한국   대만   중국   일본 
Astrid Kirchherr - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Astrid Kirchherr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAstrid Kirchherr

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 20 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo (Alemana nazi) Editar o valor em Wikidata
Morte 12 de maio de 2020 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Hamburgo, Alemana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Alemana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hamburgo (1960?1967) Editar o valor em Wikidata
Ocupacion fotografa , pintora , produtor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua alema e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Parella Klaus Voormann (pt) Traducir (1959?1960)
Stuart Sutcliffe Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1241602 Musicbrainz: 3cd5b3b4-dc12-429a-b717-588eab234b4e Discogs: 2236776 Editar o valor em Wikidata

Astrid Kirchherr , nada en Hamburgo , Alemana , o 20 de maio de 1938 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 2020 , foi unha fotografa e artista alema conecida pola sua relacion coa banda The Beatles (xunto cos seus amigos Klaus Voormann e Jurgen Vollmer ) e as suas fotografias do grupo cando este se atopaba en Hamburgo .

Kirchherr coneceu a Stuart Sutcliffe na discoteca Kaiserkeller de Hamburgo en 1960, onde el estaba a tocar o baixo cos Beatles, e mais tarde estivo comprometida con el antes da sua morte en 1962 .

Ainda que Kirchherr admitiu realizar pouco traballo fotografico desde 1967, a sua obra foi exhibida en Hamburgo, Bremen , Londres , Liverpool , Nova York , Washington D.C ., Tokio , Viena e no Salon da Fama do Rock . Tamen publicou tres libros de edicion limitada de fotografias.

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Astrid Kirchherr naceu en 1938 en Hamburgo (Alemana), filla dun antigo executivo da seccion alema de Ford Motor Company . Durante a Segunda guerra mundial , a sua familia foi evacuada ao mar Baltico , onde lembra ver cadaveres na praia despois de que as naves Cap Arcona e SS Deutschland fosen bombardeadas e naufragasen. Tamen foi testemuna do ruinoso estado no que quedara a cidade de Hamburgo cando a sua familia regresou a cidade. [ 1 ] Trala morte do seu pai Astrid foi criada pola sua nai, Nielsa Kirchherr, no suburbio de Altona , en Hamburgo.

Despois da sua gradacion, Kirchherr matriculouse no Meisterschule fur Mode, Textil, Graphik und Werbung ?unha escola de arte de Hamburgo? para estudar deseno de moda . Con todo, demostrou ter talento para a fotografia en branco e negro . Reinhard Wolf, o profesor principal de fotografia, convenceuna para que cambiase de carreira e prometeulle que a contrataria como a sua asistente cando se graduara. [ 2 ] Kirchherr traballou para Wolf desde 1959 ate 1963 . [ 3 ] [ 4 ]

A finais dos anos 1950 e principios dos anos 1960 , Kirchherr e os seus amigos da escola de arte estiveron envoltos no movemento existencialista europeo, cuxos seguidores foron alcumados Exis por John Lennon . [ 5 ] En 1995 , ela declarou a BBC Radio Merseyside:  

A nosa filosofia enton ?porque eramos so nenos pequenos? era vestirnos de negro e parecer deprimidos. Por suposto, nos sabiamos quen era Jean-Paul Sartre . Fomos inspirados por todos os escritores e artistas franceses porque era o mais preto que podiamos chegar. Inglaterra estaba tan lonxe e Estados Unidos estaba fora do noso alcance, polo que Francia era o lugar mais achegado. Sacamos toda a informacion posible sobre Francia e tratamos de vestirnos como existencialistas franceses... Queriamos ser libres, queriamos ser diferentes e tratar de ser cool , como se chama agora. [ 6 ]

Os Beatles [ editar | editar a fonte ]

