Delhi

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaDelhi
?????? (hi)
????? (sa)
???? (sd)
???? (ur) Editar o valor em Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  28°42′N 77°12′L  /  28.7, 77.2 Coordenadas : 28°42′N 77°12′L  /  28.7, 77.2
Pais India
Territorio da Uniao (pt) TraducirNational Capital Territory of Delhi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 26.495.000 (2016) Editar o valor em Wikidata (17.853,77 hab./km² )
Lingua usada lingua punjabi
Bauria (en) Traducir
Linguas tibetanas centrais (pt) Traducir
Lingua mewari (pt) Traducir
Kanjari (en) Traducir
Sansi (en) Traducir
Mala Malasar (en) Traducir
lingua hindi
Lingua braj (pt) Traducir
Lingua maithili
Lingua sanscrita
Lingua bhojpuri
Hariani (pt) Traducir
Lingua awadhi
Lingua sindhi
Lingua tibetana
Gade Lohar (en) Traducir
Lingua gaddi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 1.484 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 200 m Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion decada de 500 a. C. Editar o valor em Wikidata
Evento clave
19 de outubro de 1804 Siege of Delhi (en) Traducir
21 de setembro de 1857 Siege of Delhi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Xefe do goberno Shelly Oberoi (en) Traducir (2023?) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 110000?110999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Facebook: DelhiGovDigital Twitter: DelhiGovDigital Instagram: delhigovdigital BNE: XX452221 Editar o valor em Wikidata

Delhi (en hindi : ??????, Dilli , e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi ) e unha cidade e un territorio da Union da India . [ 1 ] [ 2 ] Esta rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha area de 1 484 km². Segundo o censo de 2011, a poboacion da cidade de Delhi era de mais de 11 millons de persoas, [ 3 ] sendo a segunda cidade mais grande da India despois de Bombai , mentres que a poboacion total de todo o territorio e de mais de 16,8 millons. [ 4 ] A area urbana de Delhi estendese fora dos limites do territorio e inclue unha poboacion estimada de 26 millons de persoas nunha area conecida como Rexion do Territorio da Capital Nacional, que inclue as cidades de Faridabad , Gurgaon , Noida e Ghaziabad , sendo a segunda area urbana meirande do mundo segundo a Organizacion das Nacions Unidas . [ 5 ] Estimacions de 2016, situan a economia metropolitana de Delhi como a segunda mais produtiva da India. [ 6 ] Delhi e a segunda cidade india mais rica despois de Bombai , cunha riqueza total de $450 billons, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios. [ 7 ]

Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o seculo -VI . [ 8 ] Durante a maior parte da sua historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruida varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi e un conxunto de varias cidades espalladas pola rexion metropolitana. Un territorio da union, a administracion politica do territorio de Delhi asemellase mais a un estado da India, coa sua propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno . Nova Deli e administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e e a sua vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiaticos en 1951 e 1982 , respectivamente, asi como sede da reunion Movemento de Paises Non Alinados de 1983, o Campionato Mundial de Hockey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunion dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Cricket de 2011 .

Delhi e tamen o centro da Rexion da Capital Nacional (RCN), que e unha area 'rexional interestatal' creada en 1985. [ 9 ] [ 10 ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

A etimoloxia de "Delhi" e incerta, mais existen moitas posibilidades. A posibilidade mais comun e que o seu eponimo sexa Dhillu ou Dilu , un rei da dinastia Mauria , que construiu a cidade en -50 e deu nome a cidade. [ 11 ] [ 12 ] [ 13 ] A palabra hindi / pracrita dhili ("frouxo") era usada polos Tuar Rajputs para se referir a cidade por causa do piar de ferro construido polo Raxa Dhava, que tina un fraco alicerce e foi substituido. [ 13 ] As moedas en circulacion na rexion na epoca dos Rajputs eram chamadas dehliwal . [ 14 ] Alguns outros historiadores acreditan que o nome deriva de Dilli , unha variacion de dehleez ou dehali ? hindi para "entrada" ? que designaba a cidade como porta de entrada para a chaira indoganxetica . [ 15 ] Outra teoria suxire que o nome orixinal da cidade era Dhillika. [ 16 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ao longo da historia Delhi e mais ben, lugar de cidades, ata oito cidades relevantes se contabilizan nunha area triangular de 14 km ao longo da ribeira occidental do rio Yamuna por 10 km ata os ultimos contrafortes dos montes Aravalli ; as principais ao sur do centro actual. [ 17 ]

