Polo Sur

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 90°S 0°O  /  -90, -0

1. Polo Sur Xeografico
2. Polo Sur Magnetico (2007)
3. Polo Sur Xeomagnetico (2005)
4. Polo de inaccesibilidade.

O Polo Sur , tamen conecido como Polo Sur Xeografico ou Polo Sur Terrestre , e un dos dous puntos nos que o eixe de rotacion da Terra cruza a sua superficie. E o punto mais meridional da superficie da Terra e atopase no lado oposto o Polo Norte .

Esta situado no continente da Antartida sendo este e o lugar onde se encontra o estacion Amundsen-Scott , que se estableceu en 1956 e que estivo permanentemente habitada dende aquel ano. O polo Sur xeografico non debe confundirse co polo Sur magnetico .

Clima [ editar | editar a fonte ]

Durante o inverno austral o Polo Sur non recibe luz solar en absoluto, e no veran o sol, polo contrario, esta todo o tempo nunha posicion baixa no ceo sobre o horizonte. Moita da luz solar que chega a superficie e reflectida pola neve . A falta de calor solar, combinada coa elevada altitude (3200 m), influe en que o Polo Sur tena un dos climas mais frios do planeta. As temperaturas no Polo Sur son moito menores cas do Polo Norte , especialmente porque o Polo Sur se localiza a maior altitude en medio da masa continental, mentres que o Polo Norte esta ao nivel do mar na metade do oceano, o que a sua vez, actua como reserva de calor.

A mediados de veran, o Sol logra a sua elevacion maxima a aproximadamente 23,5º; as temperaturas no Polo Sur son de arredor de -25 °C. A medida que o "dia" de seis meses vai rematando e o Sol baixa, as temperaturas tamen baixan e chegan na posta do Sol (finais de marzo) e a sua saida (finais de setembro) a arredor de -45 °C. A mediados do inverno, a temperatura mantense a arredor de -65 °C. a temperatura mais elevada rexistrada na Base Amundsen-Scott e de -14 °C, e a mais baixa, -83 °C. Non obstante, esta non e a mais baixa rexistrada no planeta, senon que foi a rexistrada nos cumes situados na meseta antartica oriental, entre o Domo A e o Domo F , que chegaron a -93 °C.

O Polo Sur ten un clima desertico, case sen recibir precipitacions . Non obstante, os fortes ventos poden causar nevadas.

Temperaturas media maxima e minima, e precipitacions no Polo Sur
Datos climaticos para Polo Sur
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura maxima en °C ?14 ?20 ?26 ?27 ?30 ?31 ?33 ?32 ?29 ?29 ?18 ?13 ?13,6
Media maxima en °C ?25,9 ?38,1 ?50,3 ?54,2 ?53,9 ?54,4 ?55,9 ?55,6 ?55,1 ?48,4 ?36,9 ?26,5 ?46,3
Media minima en °C ?29,4 ?42,7 ?57,0 ?61,2 ?61,7 ?61,2 ?62,8 ?62,5 ?62,4 ?53,8 ?40,4 ?29,3 ?52,0
Temperatura minima en °C ?41 ?57 ?71 ?75 ?78 ?82 ?80 ?77 ?79 ?71 ?55 ?38 ?82,8
Media de dias con neve (≥ 0.1 cm) 16 19 22 24 26 27 30 30 27 25 21 17 284
Media de horas de sol mensuais 558 480 217 0 0 0 0 0 60 434 600 589 2 938
Fonte #1: [ 1 ]
Fonte #2: Cool Antarctica [ 2 ]

Exploracions [ editar | editar a fonte ]

Base Amundsen-Scott.

Os primeiros homes en chegar ao polo sur xeografico foron o noruegues Roald Amundsen e o seu grupo, o 14 de decembro de 1911 . Amundsen chamou ao seu campamento Polheim , e todo o que rodeaba o polo, Haakon VII's Vidde , en honor ao rei Haakon VII de Noruega . O competidor de Amundsen, o britanico Robert Falcon Scott , chegou ao polo un mes despois. Na viaxe de volta, Scott e os seus catro companeiros morreron de fame e hipotermia . En 1914 , o explorador britanico Ernest Shackleton coa sua Expedicion Imperial Trans-Antartica decidiu emprender a sua aventura de cruzar a Antartida pasando polo Polo Sur, mais o Endurance , o seu barco, quedou atrapado na banquisa e afundiu once meses mais tarde. Shackleton e todo su equipo sobreviviron despois de moitas vicisitudes.

