Erik Lamela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erik Lamela
Informacion persoal
Nome Erik Manuel Lamela Cordero
Nacemento 4 de marzo de 1992
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,81 m.
Posicion extremo esquerdo
Informacion de club
Club actual Sevilla
Numero 17
Carreira xuvenil
2000?2009 River Plate
Carreira senior
Anos Equipos Aprs ( Gls )
2009?2011 River Plate 36 (4)
2011?2013 Roma 62 (19)
2013?2021 Tottenham Hotspur 177 (17)
2021? Sevilla 20 (5)
Seleccion nacional
2011?2012 Arxentina sub-20 4 (3)
2011? Arxentina 25 (3)
Na rede
Facebook: Eriklamelacoco Twitter: ErikLamela Instagram: eriklamela FIFA: 330540 UEFA: 250038224 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles so en liga domestica.
Club: actualizado a 23 de maio de 2022.
Seleccion: actualizado a 23 de maio de 2022. editar datos en Wikidata  ]

Erik Manuel Lamela Cordero , nado en Carapachay , Buenos Aires , o 4 de marzo de 1992 , e un futbolista arxentino , de ascendencia galega . Xoga como centrocampista ofensivo ou extremo e dende 2021 milita no Sevilla , da Primeira Division .

Con so 12 anos, as suas actuacions na canteira do River Plate atraeron a atencion da prensa mundial e dos grandes clubs europeos, que tentaron a sua fichaxe. Con todo, continuou no club bonaerense ata debutar co primeiro equipo, e despois de dous anos na Primeira Division da Arxentina , foi traspasado a Roma , da Serie A , na que xogou outras duas tempadas. En 2013 fichou polo Tottenham , no que militou durante oito anos, ata 2021. Disputou co club de Londres 257 partidos oficiais, marcando 37 goles e repartindo 47 asistencias, e acadou a final da Liga de Campions na tempada 2018/19 .

Internacional coa seleccion arxentina dende 2011, disputou 25 partidos coa seleccion celeste, coa que participou en duas edicions da Copa America , en 2015 e 2016 , rematando en ambas subcampion.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Orixes [ editar | editar a fonte ]

Naceu o 4 de marzo de 1992 en Carapachay , no municipio de Vicente Lopez , ao norte da cidade de Buenos Aires . Seu pai, Jose Lamela, e fillo de dous emigrantes galegos , de Castromaior ( Abadin ) e Vilalba , que se instalaron na Arxentina en 1955. [ 1 ] Sua nai, Miriam Cordero, e tamen descendente de galegos, sendo os avos desta naturais da Coruna e de Ourense . [ 1 ]

Comezos [ editar | editar a fonte ]

Ingresou na canteira de River Plate con sete anos e comezou axina a destacar. Con 12 anos visitou por primeira vez Galicia , para disputar con River Plate o prestixioso torneo Arousa Futbol 7 . [ 1 ] Proclamouse campion do mesmo, despois de marcar 13 goles, dous deles na final contra o Valencia , e foi elixido mellor xogador do torneo. [ 2 ] As suas actuacions en Vilagarcia , asi como os 120 goles que marcara con River na tempada anterior, espertaron o interese dos clubs de futbol europeos e converterono nunha figura dos medios que ocupaba titulares de medios internacionais. [ 1 ] O Barcelona ofreceulle a Lamela e a sua familia 120.000 euros ao ano, asi como unha casa e un emprego para os seus pais, para que se mudaran a cidade de Barcelona , [ 3 ] pero a familia continuou na capital arxentina, onde Erik xogou cinco anos mais na canteira de River. [ 1 ]

River Plate [ editar | editar a fonte ]

O 14 de xuno de 2009 debutou co primeiro equipo de River Plate , nun partido contra Tigre correspondente ao Torneo Clausura de 2009. Entrou no campo no minuto 80, substituindo a Robert Flores . Marcou o seu primeiro gol o 5 de decembro de 2010 nun partido do Torneo Apertura contra Colon .