Indraprastha [ editar | editar a fonte ]

Indraprastha e a primeira, mitica capital dos Pandavas , aparece citada no Mahabharata : asi cando a Yudhisthira, o maior dos irmans pandavas, se lle concede esta terra, Krishna intercede perante o deus arquitecto Vishvakarman para que lle construa unha capital. Sera Indraprastha.

O certo e que se atopan vestixios arqueoloxicos do 500 a.C. (pode que ata do 1000 a.c. ) xunto ao Yamuna, no lugar do Forte Vello ( Purana Qila ) [ 18 ] [ Ligazon morta ] , e que ademais un poboado co nome de Indrapat existiu no lugar ata comezos do seculo XX cando os britanicos desenaron a actual capital, Nova Delhi .

Tamen existe unha semimitica dinastia Jat do norte da India e Paquistan , os Dhillon, un dos seus gobernante Raja Dhilu disque fundou Dheli cara ao 800 a.C. e os seus descendentes mantiveron ali o poder ata o 283 a.C. .

En todo caso, semella que Indraprastha continuou coma cidade importante durante os periodos Maurya ( 320 - 185 a.C. ) e Gupta ( 250 - 540 ), mais nun segundo plano fronte a posicion dominante de Pataliputra ( Patna ) no val do Ganxes . Probablemente foi saqueada polos Hunos ( 400 - 500 ).

Epoca Rajput [ editar | editar a fonte ]

Rajput.

O medievo comeza coa construcion do Forte Lal Kot no 731 ao suroeste de Indraprastha (nas proximidades do posterior Qutb Minar ). Os Rajput, clan guerreiro antiquisimo proveniente do Rajastan, comeza a se instalar nos arredores do que hoxe e Delhi dende o seculo VII a traves dunha das suas dinastias, os Tomaras. Semella que en Suraj Kund, fundada por Surajpal, no limite sur da cidade co estado de Haryana e onde hai un templo estanque do seculo XI adicado a deidade solar [ 19 ] , puidera estar o primitivo asentamento dende o que o rei Anangpal I decidira fundar nas proximidadees Anangpur (hoxe aforas de Faridabad), e no 731 o forte de Lal Kot uns quilometros ao noroeste.

En todo caso, no 736 xunto ao forte, fundan a cidade de Dhillika o Dilli ( Lal Kot ), no que hoxe e o barrio de Mehrauli, talvez coma capital do seu reino de Haryana. O nome rememora a cidade do mitico Raja Dhilu e talvez fose construida sobor das ruinas daquela outra.

No 1180 os rajput Chauhan de Ajmer conquistan Lal Kot e o seu rei Prithviraja III (Rai Pithora), heroe hindu, derradeiro en reinar antes da chegada dos musulmans, amplia a cidade (3,4 km²) construindo baluartes con sete portas e templos e a renomea Qila Rai Pithora .

Sultanato de Delhi [ editar | editar a fonte ]

Os musulmans apoderanse da cidade a partir de 1191 establecendo o agora chamado Sultanato de Delhi en 1206 . Para conmemorar a sua vitoria sobor dos rajputs construen a que sera primeira mesquita na India, a Quwwat al-Islam co seu magnifico minarete, o Qutb Minar, de 75 metros de altura [ 20 ] , [ 21 ] . O complexo, agrandado ao longo do seculo XIII convertese no centro da cidade.

O segundo sultan da seguinte dinastia, Alaudin Khilgi , manda construir a partir de 1303 unha nova cidade fortificada a uns 4 km ao nordes do Qutb Minar: Siri [ 22 ] . De planta oval e muralla de cascotes con sete portas e 1,7 Km2. Tamen mandou construir nela un pazo de mil piares e para o abastecemento de auga, un enorme estanque no inmediacion de Hauz Khas, ao oeste.

