한국   대만   중국   일본 
Carl Schlechter - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Carl Schlechter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarl Schlechter

Carl Schlechter
Biografia
Nacemento 2 de marzo de 1874
Viena Imperio Austrohungaro
Morte 27 de decembro de 1918
Budapest Hungría Hungria
Causa da morte tuberculose Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Austria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion Xogador de xadrez
Lingua Lingua alema Editar o valor em Wikidata
Deporte xadrez Editar o valor em Wikidata


Carl Schlechter , nado o 2 de marzo de 1874 en Viena , Imperio Austrohungaro e finado o 27 de decembro de 1918 en Budapest , Hungria , foi un dos principais mestres de xadrez de comezos do seculo XX .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

A partir de 1893 xogou en mais de cincuenta torneos internacionais, nos que chegou a ganar catro veces: Munic en 1900 (compartido), Ostende en 1906 , Viena en 1908 (compartido) e Hamburgo en 1910 .

En 1910 enfrontouse nun match contra o enton campion Emanuel Lasker polo Campionato do Mundo (en Viena e Berlin ). Necesitaba so un empate na decima e ultima partida para ganar o campionato, pero tras estar preto de lograr o triunfo, posteriormente tamen deixou escapar as suas posibilidades de taboas , e finalmente tivo que renderse na xogada numero 71 dunha partida que se prolongou durante 3 dias. Con iso o exito escapouselle das mans: o match terminou empatado 5-5 (+1 -1 =8), e Lasker retivo o titulo.

Tamen xogou con Siegbert Tarrasch en 1911 (taboas) e Akiba Rubinstein en 1918 (derrota).

Morreu en Budapest de pneumonia e desnutricion .

Schlechter foi o tipico exemplo do xogador cabaleiroso, que con cortesia ofrecia taboas a oponentes inseguros. Se o seu rival chegaba tarde a partida, Schlechter distraidamente atrasaba o seu reloxo a fin de non incomodalo. Adestrou a moitos dos seus rivais, incluindo Oldrich Duras .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]