Portal : Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[[Ficheiro:|1100px]]

Tanzania , oficialmente Republica Unida de Tanzania (en suahili : Jamhuri ya Muungano wa Tanzania), e un pais da Africa oriental , dentro da rexion dos Grandes Lagos Africanos . Limita ao norte con Uganda e Kenya , ao leste polo oceano Indico , ao sur por Mozambique , por Malaui e por Zambia e ao oeste por Burundi , por Ruanda e pola Republica Democratica do Congo , fronteira exclusivamente lacustre, a traves do Lago Tanganica . O pais inclue tamen o arquipelago de Zanzibar , no Indico. O Kilimanjaro , a montana mais alta de Africa, esta situada no nordeste de Tanzania. Segundo as Organizacion das Nacions Unidas , Tanzania ten unha poboacion de 63,59 millons, polo que e o pais mais poboado situado totalmente ao sur do ecuador .

O pais esta dividido en 30 rexions administrativas: cinco na area semi-autonoma do arquipelago de Zanzibar e 25 no continente, na antiga Tanganica . O xefe do estado e o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete , elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania e Dodoma , onde esta localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno. Entre a sua independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam , serviu como capital politica. Segue a ser a principal cidade comercial do pais e numerosas institucions do goberno seguen localizadas ali. E tamen o porto mais importante do pais.

Tanganica e Zanzibar fusionaronse o 26 de abril de 1964 para formar a Republica Unida de Tanganica e Zanzibar. O 29 de outubro dese mesmo ano, o pais foi renomeado como Republica Unida de Tanzania ('Tan' proven de Tanganica e 'Zan' de Zanzibar). E, canda Kenya e Uganda, un dos tres paises da Africa oriental ex britanica . Agas os masai do norte do pais, que son nilocamitas, o resto da poboacion esta formada por unhas 140 tribos bantu , sendo as mais importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o ingles son as duas linguas oficiais.

Artigo destacado

editar

O monte Kilimanjaro ( Kilima Njaro , que significa 'montana brillante' en kiswahili ou Oldoinyo Oibor , 'montana branca' en masai ) localizado no norte de Tanzania , xunto a fronteira con Kenya , e o punto mais alto de Africa , cunha altitude de 5 895 m. Este antigo volcan , co cume cuberto de neves eternas, erguese no medio dunha planicie de sabana , ofrecendo un espectaculo unico.

O monte e as selvas circundantes, cunha area de 75 353 ha , posuen unha fauna rica, incluindo moitas especies ameazadas de extincion e constituen un parque nacional que foi inscrito pola UNESCO en 1987 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade .

O complexo do Monte Kilimanjaro coas suas forestas, localizado entre 2°50'-3°20'S e 37°00'-37°35'E, xa fora considerado unha reserva de caza polo goberno colonial aleman nos principios do seculo XX , mais foi considerado unha reserva forestal en 1921 , ate que, en 1973 , foi declarado Parque Nacional.

Cidade destacada

editar

Dar es Salaam (en arabe : ??? ?????? , D?r as-Sal?m ; antigamente conecida como Mzizima ) e a maior cidade de Tanzania , cunha poboacion de 4 364 541 habitantes segundo o censo oficial de 2012 . E o principal centro economico e foi a capital do pais ate 1996. E tamen a capital da rexion homonima .

Sita na costa do Oceano Indico , Dar es Salaam e o principal porto de Tanzania, por onde se xestionan as exportacions de cafe , coton , pita e peles. As industrias locais comprenden a alimenticia, a textil, a do cemento e as farmaceuticas.

Categorias
Biografia destacada
Imaxe destacada
Sabias que...?
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmans

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario