John Fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Fante
Biografia
Nacemento 8 de abril de 1909 Editar o valor em Wikidata
Boulder, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Woodland Hills, Estados Unidos de America (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Colorado
Long Beach City College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor , guionista , novelista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1932 Editar o valor em Wikidata -
Xenero artistico Novela Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Joyce Fante (1937?)
Fillos Dan Fante Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0266899 Allocine: 55676 Allmovie: p89353
Bitraga: 4186 Discogs: 2681809 Find a Grave: 19839877 Editar o valor em Wikidata

John Fante , nado en Denver ( Colorado ) o 8 de abril de 1909 e finado en Woodland Hills ( California ) o 8 de maio de 1983 , foi un escritor estadounidense .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

John Fante naceu nun ambiente relativamente pobre, nunha familia humilde. O seu pai, o albanel Nicola Fante, era italiano de nacemento, e a sua nai, Mary Capolungo, italo-americana. A sua educacion tivo lugar en diversas escolas catolicas de Boulder , ( Colorado ), e tamen brevemente na Universidade de Colorado . En 1929 abandonou os estudos e trasladouse a California para centrarse na sua carreira como escritor. Instalouse en Wilmington ( Long Beach ) e logo no distrito de Bunker Hill , nos Anxeles , e posteriormente viviu en Hollywood , Echo Park e Malibu .

Despois de fracasar no seu intento de publicar numerosos relatos na revista The American Mercury , finalmente un deles, titulado "Altar Boy" ("Acolito"), foi aceptado polo editor Henry Louis Mencken, cunha unica condicion: que Fante mecanografase o manuscrito por si mesmo.

A sua primeira novela foi The Road to Los Angeles , que escribiu cara a 1933 e permaneceu inedita ata 1985. En 1938 publicou Wait until Spring, Bandini e en 1939 Ask the Dust , pertencentes as tres a tetraloxia de Arturo Bandini . A editorial ia promocionar Ask the Dust , pero tivo que destinar os cartos de promocion ao pago dun litixio logo de publicar sen licenza a obra Mein Kampf de Adolf Hitler , polo que non acadou a sona agardada.

En 1940 publicou a coleccion de relatos Dago Red , de caracter autobiografico sobre a sua infancia e adolescencia en Colorado. Este libro foi publicado de novo en 1985 xunto con outros relatos, co titulo de The Wine of Youth . O ultimo destes relatos e "Helen, Thy Beauty Is to Me", que ia ser o primeiro capitulo da novela inconclusa Litlle brown brothers , que estaba a escribir en 1941 e que trataba sobre a vida dos obreiros filipinos dos Anxeles.

Fante comezou enton a traballar como guionista en Hollywood . En 1952 publicou Full of Life , que en 1956 foi levada ao cine con guion seu. Participou nos guions de Walk on the Wild Side (protagonizada por Jane Fonda no seu primeiro papel acreditado e baseada nunha novela de Nelson Algren ) e The Reluctant Saint (1962), asi como do telefilme Something for a Lonely Man (1968) [ 1 ] . O propio Fante reconeceu que estes guions para o cine non eran mais que un modo de ganarse as lentellas, polo que carecen de interese literario.

Durante unha etapa adoitou ausentarse de casa durante alguns dias, mais en 1959 diagnosticaronlle unha diabetes , polo que tivo que reducir o consumo de alcohol e comezar a levar unha vida mais tranquila. En 1977 amputaronlle unhas dedas, e pouco mais tarde amputaronlle case toda a perna. Mais adiante quedou cego, tendo que ditarlle a sua muller Joyce a sua ultima novela, Dreams of Bunker Hill .

Na decada de 1970 a sua obra recuperouse logo de que Charles Bukowski convencese ao seu editor, John Martin, para que reeditase a sua mellor novela, Ask the Dust , ate enton descatalogada. Bukowski escribiu un prologo para a reedicion, e Robert Towne (guionista de Chinatown ) adquiriu os dereitos para a adaptacion cinematografica da novela (se ben non se levou a cabo ate 2006).