Kirchherr, Voormann e Vollmer asistiron xuntos ao Meisterschule e tiveron as mesmas ideas acerca da moda, a cultura e a musica. En 1960, despois de que Kirchherr e Vollmer discutisen con Voormann, este vagou pola rua Reeperbahn no distrito de St. Pauli e escoitou a musica que saia da discoteca Kaiserkeller. Voormann entrou ao lugar e observou a presentacion dun grupo chamado 'The Silver Beatles'. [ 7 ] Voormann pediu a Kirchherr e Vollmer que escoitasen esta nova musica e, tras visitar o Kaiserkeller ao dia seguinte, Kirchherr decidiu que queria estar tan preto dos Beatles como lle fose posible. [ 8 ] Eles desconecian que ese xenero era chamado Rock and roll e con anterioridade so escoitaran Trad jazz mesturado cun pouco de Nat King Cole e The Platters . [ 5 ] [ 9 ] O trio continuou visitando o Kaiserkeller case todas as noites, chegando as 9 p. m. e sentando en fronte do escenario. [ 10 ] Kirchherr dixo mais tarde:

Era como un carrusel na mina cabeza. Eles eran absolutamente impactantes... Toda a mina vida cambiou nun par de minutos. Todo o que queria era estar con eles e conecelos. [ 11 ]

Kirchherr dixo que ela, Voormann e Vollmer sentianse culpables de ser alemans e da historia recente de Alemana. Conecer os Beatles foi algo moi especial para ela, ainda que sabia que os ingleses pensarian que ela comia chucrut e que falarian do seu forte acento aleman. [ 12 ] Stuart Sutcliffe , o baixista do grupo, estaba fascinado co trio, especialmente Kirchherr, a pesar de que parecian ≪verdadeiros bohemios≫ . Bill Harry comentou que cando Kirchherr entraba a algun lugar, todas as cabezas volvianse cara a ela e que sempre cativaba a toda a habitacion. [ 5 ] Sutcliffe escribiulle a un amigo que non podia quitarlle os ollos de encima e que tratara de falar con Kirchherr durante un receso, pero ela xa abandonara o club. Isto debeuse a estrita lei alema que prohibia aos mozos frecuentar bares pasadas as 10 da noite. [ 10 ]

Sutcliffe argallou as cousas para conecelos e descubriu que os tres asistiran ao Meisterschule, que era o mesmo tipo de escola de arte a que John Lennon e el asistiran en Liverpool . [ 5 ] Kirchherr preguntoulle os Beatles se lles importaria que lles fixese unha sesion fotografica, o que lles impresionou, xa que outros grupos so tinan fotografias instantaneas tomadas por amigos. A mana seguinte, Kirchherr fotografounos nun parque municipal chamado "der Dom", preto da Reeperbahn, e pola tarde levounos a todos (excepto a Pete Best , quen decidiu non ir) a casa da sua nai en Altona. A habitacion de Kirchherr (que era completamente negra, incluindo os mobles, e con papel de aluminio nas paredes e a rama dunha arbore suspendida no ceo raso) estaba decorada especialmente por Voormann, con quen ela tina unha relacion, ainda que tralas suas visitas ao Kaiserkeller volveuse puramente platonica. Kirchherr empezou a sair con Sutcliffe, ainda que seguiu sendo amiga proxima de Voormann. [ 3 ] [ 13 ]

