Santiago Montero Diaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Montero Diaz

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 21 de xaneiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 24 de xullo de 1985 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Catedratico de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Central - Doutoramento (?1934)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion profesor universitario , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid
Universidade de Murcia
Universidade de Concepcion Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Comunista de Espana (1931?)
Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Alumnos Francisco Jose Presedo Velo Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Doutorando Juan Jose Carreras Ares , Juan Bautista Fuentes Ortega , Rafael Calvo Serer , Emilio Lledo , Manuel Espadas Burgos e Ricardo Carballo Calero Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1618049

Santiago Montero Diaz , nado en Ferrol o 21 de xaneiro de 1911 e finado o 24 de xullo de 1985 , foi un profesor e ideologo galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Orixes [ editar | editar a fonte ]

Nado en Ferrol pero de familia natural do Seixo ( Mugardos ), trasladouse sendo un neno cos seus pais a Cuba , onde cursou o primeiro ensino no colexio dos Irmans Maristas de Cienfuegos , na daquela provincia de Santa Clara. Regresou a Galiza en 1922 , para estudar o segundo ensino na Coruna , no colexio dos Irmans Maristas, e en Ferrol , cos Pais Mercedarios, acadando o titulo de bacharel en outubro de 1926 . Cursou Filosofia e Letras (seccion de Historia) entre 1926 e 1929 , obtendo na Universidade de Santiago de Compostela o titulo de Licenciado en outubro de 1929 . Ese mesmo ano foi nomeado profesor axudante de clases practicas da Facultade de Filosofia e Letras de Santiago de Compostela . Mais tarde cursou en Madrid o Doutoramento e as materias complementarias do Corpo de Arquiveiros, ingresando mediante oposicion en agosto de 1931 no Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueologos, sendo destinado a Biblioteca Nacional , da que pasou, a peticion propia, a mesma dependencia da Universidade de Santiago. Foi Vicepresidente da Seccion de Ciencias Historias do Ateneo de Madrid entre 1931 e 1932 . Comezou a publicar alguns artigos sobre diversos autores espanois, como Feijoo e Huarte de San Juan.

Xornalista precoz durante os seus anos de estudante en Compostela, onde foi ademais bo amigo de Luis Seoane , Ricardo Carballo Calero e Alvaro Cunqueiro , foi igualmente membro do Seminario de Estudos Galegos ?sen chegar a asumir o nacionalismo galego?, pasou primeiro por unha etapa afin a un socialismo republicano, moi influido polo crego ferrolan secularizado Matias Usero , para despois afiliarse ao Partido Comunista de Espana en Madrid. As suas grandes preocupacions foron o nacionalismo espanol e a revolucion social, razon pola que contactou co grupo fascista liderado por Ramiro Ledesma Ramos cunha carta dirixida a La Conquista del Estado o 27 de xuno de 1931. Logo de se enfrontar, cun grupo de mozos comunistas, aos dirixentes do PCE e a Jose Bullejos no congreso do PCE de Sevilla (marzo de 1932), en abril dese ano foi expulsado do PCE. Pouco tempo despois, xa desprazado a Compostela, colaborou na comision redactora do Anteproxecto de Estatuto de Autonomia de Galiza , mais as suas desavinzas no relativo a cooficialidade do galego e a interpretacion gradualista da autonomia como primeiro paso cara a autodeterminacion, que sostinan os galeguistas, levouno a afastarse do autonomismo e, por ese vieiro, a achegarse ao fascismo. [ 1 ] Logo dunha estadia de estudos na Universidade de Berlin (febreiro-xuno de 1933), a volta afiliouse as JONS , convertendose no seu lider en Galiza e tentando ganar adeptos entre ambientes anarcosindicalistas e mediante unha radical campana antiestatutista. Foi un dos promotores do periodico fascista Unidad de Santiago de Compostela. [ 2 ] Poren, logo da fusion das JONS con Falange Espanola en marzo de 1934, deuse de baixa no partido, xa que consideraba que FE era un partido dereitista.