Pola sua banda, o fundador da seguinte dinastia Giyat al-Din Tughlaq, construe tamen a sua propia cidade fortaleza: Tughlaqabad [ 23 ] , ao leste do Qutb Minar. Faino en soamente tres anos, de 1321 a 1324 , mais a imprevision respecto ao abastecemento de auga fixo que nunca chegase a ocuparse plenamente e catro anos despois e abandonada [ 24 ] .

Aos 2,2 km² do recinto engadiuse polo sur o apendice de Adilabad ( 1325 ), outra fortaleza do sultan seguinte, fillo de Giyat ademais da tumba deste ultimo, fortificada tamen [ 25 ] .

Namentres, a cidade real estendiase entre Qila Rai Pithora e Siri. Para protexer o espazo intermedio, que xa estaba moi poboado, o antedito sultan fillo de Giyat, Muhammad bin-Tughlaq manda facer un cinto completo de murallas [ 26 ] e a cidade resultante nomease Jahanpanah (literalmente refuxio do mundo ) ( 1327 ). Foi o tempo no que o sultanato acadou a sua plenitude, gobernando case todo o subcontinente.

No entanto, o sultan que lle sucedeu, Firuz Shah Tughlaq , construiu a sua vez unha cidade de seu: Firuzabad . Foi no 1354 , pero desta vez moi ao norte, a beira do Yamuna, preto do centro actual. A cidadela era un recinto fortificado de dez hectareas [ 27 ] [ 28 ] con pazos, mesquita e o baradari para o Piar de Asoka, traido dende Ambala [ 29 ] [ 30 ] .

En 1398 o mongol Timur (Tamerlan) conquista a cidade saqueandoa e arrasandoa. Mata ou escraviza a maior parte da poboacion polo que Delhi queda reducida a unha morea de ruinas.

Apos o caos, a recuperacion foi lenta durante as dinastias Sayyid e Lodhi das que tan so fican unhas fermosas tumbas nos xardins Lodhi [ 31 ] .

Imperio mogol [ editar | editar a fonte ]

1526 e o ano no que que Babur pon fin ao Sultanato de Delhi. O seu fillo e segundo emperador mogol, Humayun, decide en 1533 construir a sua capital. Elixe as ruinas de Indraprastha como lugar para Dinpanah ( refuxio da fe ). De planta rectangular, murallas de 18m e 2 km [ 32 ] , tres portas principais, esta no fundamental rematada en 1538 .

Xusto ao ano seguinte foxe a Persia o ser derrotado por Sher Shah Suri quen establece a dinastia Suri coma un interludio ata que Humayun volva recuperar o poder. Sher Sha construe, con todo, a sua cidade no interior dos muros de Dinpanah e chamaa Dilli Sher Shahi ou Shergarh. Coma na de Humayun, utilizanse materiais de Siri e Firuzabad, en ruinas dende o saqueo de Timur. O conxunto recibe hoxe o nome de Purana Qila (Forte Vello) [ 33 ] [ 34 ] .

Tumba de Humayun.

En 1555 Humayun reinstaura o Imperio mogol , ainda que morre pouco despois. A sua tumba, o sur da que foi a sua cidade e o primeiro e un dos mais logrados edificios da arquitectura mogol, claro precedente do Taj Mahal . O seu fillo e sucesor, Akbar, traslada a capital as proximidades de Agra, o que supuxo o declive de Delhi durante medio seculo.

O emperador Shah Jahan (o que fixo o Taj Mahal precisamente) devolve a capital imperial a Delhi, para o que manda construir unha nova cidade axeitada e representativa: Shahjahanabad ( 1638 - 49 ). Elixe unha zona sen restos do pasado, ao norte da arrasada Firuzabad xunto ao rio Yamuna

O plan de Shahjahanabad pretendeu conxugar os principios urbanisticos hindus cos islamicos. Asi, unha certa ortogonalidade e xerarquia. Dous eixos principais dende un foco de poder, Lal Qila (o Forte Vermello con exquisitos exemplos da arquitectura mogol : Diwan-I-Amm e Diwan-I-Hass) [ 35 ]  : Chandni Chowk [ 36 ] dende aquel cara ao oeste, e Faiz Bazaar cara ao sur. Ambas as duas ruas posuian unha canle de auga central. Asi mesmo, e caracteristica hindu a zonificacion urbana segundo as castas e os oficios. Por outra banda, o centro de culto islamico fundamental, a mesquita do venres, Jama Masjid , a maior da India [ 37 ] . E os xardins, Begum ka Bagh e Roshanara, obra das fillas do emperador, ao longo do lado norte de Chadni Chowk, con fontes, estanques e acuedutos ; e mais ao norte, fora das murallas, Tees Hazari e Qudsia.

