxford Dictionary of National Biography
.