Kirchherr deu a Sutcliffe e ao resto de Beatles Preludin , a cal, se se tomaba xunto con cervexa, faciaos sentir euforicos e axudabaos a manterse espertos ate a madrugada. Os Beatles usaran Preludin anteriormente, ainda que so era posible obtela cunha prescricion medica , polo que a nai de Kirchherr conseguiriaa dun farmaceutico local, que lla entregaba sen preguntarlle nada. [ 14 ] Despois de conecer a Kirchherr, John Lennon enchia as suas cartas a Cynthia Powell con ≪Astrid dixo isto, Astrid fixo aquilo≫, o que fixo que Powell se sentise ciumenta ata que se deu conta de que Sutcliffe mantina unha relacion con Kirchherr. [ 15 ] Cando Powell visitou Hamburgo xunto a Dot Rhone (a noiva de Paul McCartney por aquel enton) en abril de 1961 , quedaron en casa de Kirchherr. [ 16 ] En agosto de 1963 , Kirchherr reuniuse con Lennon e Cynthia en Paris mentres eles estaban nunha lua de mel tardia e Kirchherr viaxou ali cunha amiga durante unhas vacacions. Os catro foron de bar en bar e finalmente terminaron indo ao hotel onde Kirchherr se hospedaba e remataron durmindo todos xuntos na cama individual de Kirchherr. [ 17 ] Os Be a tles atoparonse de novo con Kirchherr durante a rodaxe de A Hard Day's Night en 1964 e en Hamburgo en 1966 , mentres realizaban unha xira por Alemana. Kirchherr deulle a Lennon as cartas que el escribira a Sutcliffe durante 1961 e 1962, o cal foi considerado por Lennon como "o mellor agasallo que tiven en anos." [ 18 ]

Corte de cabelo dos Beatles [ editar | editar a fonte ]

Kirchherr foi acreditada como a inventora do corte de pelo moptop dos Beatles. Poren, ela negouno e e citada por Keith Badman en The Beatles Off The Record :

Toda esa tonteria que a xente dixo, que eu creei o seu corte de pelo, Iso e lixo! Moitos rapaces alemans tinan o mesmo estilo. Stuart levouno por un tempo e os outros copiarono. Eu creo que a cousa mais importante coa que contribuin a eles foi a nosa amizade. [ 19 ] [ 20 ]

En 1995, Kirchherr declarou a BBC Radio Merseyside:

Todos os meus amigos na escola de arte usaban este tipo de... o que vostedes chaman 'corte de pelo Beatle'. O meu mozo de enton, Klaus Voormann, tina ese mesmo corte e a Stuart gustoulle moitisimo. El foi o primeiro que realmente tivo o valor de quitar a Brylcreem do pelo e pedirme que llo cortara. [ 6 ]

Stuart Sutcliffe [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Stuart Sutcliffe .

Stuart Sutcliffe escribiu aos seus amigos que estaba namorado de Kirchherr e preguntoulle aos amigos dela que cores, peliculas, libros e pintores lle gustaban e quen lle gustaba. Pete Best comentou que o inicio da relacion foi como "un deses contos de fadas." [ 21 ] Kirchherr e Sutcliffe comprometeronse en novembro de 1960 e intercambiaron aneis seguindo a tradicion alema. [ 22 ] Sutcliffe escribiulles aos seus pais contandolles o seu compromiso, o cal lles impactou, xa que pensaban que el abandonaria a sua carreira como artista. [ 23 ] Kirchherr prestou dineiro a Sutcliffe para que viaxase a Liverpool en febreiro de 1961, ainda que regresou a Hamburgo en marzo. [ 24 ] [ 25 ]

A parella viaxou a Liverpool no veran de 1961, xa que Kirchherr queria conecer a familia de Sutcliffe e a cidade antes do seu matrimonio. Todos esperaban unha estrana artista beatnik de Hamburgo, pero Kirchherr chegou a casa da familia en Aigburth levando unha orquidea como agasallo e vestida cun xersei de caxemira e unha saia de xastre. [ 26 ] En 1962, Sutcliffe tivo un colapso no medio dunha clase de arte en Hamburgo. El sufria de fortes dores de cabeza e a nai de Kirchherr fixo que varios doutores alemans o examinaran, ainda que ningun foi capaz de determinar a causa das dores. Mentres vivia na casa dos Kirchherr, a sua condicion empeorou. O 10 de abril de 1962, Sutcliffe foi levado ao hospital e Kirchherr acompanouno na ambulancia, pero morreu antes de chegar ao hospital. [ 27 ] Tres dias mais tarde, Kirchherr recibiu os Beatles no Aeroporto de Hamburgo onde lles dixo que Sutcliffe morrera dunha hemorraxia cerebral, noticia que devastou aos membros da banda, sobre todo a John Lennon xa que era o seu amigo intimo. [ 28 ]

Fotografia [ editar | editar a fonte ]

Camara Rolleicord (1955), como a que usaba Kirchherr.