O conxunto foi a cidade que permaneceu ata o seculo XX e hoxe chamamos Vella Delhi. O seu saqueo polo afgan Ahmed Shah entre 1756 e 1761 supuxo a fin de facto do Imperio mogol.

Imperio Britanico [ editar | editar a fonte ]

En 1857 a cidade caeu no poder dos britanicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta . Mais no 1911 , a posicion estratexica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperacion da capitalidade. Poren, faciase necesario un espazo urbano mais axeitado para a esa funcion. Por iso, seguindo ademais unha tradicion milenaria, decidiuse a planificacion dunha nova cidade. O encargado foi o arquitecto Edwin Lutyens [ 38 ] .

Edificios do goberno de Delhi.

Asi, entre 1929 e 1931 naceu Nova Delhi . Levantouse o sur da capital mogola, conectada con ela por unha gran praza rotonda, Connaught Place, da que parten grandes bulevares en abano cara ao sur onde intersectan unha ampla avenida leste-oeste [ 39 ] , entre a Porta da India e os edificios oficiais (parlamento, presidencia e bloques administrativos).

Independencia [ editar | editar a fonte ]

Trala independencia do pais en 1947 , Nova Delhi pasou a ser a sua capital oficial. En 1976 unha nova cidade veu a se sumar a longa listaxe: Noida (New Okhla Industrial Development Authority). Ainda que se situa fora do territorio da capital nacional, na beira leste do Yamuna, desenouse coma suburbio de expansion e modelo de futuro da metropole. Dende enton, o conglomerado de todalas cidades de Delhi, estase a converter nunha das maiores e mais puxantes urbes do mundo.

Area metropolitana [ editar | editar a fonte ]

En contra do difundido nos ultimos tempos, a metropole maior da India vai ser Delhi e non Bombai. O crecemento nos ultimos anos do aglomerado urbano en que radica a capitalidade do pais ten sido maior que a daquela ata sobrepasala.

O AM de Delhi conformase, ademais de coa poboacion da National Capital Territory (13 782 976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que estan a crecer aceleradamente nesta ultima decada: Faridabad (1 054 981h) no sur e Ghaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Mais ao nordeste a area de Delhi, na sua expansion, conurbase co de Meerut (1 074 225h; 1 167 399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamen cun gran crecemento pola sua proximidade a capital.

Transporte [ editar | editar a fonte ]

O Aeroporto Internacional Indira Gandhi e un dos aeroportos con mais movementos de Asia Meridional . [ 40 ] Na foto, terminal 1D do aeroporto.
Metro de Delhi .
Autobus de Delhi que se move con a gas natural .

O transporte publico de Delhi esta composto por autobuses, tuk-tuks e un sistema de metro .

O autobus e o medio de transporte mais popular que responde a preto do 60% da demanda. [ 41 ] A empresa publica Delhi Transport Corporation (DTC) e a maior empresa de autobuses da cidade. A DTC opera a maior frota de autobuses movidos a gas natural do mundo. [ 42 ] Un sistema de autobus de transito rapido opera entre Ambedkar Nagar e Delhi Gate .

O metro de Delhi , operado pola empresa Delhi Metro Rail Corporation (DMRC) , atende moitas partes de Delhi ben como a cidade satelite de Noida en Uttar Pradesh . En 2009, o metro consistia en tres linas cunha extension total de 90 km e 78 estacions, con varias outras linas en construcion. [ 43 ] A lina 1 opera entre "Rithala" e "Shahdara", a lina 2 entre "Jahangirpuri" e "Central Secretariat" e a lina 3 entre "Dwarka Sector 9" e "Noida City Centre". A fase-II do sistema esta en construcion e tera un total de 128 km. Esta previsto o seu remate en 2010. [ 44 ] A fase-I, en operacion, foi construida cun custo de 2,3 billons de dolares e a fase-II custara 4,3 billons adicionais. [ 45 ] As fases-III e IV estaran completas en 2015 e 2020 respectivamente, creando unha rede de 413,8 km, mais longa que o Metro de Londres . [ 46 ]

