Belxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Belgas ≫)
Modelo:Xeografía políticaBelxica
Koninkrijk Belgie (nl)
Royaume de Belgique (fr)
Konigreich Belgien (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno La Brabanconne (1830) Editar o valor em Wikidata

Lema A union fai a forza Editar o valor em Wikidata
Simbolo oficial Papoula Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia a Belgae (pt) Traducir e Gallia Belgica Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  50°38′28″N 4°40′05″L  /  50.6411, 4.6681 Coordenadas : 50°38′28″N 4°40′05″L  /  50.6411, 4.6681
Capital Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 11.584.008 (2022) Editar o valor em Wikidata (377,48 hab./km² )
Lingua oficial lingua neerlandesa
lingua francesa
lingua alema Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Superficie 30.688 km² Editar o valor em Wikidata
Auga 0,8 % Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar do Norte Editar o valor em Wikidata
Punto mais alto Signal de Botrange (694 m) Editar o valor em Wikidata
Punto mais baixo De Moeren (?4 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 4 de outubro de 1830 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
4 de outubro de 1830 Revolucion Belga
19 de abril de 1839 Tratado de Londres (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dia festivo
Santo padron Xose de Nazaret Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno monarquia constitucional
Monarquia parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Rei Editar o valor em WikidataFilipe de Belxica (2013?) Editar o valor em Wikidata
Organo executivo Goberno Federal de Belxica Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataAlexander De Croo (2020?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Parlamento Federal Belga , Editar o valor em Wikidata
Maxima autoridade xudicial Tribunal constitucional de Belxica Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal 599.880.000.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moeda euro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel .be Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefonico +32 Editar o valor em Wikidata
Telefono de emerxencia 112 , 100 , 101 e 102 Editar o valor em Wikidata
Codigo de pais BE Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS BE Editar o valor em Wikidata

Paxina web belgium.be Editar o valor em Wikidata
Facebook: Belgium.be Twitter: belgiumbe Instagram: belgium Youtube: UCZzMKUSb2sRh8gd4fRsWHzA BNE: XX450597 Editar o valor em Wikidata

Belxica ( Gl-Bélxica.ogg pronunciacion ) (en aleman : Belgien De-belgien.ogg [?b?l?i?n] , en frances : Belgique Fr-belgique.ogg [b?l?ik] , en neerlandes : Belgie Nl-belgie.ogg [?b?l.?i.j?] ), oficialmente Reino de Belxica ( Gl-Reino de Bélxica.ogg pronunciacion ) (en aleman : Konigreich Belgien , en frances : Royaume de Belgique , en neerlandes: Koninkrijk Belgie ), e unha monarquia parlamentaria situada en Europa Noroccidental , que fai fronteira cos Paises Baixos , Alemana , Luxemburgo e Francia . E un dos membros fundadores da Union Europea cuxas institucions principais estan hospedadas no pais, asi como moitas outras organizacions internacionais, como a OTAN . O territorio belga espallase ao longo de 30.528 km² , onde viven un pouco mais de 11 millons de habitantes, o que fai de Belxica un dos paises mais densamente poboados do mundo.

O pais atopase na encrucillada entre os limites da Europa xermanica coa latina . Nel habitan dous grupos linguisticos diferentes: os flamengos , de orixe xermanica, e mailos francofonos , de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoria de lingua alema . Asi, Belxica atopase dividida en tres rexions. As duas meirandes rexions son a de Flandres , de fala neerlandesa , e a de Valonia , de fala francesa . A primeira, a mais poboada, atopase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboacion belga. A segunda atopase no sur e nela vive o 31% da poboacion. A terceira, Bruxelas-Capital , oficialmente bilingue, acolle a capital do pais. Malia atoparse dentro da rexion flamenga, tratase dun enclave maioritariamente francofono. Nela vive o 10% da poboacion. A diversidade linguistica de Belxica e os conflitos culturais e politicos relacionados con ela reflictense na historia politica e mais no seu complexo sistema de goberno do pais.

Belxica recibe o seu nome do nome latino da parte mais setentrional da Galia , Gallia Belgica , cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas , os belgas . Historicamente, Belxica fixo parte dos Paises Baixos , que tamen comprenden os actuais Paises Baixos e Luxemburgo , e cubrian unha rexion algo maior que o actual Benelux . Dende final da Idade Media ata o seculo XVII , foi un florecente centro de comercio e cultura . Dende o seculo XVIII ata a Revolucion belga de 1830 , Belxica, naquela epoca chamada os Paises Baixos do Sur , foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e e por iso que se ganou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

