한국   대만   중국   일본 
Eduard Suess - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eduard Suess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduard Suess

(1890) Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 20 de agosto de 1831 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte 26 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Marz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Landtag of Lower Austria (en) Traducir
Member of Abgeordnetenhaus (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Austriaco
Imperio Austrohungaro
Austria Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Tecnica de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Xeoloxia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Viena Editar o valor em Wikidata
Ocupacion paleontologo , profesor universitario , politico , xeologo Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Liberal Alemao (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Alumnos Rudolf Hoernes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Franz Eduard Suess (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Friedrich Sueß (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Suess-119
Suess foi o o descubridor da existencia do bloque continental Gondwana .

Eduard Suess , nado en Londres , Reino Unido , o 20 de agosto de 1831 e finado Viena , Imperio Austrohungaro , o 26 de abril de 1914 , foi un xeologo austriaco experto na xeografia dos Alpes .

E o responsabel do descubrimento de duas signifidas caracteristicas xeograficas xa perdidas, o supercontinente Gondwana (proposto en 1861) e o Oceano Tetis (proposto en 1901).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Nado en Londres , Inglaterra, era o fillo mais vello de Adolph Suess, un comerciante luterano de Saxonia [ 1 ] e Eleonore Zdekauer. Aos tres anos a sua familia mudouse a Praga , e despois, cando Suess tina 14 anos, a Viena . Interesado desde mozo na xeoloxia , publicou o seu primeiro traballo aos 19 anos sobre a xeoloxia de Karlsbad (hoxe Karlovy Vary , na Republica Checa ).

En 1855 casou con Hermine Strauss, a filla dun prominente medico de Praga. No seu matrimonio tivo cinco fillos e unha filla. [ 1 ]

Die Enststehung der Alpen [ editar | editar a fonte ]

Suess tina 44 anos cando publicou Die Enststehung der Alpen , en 1875 . Dito libro so tina 168 paxinas e ningunha ilustracion. Baseasabase principalmente nas observacions que fixera en Bohemia (actual Republica Checa ) e nos Alpes orientais . Os xeologos contemporaneos reconeceron o seu valor e o libro efectivamente revolucionou o estudo da tectonica . Con Die Enststehung der Alpen Suess mostra que a estratigrafia e a xeoloxia estrutural poden empregarse para estudar a oroxenese . No libro tamen queda claro que as oroxenias son fenomenos que deben eternderse a unha escala global. O historiador da ciencia A. M. Celal ?engor sinala que Suess resalta pola sua orixinalidade e gran capacidade de sintese no libro. [ 2 ]

No libro rexeita a tese da elevacion vertical das cordilleiras como resultado da elevacion de "nucleos cristalinos". Respecto aos Alpes, Suess enfatiza a importancia dos movementos horizontais sobre os veriticais. Tamen se constata que as cordilleiras son asimetricas e a sua verxencia varia. En Die Enststehung der Alpen Suess postula que as cordilleiras formanse inicialmente pola aparicion dunha falla ou pregamento perpendiculares a direccion da presion lateral terminando no cabalgamento dun lado sobre o outro, do que resulta unha asimetria. [ 2 ]

En Die Enststehung der Alpen Suess mostra unha postura critica sobre o uso de episodios de oroxenese como base para subdividir a historia xeoloxica en eras. En troques, suxire que as transgresions e regresions marinas poden servir mellor para tal proposito. [ 2 ]

Das Antlitz der Erde [ editar | editar a fonte ]

Entre 1883 e 1909 Suess publicou os catro tomos da sua magna obra Das Antlitz der Erde (A Face da Terra). Nela postula que as oroxenias debense a contraccion da Terra . A contraccion non e uniforme, segundo Suess, asi que as zonas que mais se contraen afundiron cara ao interior formado as enormes depresions que hoxe ocupan os oceanos . Ao diminuir a zona da superficie terrestre xerarianse movementos tanxenciais que, segundo Suess, explicarian a compresion reflectida nas oroxenias. Asi e todo, no ultimo tomo de Das Antlitz der Erde Suess reconece que unha contraccion do planeta non e suficiente para explicar a compresion vista nalguns oroxenos. [ 3 ]

Principais obras [ editar | editar a fonte ]

E. Suess circa 1890.
  • Boehmische Graptolithen (Os graptolitos de Bohemia ) (1852)
  • Uber die Brachiopoden der Kossener Schichten (1854)
  • Der Boden der Stadt Wien (1862)
  • Ueber den Loess (1866)
  • Die Entstehung der Alpen (O nacemento dos Alpes ) (1875)
  • Das Antlitz der Erde (A face da Terra) (1885?1909)
  • Die Zukunft des Silbers (1892)
  • Erinnerungen (1916)

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Suess esta considerado un dos primeiros expertos en ecoloxia .

Publicou de 1885 a 1901 unha sintese comprensiva das suas ideas co nome de Das Antlitz der Erde , obra que se converteu nun influente libro de texto durante varios anos.

Nos seus traballos Suess introduciu tamen o concepto de biosfera , [ 4 ] que logo foi estendido por Vladimir Vernadskii en 1926 .

Foi galardoado coa Medalla Copley da Royal Society en 1903 .

O crater lunar Suess, [ 5 ] asi como un crater de impacto en Marte foron nomeados na sua honra.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Kemp, J. F. (1914). "Science: Edward Suess" . The Nation (en ingles) (Nova York: New York Evening Post) 98 (2553): 671 . Consultado o 05-08-2016 .  
  2. 2,0 2,1 2,2 ?engor, A. M. Celal (1982). "Classical theories of orogenesis". En Miyashiro, Akiho; Aki, Keiiti; ?engor, A. M. Celal. Orogeny . John Wiley & Sons. pp.  9 -13. ISBN   0471103764 .  
  3. ?engor, A. M. Celal (1982). "Classical theories of orogenesis". En Miyashiro, Akiho; Aki, Keiiti; ?engor, A. M. Celal. Orogeny . John Wiley & Sons. pp.  17 -18. ISBN   0471103764 .  
  4. Suess, Eduard (1875) Die Entstehung der Alpen . Viena: Wilhelm Braumuller. Pax. 159.
  5. Andersson, L. E.; Whitaker, E. A. (1982). NASA Catalogue of Lunar Nomenclature . NASA RP-1097.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]