Comuna de Paris

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cartel do Comite de Saude Publica da Comuna de Paris.
Guerra civil , litografia de Edouard Manet , 1871.

A Comuna de Paris referiase orixinalmente o goberno de Paris durante a Revolucion Francesa . Poren, na actualidade o termo usualmente refirese o goberno socialista que dominou brevemente en Paris dende o 18 de marzo (formalmente o 26 de marzo ) de 1871 ata o 28 de maio dese ano.

No sentido estrito, a Comuna de Paris de 1871 foi simplemente a autoridade local (≪commune≫ en frances e un consello dun pobo ou distrito) que exerceu o poder en Paris durante dous meses na primavera de 1871. No entanto, as condicions na que se formou, os seus controvertidos decretos e o seu cruel final convertena nun dos mais importantes episodios politicos da epoca.

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

A comuna foi posibel grazas a un levantamento popular de todas as tendencias revolucionarias dentro de Paris despois de que a guerra franco-prusiana terminase coa Francia derrotada. A guerra coa Prusia, comezada por Napoleon III (≪Louis Bonaparte≫) en xullo de 1870 , terminou desastrosamente para a Francia , e en setembro dese ano, Paris quedou baixo o asedio do exercito inimigo. A fenda entre ricos e pobres na capital ampliouse enormemente nos ultimos anos e coa escaseza de comida, sumado o constante bombardeo prusiano, levou a un descontento xeral. Os traballadores estabanse volvendo mais receptivos a ideas mais radicais. Unha demanda especifica foi a de que Paris debia posuir un goberno autonomo, cunha comuna elixida pola propia poboacion, algo que xa gozaban a meirande parte das cidades francesas, pero que era negado a Paris por un goberno medorento da indocil poboacion da capital. Un desexo mais vago, pero tamen relacionado, foi o dun sistema de xestion da economia mais xusto, ainda que non necesariamente un sistema socialista, resumido no berro popular de " A Sociale! "

En xaneiro de 1871, cando xa transcorreran 4 meses de asedio, Louis-Adolphe Thiers , futuro xefe executivo (mais tarde presidente) da Terceira Republica Francesa , buscou un armisticio. Os prusianos incluiron a ocupacion de Paris dentro dos termos da paz. Malia as penalidades do asedio moitos parisienses estaban amargamente resentidos e particularmente anoxados de que permitisen os prusianos unha breve ocupacion cerimonial da sua cidade.

Por aquel tempo varias decenas de miles de parisienses eran membros armados dunha milicia de cidadans conecida como a ≪Garda Nacional≫, a cal se expandira moito para axudar a defender a cidade. Alguns batallons nos distritos mais pobres elixian os seus propios oficiais e posuian alguns canons que foran creados en Paris e pagados por subscricion publica. A cidade e a sua Garda Nacional resistiron o ataque das tropas prusianas durante seis meses. A poboacion de Paris foi desafiante ao enfrontaren a ocupacion e limitaron a presenza prusiana a unha pequena area da cidade, vixiando ademais os limites desta.

Comezaron movementos para formar un ≪Comite Central≫ da Garda Nacional. Louis-Adolphe Thiers, presidente do goberno frances, a nova Terceira Republica, deuse de conta de que naquela inestabel situacion cabia a posibilidade de que este comite se constituise nun centro alternativo de poder o do goberno. Ademais, estaba preocupado por que os traballadores se armasen coas armas da Garda Nacional e provocasen os prusianos.

Os eventos nesta etapa son confusos, pero o que e certo e que antes de que os prusianos entrasen en Paris , a Garda Nacional, axudada por civis, arranxouse para afastar do camino dos prusianos os canons (que consideraban da sua propiedade) e almacenalos en ≪distritos seguros≫. Un dos principais ≪parques de canons≫ estaba nas alturas de Montmartre .

O alzamento e natureza da Comuna [ editar | editar a fonte ]

Barricadas diante de La Madelaine .

Os prusianos entraron en Paris brevemente e abandonarona de novo sen ningun incidente. Pero Paris continuou cercada mentres o problema das indemnizacions das guerras seguia afectando.

Ao mesmo tempo que o Comite Central da Garda Nacional estaba adoptando unha posicion cada vez mais radical e ganando firmemente autoridade, o goberno non podia permitirlle indefinidamente ter 400 canons a sua disposicion. E asi, como primeiro paso, o 18 de marzo Thiers ordenou as suas tropas coller os canons almacenados nas cimas do Montmartre . No canto de seguir as instrucions, os soldados, que non tinan a moral moi alta, fraternizaron coa Garda Nacional e os residentes locais. Cando o seu xeneral, Claude Martin Lecomte, lles ordenou disparar a un xentio desarmado, apearono do seu cabalo. Mais tarde foi fusilado, xunto co xeneral Thomas, un odiado comandante anterior da Garda que foi recollido por un xentio en ≪Outer Boulevards≫.

