Phil Cohran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPhil Cohran
Biografia
Nacemento 8 de maio de 1927 Editar o valor em Wikidata
Oxford, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 28 de xuno de 2017 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Chicago, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion trompista , saxofonista , musico de jazz , trompetista Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Jazz Editar o valor em Wikidata
Instrumento Trompeta Editar o valor em Wikidata

Paxina web philcohran.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm6416203 Last fm: Phil+Cohran Musicbrainz: 88001bf8-798c-49cc-9443-087ba3b43a79 Songkick: 3720706 Discogs: 878659 Allmusic: mn0000518466 Editar o valor em Wikidata

Kelan Phil Cohran , nado en Oxford ( Mississippi ) o 8 de maio de 1927 e finado o 28 de xuno de 2017 , foi un musico estadounidense de jazz . E conecido pola sua contribucion a trompeta na Sun Ra Arkestra en Chicago dende 1959 ao 1961 e pola sua participacion na fundacion da Association for the Advancement of Creative Musicians (AACM).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Cohran creceu en St. Louis, Missouri e tocou a trompeta en bandas dirixidas por Jay McShann nos temperans anos cincuenta, e despois na banda da Marina dos EEUU. [1]

A sua obra na Sun Ra Arkestra esta documentada en gravacions coma Fate In A Pleasant Mood e Angels and Demons at Play . Tamen aparece na importante nova documentacion descuberta das actuacions da Chicago Arkestra en Music for Tomorrow's World . Mentres a maior parte das contribucions de Cohran foron na trompeta, tamen mostra o seu interese en instrumentos de corda como a citola .

Cando a Arkestra foise de Chicago en 1961, Cohran declinou acompanalos. En 1965 tomou parte na formacion do AACM . Cohran formou o Artistic Heritage Ensemble con Pete Cosey , futuros membros da seccion de vento de Earth, Wind and Fire e "Master" Henry Gibson (o percusionista de casa Motown ) entre outros. Por aquel tempo, el tocaba o arpa asi como a corneta , asi como outros instrumentos de vento, como a trompa , saxofon baritono e a percusion .

Cedo na sua carreira inventou un instrumento que el chama Frankiphone , alias o Arpa Espacial oido nalguns dos primeiros albums de Sun Ra. O instrumento e realmente un mbira ou kalimba electrico. Este instrumento inspirou a Maurice White a empregar un Kalimba electrico en actuacions con Earth, Wind and Fire . Cohran afirma que el ensinou a Maurice e os seus irmans musica na sua mocidade. On the beach e unha gravacion disponible que documenta a sua musica ao redor de 1967-68.

Os fillos de Cohran fan oito dos nove membros de Hypnotic Brass Ensemble , un conxunto da rua que consiste en seccion de vento e bateria. Cohran e tamen un astronomo de renome e actualmente ensina voz e musica a mocidade do centro da cidade e adultos na Center for Inner City Studies da Northeastern Illinois University .

Discografia como lider [ editar | editar a fonte ]

  • On the Beach (1968)
  • The Malcolm X Memorial (1968)

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]