Eartha Kitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEartha Kitt

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (en) Eartha Mae Kitt Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (en) Eartha Mae Keith Editar o valor em Wikidata
17 de xaneiro de 1927 Editar o valor em Wikidata
North (Estados Unidos de America) Editar o valor em Wikidata
Morte 25 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Weston (Estados Unidos de America) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Grupo etnico Afroamericano Editar o valor em Wikidata
Educacion High School of Performing Arts (en) Traducir
Lycee Francais de Los Angeles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion actriz , actriz de dobraxe , humorista , bailarina , cantante , musica , artista discografico Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1943 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Katherine Dunham Company (en) Traducir (1943?1948) Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Vocal jazz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Tesitura Contralto Editar o valor em Wikidata

Instrumento Voz Editar o valor em Wikidata
Selo discografico RCA Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe John W. McDonald
Premios

Paxina web earthakitt.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0457755 Allocine: 33317 Rottentomatoes: celebrity/eartha_kitt Allmovie: p38591 42681 TV.com: people/eartha-kitt IBDB: 48248
Facebook: TheEarthaKitt Bandcamp: earthakitt Spotify: 1AwO9pWEBSBoWdEZu28XDC Musicbrainz: 02b4a39e-04c0-4eb7-a0eb-c919f3d14154 Songkick: 198025 Discogs: 16748 Allmusic: mn0000162930 WikiTree: Keith-4847 Find a Grave: 32398636 Deezer: 5219 Genius: Eartha-kitt Editar o valor em Wikidata


Eartha Kitt , nada o 17 de xaneiro de 1927 en Carolina do Sur e finada en Connecticut o 25 de decembro de 2008 foi unha actriz de series e cabare , humorista e cantante de jazz estadounidense .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Filla dunha nai solteira, nacida nunha antiga rexion de escravitude e vitima de maltrato na sua infancia, Eartha Kitt forxou un caracter vigoroso, temperamental e rebelde que a fixo famosa e iso por outro lado tamen lle causou alguns problemas profesionais. Desenvolveu unha longa carreira en Estados Unidos e Europa , permanecendo activa practicamente ate os seus ultimos dias, cando sufria de cancro de colon .

Infancia e orixes familiares [ editar | editar a fonte ]

Naceu como Eartha Mae Keith nunha granxa de algodon en North, unha pequena cidade preto de Columbia no condado de Orangeburg ( Carolina do Sur ). O seu pai era branco , de ascendencia alema e holandesa , e a sua nai tina sangue cheroqui e afroamericana , sendo ela considerada negra pola regra dunha gota . [ 1 ]

Segundo a propia Eartha, naceu como resultado dunha violacion ; a sua nai foi forzada por un dos donos do predio onde traballaba. [ 2 ]

Eartha foi criada pola sua tia, Anna Mae Riley, quen a enganou para dicirlle que era a sua nai. Despois foi entregada (segundo o seu relato, como escrava ) a unha familia que a trataba con malos tratos e pasividade. A morte da sua tia, Eartha foi enviada a Nova York para reunirse coa sua nai real, Mamie Kitt. Nunca chegou a conecer ao seu pai, que debia de ser fillo dos donos da plantacion onde naceu. Esta informacion e dubidosa, xa que alguns necroloxicos publicados con motivo da sua morte afirman que o pai de Eartha Kitt era " un pobre agricultor de algodon ".

Eartha escribiu tres autobiografias, unha delas chamada como o seu album "I'm still here". [ 3 ]

Carreira como actriz [ editar | editar a fonte ]

Eartha Kitt fixo o seu debut artistico como bailarina na compania de Katherine Dunham e chegou a actuar ante a familia real britanica en 1948 . Ese mesmo ano debutou no cine coa pelicula Casbah e obtivo o seu primeiro papel protagonista grazas a Orson Welles , que dixo dela que era a muller mais excitante do mundo [ 4 ] , interpretando a Helena de Troia nunha producion teatral.

En 1952 participou con duas cancions nun musical escenico, New Faces of 1952 , que se converteria nunha pelicula de 20th Century Fox como New Faces ( 1954 ). Mais tarde protagonizou outro musical de Broadway, Shinbone Alley , onde volveu colaborar con Orson Welles. Foi enton cando se rumoreou un romance entre eles, que Kitt negara a Vanity Fair en 2001 .

En 1958 , Eartha Kitt rodou con Sidney Poitier The mark of the Hawk e con Nat King Cole St. Louis Blues , e durante os proximos anos continuou traballando en peliculas e espectaculos con Nat King Cole e Eddie Murphy . Na sua vellez fixo dobraxes para peliculas de debuxos animados .