A uso mais antigo dos termos Belgae e Belgica rexistrado atopamolo no De Belo Gallico de Xulio Cesar . O romano divide a Galia que conquistou en tres partes: os galos propiamente falando, os aquitanos e os belgas ; sendo estes ultimos separados dos galos polo rios Sena e o Marne . Durante o reinado de Augusto , Marco Agripa divide a Galia en tres provincias, unha das cales leva o nome de Gallia Belgica . Esta ultima reorganizarase durante Domiciano que o divide en tres novas provincias, unha Gallia Belgica e duas Xermania . A Gallia Belgica ainda mais tarde dividirase en duas: a Belgica Prima e a Belgica Secunda . A actual Belxica ten pouco que ver con estas antigas provincias romanas, a maior parte do seu territorio situase en Xermania Inferior (mais tarde chamada Xermania Secunda ) e en Belgica Secunda .

Estes termos desaparecen completamente case despois das invasions barbaras , subsistindo so baixo a pluma dalguns clerigos. Non reaparecen senon ate a segunda metade do seculo IX , despois da escision do imperio de Carlomagno , coa creacion da Lotarinxia . Os clerigos do tempo, mais por seguir a moda antiga que outra cousa, utilizan o termo Belxica para designar o reino de Lotario II situado entre a Gallia de Carlos o Calvo e a Xermania de Luis o Xermanico. As denominacions Belgae, Belgica, Gallia Belgica desaparecen de novo ao seculo XII despois da desaparicion da Lotaringia.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Historia de Belxica .
As dezasete provincias (en laranxa, marron e amarelo) e a Diocese de Liexa (en verde).
Episodio da Revolucion belga de 1830 , de Egide Charles Gustave Wappers (1834)

Durante os derradeiros dous milenios, a area na que hoxe se atopa Belxica experimentou significativos cambios demograficos, politicos e culturais. O primeiro movemento de poboacion ben documentado foi a conquista da rexion pola Republica Romana no seculo I a. C. , seguida no seculo V polos francos xermanicos . Estes estableceron o Reino Merovinxio , que pasou a ser o Imperio Carolinxio no seculo VIII . Durante a Idade Media , os Paises Baixos estaban fragmentados en pequenos estados feudais . A maior parte deles uniuse durante os seculos XIV e XV coa casa de Borgona , formando os Paises Baixos borgonones . Estes estados ganaron o estatuto de autonomia no seculo XV e foron conecidos dende enton como as Dezasete Provincias .

A historia de Belxica podese distinguir da dos Paises Baixos dende o seculo XVI . A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a division das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ao norte e os Paises Baixos do Sur ao sur. As provincias do sur foron gobernadas sucesivamente polos Habsburgo espanois e austriacos.

Ata a independencia de Belxica , os Paises Baixos do Sur eran un territorio moi cobizado polos conquistadores, e eran o pano de fondo da maior parte das guerras franco-espanolas e franco-austriacas durante os seculos XVII e XVIII . Tras as Campanas de 1794 das Guerras Revolucionarias Francesas , os Paises Baixos (que incluian territorios que nunca estiveran baixo dominio dos Habsburgo, como o Bispado de Liexa ) foron invadidos por Francia , rematando co mando espanol e austriaco na rexion. A reunificacion dos Paises Baixos como Reino Unido dos Paises Baixos aconteceu no final do Imperio Frances , en 1815 .

A Revolucion belga de 1830 levou ao establecemento dunha Belxica independente , catolica e neutral, baixo un goberno provisional. Desde a instalacion de Leopoldo I como rei en 1831 , Belxica foi unha monarquia constitucional e unha democracia parlamentaria . Entre a independencia e a segunda guerra mundial , o sistema democratico evolucionou dunha oligarquia caracterizada por dous partidos principais, os catolicos e os liberais, a un sistema de sufraxio universal que incluiu un terceiro, o Partido Laborista, e un papel forte para os sindicatos . Nas suas orixes, o frances , que era a lingua da nobreza e a burguesia , era a lingua oficial . Dende enton, o pais desenvolveu un sistema bilingue en neerlandes e frances.

Na Conferencia de Berlin de 1885 acordouse en entregarlle o Congo ao Rei Leopoldo II como posesion privada, chamada Estado Libre do Congo . En 1908 , cedeuse a Belxica como colonia, pasandose a chamar Congo Belga . A neutralidade de Belxica quebrantouse en 1914 , cando Alemana invadiu Belxica como parte do Plan Schlieffen . As antigas colonias alemas de Ruanda-Urundi (actuais Ruanda e Burundi ) foron ocupadas polo Congo Belga en 1916 . A Liga de Nacions transferiunas a Belxica en 1924 . Belxica foi invadida de novo por Alemana en 1940 , durante a Blitzkrieg . Estivo ocupada ata o inverno de 1944 - 45 , no que foi liberada polas tropas Aliadas. O Congo Belga accedeu a independencia en 1960 , durante a Crise do Congo , mentres que Ruanda-Urundi independizouse en 1962 .