Outras unidades armadas unironse a rebelion, que se estendeu tan rapidamente que o presidente Thiers ordenou a evacuacion inmediata de Paris das forzas regulares que ainda lle seguian sendo leais, tales como a policia, e dos funcionarios. El mesmo fuxiu, a cabeza dos seus homes, a Versalles . O Comite Central da Garda Nacional era agora o unico goberno efectivo en Paris: case inmediatamente renunciou a sua autoridade e organizou eleccions para unha comuna, propostas para o 26 de marzo .

Os 92 membros da Comuna (ou, mellor dito, do Concilio Comunal ) incluia habilidosos traballadores, alguns ≪profesionais≫ (tales como doutores e xornalistas), e un gran numero de activistas politicos, dende reformistas republicanos, ademais de varios tipos de socialistas, ata xacobinos que tendian a mirar nostalxicamente a Revolucion Francesa . O carismatico socialista Louis Auguste Blanqui foi elixido presidente do Concilio, pero isto ocorreu na sua ausencia xa que fora arrestado o 17 de marzo e estivo retido nunha prision secreta durante a duracion da Comuna. A Comuna de Paris foi proclamada o 28 de marzo , ainda que os distritos locais con frecuencia retiveron as organizacions polo asedio.

Malia as diferenzas internas o Concilio, que tina o poder lexislativo e o executivo, tivo un bo comezo ao manter os servizos publicos esenciais para unha cidade de dous millons de habitantes; tamen foi capaz de acadar un consenso sobre certas politicas que tendian cara a unha democracia social progresista mais que a unha revolucion social. Debido a falta de tempo (a Comuna puido reunirse menos de 60 dias en total) so uns poucos decretos foron implantados. Estes incluian: remision das alugueiros, que foran aumentadas considerabelmente polos alugueiros, ata que se rematase o asedio; a abolicion do traballo nocturno nos centos de panadarias de Paris; a abolicion da guillotina; a concesion de pensions para as viuvas dos membros da Garda Nacional mortos en servizo, asi tamen como para os seus fillos; a devolucion gratuita, a traves das casas de empeno estatais, de todas as ferramentas dos traballadores; pospuxeronse as obrigacions de debedas e abolironse os intereses nas debedas; e, afastandose dos estritos principios "reformistas", o dereito dos empregados a tomar o control dunha empresa que fose abandonada polo seu dono.

O Concilio terminou co illamento e substituiu o exercito convencional cunha Garda Nacional de todos os cidadans que podian portar armas. A lexislacion proposta separaba a igrexa do estado, facia que todas as propiedades da igrexa pasasen a ser propiedade estatal, e excluia a relixion das escolas. Permitiuselles as igrexas seguir coa sua actividade relixiosa so se mantinan as suas portas abertas ao publico pola tarde para que se realizasen reunions politicas. Isto fixo das igrexas o principal centro politico participativo da Comuna. Outra lexislacion proxectada trataba de reformas educativas que permitirian que a educacion e a practica tecnica fosen disponibeis para todo o mundo.

A Comuna adoptou durante a sua breve existencia o anteriormente descartado calendario da I Republica Francesa , asi como a bandeira vermella no canto da tricolor.

A carga de traballo foi facilitada por varios factores, ainda que se esperaba dos membros do concilio (que non eran ≪representantes≫ senon ≪delegados≫ e podian ser inmediatamente cambiados polos seus electores) que realizasen algunhas funcions executivas a parte das lexislativas. As numerosas organizacions ad hoc estabelecidas durante o asedio nos barrios (≪quartires≫) para satisfacer as necesidades sociais (cantinas, estacions de primeiros auxilios etc.) continuaron crecendo e cooperando coa Comuna.

Ao mesmo tempo, estas asembleas locais perseguian as suas propias metas, normalmente baixo a direccion de traballadores locais. A pesar do reformismo formal do Concilio da Comuna, en conxunto a composicion da Comuna era moito mais revolucionaria. As tendencias revolucionarias incluian anarquistas e socialistas, Branquistas e republicanos liberais. A Comuna de Paris foi celebrada por anarquistas e socialistas marxistas continuamente ata a actualidade, en parte debido a variedade de tendencias, o alto grao de control por parte dos traballadores e a notabel cooperacion entre os diferentes bandos revolucionarios.

No III arrondissement , por exemplo, proporcionouse material escolar gratuitamente, tres escolas transformaronse en entidades laicas e estabeleceuse un orfanato. No XX arrondissement, proporcionouse os escolares roupa e comida gratuita. Existiron moitos casos mais deste tipo. Pero un ingrediente vital no relativo exito da Comuna na sua etapa foi a iniciativa mostrada por traballadores sinxelos no dominio publico, que foron capaces de tomaren as responsabilidades dos administradores e especialistas removidos por Thiers.