Guerra Civil [ editar | editar a fonte ]

Ao estalar a guerra civil achabase en Madrid. Logo duns meses refuxiandose en diversos domicilios, grazas ao apoio do seu conterraneo e amigo republicano Xose Rubia Barcia achou acubillo nun piso da legacion salvadorena, e despois ingresou na Quinta Columna traballando como falsificador de documentos e afiliandose a CNT. No marzo de 1938 pasouse a zona franquista, onde logo de ser interrogado deu varias palestras en Galiza (abril de 1938) defendendo os postulados revolucionarios do nacionalsindicalismo. O Servicio Nacional de Propaganda, comandado por Dionisio Ridruejo , fichouno e foi delegado de propaganda coas tropas da fronte de Aragon. Poren, dimitiu do seu cargo a comezos de xullo de 1938, por desavinzas co gobernador civil de Castellon relativas ao control ultimo da propaganda, que segundo Montero habia recaer en Falanxe. Incorporouse a unha unidade da fronte e tomou parte en varias operacions da batalla do Ebro e na campana de Cataluna.

Posguerra [ editar | editar a fonte ]

Rematada a guerra, reincorporouse a catedra de Historia Medieval da Universidade de Murcia que ganara en marzo de 1936, e foi nomeado decano da Facultade de Filosofia e Letras. En agosto de 1941 ganou por oposicion unha catedra de Historia Antiga na Universidade de Madrid. Se ao comezo da segunda guerra mundial era critico coa Alemana , a partir da derrota alema na Batalla de Stalingrado pasou a defender o alinamento radical co III Reich , o que expresou en varias palestras, a ultima en febreiro de 1945 , amais de ter contactos fuxidios cos servizos de espionaxe alemans. Como consecuencia, foi confinado en Almagro ate finais de maio de 1945.

Logo da derrota dos fascismos refuxiouse na sua catedra universitaria en Madrid. Mergullouse na Historia Antiga, no estudo dos imperios do pasado, na procura da gran personalidade que non atopaba no presente e que encarnase os grandes valores dos fascismos. Apoiou os exiliados fascistas da Europa Oriental que atopaban refuxio en Madrid, mais tamen apoiou alumnos seus, como Nicolas Sanchez Albornoz ou Manuel de Rivacoba , que foron presos por actividades antifranquistas. Nos anos cincuenta casou con Carmen Herrero Albinana, coa que tivo dous fillos, e de xeito progresivo foise reencontrando con Galiza e cos circulos do galeguismo cultural supervivente, dunha banda, mentres pola outra achegouse pasenino aos postulados da reconciliacion nacional e entendemento cos vencidos, colaborando con Enrique Tierno Galvan ou Jose Luis Lopez Aranguren . En 1965 participou nos incidentes universitarios que levaron a suspension de catedra de Aranguren e Tierno Galvan, e a el valeronlle unha suspension temporal de emprego e soldo. A comezos de 1966 incorporouse a Universidade de Concepcion, en Chile , onde ficou ate comezos de 1967, cando se reincorporou a sua catedra da Universidade Complutense , logo da presion de amigos e colegas perante o Ministerio de Educacion -sen atopar apoio, poren, do seu paisano e antigo amigo Manuel Fraga Iribarne , a quen axudara a preparar a oposicion a catedras e sobre quen adoitaba afirmar que era un memorioso sen gran talento-. Retornou do breve exilio considerado unha referencia intelectual e moral para varias xeracions de estudantes durante a ultima fase do franquismo e a Transicion democratica, retirouse a un discreto segundo plano, refuxiandose na docencia, se ben dende a sua catedra non deixou de facer xestions discretas para protexer da Policia alumnos seus comprometidos en angueiras antifranquistas, como por exemplo Agustin Diaz Yanes .

En 1981 xubilouse definitivamente da docencia e foi honrado polo mundo academico coa imposicion da Medalla de Ouro da Complutense. Morreu en abril de 1984 dunha embolia cerebral .

Obras [ editar | editar a fonte ]

  • La politica social en la zona marxista , 1938.
  • Historia universal antigua y media. Conceptos destacados , 1943.
  • Alejandro Magno , 1944.
  • De Calicles a Trajano , 1948.
  • Las ideas politico-sociales de Guillermo de Ockam , 1949.
  • Cervantes, companero eterno , 1957.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. El Pueblo Gallego , 10-11-1933, p. 7.
  2. El Compostelano , 7-11-1933, p. 2-3.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]