Durante o seculo XX , e especialmente dende a segunda guerra mundial , a historia de Belxica estivo dominada cada vez mais pola autonomia das suas duas comunidades principais. Este periodo viu un aumento nas tensions inter-comunais, e a union do estado belga puxose a exame [ 1 ] .

Parlamento Europeo , Bruxelas

Mediante reformas constitucionais nos anos 70 e 80 , a rexionalizacion do estado unitario conduciu ao establecemento dun sistema federal estruturado en tres niveis, a creacion de comunidades linguisticas e de gobernos rexionais e a ratificacion dun acordo concibido para minimizar as tensions linguisticas. Hoxe en dia, estas entidades federadas sostenen mais poder lexislativo que o parlamento bicameral nacional, mentres que o goberno nacional ainda controla case toda a recadacion de impostos, cerca do 80% das finanzas dos gobernos comunitarios e rexionais, e o 100% da seguridade social .

Tras a segunda guerra mundial , Belxica uniuse a OTAN , cuxa sede atopase na capital do pais, Bruxelas , e ao Benelux xunto cos Paises Baixos e Luxemburgo . En 1951 Belxica converteuse nun dos seis membros fundadores da Comunidade Europea do Carbon e do Aceiro , e dende 1957 da Comunidade Europea da Enerxia Atomica e da Comunidade Economica Europea , hoxe en dia, a Union Europea a cal posue parte das suas institucions e administracions na capital belga , incluindo a Comision Europea , o Consello da Union Europea , e o Parlamento Europeo .

Politica [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Politica de Belxica .
O ex-primeiro ministro Herman Van Rompuy
Belxica e un pais membro da Union Europea e na sua capital tenen a sua sede algunhas institucions europeas

Belxica e unha monarquia constitucional popular e unha democracia parlamentaria que se desenvolveu despois da segunda guerra mundial dun estado unitario a unha federacion. A bicamara do parlamento esta composta polo Senado e a Camara dos Representantes . A actual camara e unha mestura dos politicos e representantes das comunidades e rexions; mentres os restantes son representantes maiores de idade da poboacion belga nun sistema de voto proporcional. Belxica e un dos poucos paises no que o voto e obrigatorio, tendo asi unha das participacions maiores do mundo.

O goberno federal, esta dominado polo Rei sobre a Camara dos Representativos, e polo Primeiro Ministro . O numero de ministros de fala neerlandesa e francesa debe ser igual segundo di a constitucion Belga. O Rei ou Raina e a cabeza do estado, ainda que os seus poderes son limitados. O verdadeiro poder teno o Primeiro ministro e os distintos gobernos do pais. O sistema xudicial basease na lei civil que proven do Codigo Napoleonico .

As institucion politicas Belgas son moi complexas; a maior parte do poder esta organizado arredor da necesidade de representar as comunidades linguisticas mais importantes. Dende 1970 , os partidos politicos belgas dividironse en distintas formacions para tentar de satisface-las necesidades das distintas comunidades linguisticas. Os partidos mais importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias politica: os Liberais de dereita, os Democrata-Cristians de centro, e os Social-Democratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente en Flandres , os Nacionalistas de extrema dereita. A politica esta influenciada polos grupos de "Lobby", coma as unions de comercio e negocios da Federacion Belga.

O anterior Rei, Alberte II , sucedeu ao rei Balduino I de Belxica en 1993 . Actualmente, o primeiro ministro de Belxica e Yves Leterme , lider do partido democristian flamengo, claro vencedor das eleccions de xuno do 2007 , quen tivo que agardar mais de nove meses para acceder ao cargo de primeiro ministro, debido as grandes dificultades para pactar un programa con partidos das duas comunidades do pais, a flamenga e a valoa, que por lei deben estar representadas no Goberno federal. Durante eses nove meses o pais estivo gobernado por un goberno provisional presidido por Guy Verhofstadt [ 2 ] .

Leterme renunciou duas veces a tarefa de formar un Executivo e so o logrou ao terceiro intento, cunha coalicion asimetrica, composta polos partidos do flamengo Bart Somers (do Open VLD), o liberal valon , Didier Reynders (do Movemento Reformista, MR) o democristian flamengo Etienne Schoupe (do CD&V), a democristia francofona, Joelle Milquet (CDH); e o socialista francofono, Elio Dei Rupo (PS) [ 3 ] .

