Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal
, nado nos
Anxeles
(
California
) o
19 de decembro
de
1980
, e un
actor
estadounidense
. Foi nomeado os
Premios Oscar
e o
British Academy of Film and Television Arts
.
Fillo do
director
sueco
Stephen Gyllenhaal
e a
guionista
Naomi Foner
, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.
Os papeis mais exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con
October Sky
pelicula na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na decada de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construir os seus propios trebellos. En 2001 con
Donnie Darko
, no que aparece xunto a sua irma
Maggie Gyllenhaal
e no cal facia o papel dun
esquizofrenico
. No 2002 protagonizou
O neno burbulla
, ainda que este filme non tivo grande exito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza
The Day After Tomorrow
, no que facia dun estudante atrapado nunha catastrofe natural provocada polo
quentamento global
. O ano seguinte realizou o papel cume na sua carreira o cal o levou a ganar varios premios entre o que se atopa o premio da
Academia BAFTA
como mellor
actor secundario
no seu papel como vaqueiro
homosexual
no filme
Brokeback Mountain
, no cal traballou xunto con
Heath Ledger
. Este filme basease na novela de
Annie Proulx
. Nese mesmo ano protagoniza a pelicula
Jarhead
xunto co seu cunado,
Peter Sarsgaard
, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de
Sadam Hussein
.