TV5 Monde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

TV5 Monde e unha canle internacional de television que ofrece programacion en lingua francesa .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Iniciou as suas emisions o 2 de xaneiro de 1984 . Chamada TV5 ata 2006 cando toma a sua actual denominacion TV5 Monde para salientar o seu enfoque mundial. TV5 Monde e a cuarta canle de television global mais grande despois de MTV , CNN e BBC World . A maior parte da programacion son noticias, documentais, programas de interese xeral e peliculas.

A maior parte do seu contido proven dos servizos de television publica da francofonia . Estes son:

O numero cinco refirese aos cinco primeiros provedores e fundadores: TF1 , Antenne 2 (hoxe France 2 ), FR3 (hoxe France 3 ), Television Suisse Romande e RTBF . En 1986 uneselles un consorcio do Quebec canadense (CTQC) formado por Radio-Canada e Tele-Quebec . TF1 deixa de participar no ano 1987 a raiz da sua privatizacion.

As transmisions dividense en oito sinais rexionais satelitais: Africa , America Latina , Asia , os Estados Unidos , Europa , Francia / Belxica / Suiza , Oriente (transmitidas dende Paris ) e o Quebec / Canada (dende Montreal ). Os seus programas estan subtitulados en dez linguas.

Difusion [ editar | editar a fonte ]

Esta disponible en toda Europa a traves dos satelites Astra e Hotbird e a traves da maioria dos operadores de cable (TV5 Monde Europe). E unha canle moi seguida en Galicia polos galegos que viviron en Francia e na Suiza romanda e que retornaron a terra de orixe (Galicia).

Presidentes [ editar | editar a fonte ]

  • Jean Stock: 1988-2001
  • Serge Adda: 2001-2005
  • Jean-Jacques Aillagon: 2005-2006
  • Francois Bonnemain: desde 2006

Accionistas [ editar | editar a fonte ]

Os accionistas de TV5 Monde son:

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]