O 19 de decembro de 2008 , Yves Leterme presentou a sua dimision ao rei Alberte II debido a situacion de crise xerada no goberno a partir da venda da entidade financeira Fortis ; Fortis foi parcialmente nacionalizado e o groso dos seus activos vendidos ao Estado holandes (a parte holandesa) e ao banco frances BNP Paribas (case todo o negocio bancario en Belxica e Luxemburgo e os seguros de Belxica). [ 4 ] Leterme, Jo Vandeurzen, e Didier Reynders foron acusados de violar a separacion de poderes por tentar influenciar o Tribunal de Apelacions e de exercer presions dende o seu gabinete sobre os xuices encargados do caso. [ 5 ] Tres dias despois a renuncia foi aceptada polo rei Alberte II de Belxica. [ 6 ] O elixido para formar un novo goberno foi Herman Van Rompuy quen tera que por de acordo cos cinco partidos que sostinan a coalicion gobernamental. [ 7 ]

Dereitos humanos [ editar | editar a fonte ]

En materia de dereitos humanos , respecto a pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que incluen o Comite de Dereitos Humanos (HRC), Belxica firmou ou ratificou:

Bélxica Belxica Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos [ 8 ]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT [ 9 ] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP [ 10 ] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP [ 11 ] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP [ 12 ]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Bélxica recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen informacion, accedeu a firmar e ratificar o organo en cuestion, pero tamen reconece a competencia de recibir e procesar comunicacions individuais por parte dos organos competentes.


Subdivisions [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Subdivisions de Belxica .
Mapa das rexions belgas: Flandres en amarelo, Valonia en vermello e Bruxelas-Capital en laranxa. A parte riscada corresponde a comunidade xermano-falante da Valonia.

Belxica esta subdividida en duas rexions con cinco provincias cada unha, e unha terceira rexion, a capital Bruxelas . Aqui atopanse, listadas por rexion, coas suas capitais:

Ademais diso, hai ainda a division en comunidades linguisticas (flamenga, con institucions coincidentes coas da rexion flamenga; francofona, non se debe confundir coa Valonia, e xermanofona , no extremo este desa rexion).

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Xeografia de Belxica .
Polders ao longo do rio Yser

Belxica ten unha superficie de 30.510 km² , distribuidos por tres rexions fisicas principais: a chaira a costa (localizada ao noroeste), e as elevacions das Ardenas (situadas ao sueste).

A chaira costeira consiste principalmente de dunas de area e polders. Os polders son areas de terra a unha altitude proxima ou inferior ao nivel do mar , e que foron ganadas ao mar, do cal estan protexidas por diques ou estan, mais lonxe do litoral,.

A segunda rexion fisica, a meseta central, mais no interior. E unha area pouco accidentada, cuxa altitude sobe lentamente a medida que se afasta do litoral, con moitos vales fertiles e irrigada por moitos cursos de auga. Tamen se pode atopar aqui algun terreo mais accidentado, incluindo grutas e pequenas gorxas .

Vista xeral da vila de Frahan e do rio Semois

A terceira rexion fisica, as Ardenas, e un pouco mais accidentada cas outras duas. Tratase dunha meseta densamente forestada, moi rochosa e non moi adecuada para a agricultura , a cal se estende ata o nordeste da Francia . E aqui onde a maior parte da vida salvaxe da Belxica pode ser atopada. Nas Ardenas podese atopar o punto mais elevado da Belxica: o Signal de Botrange , con apenas 694 metros de altura.

Os dous rios principais da Belxica son o Schelde (Escalda) e o Mosa . Estes dous rios foron fundamentais para tornar prosperas cidades como Tournai , Gante , Antuerpen , Bruxas , Liexa e Namur .

O clima e fresco, temperado e chuvioso: as temperaturas medias de veran son de 25 °C e de 7 °C no inverno. Os extremos anuais (atinxidos raramente) son de -12 °C e 32 °C.

Economia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Economia de Belxica .
Industria do aceiro ao longo do rio Mosa en Ougree , preto de Liexa

A economia de Belxica e a sua infraestrutura de transporte atopanse integrados co resto de Europa . A sua localizacion no centro dunha rexion altamente industrializada contribiuiu a que no ano 2007 Belxica se atopase entre as 15 principais nacions comerciais. [ 13 ] [ 14 ] A economia do pais caracterizase pola produtividade da sua man de obra, un alto produto interior bruto , e altas exportacions per capita . As principais importacion de Belxica son produtos alimenticios, maquinaria, diamantes en bruto, petroleo e derivados, produtos quimicos, roupa e accesorios, e materiais textiles. As suas principais exportacions son os automobiles, produtos alimenticios, ferro e aceiro, diamantes rematados, textiles, plasticos, produtos derivados do petroleo, e metais non ferreos. A economia belga atopase fortemente vencellada aos servizos e amosa unha dobre cara: unha dinamica economia flamenga fronte a unha economia valoa estancada. [ 15 ] Un dos membros fundadores da Union Europea , Belxica apoia fortemente a apertura da economia e a extension dos poderes das insitucions da UE para se integrar as economias dos paises membros. Dende 1922 , Belxica e Luxemburgo forman un unico mercado dentro dunha union aduaneira e monetaria: a Union Economica Belgo-Luxemburguesa .

