Macbeth de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMacbeth de Escocia

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1005 Editar o valor em Wikidata
Morte 15 de agosto de 1057 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Lumphanan Editar o valor em Wikidata
Causa da morte morto en combate Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Iona Editar o valor em Wikidata
Monarca de Escocia
1040 ? 1057
←  Duncan I de Escocia ? Lulach de Escocia  →
Mormaer de Moray
1032 ? 1057
←  Gille Coemgain de Moray ? Lulach de Escocia  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Escocia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion rei Editar o valor em Wikidata
Familia
Familia Casa de Moray Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Gruoch de Escocia (1032 (Gregoriano) ?)
Pais Findlaech de Moray Editar o valor em Wikidata  e  Donalda de Alba Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Scotland-163 Find a Grave: 8886907 Editar o valor em Wikidata

Macbeth  (en gaelico medieval : Mac Bethad mac Findlaich , en escoces : MacBheatha mac Fhionnlaigh , alcumado Ri Deircc , "o Rei Vermello"; [ 1 ] c. 1005 e finado o 15 de agosto de 1057 , foi rei de Escocia dende 1040 ate a sua morte. Tina o titulo de rei de Alba durante a sua vida, e gobernou so nunha parte da actual Escocia .

Sabese pouco dos primeiros anos de vida de Macbeth, mais era fillo de Findlaech de Moray e puido ter sido neto de Malcolm II . Converteuse en Mormaer de Moray , un senorio semiautonomo, en 1032, e probablemente foi responsable da morte do anterior mormaer, Gille Coemgain . Casou coa viuva de Gille Coemgain, Gruoch , mais non tiveron fillos xuntos.

En 1040, Duncan I lanzou un ataque a Moray e morreu no combate a mans das tropas de Macbeth. Macbeth sucedeu no trono como rei de Alba, aparentemente con pouca oposicion. O seu reinado de dezasete anos de duracion foi na sua maioria pacifico, malia que no ano 1054 fixo fronte a unha invasion inglesa, liderada por Siward, conde de Northumbria , por orde de Euardo o Confesor . Macbeth morreu na batalla de Lumphanan en 1057 polas forzas leais o futuro rei Malcolm III . Foi soterrado en Iona , o lugar tradicional de enterro dos reis escoceses.

Nun principio, Macbeth foi sucedido polo seu fillastro Lulach , mais Lulach gobernou so por uns meses antes de ser asasinado por Malcolm III, cuxos descendentes gobernaron Escocia ate finais do seculo XIII . Macbeth e conecido por ser a personaxe principal da traxedia de William Shakespeare Macbeth e polas numerosas obras que inspirou. Poren, o Macbeth de Shakespeare esta baseado nas Cronicas de Holinshed (publicadas en 1577) e non historicamente exacto.

Predecesor:
Duncan I
Rei de Escocia
1040 ? 1057
Sucesor:
Lulach

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. William Forbes Skene , Chronicles , p. 102.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]