Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Margaret Ruth "Margot" Kidder
, nada en
Yellowknife
o
17 de outubro
de
1948
e finada en
Livingstone
(
Montana
) o
13 de maio
de
2018
foi unha actriz e activista
canadense
. Logrou a fama polo seu papel como
Lois Lane
na serie de filmes de
Superman
con
Christopher Reeve
.
Kidder comezou a sua carreira na decada de 1960 en filmes canadenses de pouco orzamento e series de television antes de protagonizar
Quackser Fortune Has a Cousin in the Bronx
(1970).
Apareceu enton interpretando xemelgas no thiller de
Brian De Palma
Sisters
(1973); tamen actuou en
Black Christmas
(1974) e o drama
The Great Waldo Pepper
(1975), con
Robert Redford
. A sua intervencion como
Kathy Lutz
en
The Amityville Horror
(1979) deulle maior popularidade.
Tras un episodio maniaco de gran publicidade e un ataque de nervios en 1996, a sua carreira comezou a diminuir. Poren, no seculo XXI mantivo un traballo constante en
filmes independentes
e na
television
, con papeis secundarios en
Smallville
,
Brothers & Sisters
e
The L Word
. En 2015, ganou un
premio Emmy
pola sua interpretacion na serie infantil
R.L. Stine's The Haunting Hour
. Tamen actuou no teatro, destacando a producion de
Broadway
de 2002
The Vagina Monologues
.
En 2005, Kidder nacionalizouse estadounidense. Nos ultimos anos foi voceira de movementos politicos, ecoloxistas e antibelicos.
[
1
]
Faleceu o 13 de maio de 2018 na sua casa de Livingston, Montana.