Xa a comezos do seculo XVIII Belxica converteuse no primeiro pais da Europa continental no que se desenvolveu a revolucion industrial . [ 16 ] As vilas de Liexa e Charleroi axina desenvolveron industrias relacionadas coa mineria e o aceiro , as cales agromaron ata mediados do seculo XX no val dos rios Sambre ? Mosa , e que fixeron de Belxica entre 1830 e 1910 unha das tres potencias industriais do mundo. [ 17 ] Poren, na decada de 1840 a industria textil de Flandres atopabase nunha severa crise, chegandose a padecer fames negras entre 1846 e 1850 .

Trala segunda guerra mundial , as vilas flamengas de Gante e Antuerpen experimentaron unha rapida expansion das industrias quimicas e do petroleo. As crises do petroleo de 1973 e 79 fixeron que a economia belga sufrise recesions; a crise tivo unha maior incidencia na economia da Valonia , onde a industria do aceiro fixerase menos competitiva, experimentando un serio declive. [ 18 ] Nas decadas de 1980 e 1990 , o centro economico do pais continuou movendose para o norte, atopandose na actualidade na populosa area do Diamante flamengo .

No final da decada de 1980 , as politicas macroeconomicas do pais resultaron nunha debeda gobernamental acumulada do 120% do Produto Interior Bruto . En 2006 o orzamento foi equilibrado, atopandose a debeda publica no 90.30% do PIB. [ 19 ] Nos anos 2005 e 2006, o crecemento real do PIB foi do 1,5% e 3,0%, respectivamente, lixeiramente por riba da media da zona euro . As taxas de desemprego eran do 8,4% en 2005 e do 8,2% en 2006 preto da media da zona. [ Compre referencia ]

Entre 1832 e 2002 a moeda de Belxica foi o franco belga . Belxica mudou a sua moeda no 2002, ano no que adoptou o euro .

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Demografia de Belxica .
Mapa de Belxica

A comezos do ano 2007 o 92% dos habitantes do pais tinan a nacionalidade belga, o restante 6% eran cidadans doutros paises membros da Union Europea . As principais nacionalidades estranxeiras eran a italiana (171.918), francesa (125.061), holandesa (116.970), marroqui (80.579), espanola (42,765), turca (39.419), e alema (37.621). [ 20 ] [ 21 ]

Urbanizacion [ editar | editar a fonte ]

Bruxelas , a capital de Belxica e a maior area metropolitana do pais

Belxica constitue un dos paises mais urbanizados do mundo, vivindo o 97% dos seus habitantes en cidades (2004). [ 22 ] A densidade de poboacion de Belxica e de 342 hab. por km cadrado ?unha das maiores de Europa, despois dos Paises Baixos e alguns microestados coma o principado de Monaco . A rexion mais densamente poboada do reino e a do Diamante flamengo , delimitada polas aglomeracion formada polas cidades de Antuerpen , Lovaina , Bruxelas e Gante . No ano 2006 , a rexion de Flandres tina unha poboacion de 6 078 600, sendo as suas principais cidades Antuerpen (457.749), Gante (230.951) e Bruxas (117.251); Valonia tina 3,413,978, con Charleroi (201.373), Liexa (185.574) e Namur (107.178) como as suas principais vilas. Na rexion de Bruxelas-Capital vivian 1.018,804. [ 23 ]

Linguas [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Linguas de Belxica .
Linguas de Belxica; no centro a zona bilingue de Bruxelas .       Zona de fala alema       Zona de fala flamenga       Zona de fala francesa

Belxica ten tres linguas oficiais, o holandes , o frances , e o aleman . Xunto estas tres linguas falanse outras sen status de oficialidade.