En 1964 Kirchherr converteuse nunha fotogr a fa freelance e xunto ao seu colega Max Scheler tomou fotografias dos Beatles durante a rodaxe de A Hard Day's Night como un encargo para a revista alema Stern . [ 29 ] Mais tarde, George Harrison pedirialle a Kirchherr que realizase a cuberta do seu album Wonderwall Music en 1969 . [ 30 ] Kirchherr e Scheler publicaron un aviso no Liverpool Echo en 1964 dicindo que a calquera grupo que quixese unha fotografia en fronte do St. George's Hall pagariaselle unha libra esterlina por cada musico, pero mais de 200 grupos apareceron e Kirchherr e Scheler quedaron sen dineiro rapidamente. [ 31 ]

Kirchherr publicou as suas fotografias en 1995, nun libro chamado Liverpool Days , e unha coleccion, edicion limitada, de fotografias en branco e negro. En 1999 , publicouse outro libro chamado Hamburg Days (dous volumes de edicion limitada) con fotografias tomadas por Kirchherr e debuxos realizados por Voormann. Os debuxos son representacions de lugares e situacions que Voormann lembraba claramente, pero que nunca foran fotografados por Kirchherr ou cuxas fotografias se extraviaran. [ 32 ]

Kirchherr describiu o dificil que era ser aceptada como fotografa nos anos 1960:

Cada revista e xornal queria que fotografara os Beatles de novo. Ou querian as minas fotos vellas, sen importar se estaban fora de foco ou se eran bonitas ou non. Eles non verian os meus outros traballos. Era moi dificil ser aceptada como rapaza fotografa nos sesentas. O final deixeino. Case non fixen mais fotos desde 1967. [ 30 ]

Kirchherr dixo que When We Was Fab , publicado por Genesis Publications en 2007 , seria o seu ultimo libro de fotografia:

Decidin que e tempo de crear un libro no cal estea totalmente envolta para que contena as fotos que mais me gustan, impresas da maneira en que eu o faria, incluso o texto e deseno... Este libro son eu e e por iso que sera o ultimo. [ 33 ]

Kirchherr expresou a sua admiracion por outros fotografos, tales como Annie Leibovitz , Irving Penn , Richard Avedon , Jim Rakete e Reinhard Wolf , e polos cineastas franceses Francois Truffaut e Jean Cocteau . [ 1 ] Kirchherr dixo que as suas fotografias favoritas son as que lle tomou a Sutcliffe no mar Baltico e as de Lennon e Harrison no seu atico no 45a Eimsbutteler Strasse. Ela expresou as suas reservas cara a fotografia dixital, dicindo que un fotografo deberia concentrarse na arte da fotografia e non nos resultados tecnicos, ainda que admitiu ter poucos conecementos de computacion e estar ≪asustada de Internet≫ .

Kirchherr admite que non e boa nos negocios e que non e abondo organizada, xa que nunca se preocupou dos negativos das suas fotografias para poder probar a sua autoria. [ 30 ] O seu socio Ulf Kruger, un compositor e produtor discografico, atopou exitosamente moitos dos negativos de Astrid asi como varias fotografias, as cales reservou os dereitos de autor , ainda que el cre que Kirchherr perdeu 500 000 libras esterlinas debido a xente que usou as suas fotografias sen permiso. En xullo de 2001, Kirchherr visitou Liverpool para a inauguracion dunha exposicion do seu traballo na galeria de arte de Mathew Street , preto da antiga localizacion do Cavern Club . Tamen apareceu como convidada na Semana do Festival dos Beatles da cidade durante o bank holiday de agosto. [ 34 ] O traballo de Kirchherr foi exhibido internacionalmente en lugares como Hamburgo, Bremen, Londres, Liverpool, Nova York, Washington D.C., Tokio, Viena e no Salon da Fama do Rock. [ 4 ]

