Taeksi Unjeonsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taeksi Unjeonsa
Ficha tecnica
Titulo orixinal 택시運轉士
Director Jang Hoon
Produtor Park Un-kyoung
Choi Ki-sup
Guion Eom Yu-na
Interpretes Song Kang-ho
Thomas Kretschmann
Musica Jo Yeong-wook
Fotografia Go Nak-seon
Montaxe Kim Sang-bum
Kim Jae-bum
Estudio The Lamp
Distribuidora Showbox
Estrea 2 de agosto de 2017
Duracion 137 minutos
Orixe Corea do Sur
Xenero Drama e accion
Orzamento 15 billons de KRW [ 1 ]
(arredor de 13,8 millons de dolares)
Recadacion 88,7 millons de dolares [ 2 ]
(Corea do Sur)
Na rede
IMDB: tt6878038 Filmaffinity: 333973 Allocine: 260908 Rottentomatoes: m/a_taxi_driver_2017 Mojo: ataxidriver Metacritic: movie/a-taxi-driver Netlix: 80200945Editar o valor em Wikidata

Taeksi Unjeonsa (en coreano : 택시運轉士 ) e un filme sucoreano de 2017 dirixido por Jang Hoon e escrito por Eom Yu-na. E un filme dramatico e de accion [ 3 ] protagonizado por Song Kang-ho , xunto con Thomas Kretschmann . [ 4 ] [ 5 ] Basease nunha historia real e o filme centrase nun condutor de taxi de Seul que acaba por involucrarse sen querer no masacre de Gwangju en 1980. Basease nas interaccions do xornalista aleman Jurgen Hinzpeter co condutor Kim Sa-bok; poren, como a identidade e o nome real de Kim eran desconecidos no momento no que se fixo o filme (Hinzpeter so o conecia como "Kim Sa-bok"), a maioria dos elementos referentes a sua vida persoal e o que ocorreu fora de Gwangju son ficticios.

O filme estreouse o 2 de agosto de 2017 en Corea do Sur. [ 6 ] Recibiu moi boas valoracions por parte da critica que eloxiou a sua vision unica dos eventos do masacre de Gwangju, o seu peso emocional asi como o personaxe principal e a relacion con Hinzpeter. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Oscar o mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edicion dos premios , [ 7 ] [ 8 ] mais finalmente non foi nomeado. O filme foi un grande exito comercial, sendo o segundo filme de 2017 con maior recadacion en Corea do Sur, e convertendose no decimo primeiro filme con maior recadacion da historia do pais. [ 9 ] [ 10 ]

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

Principais [ editar | editar a fonte ]

Un condutor de taxi viuvo que vive coa sua filla de once anos nunha pequena casa. E un home comun da clase traballadora que coida da sua familia e ten pouco interese polas cuestions politicas. [ 11 ] O personaxe basease no condutor de taxi real Kim Sa-bok, que transportaba a Jurgen Hinzpeter ate Gwangju. Kim permaneceu fora da vida publica ate a estrea do filme, [ 12 ] e en setembro de 2017, despois do enorme exito comercial e da critica en Corea do Sur, a identidade de Kim foi finalmente confirmada polo seu fillo, Kim Seung-pil. O fillo de Kim compartiu cos medios de comunicacion unha foto de seu pai xunto a Jurgen Hinzpeter e revelou que o seu pai morrera de cancro en 1984, catro anos despois dos eventos de Gwangju. [ 13 ]
Un xornalista aleman. O personaxe basease na vida de Jurgen Hinzpeter (1937?2016), o derradeiro xornalista aleman que filmou e reportou o masacre de Gwangju . [ 14 ]

Secundarios [ editar | editar a fonte ]

  • Yoo Hae-jin como Hwang Tae-sool
  • Ryu Jun-yeol como Gu Jae-sik
  • Park Hyuk-kwon como xornalista Choi
  • Uhm Tae-goo como Sarxento de Primeira clase Park
  • Yoo Eun-mi como Eun-jeong
  • Choi Gwi-hwa como lider de DSC
  • Cha Soon-bae como condutor Cha
  • Shin Dam-soo como condutor Shin
  • Ryoo Seong-hyeon como condutor Ryoo
  • Park Min-hee como Kwon Joong-ryeong
  • Lee Jeong-eun como muller de Hwang Tae-sool
  • Kwon Soon-joon como Kang Sang-goo
  • Yoon Seok-ho como fillo de Hwang Tae-sool
  • Heo Jeong-do como marido da muller embarazada de Seul
  • Lee Bong-ryeon como muller embarazada de Seul
  • Lee Ho-cheol como Hong Yong-pyo
  • Lee Young-yi como muller de Hong Yong-pyo
  • Han Geun-sup como estudante universitario protestante
  • Hong Wan-pyo como estudante universitario protestante

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " " 映畫 '택시運轉士' 1973年式 브리사 택시 復元에만 7個月 " " . Yonhap News Agency . 16 de xullo de 2017 . Consultado o 2 de agosto de 2017 .  
  2. "Taeksi Woonjunsa" . The Numbers . Consultado o 15 de setembro de 2017 .  
  3. A Taxi Driver (2017); Genres: Action, Drama, History - Metacritic
  4. Herald, The Korea (3 de maio de 2016). "Song Kang-ho to star in ‘Taxi Driver’" . Consultado o 23 de febreiro de 2017 .  
  5. "SONG Kang-ho Takes Lead in TAXI DRIVER Depicting the Gwangju Democratization Movement" . Consultado o 23 de febreiro de 2017 .  
  6. Korea Times, ed. (6 de xaneiro de 2017). "Big-budget movies to highlight 2017" . Consultado o 23 de febreiro de 2017 .  
  7. "第90回 아카데미映畫賞 外國語映畫部門 韓國映畫 出品作 選定 結果" . 4 de setembro de 2017 . Consultado o 4 de setembro de 2017 .  
  8. Kil, Sonia (4 de setembro de 2017). Variety , ed. "Korea Hails ‘A Taxi Driver’ For Oscar Race" . Consultado o 4 de setembro de 2017 .  
  9. 2017 South Korea Yearly Box Office Results - Box Office Mojo
  10. Korean Film Council (ed.). "KOBIS(發券)統計" . Consultado o 2 de setembro de 2018 .  
  11. Shim Sun-ah and Cho Jae-young (12 de xullo de 2017). "(LEAD) (Yonhap Interview) Actor Song Kang-ho speaks about new film on Gwangju Uprising" . Yonhap News Agency . Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019 . Consultado o 6 de marzo de 2020 .  
  12. Choe Sang-hun (2 de agosto de 2017). "In South Korea, an Unsung Hero of History Gets His Due" . The New York Times . Consultado o 2 de agosto de 2017 .  
  13. Bae Seung-hoon (7 de setembro de 2017). "Taxi driver’s identity is confirmed" . JoongAng Ilbo . Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017 . Consultado o 7 de setembro de 2017 .  
  14. "German actor Thomas Kretschmann to visit Korea to promote new film" . Yonhap News Agency . 17 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuno de 2020 . Consultado o 6 de marzo de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]