Ao non haber ningun censo ao respecto, non existe ningunha estatistica oficial do emprego e distribucion das tres linguas oficiais de Belxica e mailas suas variedades . Poren, existen distintas estimacions atendendo a lingua de uso na escola ou no traballo. Estimase que o 59% [ 24 ] da poboacion belga fala o holandes (a miudo chamado " flamengo "), a segunda lingua do pais e o frances , falado polo 40% da poboacion. Os falantes de holandes forman un total de 6,23 millons, concentrados na rexion de Flandres , mentres os falantes francofonos comprenden un total de 3,32 millons na rexion de Valonia e 870.000 (85%) da oficialmente bilingue rexion de Bruxelas-Capital . [ 25 ] [ 26 ] A comunidade xeramanofona de Belxica formana unhas 73.000 persoas nunha pequena zona que se atopa ao leste de Valonia ; ao redor de 10.000 alemans e 60.000 son falantes do aleman . Aproximadamente 23.000 persoas falan a lingua nos concellos fronteirizos coa comunidade xermanofona. [ 27 ]

Tanto o flamengo coma o frances belga difiren das variedades faladas respectivamente nos Paises Baixos e Francia en pequenas diferenzas respecto ao vocabulario e a semantica . A lingua valoa , noutrora a principal lingua rexional da Valonia , hoxe o seu uso atopase relegado a pequenos grupos de idade avanzada. Os diferentes dialectos nativos da Valonia non se empregan na vida publica. [ 28 ]

Relixion [ editar | editar a fonte ]

Catedral de San Miguel e Gudula en Bruxelas

Dende a independencia do pais, o catolicismo , contrapesado por fortes movementos de librepensamento , tivo un importante papel na politica do reino. Poren Belxica constitue en gran parte un pais secular , tal como establece a constitucion laica . Durante os reinados de Alberte I e Balduino , a monarquia tivo sona de ser profundamente catolica.

Simbolicamente e materialmente, a igrexa catolica romana continua tendo unha posicion favorable. O concepto belga de 'reconecer relixions' [ 29 ] achegou ao islam un camino para recibir o mesmo trato co xudaismo e mailo protestantismo . Mentres outras relixions minoritarias, coma o hinduismo , non tenen este status, o budismo tomou os primeiros pasos caro o reconecemento no ano 2007 . [ 30 ] [ 31 ] Segundo a Enquisa e estudo da relixion do 2001 , [ 32 ] o 47% da poboacion identificase como membros da igrexa catolica, ocupando o islam o segundo posto co 3,5% da poboacion. A consulta realizada en Flandres no ano 2006 , reflectiu que esta rexion e mais relixiosa ca Valonia ; o 55% considerabase como relixioso, mentres un 36% cria que Deus creara o mundo. [ 33 ]

Segundo o mais recente Eurobarometro (2005), [ 34 ] o 43% dos cidadans belgas responderon que "crian na existencia dun deus", namentres o 29% respondeu que "crian na existencia dalgun tipo de forza ou espirito" e o 27% que "non crian en ningun tipo de espirito, deus ou forza".

Estimase que o 3-4% dos belgas son musulmans (98% sunnita ) (entre 350.000 e 400.000 persoas). [ 35 ] [ 36 ] A meirande parte dos musulmans viven nas maiores cidades, como Antwerp , Bruxelas e Charleroi . O maior grupo de inmigrantes no pais formano os marroquinos , con 264.974 persoas. Os turcos forman o terceiro maior grupo, e o segundo maior grupo de relixion musulma, chegando aos 159.336. [ 37 ] Existen tamen pequenas minorias hindus e sikh .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Cultura de Belxica .

Belxica ten unha cultura moi rica, con museos , legados historicos e arte . Unha vez por ano ten un concurso de musica chamado "Koningin Elisabeth Wedstrijd" . Todo o ano escollese un tipo de instrumento clasico.

Durante o veran, ten moitos festivais. Os mais conecidos son: Werchter , Sfinks , Dour e Pukkelpop . Principalmente os mozos van pular nas musicas das bandas famosas nacionais e internacionais, existen festivais para adultos, alternativos, con musica do mundo enteiro, e outros.

E un diferencial e a cervexa belga, da que existen mais de 450 tipos. As cervexas 'trapist' estan elaboradas por mosteiros e, cunha excepcion holandesa, so existen na Belxica. Fronte a lei alema de empregar so malte, auga, lupulo e levedo, a tradicion cervexeira belga comprende o uso dunha enorme variedade de ingredientes (especias, herbas, azucres, froitas como a cereixa...).

