Emilia Docet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilia Docet

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 9 de xullo de 1915 Editar o valor em Wikidata
Vigo, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 1995 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion modelo Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata

Emilia Docet Rios , nada en Vigo o 9 de xullo de 1915 e finada o 22 de febreiro de 1995 , foi unha deportista [ 1 ] galega . Obtivo tamen os titulos de Miss Galicia e de Miss Espana en 1933 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Modelo e deportista [ editar | editar a fonte ]

Filla de Francisco Docet, galego, e Emilia Rios Renjifo, peruana , quen tiveron seis fillos. Estaba emparentada coa familia de Xose Nunez Bua , fundador do Partido Galeguista . Estudou para perito mercantil en Vigo , e traballou no Laboratorio Miguel Servet. Destacou na natacion durante a Segunda Republica Espanola como membro do Club Maritimo de Vigo.

1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luis Acuna . Na foto, entre outros: Vicente Risco , Ramiro Isla Couto , Leuter Gonzalez , Alvaro Cunqueiro , Otero Pedrayo , Maria Luz Morales , Blanco Amor , Xoan Luis Ramos Coleman e Manuel Pena Rei .

Presentouse a Miss Espana en 1933 , [ 2 ] nunha edicion que patrocinaba o xornal Ahora . O 14 de febreiro dese ano ganou a final do concurso en Madrid . [ 3 ] Meses mais tarde presentouse a Miss Europa , que se celebraba tamen en Madrid, fronte a outras trece modelos europeas, e quedou como dama de honor. O triunfo foi para a rusa Tatiana Maslova. Posteriormente foi modelo das galletas Pitusin [ 4 ] , da empresa La Peninsular, que se fabricaban en Tui [ 5 ] .

Accion politica [ editar | editar a fonte ]

Militante do Partido Galeguista na agrupacion local de Vigo , [ 6 ] o 16 de xuno de 1933 recibiu, canda Manuel Luis Acuna , unha homenaxe do partido no Hotel Mino de Ourense . A esta asistiron, entre outros, Vicente Risco , Ramiro Illa Couto , Leuter Gonzalez , Alvaro Cunqueiro , Ramon Otero Pedrayo , Maria Luz Morales , Eduardo Blanco Amor , Xohan Luis Ramos Coleman ou Manuel Pena Rey . [ 7 ] Durante a sua actividade politica visitou o ministro de Agricultura republicano para que se lles levantase o embargo aos 7.000 labregos avalistas do emprestito estatal concedido para construir o matadoiro porrines de Marucoga [ 8 ] . Tamen foi a unica muller que interveu no primeiro mitin das arengas , acto publico do Partido Galeguista celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago de Compostela .

Mulleres galegas, berrade comigo: Viva Galicia Ceibe.

—Emilia Docet. Mitin das Arengas da Quintana . 1934.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

En 1940 casou con Francisco Novoa Ortiz, funcionario axudante de obras publicas, que estivo destinado en Lugo , Pontevedra e no porto de Vigo , con quen tivo dous fillos, Juan e Francisco.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Dominguez Almansa , Andres (2013). "Un esfuerzo contra la exclusion, mujer, modernidad y cultura deportiva (Galicia 1880-1940)". III Ciclo de Conferencias : Xenero, Actividade Fisica e Deporte, 2011-2012 (en castelan ) . A Coruna: Universidade da Coruna, Servizo de Publicacions. ISBN   978-84-9749-543-1 . OCLC   863513227 .  
  2. Mundo Grafico 22/2/1933, paxinas 12, 13 e 37.
  3. Villares, Ramon ( 2004 ). Historia de Galicia , p. 354, Vigo: Editorial Galaxia .
  4. Giraldez, Diego , ≪Tan Miss Espana como galleguista≫ , El Pais , 9/1/2011.
  5. Estevez Pina, Alberto . ≪Breve historia de la Guerra Civil en Tuy≫ , 21/6/2008
  6. Bugallal, Isabel . ≪Las otras misses gallegas≫ Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine ., Faro de Vigo , 21/7/2009.
  7. Valcarcel, Marcos , ≪Un banquete galeguista≫ , La Region , 14/12/2008.
  8. Miss Espana 1933: Emilia Docet Arquivado 27 de xuno de 2018 en Wayback Machine ., paxina web de Miss Espana .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]