Ultimos anos [ editar | editar a fonte ]

En 1967, Kirchherr casou co bateria ingles Gibson Kemp, quen substituira a Ringo Starr no grupo Rory Storm and the Hurricanes . O matrimonio rematou en divorcio sete anos mais tarde. [ 5 ] Kirchherr uniuse en segundas nupcias a un home de negocios aleman, pero volveu divorciarse en 1985 .

Kirchherr traballou como conselleira no filme Backbeat , o cal mostraba a Kirchherr, Sutcliffe e os Beatles cando estiveron en Hamburgo. O actor Stephen Dorff (quen interpretou a Sutcliffe na pelicula) impresionou a Kirchherr, quen comentou que el tina a idade axeitada (19 anos daquela) e a maneira en que fumaba, falaba e se movia eran tan similares as de Sutcliffe que lle puxeron a pel de galina . O papel de Kirchherr foi interpretado por Sheryl Le . [ 30 ]

Desde mediados dos anos 1990 , Kirchherr e Kruger rexentaron a tenda fotografica K&K en Hamburgo, a cal ofrece fotografias personalizadas, libros e obras de arte. K&K axuda a organizar, nalgunhas ocasions, convencions dos Beatles e outros eventos relacionados coa banda na area de Hamburgo. [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "An interview with Astrid Kirchherr" . Retro Sellers. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2012 . Consultado o 12 de abril de 2008 .  
  2. Harry, Bill. The Encyclopedia of Beatles People . Londres: Blandford Press. ISBN   978-0713726060 .  
  3. 3,0 3,1 Miles, p. 64.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Astrid Kirchherr" . K & K. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2007 . Consultado o 5 de maio de 2007 .  
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Spitz, p. 222.
  6. 6,0 6,1 Leigh, Spencer (6 de agosto de 1995). "Spencer Leigh interviews Astrid Kirchherr" (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008 . Consultado o 11 de abril de 2008 .  
  7. "Klaus Voormann Biography" . The Beatlemania Shoppe. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuno de 2008 . Consultado o 12 de abril de 2008 .  
  8. Miles, p. 61.
  9. Miles, p. 62.
  10. 10,0 10,1 Spitz, p. 221.
  11. Spitz, p. 223.
  12. "Astrid Kirchherr" . Consultado o 12 de abril de 2008 .  
  13. Spitz, p. 224.
  14. Miles, p. 66.
  15. Lennon, p. 78.
  16. Lennon, p. 91.
  17. Lennon, pp. 162-163.
  18. Spitz, p. 614.
  19. Badman, p. 61.
  20. Spitz, p. 245.
  21. Spitz, p. 225.
  22. Miles, p. 65.
  23. Spitz, p. 235.
  24. Spitz, p. 230.
  25. Spitz, p. 242.
  26. Spitz, p. 278.
  27. Lennon, p. 110.
  28. Spitz, p. 305.
  29. "Astrid Kirchherr" . Rockstore. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2008 . Consultado o 14 de abril de 2008 .  
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 "Astrd Kirchherr" . Geocities. xaneiro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 1999 . Consultado o 14 de abril de 2008 .  
  31. " Liverpool Days : The Photographs of Max Scheler and Astrid Kirchherr" . Genesis Publications . Consultado o 14 de abril de 2008 .  
  32. " Hamburg Days " . Genesis Publications . Consultado o 14 de abril de 2008 .  
  33. " When We Was Fab " (en ingles) . Genesis Publications . Consultado o 14 de abril de 2008 .  
  34. "Fab Four photographer's display" . BBC News . Consultado o 15 de abril de 2008 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]