Festivos [ editar | editar a fonte ]

Data Nome en galego Nome local Observacions
06/12 Dia dos Fillos Sinterklaas

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/4545433.stm Language dispute divides Belgium, BBC News, 13 de maio de 2005
  2. http://www.galiciae.com/nova/4156.html Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine . Goberno provisional en Belxica
  3. http://www.galiciae.com/nova/8360.html Arquivado 08 de marzo de 2012 en Wayback Machine . Acordo para un goberno definitivo en Belxica
  4. Belgium Prime Minister offers resignation over banking deal
  5. "O goberno belga presenta a sua dimision polo escandalo de Fortis" . Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012 . Consultado o 28 de decembro de 2008 .  
  6. "O Rei de Belxica acepta a dimision do goberno de Yves Leterme" . Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2009 . Consultado o 28 de decembro de 2008 .  
  7. "Van Rompuy, encargado de facer goberno en Belxica" . Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009 . Consultado o 29 de decembro de 2008 .  
  8. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en ingles ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos . Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.  
  9. Convencion contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.  
  10. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Economicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.  
  11. Protocolo Facultativo de la Convencion sobre la eliminacion de todas las formas de discriminacion contra la mujer (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.  
  12. Protocolo facultativo de la Convencion sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolucion) (en castelan ) . Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.  
  13. "Rank Order - Exports" . CIA - The 2008 world factbook . Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008 . Consultado o 2008-10-05 . 15[th]: Belgium $322,200,000,000 (2007 est.)   Arquivado 27 de abril de 2019 en Wayback Machine .
  14. "Rank Order - Imports" . CIA - The 2008 world factbook . Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008 . Consultado o 2008-10-05 . 15[th]: Belgium $323,200,000,000 (2007 est.)   Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine .
  15. Expatica Communications BV, ed. (2005-03-09). "Wallonia in 'decline' thanks to politicians" . Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007 . Consultado o 2007-06-16 .  
  16. European Route of Industrial Heritage (ed.). "Industrial History Belgium" . Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013 . Consultado o 2007-05-08 .  
  17. Jean-Pierre Rioux (1989). La revolution industrielle (en French) . Paris: Seuil. p. 105. ISBN   2-02-000651-0 .  
  18. US Department of State , Bureau of European and Eurasian Affairs, ed. (2007). "Background Note: Belgium" . Consultado o 2007-05-08 .  
  19. CIA, ed. (2007-04-17). "The World Factbook?(Rank Order?Public debt)" . Arquivado dende o orixinal o 13 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-08 .   Arquivado 13 de xuno de 2007 en Wayback Machine .
  20. Perrin, Nicolas, UCLouvain , Study Group of Applied Demographics (Gedap) (2006). Belgian Federal Government Service (ministry) of Interior?Immigration Office, ed. "European Migration Network?Annual Statistical Report on migration and asylum in Belgium (Reference year 2003)?section A. 1) b) Population by citizenship & c) Third country nationals, 1 January 2004" (PDF) . pp. pages 5?9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-28 .  
  21. "De vreemde bevolking" . Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2002 . Consultado o 29 de decembro de 2008 .  
  22. Belgian Federal Government Service (ministry) of Economy?Directorate-general Statistics Belgium, ed. (ⓒ 1998/2007). "Quelques resultats des precedents recensements?Indicateurs de logement (1991)" (en French switchable to Dutch ) . Arquivado dende o orixinal o 25 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-08 .  
  23. Belgian Federal Government Service (ministry) of Economy?Directorate-general Statistics Belgium, ed. (ⓒ 1998/2007). "Structuur van de bevolking?Belgie / Brussels Hoofdstedelijk Gewest / Vlaams Gewest / Waals Gewest / De 25 bevolkingsrijkste gemeenten (2000?2006)" (en Dutch ) . Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2007 . Consultado o 2007-05-23 .  
  24. Os falantes nativos de holandes e frances en Valonia e Flandres respectivamente constituen pequenas minorias equilibradas. Asi, o holandes e falado en Flandres por 6,079 millons de habitantes e polo 15% da poboacion de Bruxelas, uns 1,019 millons, o que fai un total de 6,23 millons ou o 59,3% dos 10,511 millons de habitantes do pais (2006). O aleman e falado por 70.400 persoas na rexion de fala xermana, e por uns 20.000 ou 25.000 falantes na rexion de Valonia, fora das fronteiras da rexion de fala xermana, o que constitue un 0,9% da poboacion total. Por ultimo, o frances e falado por 3,321 millons de persoas na rexion de Valonia e polo 85% dos habitantes da rexion de Bruxelas (0,866 millon), o que fai un total de 4,187 millons ou o 39,8% sobre o total.