Foi un habitual no centro do campo de River durante a tempada 2010/11, xogando 34 partidos e marcando catro goles, pero o equipo acabou descendendo a Primeira B . [ 4 ]

Roma [ editar | editar a fonte ]

Lamela (dereita) coa camiseta da Roma nun partido contra o Chelsea en 2013

O 6 de agosto de 2011 desembarcou no futbol europeo ao ser traspasado a Roma da Serie A , por 12 millons de euros mais 2 adicionais por obxectivos. [ 5 ] Realizou a sua estrea na Serie A o 23 de outubro de 2011, nun partido ante o Palermo no que ademais marcou o seu primeiro gol en Italia. [ 6 ] Rematou a sua primeira tempada no Stadio Olimpico con seis goles en 31 partidos entre liga e Copa de Italia .

Os seus numeros melloraron na tempada 2012/13 , na que a pesar de perder un mes de competicion por unha lesion nun nocello, acadou os 15 goles, sendo o quinto maximo goleador da liga e o segundo da Roma, cun gol menos que Pablo Osvaldo . Entre os seus tantos destacaron un no derbi contra a Lazio e dous nunha vitoria por 4-2 sobre o Milan . O equipo acabou sexto, fora de novo das competicions europeas, e pechou a tempada perdendo a final da Copa de Italia ante o seu maximo rival, a Lazio. [ 7 ]

Tottenham Hotspur [ editar | editar a fonte ]

En agosto de 2013, converteuse na fichaxe mais cara da historia do Tottenham Hotspur , que pagou por el un prezo duns 30 millons de euros. [ 8 ] [ 9 ] [ 10 ] Debutou na Premier League o 1 de setembro, nun derbi contra o Arsenal no Emirates Stadium no que substituiu no minuto 75 a Andros Townsend . [ 11 ] O 7 de novembro marcou o seu primeiro gol co club de Londres na vitoria por 2-1 sobre o Sheriff Tiraspol na Europa League . [ 12 ] Disputou so 17 encontros entre todalas competicions durante a sua primeira tempada en Inglaterra , que rematou cunha lesion nas costas en abril de 2014. [ 13 ]

Na tempada 2014/15, trala chegada ao banco do seu compatriota Mauricio Pochettino , fixose coa titularidade no equipo londiniense. Xogou un total de 46 encontros, e ainda que marcou so 5 goles, foi o lider do equipo en asistencias, con 10. Un dos seus goles foi unha "rabona" dende fora da area fronte ao Asteras Tripoli na Europa League , que foi elixido mellor gol da competicion.

Continuou sendo unha peza clave no Tottenham de Pochettino na tempada 2015/16, contribuindo ao terceiro posto acadado polo equipo na Premier League, competicion na que fixo cinco goles. [ 14 ] Con todo, as suas mellores cifras goleadores conseguiunas na Europa League , na que marcou seis tantos, incluido un triplete sobre o Monaco . [ 15 ]

Na tempada 2016/17 sufriu unha lesion na cadeira que lle impediu sumar mais de 14 partidos. [ 16 ] [ 17 ] Despois de duas operacions e mais dun ano de baixa, [ 18 ] reapareceu o 28 de novembro de 2017 nun partido contra o Leicester no King Power Stadium . Deulle a asistencia a Harry Kane no unico gol dos Spurs, pero o partido rematou en derrota por 2-1. [ 19 ] Disputou 34 partidos oficiais durante a tempada e marcou catro goles.

En xullo de 2018 asinou unha ampliacion do seu contrato co Tottenham durante catro anos mais, ata 2022. [ 20 ] O 3 de outubro de 2018 marcou o gol numero 8.000 da historia da Liga de Campions, nunha derrota por 2-4 contra o Barcelona . [ 21 ] Nesa mesma edicion da Liga de Campions , acadou a final, ainda que viu dende o banco como o titulo ia parar as vitrinas do Liverpool . Pechou a tempada con 35 partidos e 6 goles.

