Voluntariado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O voluntariado [ 1 ] [ 2 ] e o traballo das persoas que serven a unha comunidade ou ao medio ambiente por decision propia e libre . O termo tamen fai referencia ao conxunto de devanditas persoas, os voluntarios. Por definicion, os voluntarios non cobran polo seu traballo. [ 3 ]

Na Plataforma do Voluntariado de Espana [ 4 ] consensuouse a siguinte definicion de voluntariado coas suas diferentes entidades e plataformas:

A Accion Voluntaria organizada e aquela que se desenvolve dentro dunha organizacion sen animo de lucro por persoas fisicas que, de maneira altruista e solidaria, intervenen coas persoas e a realidade social, fronte a situacions de vulneracion, privacion ou falta de dereitos ou oportunidades para alcanzar unha mellor calidade de vida, e unha maior cohesion e xustiza social como expresion de cidadania activa organizada. [ 5 ]

Hai diferentes motivacions que moven estas persoas a dedicar parte do seu tempo ao traballo non remunerado. Tamen hai distintas maneiras de ser voluntario: unha clasificacion basica distingue o voluntariado formal (o realizado dentro de organizacions non lucrativas ) do informal (os voluntarios actuan individualmente ou en grupos non rexistrados). Outra clasificacion elemental distinguiria o voluntariado no que os beneficiarios son persoas daquel no que o traballo mellora o medio ambiente (en xeral ou parte del: animais , plantas etc.).

O traballo voluntario deberia cumprir tres condicions:

  • Ser desinteresado : o voluntario non persegue ningun tipo de beneficio nin gratificacion pola sua axuda.
  • Ser intencionado : o voluntario persegue un fin e un obxectivo positivo (buscar un cambio a mellor na situacion do outro) e lexitimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que lle permite que o axude).
  • Estar xustificado : responde a unha necesidade real do beneficiario da mesma. Non e un pasatempo nin un entretemento sen mais, senon que persegue a satisfaccion dunha necesidade previamente definido como tal.

O voluntariado complementa o labor da Administracion publica e dos profesionais da accion social , pero nunca os deberia substituir nin suplantar.

Dia Internacional do Voluntariado [ editar | editar a fonte ]

En 1985 , a Asemblea da ONU declarou o 5 de decembro como o Dia Internacional do Voluntariado para o desenvolvemento economico e social . En 1996 eran 69 paises os que o celebraban, cifra que se duplicou, ata alcanzar os 125, en 2003 [ 6 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voluntariado .
  2. "Entrada de "voluntariado" no Digalego.gal" . Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019 . Consultado o 09 de agosto de 2019 .  
  3. Definicion de voluntariado , sitio dixital 'Definicion ABC'.
  4. Plataforma do Voluntariado de Espana , sitio dixital oficial.
  5. Guia sobre o Voluntariado Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine . , sitio dixital 'Plataforma do Voluntariado de Espana'.
  6. "A ayudar se aprende en la escuela", en La Voz de Galicia , suplemento La Voz de la escuela , 2.12.2009.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Cesar Garcia-Rincon de Castro (2003). Cuaderno de Viaje para Acompanar Experiencias de Voluntariado Social . Homo Prosocius, Madrid. ISBN 84-607-8127-5 .
  • Jean Pictet Comentario sobre los principios fundamentales de la Cruz Roja .
  • Formacion Pre-Monitor, Voluntariado Centro Juvenil.
  • "Librino" do servizo Voluntariado en Lina do programa Voluntarios das Nacions en Lina [1]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]