Debut como Catwoman en Batman en 1967

De Catwoman ao "desterramento" [ editar | editar a fonte ]

En 1964 , Eartha axudou a abrir o teatro Circle Star en San Carlos, California e aumentou a sua fama ao ser elixida como Catwoman na serie de television Batman . A sua eleccion foi substituir a Julie Newmar , pero debido a sua pel negra, dise que o publico non a aceptou e apenas chegou a gravar tres episodios. En 2004 , este tabu racista foi superado coa eleccion de Halle Berry para a pelicula Catwoman . A pesar da sua rapida eliminacion da serie, Eartha fixose conecida pola sua risa e "ruxe" aspero.

En 1968 , Eartha Kitt experimentou un serio reves profesional, tras un incidente durante un banquete na Casa Branca ao que acudiu en xaneiro, durante a administracion de Lyndon B. Johnson , despois de ela facer declaracions antiguerra durante un xantar da Casa Branca . [ 5 ] A Primeira dama Lady Bird Johnson preguntoulle a Kitt sobre a Guerra de Vietnam . Ela respondeu: "Envias o mellor deste pais para ser fusilado e mutilado. Non e de estranar que os nenos se rebelen e tomen 'pot' ( marihuana )." Durante unha sesion de preguntas e respostas, Kitt afirmou:

Os fillos de America non se estan rebelando sen motivo. Non son hippies sen ningun motivo. Non temos o que temos en Sunset Blvd. sen motivo. Estan rebelandose contra algo. Hai tantas cousas queimando a xente deste pais, especialmente as nais... Elas senten que van criar fillos ? e sei como e, e vostede ten fillos propios, senora Johnson ? criamos fillos e enviamolos a guerra.

Segundo informou, os seus comentarios fixeron que a Sra. Johnson rompese a chorar. Seymour Hersh descubriu un expediente difamatorio da CIA sobre Kitt en 1975 . Hersh publicou un artigo sobre o expediente en The New York Times . O expediente contina comentarios sobre a vida sexual e a historia familiar de Kitt, xunto con opinions negativas sobre ela que tinan antigos companeiros. A resposta de Kitt ao expediente foi dicir: "Non entendo de que se trata isto. Creo que e noxento" . [ 6 ] Tras o incidente, Kitt dedicou as suas enerxias as actuacions en Europa e Asia .

Carreira como cantante [ editar | editar a fonte ]

Cantante talentosa, cunha voz peculiar, moitas das suas cancions fixeronse famosas tanto en ingles como en frances, idioma que ela dominaba polas suas actuacions en Europa . As suas gravacions mais exitosas incluen C'est si bon , Love For Sale ", Let's Do It , Je cherche un homme e sobre todo Santa Baby ( 1953 ), unha cancion de Nadal que seria versionada por Madonna en 1987 .

A sua faceta musical repuntou a mediados dos anos 80 , con cancions de musica dance como Where Is My Man ou This Is My Life , e continuou participando no cine ate os seus ultimos anos.

Fixo unha version en lingua inglesa chamada Black Little Angels [ 7 ] do bolero Angelitos Negros popularizado polo cubano de orixe galega Antonio Machin , con letra do poema Pintame angelitos negros do venezolano Andres Eloy Blanco Meano , tamen de orixe galega. [ 8 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Eartha Kitt, Stage, and Screen Singer born" . African American Registry (en ingles ) . Consultado o 2022-05-02 .  
  2. "Wow, Eartha Was Born On A Plantation, Picked Cotton & Dad Is A White..." . I Love Old School Music (en ingles ) . 2015-06-05 . Consultado o 2022-05-02 .  
  3. Kitt, Eartha (1989-09). I'm Still Here . Sidgwick & Jackson Ltd.  
  4. Messer, Kate X. (21 de xullo de 2006). "Just An Old Fashioned Cat" . The Austin Chronicle .  
  5. Buck, Stephanie (2017-03-13). "The black actress who made Lady Bird Johnson cry" . Medium (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2017 . Consultado o 2022-05-02 .  
  6. Hersh, Seymour (3 de xaneiro de 1975). "CIA in 68 gave secret service" . The New York Times .  
  7. "Eartha Kitt- Black Little Angels-Angelitos Negros" . Consultado o 2022-05-02 .  
  8. "Biografia Mosqueira Manso" . enciclopediadaemigraciongalega.com . Consultado o 2022-05-02 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]