Na seguinte tempada disputou 25 partidos de liga e foi foi titular nos oitavos de final da EFL Cup ante o Chelsea , onde marcou o unico gol do seu equipo para empatar o partido (1-1). Na quenda de penaltis anotou o seu lanzamento, contribuindo asi a vitoria do Tottenham por 5-4. [ 22 ] En xaneiro de 2021 foi multado e afastado do equipo durante varias xornadas por incumprir a normativa relativa a prevencion do COVID-19 ao asistir a unha festa de Nadal . [ 23 ] [ 24 ] O 14 de marzo saiu dende o banco e anotou unha rabona para axudar aos Spurs a tomar a vantaxe no derbi do norte de Londres, pero posteriormente foi expulsado por unha dobre tarxeta amarela e os Spurs caeron por 2-1. [ 25 ] O seu gol foi votado como o Gol da Tempada en Match of the Day e ganou tamen o Premio Puskas da FIFA ao mellor gol do ano no mundo. [ 26 ] [ 27 ]

Sevilla [ editar | editar a fonte ]

En xullo de 2021 foi traspasado ao Sevilla, nun intercambio por Bryan Gil . [ 28 ] Marcou dous goles no seu debut na Primeira Division , na vitoria por 3-0 ante o Rayo Vallecano . [ 29 ]

Seleccion arxentina [ editar | editar a fonte ]

Foi internacional coa seleccion arxentina sub-20 coa que disputou a Copa do Mundo de Futbol sub-20 de 2011, marcando tres goles en catro partidos e caendo nos cuartos de final ante Portugal na quenda de penaltis . [ 30 ]

Debutou como internacional absoluto coa seleccion arxentina o 25 de maio de 2011, nun partido amigable contra Paraguai . [ 31 ] O 3 de setembro de 2014 marcou o seu primeiro gol coa seleccion, ponendo o 2-0 no marcador ante Alemana , nun partido amigable que rematou con vitoria arxentina por 4-2. [ 32 ]

En maio de 2015 foi un dos seleccionados polo adestrador Gerardo Martino para a Copa America 2015 celebrada en Chile , pero disputou so uns minutos no partido contra Xamaica . [ 33 ] En 2016 foi convocado de novo polo "Tata" Martino para a Copa America Centenario . Participou en todolos partidos, incluida a final que o seu equipo perdeu ante Chile na quenda de penaltis . [ 34 ] Marcou dous goles durante o torneo, ante Bolivia, cun lanzamento de libre directo, [ 35 ] e contra Venezuela . [ 36 ]

Trala sua graves lesion, estivo ausente da seleccion durante dous anos, ata que volveu ser convocado en novembro de 2018. [ 37 ]

