Oso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vexase tamen : Orbiting Solar Observatory .

A dos ursidos [ 2 ] ( Ursidae ) e unha familia de mamiferos da orde dos carnivoros que inclue animais de grandes dimensions conecidos como osos , [ 3 ] incluindo o oso panda . [ 4 ]

Aspecto [ editar | editar a fonte ]

Todos os osos tenen en comun a pelaxe densa que pode ser de distintas cores segundo o oso, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, ainda que isto depende, en ultimo grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pe sobre as patas posteriores. Posuen un focino longo e orellas arredondadas.

Bioloxia [ editar | editar a fonte ]

Habitat [ editar | editar a fonte ]

O osos adaptase a unha gran variedade de ambientes, desde os tropicos ao Artico , e da selva ate a banquisa . Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros mais que periodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar ( Ursus maritimus ) e o oso pardo ( Ursus arctos ), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.

Comportamento [ editar | editar a fonte ]

Nas rexions temperadas e frias os osos pasan o periodo invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que ven sendo denominado, erradamente, como estadio de letargo , e que e mais apropiado denominar como periodo de repouso invernal , [ 5 ] portque, de feito, ainda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo e que durante este tempo a sua temperatura corporea non baixa moito, e as suas funcions fisioloxicas, pese a reducirense, desenvolvense consonte a regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crias son de dimensions moi reducidas con respecto do tamano da nai (ate un 1/600 menores), aforrando asi gastos elevados de enerxia, ora no parto, ora no aleitamento.

Alimentacion [ editar | editar a fonte ]

Son omnivoros, ainda que alguns posuen unha dieta baseada so en carne, como ocorre co oso polar . Comen tamen liques , raices e bagas . Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, especialmente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos na contorna.

Reproducion [ editar | editar a fonte ]

A epoca de reproducion dos osos e moi breve. Reproducense de maneira estacional, polo comun logo do periodo de hibernacion . As crias nacen desdentados, cegos e pelons. O habitual son camadas de 1 a 3 crias, que permaneceran coa nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados co leite materno; logo de tres meses comezaran a cazar en compana da nai. Despois xa son xebrados, mais ficaran ainda nas mesmas paraxes durante tres anos. Ao cabo duns sete anos xa atinxen a madurez sexual.

Tenen unha esperanza de vida de entre 25 a 40 anos, segundo as especies.

Clasificacion [ editar | editar a fonte ]

Familia Ursidae

Relacions filoxeneticas [ editar | editar a fonte ]

Os ursidos son unha familia de evolucion tardia, e comparten cos canidos un antepasado comun. Comparten trazos cos procionidos (mapaches), os otariidos (leons marinos) e os odobenidos (morsas).

O mapaches e os osos diverxeron hai ao redor de 30 Ma. Tremarctos ornatus (o oso de anteollos) separarouse dos outros osos hai uns 3 Ma. As seis especies distintas de osos apareceron hai uns 6 Ma. O rexistros fosiles e as analises de ADN permitiron demostrar que o oso polar e o oso pardo se separaron hai tan so uns 200 000 anos.

Unha clasificacion controvertida [ editar | editar a fonte ]

Houbo numerosos debates sobre a posicion filoxenetica dos pandas (o maior e o menor ) e os mapaches , desde situalos a todos na familia dos procionidos , ate situar o xenero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropodidos . [ 6 ] Poren, recentes analises xeneticas mostran que o panda xigante e un parente moi proximo dos osos, polo que a mairoia dos autores o situan dentro da familia dos ursidos como unico representante actual da subfamilia dos ailuropodinos , [ 7 ] mentres que a clasificacion do panda menor ( Ailurus fulgens ) ainda se discute.

Distribucion xeografica [ editar | editar a fonte ]

             Ailuropoda melanoleuca (     ,     )
             Helarctos malayanus (     )
             Melursus ursinus (     )
             Tremarctos ornatus
             Ursus americanus
             Ursus thibetanus (     ,     ,     ,     )
            Ursus arctos (     )
             Ursus maritimus

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Ursidae Fischer de Waldheim, 1817 no SIIT .
  2. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ursidos .
  3. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oso .
  4. " oso panda no dicionario da RAG." . Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013 . Consultado o 09 de novembro de 2013 .  
  5. Diaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
  6. Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  7. Ailuropodinae Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine . en Paleobiology Database.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]