Friedrich Engels , o mais proximo colaborador de Marx, manteria despois que a ausencia dun exercito fixo, as politicas autonomas dos "quartiers" e outras caracteristicas tiveron como consecuencia que a Comuna non fose como un estado no sentido represivo do termo: era unha forma de transicion en direccion da abolicion do estado como tal. O seu posibel desenvolvemento futuro, con todo, seguiria sendo unha pregunta teorica: logo de so unha semana foi atacada por elementos do novo exercito (que incluia antigos prisioneiros de guerra liberados polos prusianos) creado rapidamente en Versalles .

O Asalto [ editar | editar a fonte ]

Pero a comuna non foi quen de estenderse ao resto das cidades francesas e aproveitando este illamento o goberno enviou un exercito de 100.000 homes para tomar a capital. A Comuna foi asaltada dende o 2 de abril polo exercito que tina a sua base de operacions en Versalles e a cidade foi bombardeada constantemente. A vantaxe do goberno era tal que dende mediados de abril negaron a posibilidade de negociacions.

A zona exterior de Courbevoie foi capturada, e nun intento atrasado das forzas da Comuna para marcharen sobre Versalles fracasou ignominiosamente. A defensa e a supervivencia transformaronse nas principais consideracions. As mulleres da clase traballadora de Paris agora tinan un firme e importante papel. Servian na Garda Nacional e ata formaron o seu propio batallon, co que mais tarde pelexaron heroicamente para defenderen o Palacio Blanche (Pazo Branco), peza fundamental para Montmartre . (E importante tamen sinalar que ata baixo o goberno da Comuna as mulleres ainda non tinan dereito a voto, nin tampouco existian membros femininos no Concilio.)

Unha grande axuda tamen veu dende a comunidade estranxeira de refuxiados e exiliados politicos en Paris: un deles, o polaco ex-oficial e nacionalista Jaroslaw Dombrowski, converteuse no mellor xeneral da Comuna. O Concilio estaba fortemente influenciado polo internacionalismo, polo que a Columna Vendome , que celebraba as vitorias de Napoleon e era considerada pola Comuna coma un monumento ao Chovinismo , foi derrubada.

No estranxeiro, habia moitas reunions e mensaxes de boa vontade enviadas por sindicatos e organizacions socialistas, incluindo alguns en Alemana. Pero as esperanzas de obteren axuda concreta doutras cidades de Francia foron axina abandonadas. Thiers e os seus ministros en Versalles tentaron evitar que saise de Paris case toda a informacion; e nos sectores provinciais e rurais de Francia existira sempre unha actitude esceptica cara as actividades da metropole. Os movementos en Narbona , Limoges e Marsella foron rapidamente esmagados.

Mentres a situacion deteriorabase, unha seccion do Concilio ganou unha votacion (a que se oponia Eugene Varlin -un correspondente de Karl Marx - e outros moderados) para crear un ≪Comite de Salvacion Publica≫, modelado a imaxe do organo xacobino do mesmo nome formado en 1792 . Os seus poderes eran extensos e desapiadados. Pero xa case pasara a hora na que unha autoridade central forte podia axudar.

O 21 de maio unha porta na parte occidental das murallas de Paris foi forzada (ou, mais probabelmente, traizoada) e comezou a reconquista da cidade por parte das tropas de Versalles, primeiro ocupando os prosperos distritos occidentais onde foron ben recibidos polos vecinos que non deixaran Paris tralo armisticio.

As fortes lealdades locais que foran unha caracteristica positiva da Comuna converteronse nunha certa desvantaxe: en lugar dunha defensa planeada globalmente, cada quartier (barrio) loitou desesperadamente pola sua supervivencia e foi derrotado cando chegou a sua quenda. As redes de ruas estreitas que fixeron inexpugnabeis distritos enteiros en revolucions anteriores foran en gran parte substituidos por anchos bulevares. Os de Versalles gozaban dun mando central e disponian de artillaria moderna.

Durante o asalto, as tropas do goberno foron responsabeis da matanza de cidadans desarmados: disparouse os prisioneiros que estaban fora de control e as execucions multiples foron algo comun. O 27 de maio , nun xesto futil de desafio, unha multitude asediou e asasinou a 50 refens, varios deles sacerdotes, que foran retidos pola Comuna. En total, as perdas do goberno roldaron os 900 homes. Estas mortes ian ser vingadas varias veces.