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Ten dous fillos coa sua parella, Sofia Herrero: Tobias, nacido en 2017, [ 38 ] [ 39 ] e Thiago, nacido en 2020. [ 40 ] E curman do tamen futbolista Agustin Palavecino , xogador de River Plate .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Candal, Rocio (30 de maio de 2021). "Erik Lamela, la emigracion y el Deportivo" (en castelan ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  2. "River Plate se corona en Arousa". La Voz de Galicia (en castelan ) . 31 de maio de 2004. p. 46.  
  3. Ben, Jefferson (30 de agosto de 2013). "WATCH: Tottenham's Erik Lamela spurned Barcelona as a child" (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  4. "Erik Lamela" . argentinesoccer.com (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2020 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  5. "Un millon por Lamela" (en castelan ) . 26 de decembro de 2011 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  6. "AS Roma 1-0 Palermo" . ESPN (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2013 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  7. "Roma 0-1 Lazio" . goal.com (en ingles ) . 26 de maio de 2013 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  8. "Chio do Tottenham" . Twitter (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  9. "Erik Lamela: Tottenham confirm the signing of Roma forward" . bbc.co.uk . 30 de agosto de 2013 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  10. "Transfer news: Tottenham complete club record £30m deal for Roma winger Erik Lamela" . The Independent (en ingles ) . 30 de agosto de 2013 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  11. "Arsenal continued their fine home record against Tottenham by handing their north London rivals a first defeat of the season." . BBC (en ingles ) . 1 de setembro de 2013 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  12. Nakrani, Sachin (8 de novembro de 2013). "Tottenham's Jermain Defoe breaks club scoring record in win over Sheriff" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  13. "Erik Lamela: Injured Tottenham midfielder to miss end of season" . British Broadcasting Corporation (en ingles ) . 17 de abril de 2014 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  14. "Tottenham Hotspur season review 2015-16: How did Spurs mount a title bid?" . The Daily Telegraph (en ingles ) . 15 de maio de 2016 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  15. "Tottenham Hotspur 4-1 Monaco" (en ingles ) . 10 de decembro de 2015 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  16. Hytner, David (6 de xaneiro de 2017). "Tottenham’s Erik Lamela returns to Roma for treatment on hip injury" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  17. "Erik Lamela: Tottenham midfielder out for the season" . BBC (en ingles ) . 29 de marzo de 2017 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  18. James, Stuart (29 de novembro de 2017). "Tottenham’s Erik Lamela admits he feared he would never play again" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  19. "Leicester 2 Tottenham 1: Jamie Vardy strikes 100th league goal as hosts extinguish Spurs' title dreams" . The Daily Telegraph (en ingles ) . 28 de novembro de 2017 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  20. "Tottenham Hotspur: Son Heung-min & Erik Lamela sign new contracts" . BBC (en ingles ) . 20 de xullo de 2018 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  21. "La UEFA le dio el gol 8000 de la Champions a Griezmann, rectifico y asi reacciono el Atleti" (en castelan ) . 5 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2022 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  22. "Mason Mount missed the crucial spot-kick as Tottenham edged past Chelsea on penalties after a 1-1 draw to reach the Carabao Cup quarter-finals." (en ingles ) . 29 de setembro de 2020 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  23. Hytner, David (3 de xaneiro de 2021). "Erik Lamela will not play against Brentford after Christmas Covid breach" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  24. "Tottenham fine players after breaking Christmas lockdown - sources" . ESPN (en ingles ) . 5 de xaneiro de 2021 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  25. "Arsenal came from behind to secure a fully deserved north London derby win and inflict damage on Tottenham's hopes of a place in the Premier League's top four." . BBC (en ingles ) . 14 de marzo de 2021 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  26. "Lamela takes Match of the Day’s Goal of the Season vote" (en ingles ) . 25 de maio de 2021 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  27. "Erik Lamela wins Puskas Award for stunning rabona goal against Arsenal" (en ingles ) . 17 de xaneiro de 2022 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  28. "EL ATACANTE ARGENTINO ERIK LAMELA, NUEVO JUGADOR DEL SEVILLA FC" (en castelan ) . 26 de xullo de 2021 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  29. "Lamela scores twice as Sevilla defeat Rayo Vallecano" (en ingles ) . 15 de agosto de 2021 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  30. "Erik LAMELA" . FIFA (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  31. "Argentina vs. Paraguay 4 - 2" . soccerway.com (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  32. Leach, Conrad (4 de setembro de 2014). "Argentina avenge their World Cup final defeat with destruction of Germany" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  33. "Gerardo Martino confirmo la lista de 23 convocados y mantuvo a Casco para la Copa America" . La Nacion (en castelan ) . 28 de maio de 2015 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  34. "Copa America final RECAP: All the action as it happened as Argentina faced Chile at MetLife Stadium" (en ingles ) . 27 de xuno de 2016 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  35. "Tottenham’s Erik Lamela posts picture after goal for Argentina" (en ingles ) . 15 de xuno de 2016 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  36. "Messi matches record as Argentina win Copa quarter-final" (en ingles ) . 19 de xuno de 2016 . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  37. Kilpatrick, Dan (14 de novembro de 2018). "Erik Lamela motivated by Argentina return during career-threatening Tottenham lay-off" . Evening Standard (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  38. Alasdair, Gold (28 de novembro de 2017). "Erik Lamela's new baby - will fatherhood treat Spurs star like Harry Kane and Kieran Trippier?" (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  39. Hytner, David (26 de xaneiro de 2018). "Erik Lamela: ‘My brother is in a wheelchair … you realise what is important’" . The Guardian (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  
  40. Davies, Matt (29 de agosto de 2020). "Erik Lamela introduces his newborn son to Tottenham as Spurs beat Birmingham" . Evening Standard (en ingles ) . Consultado o 23 de maio de 2022 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]