  25. O academico flamengo Eric Corijn (iniciador de Charta 91 ), nun coloquio sobre a sociolinguistica de Bruxelas realizado no ano 2001 , declarou que na cidade o 91% da poboacion falaba o frances na casa, so ou xunto a outra lingua, mentres ao redor do 20% falaba holandes na casa, so (9%) ou xunto ao frances (11%). Asi podese estimar que entre o 85 e o 90% e francofono, e entre o 15% e o 10% neerlandofilo. Estas estimacions responden a eleccion linguistica realizada polos cidadans de Bruxelas no tocante aos documentos oficiais (Documento de identidade, licenza de conducion, partidas de nacemento etc); estas son as unicas cifras que se poden levar a consideracion ao non existires ningun outro xeito de conecer con precision o numero exacto de falantes, xa que o pais aboliu os censos oficiais respecto as linguas da poboacion.
  26. British Council (ed.). "Belgium Market background" . Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007 . Consultado o 2007-05-05 . The capital Brussels, 80?85 percent French-speaking, ...   ?Strictly, the capital is the municipality (City of) Brussels , though the Brussels-Capital Region might be intended because of its name and also its other municipalities housing institutions typical for a capital.
  27. The German-speaking Community (ed.). "Citizens from other countries in the German-speaking Community" . Arquivado dende o orixinal o 28 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-05 .  
    Mercator, Minority Language Media in the European Union, apoiada pola Comision Europea e a Universidade de Gales (ed.). "German (Belgium)?Overview of the language" . Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011 . Consultado o 2007-05-07 .  
    Leclerc, Jacques , membre associe du TLFQ (2006-04-19). Host: Tresor de la langue francaise au Quebec (TLFQ), Universite Laval , Quebec , ed. "Belgique ? Belgie ? Belgien?La Communaute germanophone de Belgique" . L'amenagement linguistique dans le monde (en French ) . Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2007 . Consultado o 2007-05-07 .  
  28. Gordon, Raymond G., Jr. (ed.) (2005). SIL International Dallas, Texas, USA, ed. "Languages of Belgium" . Ethnologue: Languages of the World, 15th edition . Consultado o 2007-05-07 .  
  29. "2001 Annual Report on Human Rights in Belgium" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2007 . Consultado o 29 de decembro de 2008 .  
  30. Bousetta, Hassan; Gsir, Sonia; Jacobs, Dirk (2005). Carl von Ossietzky University, Oldenburg IBKM, ed. "Active Civic Participation of Immigrants in Belgium?Country Report prepared for the European research project POLITIS, Oldenburg" (PDF) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-08 . In many respects, the Catholic Roman Church remains in a very advantageous situation both symbolically and materially. O longo e problematico proceso que finalmente levou ao reconecemento do islam constitue un exemplo ilustrativo da ambiguidade das relacions entre o estado belga e as relixions. Durante 25 anos, o islam mantivo unha posicion de desventaxa fronte outras relixions.  
  31. "Belgie gaat plat op zijn buik voor China (Belgium bends over backwards for China)" (PDF) (en Dutch ) (#1455). Metro (Belgian newspaper) . 2007-05-10. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuno de 2007 . Consultado o 2007-05-10 . [Upon the Dalai Lama for the second time in two years canceling a visit to Belgium after being informed by the Belgian government of Peking 's diplomatic pressure, quote newspaper:] Uittredend Senaatsvoorzitster Anne-Marie Lizin reageert teleurgesteld: 'Gezien het belang van de vergadering waaraan u wilde deelnemen en gezien de redenen van uw beslissing, betreur ik dat ik u niet kan ontvangen in ons land, een land dat openstaat voor iedereen, ongeacht de religieuze overtuiging, en dat net een eerste stap heeft gezet in de erkenning van het'[sic] 'boeddhistische filosofie'. (Lawfully resigning at the end of the government's legislation, President of the Senat Anne-Marie Lizin reacts disappointedly: 'In view of the importance of the meeting you wanted to attend and in view of the reasons of your decision, I regret not being able to receive you in our country, a country open for everyone regardless of religious conviction, and which has just set a first step towards the recognition of the Buddhist philosophy.')   Alternative urls: α Arquivado 29 de abril de 2011 en Wayback Machine ., β Arquivado 15 de decembro de 2018 en Wayback Machine ., pdf 1.1 MB: γ
  32. US Department of State, Bureau of Democracy, Human Rights, and Labor , ed. (2004). "Belgium" . International Religious Freedom Report 2004 . Consultado o 2007-05-28 .  
  33. Inquiry by 'Vepec', 'Vereniging voor Promotie en Communicatie' (Organisation for Promotion and Communication), published in Knack magazine 22 November2006 p. 14 [The Dutch language term 'gelovig' is in the text translated as 'religious', more precisely it is a very common word for believing in particular in any kind of God in a monotheistic sense, and/or in some afterlife ].
  34. "Eurobarometer on Social Values, Science and technology 2005 ? page 11" (PDF) . Consultado o 2007-05-05 .  
  35. The many faces of Islam Arquivado 08 de decembro de 2009 en Wayback Machine ., TIME
  36. 'Belgian Malcolm X' seeks office
  37. Voor het eerst meer Marokkaanse dan Italiaanse migranten

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]