Enterro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Enterro de DeSoto" - Explorador espanol de Florida e o golfo de Mexico, cuxo corpo foi enterrado de noite para protexelo dos seus inimigos.

Enterro [ 1 ] definese como a accion de enterrar un cadaver . En consecuencia, calquera outro destino que se dea aos cadaveres ( sepulcro , nicho ou cremacion ) non entrara dentro do concepto estrito de enterro.

Aspectos xuridicos [ editar | editar a fonte ]

Xuridicamente, este vocabulo non ten outro interese que o derivado da prohibicion do enterramento sen que se cumpriron determinados requisitos estabelecidos, xa sexa polas autoridades sanitarias ou polas municipais, tales como transcurso de determinado numero de horas desde o falecemento ate o enterro, necesidade do certificado medico de defuncion e autorizacion que expida o encargado do Rexistro Civil ou do organismo oficial a quen corresponda esa funcion.

Enterros no islam [ editar | editar a fonte ]

A incineracion do cadaver non e aprobada por ningunha escola xuridica islamica . As bovedas, mesquitas-tumbas, tumbas monumentais son desaprobadas no islam. Asi mesmo, enterrar a un musulman con cadaleito ou con elementos de valor e reprobable. A tumba para os musulmans e unha morada funcional, nela protexese ao cadaver de toda agresion externa. Trasladanse os restos ate o bordo da tumba, faise unha oracion, retirase do cadaleito o cadaver amortaxado e procedese ao enterro propiamente dito.

Enterros no cristianismo [ editar | editar a fonte ]

El Greco , O enterro do Conde de Orgaz ≫.

Ainda que a Igrexa catolica acepta a incineracion, prefire, con todo, o enterro, debido a que o enterro fai memoria da sepultura de Xesus e da sua saida da tumba. Desde 1963 , a Igrexa catolica autoriza a incineracion, a condicion de que o defunto non tome esta decision por motivos contrarios a fe cristia. O rito funeral cristian permanece identico: a cerimonia relixiosa -centrada na resurreccion do corpo- ten lugar na igrexa sempre en presenza do corpo do defunto. Cando o corpo incinerase, proponse tamen un tempo de oracion no crematorio, e a Igrexa pide que a urna sexa depositada nun lugar de acollida definitivo.

Enterros no xudaismo [ editar | editar a fonte ]

Os familiares e amigos proximos do falecido tenen ao seu cargo os coidados do corpo e o seu lavado ( Tahara ), os preparativos para o enterro, conseguir a mortaxa mortuoria, o caixon e a documentacion legal, asi como ocuparse do velorio e do propio enterro. Nestes deberes relixiosos, son secundados por persoas que a Comunidade destina para esa tarefa.

A postergacion do enterro ate o dia seguinte so e permitido se o seu obxectivo e honrar ao falecido, ou agardar a chegada de parentes proximos que venen de paises distantes, ou por causa de Shabat , dun Iom Tov, ou a fin de enterralo na Terra de Israel .

Primeiro, a Jevra Kadisha debe realizar a preparacion ritual do corpo, conecida como Tahara (purificacion). Esta consiste en lavar o corpo e logo verter sobre el un fluxo de auga en simbolo de purificacion. O respecto polo defunto e pola dignidade humana esixen que os restos descansen nun estado de profunda limpeza fisica.

Despois da Tahara vistese ao defunto cos Tajrijim ( mortaxas brancas ) e, para un home, colocase sobre os tajrijim o Talit (manto de oracions) que usou en vida. As mortaxas sinalan a igualdade absoluta que existe entre todos os seres humanos no momento da morte. A lei xudia prohibe os enterros en mausoleos e as cremacions. Afaise colocar unha pequena pedra ou terra sobre a sepultura e despedirse do morto antes de retirarse.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]