A resistencia mais acerrima chegou nos distritos mais de clase traballadora do leste, onde a loita continuou durante oito dias de fortes loitas na rua (A Semaine sanglante , a semana sanguenta). O 27 de maio so quedaban uns poucos focos de resistencia, os mais notabeis os dos mais pobres distritos do leste de Belleville e Menilmontant .

As catro da tarde do dia seguinte caeu a ultima barricada, na rue Ramponeau de Belleville, e Marshall MacMahon lanzou unha proclama:

Os habitantes de Paris. O exercito frances veu a salvarvos. Paris esta liberada! As catro en punto os nosos soldados tomaron a ultima posicion insurxente. Hoxe acabouse a loita. A orde, o traballo e a seguranza volveran nacer

.

As represalias comezaron en serio. Declarouse un crime apoiar a Comuna en calquera modo, do que se podia acusar -e acusouse- a miles de persoas. Alguns dos ≪communards≫ (persoas que apoiaban a Comuna) foron fusilados no que agora se chama ≪O muro dos Communards≫ no cemiterio Pere Lachaise mentres que outros miles de persoas foron levados a Versalles para seren xulgados. Poucos communards escaparon, principalmente a traves das linas prusianas cara o norte. Durante moitos dias columnas de homes, mulleres e nenos fixeron, escoltados por militares, un doloroso camino cara a barrios de Versalles convertidos en carceres temporais. Mais tarde foron xulgados; uns poucos foron executados; moitos foron condenados a traballos forzados; moitos mais foron deportados por longas tempadas ou para sempre a illas francesas do Pacifico practicamente deshabitadas. Nunca se puido estabelecer de xeito seguro o numero de asasinados durante a Semaine Sanglante , estimase en 20.000 execucions sumarias e 10.000 condenados a morte posteriormente polos tribunais, moitos mais feridos; 7.000 persoas foron desterradas a Nova Caledonia . Para os presos houbo unha amnistia xeral en 1889

Paris estivo so a lei marcial durante cinco anos.

Retrospectiva da Comuna [ editar | editar a fonte ]

A clase acomodada de Paris, e a maioria dos antigos historiadores da Comuna, viron aquel feito coma un clasico exemplo do ≪dominio do xentio≫, terrorifico e o mesmo tempo inexplicabel. A maioria dos actuais historiadores, ata aqueles de dereitas, reconeceron o valor dalgunha das reformas da Comuna e deploraron o salvaxismo co que foi reprimida. Con todo, atoparon dificil de explicar o odio sen precedentes que a Comuna espertou nas clases medias e altas da sociedade.

Na esquerdas, hai quen criticaron a Comuna por amosarse demasiado moderada, especialmente dada a situacion na que se atopaban. Karl Marx atopou agravante que os membros da Comuna perdesen valiosisimos momentos organizando eleccions democraticas no canto de terminar dunha vez por todas con Versalles. O banco nacional de Francia, sito en Paris coa reserva de millons de francos, foi deixado intacto e desprotexido polos membros da Comuna. Timidamente pediron prestado dineiro do banco (que, obviamente, obtiveron sen ningunha vacilacion). Os membros da Comuna optaron por non colleren os recursos do banco por medo a que o mundo enteiro os condenase. Deste xeito, moveronse grandes sumas de dineiro dende Paris a Versalles, cartos que terminou por financiar o exercito que deu fin a Comuna.

Alguns comunistas , esquerdistas , anarquistas e outros simpatizantes viron a Comuna como un modelo para, ou como base dunha sociedade liberal, cun sistema politico baseado na democracia participativa coma eixo da administracion. Marx e Engels , Bakunin e posteriormente Lenin e Trotski intentaron sacar leccions teoricas (en particular no que concirne (a murchacion do estado) dende a limitada experiencia vivida pola Comuna. O critico Edmond de Goncourt obtivo unha leccion mais pragmatica: tres dias apos a Semaine sanglante escribiu

A perda de sangue foi total, e unha perda de sangue coma esta, o asasinar a parte rebelde da poboacion, pospon a seguinte revolucion... A vella sociedade ten 20 anos de paz antes dela...

.

A Comuna de Paris foi parte das citas de moitos lideres comunistas. Mao referiase a ela con bastante frecuencia. Lenin, xunto a Marx, consideraban a Comuna un exemplo real da ditadura do proletariado. No seu funeral o seu corpo foi envolto nos restos dunha bandeira vermella preservada dende a Comuna. A nave espacial Voskhod 1 portaba parte dun estandarte da Comuna de Paris. Tamen, os Bolxeviques renomearon a nave de combate Sebastopol a "Parizhskaya Kommuna" en honra a Comuna.

Outras comunas [ editar | editar a fonte ]

Simultaneamente coa comuna de Paris, xurdiron os alzamentos de Lion , Grenoble e outras cidades, as cales do mesmo xeito que a Comuna de Paris, gozaron dunha breve vida.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]