Richard Byrd e o seu primeiro piloto Bernt Balchen converteronse nas primeiras persoas en sobrevoar o polo sur, o 29 de novembro de 1929 . Non obstante, non foi ata o 31 de outubro de 1956 cando outro home pisou o polo outra vez, cando un grupo liderado por George Dufek , da Marina estadounidense , aterrou no avion de transporte militar R4D Skytrain ( Douglas C-47 Skytrain ). A Base Amundsen-Scott estadounidense foi establecida arredor de 1956?1957, con motivo do Ano Xeofisico Internacional .

Logo de Amundsen e Scott, os seguintes en chegar ao polo sur por terra foron Edmund Hillary , o ( 3 de xaneiro de 1958 ), e Vivian Fuchs , o ( 19 de xaneiro de 1958 ), cos seus respectivos grupos, no transcurso da ≪ Expedicion Trans-Antartica da Commonwealth ≫. Houbo varias expedicions a continuacion por terra, incluindo a Antero Havola , Crary e Fiennes .

A marcha a pe mais rapida sen apoio ao polo sur xeografico dende a costa durou 47 dias, e foi feita en 1999 por Tim Jarvis e Peter Treseder , que levaron zorras que pesaban 200 kg e que continan comida e combustible .

Polo Sur Cerimonial [ editar | editar a fonte ]

Polo Sur Cerimonial coas bandeiras dos firmantes do Tratado Antartico .

O Polo Sur Cerimonial e unha area da Base Amundsen-Scott que consiste nunha esfera metalica nun pedestal, arrodeado das bandeiras dos firmantes do Tratado Antartico . Localizase a poucos metros do Polo Sur Xeografico, que esta marcado unicamente por un sinal e unha estaca. Debido a que a capa de xeo se move 10 metros por ano, a estaca cambiase de lugar cada ano en Ano Novo .

Polo Sur Magnetico [ editar | editar a fonte ]

O polo sur magnetico e o lugar onde o campo magnetico do planeta e perpendicular a superficie, e e un sitio moi proximo ao polo sur xeomagnetico e ao polo sur xeografico, ainda que nun sentido estritamente magnetico e un polo norte, cara ao que apunta o polo sur dun compas .

Na Terra localizabase, en 2007 , a 64°29′S 137°41′L  /  -64.483, -137.683 ; ainda que varia constantemente, chegando a cambiar a sua posicion no planeta, circunstancia que se deu en numerosas ocasions como consecuencia das propiedades do campo magnetico terrestre . [ 3 ]

O 16 de xaneiro de 1909 , tres homes, Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay, dunha expedicion dirixida por Sir Ernest Shackleton , aseguraron que atoparan o Polo Sur Magnetico. [ 4 ] Non obstante, hai dubidas de se a sua localizacion foi a correcta. [ 5 ]

Polo Sur de Inaccesibilidade [ editar | editar a fonte ]

O Polo Sur de Inaccesibilidade e o punto do continente antartico que esta mais afastado do oceano Antartico e o mais complicado de acceder.

Localizase a 85°50′S 65°47′L  /  -85.833, -65.783 e a sua primeira expedicion foi o 14 de decembro de 1958 pola 3.ª Expedicion Antartica Sovietica , dirixida por Yevgeny Tolstikov. Estableceron unha base temporal, a base Polyus Nedostupnosti . De camino ao Polo, a expedicion estableceu outra estacion, Sovetskaya , con coordenadas 78°24′S 87°32′L  /  -78.400, -87.533 , que existiu entre o 16 de febreiro de 1958 e o 3 de xaneiro de 1959 .

O Polo Sur de Inaccesibilidade e mais remoto e complicado de acceder que o Polo Sur Xeografico. O 4 de decembro de 2006 , o Team N2i [ 6 ] ( Equipo N2i ), embarcouse para lograr chegar sen asistencia mecanica e o equipo logrou o seu cometido o 20 de xaneiro de 2007 .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "South Pole, Antarctica" . WeatherBase . Consultado o 7 de outubro de 2009 .  
  2. "Antarctica Climate data and graphs" . Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2010 . Consultado o 10 de abril de 2010 .  
  3. "Nation Geophysical Data Center" . Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008 . Consultado o 03 de xuno de 2016 .  
  4. "Antartica.ac.uk" . Arquivado dende o orixinal o 29 de xuno de 2007 . Consultado o 03 de xuno de 2016 .  
  5. "Deeptow.whoi.edu sobre o Polo Sur" . Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2016 . Consultado o 03 de xuno de 2016 .  
  6. "Team N2i" . Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009 . Consultado o 15 de febreiro de 2020 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]