O tuk-tuk e un medio de transporte publico popular en Delhi, pois cobra unha tarifa mais barata que os taxis. A maioria movense con gas natural e son amarelos e verdes. Os taxis non forman parte do transporte publico de Delhi, malia que existe bastante disponibilidade. Os particulares operan a maioria dos taxis, e a maioria dos barrios posuen puntos de taxis onde poden ser solicitados. Alen diso, estanse facendo cada vez mais populares os radios taxis con aire acondicionado, que poden ser solicitados por telefono a traves dunha central e que cobran unha taxa fixa por quilometro.

Delhi e un importante entroncamento no mapa ferroviario da India e e a sede da Zona dos Ferrocarris do Norte ( Northern Railways Zone ), unha das 16 zonas da Indian Railways . As cinco principais estacions ferroviarias son New Delhi Railway Station , Old Delhi , Nizamuddin Railway Station , Anand Vihar Railway Terminal e Sarai Rohilla . [ 41 ] Delhi esta ligada con outras cidades a traves de moitas autoestradas e vias expresas . Delhi posue tres vias expresas e outras tres estan en construcion para ligala con seus suburbios prosperos e comerciais. A Delhi-Gurgaon Expressway liga Delhi a Gurgaon e o aeroporto internacional . A DND Flyway e a Noida-Greater Noida Expressway conectan Delhi con dous prosperos suburbios. A grande Noida vai ter un novo aeroporto mentres que Noida se converteu na sede do Gran Premio da India .

O Aeroporto Internacional Indira Gandhi (DEL) esta situado na parte occidental de Delhi e serve como porta de entrada principal para o trafico aereo domestico e internacional da cidade. En 2006?2007, o aeroporto rexistrou un trafico de mais de 23 millons de pasaxeiros, [ 47 ] [ 48 ] facendo del un dos aeroportos de maior movemento de Asia Meridional . A terminal 3 esta en construcion e tera capacidade adicional de 34 millons de pasaxeiros a partir de 2010. [ 49 ] Outros proxectos de expansion permitiran o aeroporto recibir mais de 100 millons de pasaxeiros por ano a partir de 2020. [ 47 ] O aeroporto de Safdarjung e outro campo de pouso en Delhi usado para a aviacion xeral . [ 50 ]

Cidades irmandadas [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ministry of Law and Justice, Goberno da India (ed.). "The Constitution (Sixty-Ninth Amendment) Act, 1991" . Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016 . Consultado o 23 de novembro de 2014 .  
  2. Habib, Irfan. Oxford University Press , ed. The agrarian system of Mughal India, 1556?1707 . ISBN   978-0-19-562329-1 .  
  3. Delhi Metropolitan/City Population section of "Delhi Population Sex Ratio in Delhi Literacy rate Delhi NCR" . 2011 Census of India . Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018 . Consultado o 22 de maio de 2018 .  
  4. City Population (ed.). "Delhi (India): Union Territory, Major Agglomerations & Towns - Population Statistics in Maps and Charts" . Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017 . Consultado o 28 de febreiro de 2017 .  
  5. Nacions Unidas , ed. (outubro de 2016). "The World's Cities in 2016" (PDF) . p. 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2017 . Consultado o 4 de marzo de 2017 .  
  6. Brookings Institution (ed.). "Global city GDP 2014" . Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019 . Consultado o 8 de maio de 2015 .  
  7. The Indian Express , ed. (27 de febreiro de 2017). "Mumbai richest Indian city with total wealth of $820 billion, Delhi comes second: Report" . Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017 . Consultado o 28 de febreiro de 2017 .  
  8. Asher, Catherine B (2000). James D. Tracy, ed. City Walls . Cambridge University Press. pp. 247?281. ISBN   978-0-521-65221-6 . Consultado o 1 de novembro de 2008 .  
  9. "Rationale" . ncrpb.nic.in . NCR Planning Board. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012 . Consultado o 22 de maio de 2018 .  
  10. National Informatics Centre (ed.). "Census 2011" (PDF) . National Capital Region Planning Board . p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de abril de 2016 . Consultado o 26 de marzo de 2016 .  
  11. S.R. Bakshi (1995). Delhi Through Ages . Anmol Publications PVT. LTD. p. 2. ISBN   81-7488-138-7 .  
  12. "Chapter 1: Introduction" (PDF) . Economic Survey of Delhi, 2005?2006 . Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi. pp. pp1?7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2016 . Consultado o 21 de decembro de 2006 .  
  13. 13,0 13,1 George Smith (1882). J. Murray, ed. "The Geography of British India, Political & Physical" . pp. 216?217 . Consultado o 1 de novembro de 2008 .  
  14. NCERT (ed.). "Our Pasts II, History Textbook for Class VII" . Arquivado dende o orixinal o 23 de xuno de 2007 . Consultado o 6 de xullo de 2007 .  
  15. Cohen, Richard J. (1989). "An Early Attestation of the Toponym Dhilli". Journal of the American Oriental Society 109 (4): 513?519. doi : 10.2307/604073 .  
  16. Ian Austin e Thhakur Nahar Singh Jasol. mewarindia.com, ed. "Chauhans (Cahamanas, Cauhans)" . The Mewar Encyclopedia . Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2006 . Consultado o 22 de decembro de 2006 .  
  17. Mapa
  18. http://www-us.flickr.com/photo_zoom.gne?id=118773995&size=o&context=set-72057594091918832
  19. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  20. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  21. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  22. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007 . Consultado o 29 de setembro de 2007 .  
  23. Google map
  24. A view and description from the 'Saturday Magazine', 1840
  25. [1] Fonte: http://www.vcoins.com/ancient/ecin/store/viewItem.asp?idProduct=1458&large=0
  26. Vanishing heritage
  27. Mapa
  28. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2010 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  29. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  30. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  31. The Shish Gumbad, probably from Sikandar Lodi's time; it's not known whose tombs are inside
  32. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014 . Consultado o 13 de abril de 2007 .  
  33. Mapa
  34. Mapa
  35. http://www.liveindia.com/redfort/1.html
  36. http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/chandnichauk/chandnichauk.html
  37. http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/jamamasjidphotosearly/jamamasjidphotosearly.html
  38. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009 . Consultado o 26 de outubro de 2009 .  
  39. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007 . Consultado o 16 de xuno de 2012 .  
  40. Airport-delhi.com, ed. (2 de maio de 1986). "Delhi Indira Gandhi International Airport (IGI)" (en ingles) . Consultado o 7 de setembro de 2009 .  
  41. 41,0 41,1 Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi (ed.). "Chapter 12: Transport" (PDF) . Economic Survey of Delhi, 2005?2006 . pp. pp130?146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2007 . Consultado o 21 de decembro de 2006 .  
  42. Delhi Transport Corporation (ed.). "Citizen Charter" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2007 . Consultado o 21 de decembro de 2006 .  
  43. Daily News and Analysis, ed. (12 de novembro de 2009). "Metro enters Noida, set to change travelling habits of people" . Consultado o 12de xaneiro de 2009 .  
  44. Economictimes.indiatimes.com (ed.). "Get ready for revolution on wheels- Shipping / Transport-Transportation-News By Industry-News-The Economic Times" (en ingles) . Consultado o 3 de novembro de 2008 .  
  45. Bloomberg.com (ed.). "Bloomberg.com: Opinion" (en ingles) . Consultado o 3 de novembro de 2008 .  
  46. [www.delhimetrorail.com/commuters/images/metro_map_big.jpg Mapa de extensions]
  47. 47,0 47,1 Indira Gandhi International Airport
  48. Essential Travel Ltd., UK. (ed.). "Delhi ? Indira Gandhi International Airport (DEL) information" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2006 . Consultado o 29 de abril de 2006 .  
  49. Dailytimes.com.pk (ed.). "Daily Times ? Leading News Resource of Pakistan" . Arquivado dende o orixinal o 04-09-2012 . Consultado o 3/11/2008 .  
  50. Karl L. Swartz (ed.). "VIDD ? Airport" . Great Circle Search . Consultado o 14 de xaneiro de 2007 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]