Obra [ editar | editar a fonte ]

Son constantes nas suas obras a pobreza, o catolicismo en relacion a comunidade italo-americana e a incomunicacion na familia ou na parella. Ainda que se considera a Charles Bukowski como o maximo representante do " realismo sucio ", este mesmo reconeceu que en realidade se inspirara en John Fante, afirmando que este era o seu Deus. Nos ultimos tempos, e grazas tamen a Bukowski, a obra de Fante foi reeditada e divulgada.

Ademais de novelas, Fante tamen escribiu relatos, novelas curtas e guions de cine. A etapa central da sua carreira como escritor esta marcada polo que se conece como a "Saga de Arturo Bandini ", serie de catro novelas protagonizadas por un alter-ego , tamen italo-americano e tamen pobre, do propio Fante. A ultima delas, Dreams of Bunker Hill , tivolla que ditar a sua esposa Joyce, debido as complicacions (incluida a cegueira) causada pola sua avanzada diabetes .

O fillo de John Fante, Dan Fante , tamen e escritor, e adoptou alguns dos trazos do seu pai, como o de incluir personaxes protagonistas semiautobiograficas nas novelas.

Critica e recepcion da obra de John Fante [ editar | editar a fonte ]

A maior parte das obras de Fante centranse nas desventuras de personaxes perdedoras no medio dunha sociedade cruel. Os seus protagonistas acostuman ter moito que ver co autor: italo-americanos, catolicos, pobres, perdidos na realidade menos glamurosa dos Anxeles despois da Gran Depresion , acostuma tratarse de personaxes solitarias con problemas para comunicarse cos que os rodean (familia, amigos, parella), e con sonos que case nunca chegan a materializarse. O seu estilo claro, cortante, con trazos de humor e de violencia, fai que as suas obras sexan faciles de ler e de apreciar.

As suas novelas, que na sua epoca pasaron bastante desapercibidas, foron recuperadas bastantes anos mais tarde, cando Charles Bukowski invocou o nome de Fante como unha das suas influencias principais. Isto fixo que Ask the Dust , probablemente a novela mais conecida de Fante, se convertese nun grande exito de vendas case cincuenta anos despois da sua publicacion. Actualmente, Ask the Dust (xunto coas demais novelas da tetraloxia de Bandini) esta considerada como unha das mellores descricions da vida nos Anxeles da decada de 1930.

Referencias cinematograficas [ editar | editar a fonte ]

En 1956 fixose a adaptacion de Full of Life , dirixida por Richard Quine e con Richard Conte como Nick Rocco (John Fante) e Judy Holliday como Emily Rocco (Joyce). En 1989 Dominique Deruddere dirixiu Wait Until Spring, Bandini , con actores como Joe Mantegna , Ornella Muti , Faye Dunaway ou Michael Bacall . En marzal de 2006, Paramount Pictures lanzou Preguntalle ao vento , dirixida por Robert Towne e protagonizada por Colin Farrell , Salma Hayek , e Donald Sutherland .

En 2001 Jan Louter dirixiu un documental sobre a sua vida, chamado A Sad Flower in the Sand , estreado en decembro de 2006 na serie Independent Lens de PBS.

O 18 de xaneiro de 2001 estreouse no Denver Center for the Performing Arts a obra de teatro 1933 de Randal Myler e Brockman Seawell , baseada na novela 1933 Was a Bad Year .

Obras [ editar | editar a fonte ]

Novelas da saga de Arturo Bandini [ editar | editar a fonte ]

Outras novelas [ editar | editar a fonte ]

Coleccions de relatos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Official John Fante website" . Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2012 . Consultado o 2011-06-22 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Cooper, S. (2000): Full of Life: A Biography of John Fante . Angel City Press. ISBN 9781883318581
  • Cooper, S. (2003): The John Fante Reader . HarperCollins. ISBN 9780060959487
  • Margaretto, Eduardo (2014): John Fante, vidas y obra. Como un soneto sin estrambote . Editorial Alreves. ISBN 9788415900559

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]